Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Norma Calzado e Noel Claro, da Comisión de Areas | Festas da Virxe do Rosario 24.10.2025 5:58
Areas celebra festas na honra á Virxe do Rosario esta fin de semana. Unhas celebracións que comezan mañá e nas que non faltarán a gastronomía e a música. Norma Calzado e Noel Claro, da Comisión de Areas presentáronnos o programa completo de festas. Tamén conversamos coa presidenta da comisión, Rita Álvarez.
Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Finalista do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025 24.10.2025 9:21
O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, é un dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2025. Concretamente competirá polo Premio Producto pola súa colección Mundos. Tratáse dunha creación baseada na utilización da materia prima sostible e coa trazabilidade documentada co obxectivo de por en valor a orixe e a materia da que se dispón no territorio. Hoxe Aitor Martínez deu conta de...
Ent. Manuel Madarnás, trompetista e Jorge Pimentel, baterista | Xira La MMarca 23.10.2025 8:10
Nova data dentro da xira La MMarca este sábado ás 22.30 h en San Miguel de Oia, Vigo. As entradas están á venda en lammarcaespectaculo.com Hoxe coñecemos os detalles con Manuel Madarnás, trompetista, e Jorge Pimentel, baterista.
Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | X Pinta Tui 23.10.2025 6:43
Aínda está aberto o prazo de inscrición para participar na décima edición do concurso de pintura Pinta Tui, que se celebra este domingo. Pode facerse de xeito presencial na Oficina Municipal de Turismo, ou a través dos correos turismo@tui.gal, efectostui@hotmail.com ou acitui@acitui.es. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, explicou hoxe os premios do concurso e os requisitos.
Ent. Judicael Romero, cociñeiro | Segundo premio na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia 23.10.2025 9:44
O cociñeiro tudense Judicael Romero vén de acadar o segundo posto na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra que se celebrou en Ourense. Compartiu o segundo premio co seu compañeiro Alberto Fernández do Hotel Restaurante Pallabarro, en Allariz. Judicael Romero explicaba como recibiu este recoñecemento pola súa tapa “Morriña”.
Ent. Manolo González e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres | Festival da Caída da Folla 23.10.2025 5:25
Este domingo, ás 18.00 horas, a Casa Cultural de Santa Columba de Ribadelouro acolle o Festival da Caída da Folla que organiza a Coral Ponte das Febres e no que non actuará soa, xa que tamén participan a Coral Ecos do Folón do Rosal e a Coral Os Penediños de Atios, do Porriño. Así nolo contaron hoxe Manolo González e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres.
Ent. André Fernandes, presidente da Asociación Deportiva Verdoejense | Carreira 2 leguas 23.10.2025 7:03
O domingo 2 de novembro celebrarase a terceira edición de “2 Leguas”, a proba de 10 quilómetros que transcorrerá entre Tui e Valença, por lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico tudense. Haberá outras probas coma a “Leguaziña” de 500 metros para participantes de 7 a 11 anos, e a mini-Legua de 1,5 kms para os que teñan entre 12 e 17 anos, amais de un...
Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca, Clara De Macedo e Montse Mon, de Familias Aceesca |"Miña casa, miña comunidade" 22.10.2025 20:00
ACEESCA reclama apoio urxente para finalizar a residencia de Torneiros, o proxecto “Miña casa, miña comunidade”, que comezou no ano 2022 cun orzamento de 5 millóns de euros. O vindeiro 30 de novembro finaliza o prazo para xustificar a subvención europea que recibiron, de 2 millóns de euros, data para a que non terán conseguido o orzamento total. Piden agora unha ampliación do prazo para a xustific...
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc | Proxectos selecionados VENTURA 22.10.2025 6:48
Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA, a plataforma de formación profesional, desenvolvemento de proxectos e foro de coprodución internacional organizada polo festival Play-Doc de Tui. Hoxe, Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc, deu conta dos distintos proxectos participantes e das distintas fases que se van desenvolver dentro deste programa.
Ent. Iria Rey e Carla Martínez, da Asociación Entroido de Pexegueiro | Andaina de Samaín 22.10.2025 4:44
A Asociación Entroido de Pexegueiro organiza para o vindeiro venres 31 de outubro unha andaina de Samaín que dará comezo ás 22.00 horas. Unha cita apta para todos os públicos e grupal para a que é preciso inscribirse previamente no teléfono 644 64 72 63. O prezo da actividade é de 6 euros e o prazo para anotarse remata o martes 28. Iria Rey e Carla Martínez, da asociación organizadora déronnos hox...
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e Laureano Alonso, traductor da obra de Francisco Sánchez | Conferencia Lisboa 21.10.2025 11:43
O historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o traductor ao galego da obra de Francisco Sánchez, Laureano Alonso, van participar este xoves no Congreso Internacional de Estudos Sefardíes que se celebra en Lisboa. Xuntos impartirán unha conferencia sobre o filósofo e médico tudense Francisco Sánchez. Así nolo contaron hoxe Rafael Sánchez Bargiela e Laureano Alonso.
Ent. Manuela Varela, contacontos | O gato con contos 21.10.2025 3:48
Hoxe martes, ás 17.30 h, dentro da programación do “Mes da Biblioteca” Manuela contacontos achega á Biblioteca Municipal de Tui o espectáculo “O gato con contos” . Trátase dunha montaxe de narración oral na que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos que pouco a pouco van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son. Deunos todos os...
Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui 21.10.2025 5:59
María Lamas cumpre unha década á fronte da tenda de deportes Dequip Tui. E para celebrar esta década, este venres e sábado a clientela poderá desfrutar dun 30% de desconto en todos os productos. Amais, tamén poderán participar no sorteo de 3 packs de diferentes productos, que se realizará o 1 de decembro. Con María Lamas conversamos hoxe, no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITU...
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Perfect Days" de Wim Wenders 21.10.2025 4:54
O Cineclub Tui continúa coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders. Hoxe martes proxectarán "Perfect Days" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e menores de 18 anos e de 4.50 euros para público xeral.
Ent. Carlota González, remeira e Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Remo de mar 17.10.2025 15:13
Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño, e Carlota González, remeira do Club, estiveron hoxe na Radio Municipal de Tui para falar do club, desta temporada, e dos próximos retos. Carlota González cualifica esta temporada de 2025 coma a mellor até o momento da súa traxectoria coma deportista. Manuel Ángel González falaba do momento que vive o club, de próximas citas coma a Regata Miño...
Ent. Gabriel Fandi e Alejandra Pais, cantantes | La verbena 17.10.2025 7:22
Dende hoxe pódese escoitar en todas as plataformas o tema "La verbena", no que o cantante tomiñés Gabriel Fandi une a súa voz a Alejandra Pais, da orquesta Os Satélites, nunha nova colaboración entre a agrupación e o artista. Trátase dun tema que ten como tema o desamor pero que está cheo de ritmo. Así nolo contaron hoxe os seus intérpretes.
Ent. Jennifer Rocha, da Asociación Cristo da Agonía de Baldráns | Festa da Vendima 17.10.2025 1:46
O campo de fútbol da Malladoura en Baldráns acolle este domingo a Festa da Vendima, a partir das 12.00 horas. Unha cita na que non faltará o viño novo ou as castañas asadas, entre outros productos co que presentan unha variada oferta gastronómica. Así nolo contou hoxe Jennifer Rocha, da Asociación Cristo da Agonía de Baldráns.
Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU| Valoración Conxemar e novos proxectos 17.10.2025 15:53
Hai case tres anos que a Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, abriu a súa planta en Tui, un espazo que hoxe está en reformas para ser ampliado. Coa xerente de ORPAGU, Juana Parada, conversamos hoxe sobre os retos da planta, das innovacións e investigación e nos productos e de como viviu a feira Conxemar á que acudiron a semana pasada no IFEVI de Vigo.
Ent. Natalia Jorge e Carmen Álvarez | Andaina "A Carmela muiñeira" 16.10.2025 10:00
Este domingo poderemos coñecer a historia de Carmela Muiñeira, en Sobrada, enTomiño, a través da andaina "A Carmela muiñeira". Partirá dende a Cultural de Sobrada ás 16.30 horas e correrá a cargo da historiadora Natalia Jorge. Hoxe ela deunos todos os detalles desta actividade e coñecemos máis da historia de Carmela coa súa neta Carmen Álvarez. **Por problemas técnicos non é posible escoitar a par...
Ent. Gustavo del Río, director de Naúfragos Teatro | Bule Bule 16.10.2025 5:28
Mañá venres, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui Os Naúfragos Teatro representarán “Bulebule”. O espectáculo fala da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións e tamén aborda a diversidade e o TDAH. Con Gustavo del Río, director do espectáculo falabamos hoxe desta obra. As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos...
Ent. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia | Proba piloto no Miño 16.10.2025 7:21
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia iniciou a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros na parroquia de Gurillarei. Unha proba que está sendo executada pola pola empresa pública TRAGSA baixo a dirección técnica da Consellería. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climátco da Xunta de Galicia expicaba...
Ent. Noel Claro e Marcos Casaleiro | Festa do Carballo 15.10.2025 5:30
A parroquia tomiñesa de Vilameán celebra este sábado a XXXIV Festa do Carballo. Unha celebración que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e na que non faltará a animación musical, as actividades infantís e a degustación das castañas. Coñecemos todos os detalles deste festexo, no que terán 200 quilos de castañas para degustar, con Noel Claro, un dos organizadores desta cita, e Marcos Casaleir...
Ent. Marcos Fortes, do club de piragüismo Penedo de Caldelas | Comezo de temporada 15.10.2025 8:39
O Club Penedo de Caldelas afronta unha nova temporada deportiva con citas tanto a nivel galego como nacional e internacional. Son tres as modalidades de piragüismo que practican: slalom, kaiak cross e kaiak polo. Marcos Fortes, do club Penedo de Caldelas, daba conta do traballo que están realizando nestas primeiras semanas.
Ent. Rosana Fossatti - Conferencia taller "Recupera o teu poder interior" 15.10.2025 5:34
O Liceo Casino de Tui acollerá o sábado, 25 de outubro, de 11 a 13 h unha conferencia taller titulada “Recupera o teu poder interior” a cargo de Rosana Fossatti. Hoxe contounos cal é o obxectivo desta actividade a quen vai dirixida. É preciso inscribirse no Liceo Casino.
Ent. Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia | Actividade control parental 15.10.2025 12:26
A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado. de 11.30 a 13.30 horas, a actividade de control parental “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias”. Unha iniciativa organizada por Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia. Na actividade abordarase dos riscos dun mal uso da tecnoloxía e da necesidade de educar e fomentar dende o exemplo. Marcos Mata, presidente...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.