Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6583 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Nov 20, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 10M+ downloads · 4.7+ rating iOS soon

Episodes

Ent. Harrod Blank, fillo de Les Blank - Play Doc 14.04.2016

Les Blank é unha das figuras a quen este ano Play Doc dedica un ciclo coa proxección de catro dos seus documentais ligados todos eles á música. O seu fillo Harrod está en Tui participando no festival para presentar a obra do seu pai. Hoxe acompañounos no programa Día a Día.

Ent. Manuel Fernández e Manuel Vázquez e Levada Libre e José A. Uris - Actos de confraternización republicana 13.04.2016

Levada Libre organiza para este sábado, 16 de abril, en Tui os actos de confraternización republicana. Comezarán ás 12.30h diante do monumento aos represaliados na Alameda de Santo ou en caso de choiva no salón de actos da Aula da UNED no antigo Convento de Santo Domingo. Manuel Fernández e Manuel Vázquez de la Cruz, membros de Levada Libre, xunto a José Antonio Uris e José Mª Álvarez Cáccamo, col...

Ent. Ángel Sánchez, dtor de Play-Doc - Todo preparado para o comezo do festival 13.04.2016

Hoxe comeza oficialmente o Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc. Tras meses de traballo arranca a décimo segunda edición marcada pola diversidade, a calidade e a variedade. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, explicouno que todo esta listo para o comezo coa sesión inaugural ás 20.30h.

Ent. César Souto e Luís Avilés directores de “Os días afogados” - Play-Doc 2016 13.04.2016

Hoxe mércores, 13 de abril, na sesión das 23h de Play-Doc proxectarase o documental galego “Os días afogados” de César Souto e Luís Avilés que retratan a aldea de Aceredo en Lobios que en 2012 quedou ao descuberto tras vinte anos cuberta polas augas do encoro de Lindoso. Precisamente cos directores falamos hoxe. Luís Avilés daba conta da historia que recollen neste documental. César Souto explicou...

Sección semanal Espazo Xove Tui - martes 12 de abril 12.04.2016

Dende o 1 de abril a mocidade interesada pode inscribirse no Espazo Xove de Tui no programa de Garantía Xuvenil da Xunta. Esta foi unha das cuestións ás que hoxe se referiu a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, na súa conexión semanal coa nosa emisora. Por outra parte deu conta da convocatoria dos Campamentos para mozos de 9 a 17h anos dentro da Campaña de Verán da Dirección Xeral de X...

Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Balance reunión con veciños conxunto histórico 12.04.2016

O pasado sábado o Concello de Tui celebrou unha reunión con veciños do conxunto histórico. A concelleira de Patrimonio, Carme Nuñez, fixo un balance positivo pola asistencia de 80 persoas, e porque foi unha primeira toma de contacto. O obxectivo foi explicar o traballo que se está a realizar dende a concellería de Patrimonio, pero Carmen Núñez, sinalou que o máis interesante foi a exposición feita...

Ent. Sara Gª e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Inauguración,supporters, entradas... 11.04.2016

Este mércores ás 20.30h será inaugurado Play-Doc 2016. Dende entón poderanse ver 45 documentais nas dúas salas de proxeccións. As entradas estarán á venda media hora ao prezo de 2€. A sesión inauguración, con música en directo, será gratuíta. O festival pretende mostrar as tendencias do documental cada ano, pero tamén a música está moi presente nesta edición. E está en marcha a campaña Play Doc Su...

Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente Tui - Ordenanza de limpeza e outros 11.04.2016

Está xa en vigor a “Ordenanza reguladora de ornato público e limpeza viaria no Concello de Tui” que entre outras cuestións prohibe a colocación de carteis no casco urbano, salvo nos lugares habilitados para iso. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, quen tamén solicitou a colaboración cidadá na recollida selectiva do lixo. Avanzou que amais a colocación de 30 com...

Ent. Mónica Bugarín, dtra Espazo Xove Tui - 5 mil usuarios 08.04.2016

O Espazo Xove de Tui rexistrou 5 mil usuarios en 2015 segundo os datos que vén de facer públicos a Xunta. A súa directora Mónica Bugarín deu conta destas boas cifras e explicou que os servizos máis empregados son os de acceso a internet e o local de ensaio.

Ent. Marina Cruces- Resultado Cata de Colleiteiros de San Telmo 08.04.2016

O pasado domingo celebrouse a Cata de Colleiteiros de San Telmo. Nos viños brancos Pablo Brandariz levouse o primeiro premio seguido de Serafín Ocampo, que con dúas mostras, acadou o segundo e terceiro premio. Mentres en tintos os expertos da cata outorgaron os premios a Luís Martínez, Carlos Pérez e Ramón Fontán. Así nolo contou Marina Cruces, unha das organizadoras da cata.

Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Charles Burnnet, e outros ciclos 07.04.2016

Os directores do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, faláronnos hoxe dos ciclos que poderemos ver durante o festival: a restrospectiva de Charles Burnett, o programa Avan-Gutter realizado por Akosu Adoma Owusu e a proxección de curtametraxes de Cinema Experimental Iogoslavo. Este haberá de novo dúas salas, e o prezo da entrada será de 2€.

Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Liñas mestras e música 06.04.2016

O próximo mércores, 13 de abril, comeza unha nova edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Os seus directores, Sara García e Ángel Sánchez, explicáronnos hoxe as liñas mestras deste ano. Ángel Sánchez sinalou que se trata dun festival moi diverso e intenso. Sara García explicou que lle fai especial ilusión o estreo da película “A poem is a naked person” de Les Blank, qu...

Ent. Camen Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui - Reunión cos veciños 06.04.2016

A concellería de Patrimonio do Concello de Tui convoca aos veciños do Conxunto Histórico a unha reunión este sábado, 9 de abril, ás 19.30h, na Aula da UNED de Tui. O obxectivo do encontro será por en común o traballo que se está a realizar dende este departamento, dirixido por Carmen Núñez, escoitar o parecer, as necesidades e inquedanzas dos veciños.

Ent. Josu, Esteban Gómez e Marcos Casaleiro - 5 anos de Radio Mocidade 06.04.2016

O pasado venres, 1 de abril, cumpriu 5 anos Radio Mocidade que emite por internet dende Tomiño. Para celebrar este aniversario están a realizar unha programación especial da que hoxe nos deron conta Josu, Esteban Gómez e Marcos Casaleiro.

Ent. Fernando Groba - II Encontro Minho Galicia 05.04.2016

Este sábado, 9 de abril, dende ás 10h terá lugar en Monçao o II Encontro Minho-Galicia. A cita será na casa-museo de Monçao co cinema coma protagonista incluíndo a visita ao Museo do Cinema de Melgaço. Fernando Groba, un dos organizadores deunos conta de todos os detalles desta iniciativa.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Les Blank 05.04.2016

Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, estrea o documental “A Poem is a Naked Person” de Les Blank que foi prohibido en 1974. Play-Doc recupera este filme por primeira vez en España e poderá verse tanto no propio festival a próxima semana coma na canle do festival en R. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival. Pero amais no Play-Doc poderanse ver outros tres t...

Ent. Felicitas Iglesias da Asoc. do Parkinson do Baixo Miño - Día Mundial do Parkinson 05.04.2016

A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza para este venres unha charla e un concerto para celebrar o Día Mundial do Parkinson que se celebra o próximo luns 11. Así nolo contou hoxe Felicitas Iglesias, deste colectivo, dando conta de que a cita será ás 17h na Sala Félix Rodríguez. A neuróloga María Gema Alonso Losada, neuróloga, impartirá a charla coloquio “Vivir coa enfermidade de Parkinson...

Ent. Montse Monte e Fernando Dguez de 1Máis - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 01.04.2016

Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Por este motivo a asociación 1Máis celebra mañá ás 17h unha festa na Macoca da que deron conta hoxe Montse Mon, presidenta da Asociación, e Fernando Domínguez. Tamén deron conta do traballo que realizan dende este colectivo.

Ent. Jose Manuel Caballero e Manuel Fernández - II Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui. 01.04.2016

Mañá sábado ás 21.30h celébrase o II Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui. En princiopio está previsto na Praza de San Fernando, pero se chove realizarase na igrexa de Santo Domingo. Participarán a Banda de Gaites LaKadarma de Asturias, a banda de gaitas Nova Fronteira de Ourense e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que organiza o encontro.

Ent. Manuel Mariño, presidente, e Emilio Rodríguez, vocal, de MosSlot - Probas de slot en San Telmo 01.04.2016

Cinco pistas de slot, scalextric, están xa montadas no pavillón do IES San Paio, por parte do club MosSlot que esta fin de semana realiza en Tui, co gallo das festas de San Telmo realiza en Tui a segunda proba do campionato provincial no que se darán cita campións de España e outros afeccionados. Será mañá sábado a partir das 16h co “I Torneo Slot Festas de San Telmo”. Amais o luns celebrarase o C...

Ent. Elena Mansinho, actriz do grupo de teatro de Malvas - Semana do Teatro Afeccionado 01.04.2016

Mañá sábado remata a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Santiago de Malvas estrea o sábado 20.15 “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”. Entrada 1,5€. Elena Mansinho é unha das actrices da obra.

Ent. Manuel Crisóstomo - Campionato de Tute Festas de San Telmo 01.04.2016

Hoxe venres a partir das 23.30 celébrase no Bar El Pilar de Tui o Campionato de Tute Festas de San Telmo, que este establecemento organiza dende hai 30 anos. Durante algo máis de dúas horas os participantes buscarán as mellores bazas para levarse o premio que serán racións de meixón. A inscrición está aberta ata comezo do campionato

Ent. Ubaldo Estévez e Esteban Alonso do grupo Mesturanzas - VIII Semana de Teatro Afeccionado 01.04.2016

Hoxe ás 21.15h na VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea “Ah...que familia”. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billetes ao prezo de 1,5€. Ubaldo Estévez e Esteban Alonso, director e actor do grupo, déronnos conta de todos os detalles.

Ent. Sandra González, alcadesa e José Cosmed, pte Acubam - Mostra de Cultivos do Baixo Miño 31.03.2016

Esta fin de semana celébrase no pavillón de Goián a 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Xornadas técnicas, presentación das innovacións do sector, 30 expositores, ... e moitas máis actividades conforman o programa previsto do que hoxe nos falaron Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e José Cosmed, presidente de Acubam.

Ent. Arsenio Gállego e Maximino Fernández, do grupo de teatro Atalaia- Presentan hoxe 'A miña tía e as súas cousas' 31.03.2016

Ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui porá en escena “A miña tía e as súas cousas” baixo a dirección de Arsenio Gállego Chacón. Os dez actores da obra levarannos ata a historia dunha tía e a súa sobriña que lembran anualmente a desaparición do marido da tía na Rusia da División Azul. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billete...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.