Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra | Proxecto YAM 15.10.2025

O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto previr a conduta suicida entre a poboación adolescente ao tempo que promove a súa saúde mental. Hoxe coñecemos con Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra, os obxectivos deste proxecto, como se desenvolve e a acollida que e...

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui e Iago Ramilo, integrante de Kritis | Concerto de Kritis 14.10.2025

Este sábado, ás 18.00 h a sede da Escola da Banda de Música Popular de Tui en Guillarei acolle o concerto de apertura de curso. Correrá a cargo do cuarteto de saxos, Kritis, formado por Juan Manuel Cao, Jorge Martínez, Chus López e Iago Ramilo. Con este último e con Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, coñecemos como vai ser este evento musical.

Espazo Comercio | Hortensia Rodríguez, da floraría La Flor 14.10.2025

No tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Hortensia Rodríguez, de La Flor. Ante a proximidade da celebración do Día de Santos, afrontan semanas cunha gran carga de traballo, como explicaba, e daba conta tamén das flores máis demandas, e da importancia de realizar os encargos con antelación.

Ent. Noelia Porto, de Lalá Teatro | Contacontos para bebés "Estás como unha cabra" 14.10.2025

Hoxe ás 17.30 h a Biblioteca Municpal de Tui acolle a representación de “Estás como unha cabra” da man de Lalá Teatro. É un contacontos para bebés que fala de sentimentos. Esta actividade forma parte da programación do Mes da Biblioteca. Noelia Porto, de Lalá Teatro explicaba como se vai desenvolver esta actividade que busca traballar as emocións.

Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | X Pinta Tui 14.10.2025

O Concuso de Pintura Pinta Tui vai celebrar a súa décima edición o domingo 26 deste mes. José Diez, de Artes Creativas Efectos, organizado do evento, hoxe explicaba as distintas categorías nas que se pode participar e como se vai a desenvolver esta cita xa consolidada no municipio. A inscrición pode facerse até o día anterior. As bases completas poden consultarse en tui.gal.

Ent. Alfonso Fontela, escritor | La metáfora de las canicas 14.10.2025

O tudense Alfonso Fontela vai presentar este sábado, ás 19.00 horas, na Sala Félix Rodríguez, a súa primeira novela “La metáfora de las canicas”. Un acto que se enmarca dentro das actividades programadas no Mes da Biblioteca. O autor desta novela, gris, como el mesmo a describe, explicounos hoxe como xurdiu a idea desta historia e que nos poderemos atopar nas súas páxinas.

Ent. Carlos Feijóo e Inés Feijóo, de Padel 8 | Pádel 13.10.2025

Padel 8 é un dos clubs deportivos que hai en Tui. Creouse hai 8 anos da man de Juan Carlos Feijóo , que hoxe nos falou deste deporte e dos seus beneficios. A súa filla, Inés Feijoo, iniciouse neste deporte aos 7 anos, e catro anos despois comezou a competir. Este ano proclamouse campioa galega junior, e foi convocada coa Selección Española. Nas próximas semanas competirá nun torneo internacional e...

Ent. Cristina Sola, Coordinadora do Laboratorio de Linguaxe Accesible | Lectura fácil 13.10.2025

Hoxe coñecemos que é a Lectura Fácil, e como é o proceso para adaptar un texto á mesma. Fixémolo da man de Cristina Sola, que leva anos traballando no mundo editorial e dende hai tempo realiza a adaptación de novelas coma "La familia de las curanderas", de Marisa Castro e "Palabras de piedra" de Ginés Cruz, que veñen de ser editadas. Ela forma parte do Laboratorio de Lenguaje Accesible que os sába...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "O ceo sobre Berlín", de Wim Wenders 13.10.2025

O Cineclub Tui continúa coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders . Mañá martes proxectarán "O ceo sobre Berlín", no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e menores de 18 anos e de 4.50 euros para público xeral.

Especial Día da Saúde Mental - Cando o autocoidado convértese nunha trampa: TCA na actualidade 10.10.2025

Hoxe 10 de outubro, coincidindo co Día da Saúde Mental, tivemos un tempo especial de radio no que abordamos os TCA, Trastornos da Conduta Alimentaria, na actualidade con Nuria Palamidesi, psicóloga sanitaria do Centro Anarela.

Ent. Fayez Badawi, do Fronte Popular para a Liberación de Palestina | Charla “Fala a resistencia” 10.10.2025

Esta tarde, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a charla “Fala a Resistencia, que contará coa participación de Fayez Badawi, do Fronte Popular para a Liberación de Palestina, e que hoxe nos relataba o que vai tratar na súa intervención. Nesta charla, organizada polo BNG tamén participarán Álvaro Lamas de Mar de Lumes e Serafín Rodríguez.

Ent. Candela García, profesora e Irene Cadilla e Sara Vicente, alumnas do IES A Sangriña | Paraugas sen mango 10.10.2025

A pasada semana tivo lugar a entrega dos premios do certame “Atrévete a ter unha idea” no que foi premiado o IES A Sangriña, na modalidade grupal, polo seu proxecto ‘O paraugas sen mango’ creado polas alumnas Irene Cadilla e Sara Vicente. Coas dúas alummnas e con Candela García, profesora de Bioloxía e Xeoloxía e responsable do proxecto competencial conversamos sobre esta innovadora idea.

Ent. Sheila Patricia, cantante | Lanzamento do tema A xeitosa 10.10.2025

A cantante Sheila Patricia vén de presentar hai uns días un novo tema musical “A xeitosa”, como adianto do seu novo traballo que prevese que saia a principios de 2026. Este novo tema é unha peza de reivindicación do papel da muller na sociedade que compuxo e grabou durante o seu embarazo e o posparto. Con Sheila Patricia conversamos hoxe sobre este novo tema, e o disco que chegará previo ao descan...

Ent. Karina Bouzada, dinamizadora de grupos infantís e xuvenís | Axuda a Gaza 10.10.2025

Ante a terrible situación que durante dous anos leva sufrindo Gaza, son moitas as persoas que buscan o xeito de axudar a poboación. Unha delas é Karina Bouzada, dinamizadora de grupos infantís e xuvenís, que non dubidou en colaborar en todo o posible cos afectados. Así nolo contou hoxe no programa Día a Día.

Ent. José Manuel Domínguez Freitas e Hugo Lage - Exposición “As portas do horror" 09.10.2025

Mañá, venres ás 20h, na Casa de Montes de Camposancos, inaugúrase a exposición “As portas do horror. O Campo de Concentración de Camposancos”. Con testemuños, documentos, textos e fotografias, a exposición relata o que aconteceu entre os anos 1937 e 1941, primeiro como campo de concentración e a partir de 1939 como prisión. José Manuel Domínguez Freitas, presidente da Asociación para a recuperació...

Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | Gran recollida de alimentos 08.10.2025

A Fundación Provincial do Banco de Alimentos realizará o 7 e 8 de novembro a gran recollida. Unha iniciativa solidaria que se desenvolverá tamén en supermercados de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Para iso contará na comarca do Baixo Miño coa colaboración da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, que o ano pasado na comarca recolleu 9 mil quilos de alimentos. José Ramón Santamaría, presidente da Funda...

Ent. Santiago Cortegoso, autor, director e actor | Ibuprofeno Teatro con "Reconversión" 08.10.2025

Unha obra de teatro documental que nos achega á reconversión naval da ría de Vigo é a que chega este venres, ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui. Será da man de Ibuprofeno Teatro que presenta “Reconversión”. Falamos con Santiago Cortegoso, autor e director desta peza teatral, na que relata a historia do seu pai que foi traballador do estaleiro Ascón. Forma parte tamén do elenco de oito actores-músi...

Ent. Pablo Comesaña, promotor de Play Doc | Visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez 08.10.2025

Hoxe ás sete da tarde terá lugar unha visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez, na Biblioteca Municipal de Tui. O obxectivo da mesma é divulgar esta colección bibliográfica e audiovisual. A visita estará a cargo de Ángeles García, viúva de Daniel Domínguez, así como dos promotores de Play Doc, Ángel Sánchez e Pablo Comesaña. Con Pablo Comesaña conversamos hoxe sobre a figura de Dan...

Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI | Balance asemblea II 07.10.2025

Hoxe no tempo do Espazo Comercio, o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, deu conta de distintos asuntos que foron tratados a pasada semana na asemblea dos comerciantes. Así por unha parte daba conta de que están recabando información sobre as pantallas situadas no centro urbano para pode empregalas, por exemplo, cando a asociación leva a cabo algunha campaña de promoción do comercio. Por outra parte...

Ent. David Pernas, de Trinketrinke | Contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo" 07.10.2025

“Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo” é o contacontos que Trinketrinke Teatro presenta hoxe martes, ás 17.30 h, na Biblioteca Municipal. Esta actividade abre a programación do Mes da Biblioteca. David Pernas, que dá vida ao rato Fuco, será hoxe o que estará na Biblioteca. El contounos como é este espectáculo.

Ent. Teniente coronel Roberto Domínguez | XXIV Concurso de Patrullas da Brilat 07.10.2025

Hoxe martes saíu do Paseo da Corredoira o concurso de Patrullas da Brilat na súa edición número 24. Este ano participan oito patrullas, sete da Brilat e unha da Brigada de Intervención portuguesa. Percorrerán en 60 horas, ou menos, 120 quilómetros até Santiago de Compostela a través do Camiño Portugués, con cinco probas militares durante o concurso. Coñecemos os detalles hoxe con Roberto Domínguez...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Retrospectiva Wim Wenders 06.10.2025

O Cineclub Tui dedica este mes de outubro ao cineasta alemán Wim Wenders cunha retrospectiva. Serán catro as películas que proxecten. A primera mañá martes con "Alicia nas cidades". Proxectarase no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Coñecemos a programación completa con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.

Ent. Lino Martínez, judoca tudense | Campión da Copa de España de Judo en M7 -90 kgs 06.10.2025

O tudense Lino Martinez Perez gañou esta fin de semana a Copa de España de Judo, na categoría M7 -90 kg, celebrada en Córdoba. Logra así a praza para a o Campionato de España. Lino Martínez explicaba hoxe como foi a competición, nunha categoría na que competía por vez primeira, e na que se plantexa quedar. As próximas citas ás que acudirán será o Campionato do Mundo de Judo a finais de novembro, e...

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM | Concerto polos 40 anos da asociación 03.10.2025

A Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, cumpre 40 anos de defensa da natureza e do patrimonio. Mañá sábado ás 19 h no Centro Cultural da Guarda celebrarán estas catro décadas de historia cun concerto de "Cuerdas Atlánticas". Tamén proxectarán un vídeo da asociación. Hoxe o seu presidente, Agustín Ferreira, fixo balance destes 40 anos no programa Día a Día.

Ent. Victoria Pérez, de Redrum Teatro | "Os contos do Lobicán" 03.10.2025

Hoxe venres ás 19 h continúa a programación de outono no Teatro Municipal de Tui cunha proposta para público familiar. Redrum Teatro presenta "Os contos do Lobicán". As entradas están á venda en tui.gal a 4€ e 3€ até dez minutos antes da función. Hoxe coñecemos máis detalles deste espectáculo cunha das integrantes do elenco, Victoria Pérez.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.