Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance da asemblea celebrada o 1 de outubro 03.10.2025

O pasado mércores 1 de outubro ACITUI celebrou asemblea, que contou con 33 asistentes, entre persoas socias, non socias, veciñanza, e representantes de partidos políticas. Hoxe fixo balance desta cita o presidente da asociación, Pepe Míguez.

Ent. Benito Lomba, secretario da Comunidade de Montes de Salcidos (A Guarda) | Festa cultural e gastronómica 02.10.2025

Esta fin de semana organizan no Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), unha festa cultural e gastronómica con actividades como un Concurso de Escultura en Pedra, Demostración de talla en madeira con motoserra ou a inauguración do monumento o Monte Torroso. Unha programación que organiza a Comunidade de Montes de Salcidos. Hoxe falamos co seu secretario, Benito Lomba.

Ent. Vanesa Domínguez, vogal da Comisión de Festas de San Miguel de Pexegueiro | Festas 2025 02.10.2025

Gastronomía, actuacións musicais, tradición.... estarán presentes esta fin de semana nas festas na honra a San Miguel na parroquia tudense de Pexegueiro. Vanesa Domínguez, vogal da comisión de festas, explicou de xeito pormenorizado o programa festivo previsto para mañá venres e o sábado. Destaca a actuación por vez primeira da provincia do grupo asturiano Beatriz.

Ent. Diego das Dores, Marta González e Aitor Martínez, do Club Remo Tui | VII Regata Cidade de Tui 02.10.2025

Este sábado 4 de outubro se disputa a VII Regata Cidade de Tui organizada polo Club Remo Tui. É unha cita competitiva que comeza ás 9.30 h, e que poderá seguirse dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Trátase dunha regata moi atractiva, cunha distancia de 400 metros, e que se prolongará até as 14h. Hoxe coñecemos os detalles da proba e do cartel co presidente do club Diego das Dores e os remei...

Ent. Mabel Lozano |“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” 02.10.2025

“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” é o título da charla que a directora e documentalista Mabel Lozano ofrecerá hoxe xoves ás 19 h no Espazo Sociocultural da rua Camilo José Cela. O acto está organizado polo Concello de Tui co gallo do do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres.

Ent. Andrea González, directora IKFEM | Concurso Novas Ondas Sonoras 02.10.2025

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 19 h o Concurso Novas Ondas Sonroas organizadas polo IKFEM. A directora do festival, Andrea González, daba conta das seis agrupacións que participarán no evento e convidaba a acudir o sábado ao teatro para gozar desta emocionante final.

Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte 01.10.2025

Ana Carpintero é a gañadora da quinta edición do Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte, que comprende Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, polo seu proxecto Somos Océano. Un recoñecemento co que agora opta a competir polo galardón nacional que se resolverá proximamente. Hoxe conversamos con Ana Carpinteiro sobre este premio e sobre as novidades que presenta S...

Ent. Alberto Vila e Victor Feliciano, da Asociación Treze Catorce | Matasound en Salceda de Caselas 01.10.2025

Este venres 3 de outubro, ás 20.00 horas celébrase o Matasound, no torreiro do matadoiro en Salceda de Caselas. Un evento musical organizado pola Asociaciión Treze Catorce. Coñecemos os detalles desta cita con Alberto Vila e Victor Feliciano. As entradas teñen un prezo de 8€, podendo mercado de forma anticipada até mañá xoves no 651 52 23 33, aun prezo reducido de 5 euros.

Ent. Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra | Niveis de radón altos no edificio da Axencia Tributaria en Tui 30.09.2025

A Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) solicitou a suspensión inmediata da actividade no edificio da Axencia Tributaria (AEAT) en Tui, tras confirmarse niveis de radón “extremadamente altos”. Así nolo contou hoxe Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra, que tamén deu conta dos riscos que ten estar exposto a este gas e das medidas que se deben adoptar para resolver este proble...

Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI - Asemblea Xeral 30.09.2025

ACITUI celebrá mañá, 1 de outubro, a súa asemblea xeral na Sala Félix Rodríguez. Será ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda. Unha asemblea onde van a presentar as contas trimestrais de todo o ano e darán conta da resolución da subveción solicitada á Xunta ademais doutras cuestións. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, daba conta da orde do día prevista para esta asemble...

Ent. Erea Rodríguez, de Skeirrum | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 30.09.2025

Esta tarde, ás 18.30 h, farase entrega dos premios AJE na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. E nesa gala opta ao premio Xove Empresaria a guardesa Erea Rodríguez, que xunto a Cintia Lomba creou Skeirrum, a plataforma de escape rooms dixitais e xeolocalizados que suma xa máis de 150 proxectos. Erea Rodríguez explicounos hoxe como naceu Skeirrum e como recibiron, tanto ela como a súa compañei...

Ent. Andrea Costa, xestora cultural independente | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 30.09.2025

A tudense Andrea Costa é candidata ao premio Iniciativa Emprendedora como xestora cultural independente. A entrega de premios terá lugar hoxe martes ás 18.30 h na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. Hoxe conversamos con Andrea Costa sobre esta candidatura e sobre o seu labor como xestora cultural independente.

Ent. Beatriz Rodríguez, psicóloga da Afaga Alzhéimer | Día Mundial do Alzhéimer 30.09.2025

O pasado 21 de setembro conmemorouse o Día Mundial do Alzheimer. Trátase do tipo de demencia máis común que abrangue o 70% dos casos detectados, e que produce unha disfunción das funcións cognitivas da persoa que a padece e que interfire na realización das súas actividades máis cotiás. Con Beatriz Rodríguez, psicóloga da Afaga Alzhéimer, conversamos sobre os síntomas ou sinais aos que debemos esta...

Ent. Isaac Acuña, presidente da Asociación de Veciños de Carregal | Concentración Non máis moscas, sí a solución 30.09.2025

Este domingo 5 de outubro, ás 11 h, no Campo de Festas de Carregal, en Tomiño, vaise celebrar unha concentración convocada pola Asociación de Veciños de Carregal, baixo o lema “Non máis moscas, si á solución”. Isaac Acuña, presidente da asociación veciñal explicou hoxe, na Radio Municipal de Tui, a situación que ten que afrontar a veciñanza ante a praga de moscas, dende hai cinco anos.

Ent. Ángela Martínez, directora de Ohana Escuela Infantil | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 29.09.2025

O proxecto de escola infantil de Ángela Martínez, Ohana, en Randufe, é un dos finalistas para recibir mañá martes o premio da Asociación de Mozos Empresarios, nunha gala que terá lugar ás 18.30 h na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. Ángela Martínez contounos hoxe as súas impresións tras coñecer a súa nominación.

Ent. Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais do Concello de Tui | Servizo de Atención Municipal a Menores de Tui 29.09.2025

Unha vintena de nenos e nenas asisten ao taller de reforzo escolar do Concello de Tui que cada semana traballa con menores e familias diferentes ámbitos: educativo, emocional, social... Hoxe coñecemos como funciona este Servizo de Atención Municipal a Menores con Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais do Concello de Tui.

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui | Proxección de "Sorda" 29.09.2025

Con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas, o Cineclub Tui vai proxectar mañá martes “Sorda” de Eva Libertad. Será con dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O filme reflicte o momento e os sentimentos dunha muller xorda cando afronta a maternidade. Na sesión das 18.30 h haberá un coloquio coa intérprete de Lingua de Signos, Iria Márquez. As...

Ent. Rubén Fernández, piloto de motocross | Cuarto posto no Mundial 26.09.2025

Rubén Fernández leva no sangue o motocross. É piloto seguindo os pasos do seu pai e dos seus irmáns maiores. O vigués, que vive a cabalo entre Pexegueiro e Valença, acaba de chegar do Gran Premio de Australia onde certificou o seu cuarto posto no Mundial. Un resultado que puido conseguir tras acadar o terceiro lugar no Gran Premio de China. Con el conversamos sobre este gran resultado e da súa pró...

Ent. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS | Doazón de sangue en Tui 26.09.2025

Unha das unidades móbiles de doazón de sangue está hoxe venres e mañá sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizarse ata ás 14.15 h e de 16 a 21 h, hoxe e de 10 a 15 h mañá. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS animaba á veciñanza para que se achegue a doar, facendo un especial chamamento ás persoas con A- e salientaba os bos d...

Ent. Mercedes Peón, cantante | Concerto "Ingrávida" no Teatro Municipal de Tui 25.09.2025

Mercedes Peón inaugura este sábado 27 ás 20 h a programación cultural de outono do Teatro Municipal de Tui. Será con "Ingrávida", concerto co que celebrará os seus 25 anos no mundo da música dende a edición do seu primeiro disco. O concerto é gratuíto con reserva previa en tui.gal. A cantante galega avanzou hoxe algúns detalles na nosa sintonía.

Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | IX Supercross Cidade de Tui 25.09.2025

Preto de medio centenar de participantes se dan cita este sábado no IX Supercross Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe. Celebrarase no Complexo Deportivo Off Road de Tui, en Rebordáns. Comezará pola mañá coas verificacións e pola tarde a competición. A entrada será de balde. Así nolo contou Fito Pereira do Motoclub Randufe.

Ent. Fani Gómez e Eva Vázquez da ANPA de Randufe | Festa do porco ao espeto 25.09.2025

A ANPA de Randufe organiza unha actividade gastronómica co obxectivo de recadar fondos para distintas iniciativas que leva a cabo. A cita será o sábado 11 de outubro, ás 18 h, en Chan, en Randufe, coa Festa do Porto ao Espeto. A ración terá un prezo de 3,5€, e tamén haberá tamén chouripan a 3€ e castañas de balde. Agardan completar as 500 prazas dispoñibles, tal e coma hoxe explicaban Fani Gómez e...

Ent Rosita la del Rubio e Ricardo Martínez da Coral San Telmo|VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional 25.09.2025

A Coral San Telmo de Tui organiza o VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional este sábado, ás 19 h, na igrexa de San Domingos en Tui. Actuarán o Coro de Oleiros da Coruña, o Coro Allegretus de Braga e o grupo de música tradicional Lirolai do Rosal, xunto a propia Coral San Telmo. Hoxe déronnos todos os detalles Ricardo Martínez e Rosita La del Rubio, membros desta agrupación coral...

Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Festas de Rebordáns | Terrordáns e próximas actividades 24.09.2025

Máis de 400 persoas están xa inscritas para participar en Terrordáns, a andaina nocturna que organiza a Comisión de Festas de Rebordáns este sábado 27 de setembro ás 21 h. O prazo de inscrición remata mañá xoves. Hoxe coñecemos os detalles desta actividade e das próximas que organizan dende a comisión con Marta Romero e Anas Fadoul.

Ent. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor 24.09.2025

O vindeiro sábado 4 de outubro, ás 20.30 h terá lugar o percorrido nocturno nos muiños do Tripes Lendas ao solpor, que partirá dende a área lúdico-recreativa de Chans do Carrasco en Randufe. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes, explicou como se vai desenvolver esta ruta na que haberá teatralización, música e ao remate chocolate con rosca, castañas e viño do país. É preciso inscrici...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.