Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a ACITUI- BlackFriday 20.11.2015 6:55
Co gallo de incentivar o comercio local tudense e aumentar as súas vendas, a asociación ACITUI organiza o BlackFriday, ou o venres negro, unha oportunidade de mercar máis barato o vindeiro venres 27, de 20h a 00h con descontos de ate o 60%. O BlackFriday, que naceu en EEUU, estase popularizando en todo o mundo. Hoxe estiveron na nosa sintonía Miguel Martínez Rodríguez, vicepresidente de ACITUI, e...
Entrevista a membros de ACITUI- Iniciativa BlackFriday 20.11.2015 6:55
Co gallo de incentivar o comercio local tudense e aumentar as súas vendas, a asociación ACITUI organiza o BlackFriday, ou o venres negro, unha oportunidade de mercar máis barato o vindeiro venres 27, de 20h a 00h con descontos de ate o 60%. O BlackFriday, que naceu en EEUU, estase popularizando en todo o mundo. Hoxe estiveron na nosa sintonía Miguel Martínez Rodríguez, vicepresidente de ACITUI, e...
Entrevista a José Diéguez Dieppa, Deán da Catedral- Obras que se levarán a cabo no conxunto catedralicio 17.11.2015 6:49
A Catedral de Tui vaise beneficiar de dúas obras nas súas dependencias. Así, a primeira delas contempla a restauración das cubertas debido a humidades, e que vai ser executada pola Xunta de Galicia. A segunda obra refírese á musealización do claustro da Catedral, acción levada a cabo polo Ministerio de Fomento. José Diéguez Dieppa é o Deán da Catedral.
Entrevista con Mónica Bugarín do Espazo Xove- Actividades desta semana 16.11.2015 4:38
Como cada luns, repasamos con Mónica Bugarín, as propostas do Espazo Xove de Tui. Este venres 20 realizarase un obradoiro, mais as prazas xa están cubertas. Mónica Bugarín recomenda inscribirse para o obradoiro que se celebra o día 11 de decembro e no que hai prazas dispoñibles. Por outra banda, o venres 27 haberá un curso de crowdfunding, de 16.30h a 20.30h, totalmente gratuíto polo que hai praza...
Entrevista con Marcos Besada, alcalde de Salceda- Denuncia arquivada pola Fiscalía por presunta prevaricación 16.11.2015 6:11
A Fiscalía de Pontevedra arquivou a denuncia presentada polo PP de Salceda en maio deste ano contra o alcalde Marcos Besada por presunta prevaricación. O pasado mes de setembro Marcos Besada prestou declaración ante o fiscal Xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, en calidade de investigado por un presunto delito de prevaricación. Marcos Besada amosouse nos nosos micrófonos satisfeito pola decisió...
Entrevista a Nerea González Martínez, tudense residente en París- Atentados na capital 16.11.2015 8:50
Nerea González Martínez, moza tudense que traballa como Au-pair en París, contounos durante o Día a Día o medo vivido xunto ás súas amigas, durante a noite do pasado venres, polos atentados acontecidos en París.
Ent. Cristina Cristóbal, secretaria Conservatorio M. de Tui - Concurso Logotipo 13.11.2015 6:03
O Conservatorio de Música Profesional de Tui convoca un concurso entre o seu alumnado para elixir o logotipo do centro. Beatriz Cristóbal, secretaria do Conservatorio, explicou como xurdiu esta iniciativa. O prazo para a presentación de traballos está aberta ata o mes de febreiro.
Ent. Antonio Carral de O Alle - Charla sobre Leite e queixo ecolóxico 13.11.2015 7:25
Os produtos ecolóxicos serán de novo mañá os protagonistas no cárcere vello en Tui nunha nova edición do Mercado da Verdura. Lembramos que se celebra cada segundo e último sábado de mes baixo a organización do Concello de Tui, APEGA e Foro Tude. Ás 11h da mañá haberá unha charla sobre “Leite e queixo ecolóxico” a cargo de Antonio Carral de O Alle, unha empresa familiar de produción ecolóxica situa...
Ent. Francisco Álvarez "Koki" - Presentación poemario "Sombra de Luna" 12.11.2015 8:43
Hai uns días o Ateneo de Pontevedra acolleu a presentación do poemario "Sombra de Luna" do poeta guardés afincado en Nova Iorque Francisco Álvarez "Koki". O escritor falounos do seu libro que comezou hai 20 anos e terminou hai un mes. Foi publicado por Sial.
Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho Corredoura do Manco 12.11.2015 4:08
Mañá sábado, 14 de novembro, celébrase o Trilho Corredoira do Manco que forma parte do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade. Sairá ás 10 hora española dende o campo de fúbtol de Friestas ou quince minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença. Consta de 10,5 quilómetros de percorrido polas freguesías de Friestas e San Fins con dificultade doada. Deunos todos os detalles Marina...
Ent. Kirenia Martínez de Entremáns con Xogas 12.11.2015 7:25
O sábado, 14 de marzo, ás 19h Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo de danza contemporánea “Xoga” da man da compañía Entremáns da Coruña. Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez son as creadoras, directoras e intérpretes deste espectáculo, con contido didáctico, sobre o funcionamento do noso corpo. Vai dirixido a público familiar e, especialmente, a rapaces/as de máis de 3 anos. Do mesmo fal...
Ent. Alcalde da Guarda, Antonio Lombra - Reunión A Guarda - Caminha 11.11.2015 9:52
O esteiro do Miño candidatarase a Patrimonio da Humanidade da UNESCO na categoría de Paisaxe Cultural. Así o acordaron o pasado venres nunha reunión o Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha. Nese encontro tamén se puxo sobre a mesa dar unha solución á comunicación entre os dous municipios hoxe en día ao través do transbordador.
Ent. Iria Aguete de ADICAE - obradoiro “Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila”. 10.11.2015 7:17
A Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, acolle mañá mércores ás sete da tarde o obradoiro “Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila”. Esta actividade está organizada por ADICAE Galicia. A entrada é libre ata completar o aforamento.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro SS e Paula Guerreiro, técnica - 8ª Concurso Fotográfico Literario Relación Home Muller 10.11.2015 8:42
A concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui vén de convocar o VIII Concurso Fotográfico-Literario Relación Home-Muller 100% positiva. Do mesmo falaron hoxe na nosa sintonía o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, e a técnica deste departamento. Entre as novidades que presenta este ano está sumar o concurso literario ao fotográfico que se viña celebrando nas edicións anteriores...
Entrevista con Montserrat González, presidenta da ANPA de Pazos de Reis- Construción dunha nova escola 05.11.2015 10:14
O día 27 de outubro ás 20h a asemblea de pais e nais, pertencentes á ANPA do CEIP de Pazos de Reis, acordou por unanimidade solicitar unha entrevista co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, para solicitar o compromiso da administración coa construción dun novo edificio para o CEIP de Pazos de Reis na finca da Lagarteira. A falta de infr...
Rolda de grupos políticos: Carlos Vázquez Padín, de Converxencia21 08.04.2014 23:43
Carlos Vázquez Padín, de Converxencia21, abriu hoxe martes a rolda de conversas que imos manter nos próximos días cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui.
Ent. María Luisa Caride, Protectora de Animais de Tui - Espectáculos con animais 25.02.2014 7:28
De xeito quincenal María Luisa Caride, da Asociación de Animais sen fronteiras de Tui, trata diversos temas relacionados cos animais. O luns 24 de febreiro falou dos espectáculos con animais
Ent- párroco da Inmaculada de Vigo, Xosé Manuel Pereira - Pasamento do misioneiro Bernárdez Gándara 15.01.2014 9:55
O misioneiro vigués José Manuel Bernárdez Gándara, faleceu en Zambia ao caer unha árbore sobre a súa tenda. O párroco da Inmaculada de Vigo, Xosé Manuel Pereira, falábanos da súa labor. En maio do ano pasado celebrara as súas vodas de prata sacerdotais na Catedral de Tui.
Ent. Vanessa Rodríguez, ioga para nenos 19.12.2013 6:14
Este Nadal, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro terá lugar no Centro Ser unha actividade de Ioga para nenos a cargo de Vanessa Rodríguez. Ela mesma contábanos en qué consiste e falaba dos seus beneficios.
Ent. Alberto González, do Restaurante Silabario - Sol de Repsol 11.12.2013 5:54
O Restaurante Silabario de Tui vén de recibir un sol da guía Repsol 2014. Esta distinción é concedido aos mellores restaurantes e cociñeiros coma símbolo de excelencia culinaria. Este galardón súmase á Estrela Michelín que ten tamén este restaurante tudense. O seu chef, Alberto González, amosábase moi satisfeito por este recoñecemento froito do traballo e esforzo realizado.
Ent. Enrique Cabaleiro, voceiro do PSOE 04.12.2013 21:20
Enrique Cabaleiro, voceiro do grupo municipal de Tui, estivo hoxe na RMT dentro da rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación. A peonalización do conxunto histórico ou os orzamentos foron dous dos temas tratados.
Intervención 3- 25112013 26.11.2013 5:44
Espazo da Protectora de Animais Sen Fronteiras de Tui no programa Día a Día, a cargo de María Luisa Caride, presidenta desta protectora. Tema: Abandono de Gatos
Protectora Animais Intervención 2 - 11112013 26.11.2013 14:33
Espazo da Protectora de Animais Sen Fronteiras de Tui no programa Día a Día. Perigosidade dos cans Ataque na canceira a unha voluntaria
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.