Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6485 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Mila González, Aya, Santiago, Sabela e Lucía | II Certame de Coros Escolares 10.12.2025

Máis de 300 alumnos e alumnas participan mañá xoves no II Certame de Coros Escolares, que se celebra no Teatro Municipal de Tui ás 11.30 h, ao abeiro da Programación de Nadal do Concello. Participan os coros dos CEIP's de Guillarei, Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Caldelas. É a segunda edición dun certame promovido pola Coral Ponte das Febres e o CEIP Pazos de Reis. Mila González, da...

Ent. Pablo Álvarez Yañez, autor do libro| Presentación “Imaxinando o pasado: Tui 1225” 10.12.2025

A Catedral de Tui foi consagrada no ano 1225. Mañá poderemos coñecer coma era tanto o templo coma a cidade hai 800 anos. O tudense Pablo Álvarez Yañez o recolle no libro “Imaxinando o pasado: Tui 1225”. Esta publicación editada polo Concello de Tui será presentada mañá xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural dentro dos actos conmmemorativos do aniversario da Catedral. A obra de Pablo Álvarez, enx...

Ent. Vicente Álvarez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Concerto O Camiño da Estrela: de Tui a Belén 10.12.2025

A narración dun conto protagonizado por unha nena que vive na contorna da Catedral será o fío condutor co concerto “O Camiño da Estrela: de Tui a Belén”, que este venres ás 20.30 h ofrecerán as tres corais tudenses, Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo, no Teatro Municipal. Tamén contará con proxeccións audiovisuais e unha posta en escena que chamará a atención, tal e coma hoxe no...

Espazo comercio - Modificacións na Ruleta do Nadal 09.12.2025

As persoas que realicen unha compra superior a 10 euros nos establecementos adheridos á campaña da Ruleta do Nadal de Tui recibirán un boleto para participar neste concurso. As compras deben realizarse entre o 15 e o 23 de decembro, día do sorteo. Así nolo explicou Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.

Ent. Samuel Moreno, mago - Actuacións en EEUU e próximos eventos 09.12.2025

Hoxe coñecemos co mago tomiñés Samuel Moreno como foron as actuacións que realizou nos EEUU e tamén nos contou os próximos eventos nos que vai realizar a súa maxia.

Ent. Juan De Sola - Presentación do libro Entre os muros do esquecemento 09.12.2025

Mañá mércores ás 19.30 h o xornalista Juan de Sola Vollbrecht presentará na Aula da UNED de Tui o seu libro Entre os muros do esquecemento. No mesmo recupera a experiencia vital e a memoria de Ramón García Martínez, supervivente do campo de concentración de Mauthausen.

Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego 08.12.2025

Ent. Grupo Partuicipando | Pleno Infantil e Foro Galego

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui - IV San Silvestre 05.12.2025

Dende o 1 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na IV San Silvestre Solidaria tudense, que se celebra en Tui o mércores 31 de decembro ás 10.30 h. Xa hai 375 persoas inscritas nesta cita festiva, deportiva e solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro. A inscrición debe realizarse na páxina https://clubatletismotui.wordpress.com/san-silvestre/ Déronnos os detalles Raf...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercados | Carrusel, Mercado de Nadal... 05.12.2025

O carrusel infantil súmase dende esta tarde á oferta de Nadal do Concello de Tui. Os tíckets do comercio local poden canxearse por unha viaxe neste tiovivo instalado na praza da Inmaculada. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, quen detallaba tamén a oferta de actividade e eventos que hai coma o Mercado de Nadal, a Árbores dos Desexos, a casa máxica da Fada do...

Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño - XI Festa do Viño Espumoso de Galicia 05.12.2025

Tres días de gastronomía, música, tradición e cultura na XI Festa do Viño Espumoso de Galicia que se celebra en Salvaterra de Miño. Coñecemos os detalles desta cita coa alcaldesa Marta Valcárcel.

Ent. Alberto Viso, autor de "La ceguera de dios" - Presentación do libro en Tui 04.12.2025

Hoxe xoves ás 19 h a Sala Félix Rodríguez acollerá a presentación do libro “La ceguera de dios” da autoría de Alberto Viso, exprofesor de Historia do IES San Paio. Será presentado por Miguel Abraira, profesor de Historia no mesmo instituto. Hoxe Alberto Viso fíxonos un adianto do seu libro.

Ent. José Álvarez e Jorge Pimental, da Asociación A Insua - Nadal en Caldelas 04.12.2025

Cinco actividades conforman a programación de Nadal en Caldelas, con concurso de decoración de Nadal, un belén vivinte, a visita de Papá Noel e os Reis Magos, música, e moito máis. Contáronnolo hoxe José Álvarez e Jorge Pimentel, da Asociación A Insua.

Ent. Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins - Nadal Cultural en Rebordáns 04.12.2025

Esta fin de semana Rebordáns acolle o seu Nadal Cultural con música, maxia, teatro, gastronomía... todo no Centro Cultural San Fins. Hoxe déronnos os detalles Katia Rocha e Milagros Rodríguez, da Asociación San Fins.

Ent. Lino Martínez, judoca tudense - Campión do Mundo WIBK de judo tradicional 04.12.2025

O judoca tudense Lino Martínez vén de gañar o Campionato do Mundo WIBK de judo tradicional na categría M7 e menos de 90 kg. É a segunda vez que se convirte en campión do Mundo nesta modalidade. Hoxe conversamos con el sobre este novo triunfo e das primeiras citas marcadas no seu calendario. A primeira este domingo no Campionato de España, en Segovia.

Ent. Carlos Antunes, director Aquamuseu do Rio Minho - XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño 03.12.2025

A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolleu o XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do río Miño, onde se abordaron cuestións como a xestión dos recursos, os desafíos para o río e o desenvolvemento de proxectos. Valorou este simposio o director do Aquamuseu do Rio Minho, Carlos Antunes.

Ent. Javier Argüelles, de Galiclown, pallasos de hospital - Calendario solidario 2026 03.12.2025

Galiclown, pallasos de hospital, vén de editar o seu calendario de 2026 que está xa á venda. En Tui pódense adquirir en TCopias, Espazo Lector Nobel e Tui Té, ao prezo 5€ Cada mes se ilustra con fotografías dos pallasos e pallasas de Galiclown cos nenos e nenas do Hospital Álvaro Cunqueiro. Os fondos recadados irán destinados á actividade diaria que realizan, tal e coma explicaba Javier Argüelles...

Ent. Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade - Campaña “Andamos coxos da linguaxe” 03.12.2025

“Andamos coxos da linguaxe” é o título da campaña que a asociación de persoas con discapacidade Vontade ten en marcha co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se conmemora hoxe. O seu obxectivo é sensibilizar e concienciar sobre a importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para frear os obstáculos que limitan a participación das persoas con discapacidade na comunidade....

Ent. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Manifestación SOS Sanidade Pública 03.12.2025

Mañá xoves ás 19 h comezará na praza de España en Vigo unha manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para instar o Sergas a “reconstruír” a área sanitaria de Vigo. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, explicaba os motivos desta manifestación, á que se suman dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Haberá autobús dende Tui e A Guarda para ir...

Ent. Natalia Lago - A Fada do Aloia no Camiño de Nadal en Tui 03.12.2025

A maxia do Nadal está presente no Paseo da Corredoira na casa máxica da Fada do Aloia, Natalia Lago. O pasado venres foi a encargada de acender simbólicamente a iluminación destas festas, e está presente nesta casa máxica durante todo o Nadal. Así nolo contou a propia Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicándonos os horarios nos que poderemos atopala e que actividades vai raelizar.

Ent. Leti Diz - Vencedora da Urban Trail Night Eurocidade 03.12.2025

A tudense Leticia Diz pecha o ano subíndose ao máis alto do podio da Urban Trail Night Eurocidade este pasado sábado. Hai unha semana facíase coa vitoria no Trail do Trega, o que a súa vez a facía tamén gañadora da Pontevedra Trail League. Hoxe falamos con ela desta proba da Eurocidade.

Espazo Comercio | Ruleta do Nadal 02.12.2025

Mercar no comercio local de Tui terá premio na Ruleta de Nadal de ACITUI, que entregará agasallos o próximo 23 de decembro no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Para participar é necesario presentar un ticket de compra superior a 10 euros e realizada entre o 15 e o 23 de decembro. Coñecemos hoxe os detalles no Espazo Comercio co presidente de ACITUI, Pepe Míguez.

Ent. Belén Martínez, da Gastroneta da Tita Belén | Finalista de Gira Mujeres 02.12.2025

Belén Martínez é de Malvas, vive en Pontevedra, e foi unha das 10 finalistas da Gira Mujeres de Cocacola, onde presentou o seu proxecto gastronómico: a Gastroneta da Tita Belén. Hoxe conversamos con ela sobre esta iniciativa en pleno Camiño de Santiago.

Ent. Miguel Cajigal El Barroquista - I Xornada Imaxe+Letra 02.12.2025

Miguel Angel Cajigal "El barroquista" tenlle un afecto especial á Catedral de Tui. Así nolo contou esta mañá no programa Día a Día, onde explicou a súa participación esta tarde na I Xornada Imaxe+Letra no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Esta tarde abordará a relación entre a película "O nome da Rosa" e a catedral tudense e tamén presentará o seu novo libro.

Ent. Manuel Rivas - Charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" 02.12.2025

A Aula CEMIT de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acollerá mañá mércores ás 17 h a charla "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" a cargo de Manuel Rivas. Organizada por AMTEGA coa colaboración do Concello de Tui o obxectivo é achegar consellos prácticos para realizar compras seguras en internet, evitar estafas e coñecer que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet.

Ent. Pablo Romero, presidente Cineclub Tui - Xornada Imaxe + Letra 01.12.2025

A conexión entre a literatura e o cinema estará mañá presente na I Xornada Imaxe + Letra organizada polo Cineclub Tui. Nesta primeria cita o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui será o fío conductor. Así nolo contou Pablo Romero presidente do Cineclub Tui. Ás 17 h haberá unha visita aos tellados da Catedral en realidade virtual, logo a proxección de "O nome da Rosa" e rematará coa ch...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.