Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Emilio Villar do Café Museu - Campaña de Recollida de Xoguetes 07.12.2015 3:33
O Café Museu organiza unha campaña de recollida de xoguetes de Nadal. Así, dende hoxe 7 de decembro e ata o 22 deste mes, a cafetería cambia un xoguete que estea en bo estado por un café. Esta campaña conta coa colaboración do Concello de Tui e a Radio Municipal de Tui, entre outros. Emilio Vilar do Café Museu explicou coma xurdiu esta campaña.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Actividades de Nadal 04.12.2015 4:50
Hoxe ás 18.30h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui. Esta é unha das actividades que forma para da axenda conxunta da Eurocidade que foi presentada onte. Da mesma deu conta hoxe a concelleira de Cultura de Tui, María José González. Avanzou que están traballando xa na Cabalgata Internacional de Reis.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Deporte de Tui - Actividades de Nadal 04.12.2015 11:29
Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Deporte do concello de Tui, deu conta hoxe na Rado Municipal de Tui de diversos temas, como a volta do tren turístico que conecta á Eurocidade Tui-Valença para estas datas, os datos de visitantes e turistas que pasaron pola Oficina de Tui no mes de novembro, ou de citas de Nadal coma o Mercado de Nadal deste domingo.
Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Programación de Nadal 04.12.2015 5:55
Fortaleza de Chocolate, Duendelandia, Compras con Premios, Tren de Nadal e Festa dos Reis marcan a oferta de Nadal e de Reis de Valença, que se prolongará até o 9 de xaneiro, e que forma parte da Axenda de Nadal presentada en conxunto con Tui. O vereador de Cultura de Valença, José Monte, explicou na RMT que con esta oferta pretenden congregar a moitos visitantes e turistas, implicando á Eurocidad...
Entrevista con Sandra González, alcaldesa de Tomiño sobre diversos asuntos 02.12.2015 12:39
O Mercado de Tomiño prepara actividades de Nadal e é o único de toda a provincia de Pontevedra que ten ocupados todos os seus postos na parte baixa da praza. Así o explicou hoxe a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen se referiu tamén á licitación de seis postos no primeiro andar que está aberto ata o 15 deste mes.
Entrevista con Carlos V. Padín, voceiro de C21- Rolda conversas políticas 02.12.2015 22:12
Hoxe visitou a nosa sintonía o voceiro de Converxencia 21, Carlos Vázquez Padín, dentro da nova rolda de conversas cos partidos políticos que vimos de empezar. Carlos Vázquez Padín manifestou que o grupo de goberno reuniuse co seu partido e co resto dos grupos da oposición para presentarlle as liñas mestras ás que van ir dirixidos os orzamentos para o vindeiro exercicio.
Ent. Yolanda Rodríguez , concelleira - Ataque Informático Concello de Tui 02.12.2015 4:46
Un ataque informático, por un cryptovirus, mantén dende onte practicamente paralizados distintos departamentos do Concello de Tui. A concelleira Yolanda Rodríguez, explicou en declaracións á Radio Municipal de Tui que onte ao mediodía detectouse o problema nun ordenador e se activou o protocolo de seguridade para estes casos. Técnicos municipai, aos que se sumarán técnicos de Novas Tecnoloxías de...
Entrevista con Diego Alfonsín, escritor- Premio Novela curta Miguel de Unamuno 01.12.2015 8:15
Diego Alfonsín, é un escritor tudense licenciado en Filoloxía Galega e Xornalismo. Dende o ano 2008 estivo vivindo en Alemaña, onde traballou coma lector. No ano 2014 gañou o premio Max Aub de contos e este ano vén de gañar o premio de novela curta Miguel de Unamuno coa súa novela, Lenta Demolición.
Entrevista con Natalia González de Érguete Baixo Miño- Día da SIDA 01.12.2015 8:28
#DíaaDía | Hoxe, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da #SIDA. Dende Érguete Baixo Miño, este ano, coincidindo coa celebración deste día, elaboraron unha Campaña co lema “Sen estigmas" para incrementar os coñecementos fronte a infección do VIH e outras ETS sempre promovendo a igualdade de trato e a non discriminación. Así nolo explicou Natalia González, técnica de Érguete Baixo Miño.
Entrevista con Iván Martínez, responsable do Banco de Alimentos de Vigo- Balanzo recollida 2015 01.12.2015 7:55
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo comunica que na Gran Recollida Solidaria de alimentos en supermercados da provincia de Pontevedra, recolleron preto de 275.000 quilos de comida. Así nolo confirmou durante o Día a Día o coordinador da campaña do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez
Entrevista con Manuel Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas- Sentenza titularidade viveiro 30.11.2015 9:04
A xustiza dálle a razón á Comunidade de Montes de Areas sobre a titularidade dunha parte do viveiro forestal de Areas. O presidente da Comunidade de Montes, Manuel Pereira, explica que o Concello de Tui, en 1919, cedeu ao Estado unha porción de Monte Veciñal e Mancomún para a construción dun viveiro forestal. Unha parte deste viveiro xa se lle foi devolta en 1981 e agora fíxoselles entrega da outr...
Entrevista con Mónica Bugarín- Calendario de actividades no Espazo Xove 30.11.2015 3:54
Repasamos con Mónica Bugarín as actividades e cursos que chegan ó Espazo Xove. Aínda quedan prazas para inscribirse no obradoiro de artesanía Transferencia de Imaxes, que consiste en ornamentar unha caixa de madeira, pasando unha imaxe a este obxecto. Este taller terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro, de 17.30h a 20.30h no Espazo Xove.
Ent. Teresa Domínguez, dtora. CRA - Recollida de Xoguetes 28.11.2015 7:34
O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torre de Tui organiza unha recollida de xoguetes de cara ao Nadal. Teresa Domínguez, directora do CRA, apuntou que os xoguetes, xogos de mesa educativos, libros de lectura ou contos que se donen deben estar en bo estado. Ata o 15 de decembro pódense entregar os xoguetes na Radio Municipal de Tui, nas aulas do CRA en Pexegueiro, Malvas, Areas, Ribadelouro, Guil...
Ent. Mercado de Nadal Solidario 27.11.2015 12:07
O domingo, 6 de decembro, de 11 a 21h, celebrarase no conxunto histórico de #Tui un Mercado de Nadal solidario, promovido por ACITUI, Somos Arte e o colectivo +KARTE. Hoxe venres visitaron os nosos estudios Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, María Jesús Pérez Diz, presidenta en Funcións de +KARTE e Abel Vila, Secretario de ACITUI, para darnos todos os detalles desta iniciativa.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes - IV Gala do Deporte Tudense 27.11.2015 13:29
Hoxe ás 20.30h celebrarase no Teatro Municipal de Tui a IV Gala do Deporte Tudense. Nesta festa do deporte recoñecerase o traballo realizado por deportistas, clubs, adestradores e entidades. Da mesma falou hoxe na nosa sintonía o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso. Tamén se referiu á feira de Nadal que terá lugar o domingo 6 de decembro.
Ent. Nel Díaz Piñeiro - Exposición de pintura "Paisaxes mentais" 26.11.2015 10:57
Ata o 10 de xaneiro pode visitar a exposición "Paisaxes Mentais" de Nel Díaz Piñeiro na Sala de Exposicións da Área Panorámica en Tui. Segunto o artista, Nel Díaz Piñeiro, reflicte a súa teima polo paso do tempo e o movemento.
Entrevista a José Quinteiro, p. de SOS Tomiño e con Pedro Pereira, p. do Banco de Alimentos de Vigo- Campaña doazón 25.11.2015 22:32
Este venres e sábado, SOS Tomiño Baixo Miño colabora co Banco de Alimentos de Vigo nunha gran recollida de alimentos en supermercados de Tui e Tomiño. Polo tanto, fan un chamamento a que se unan voluntarios para recoller estes alimentos nos supermercados e axuden a este labor. Os establecementos adheridos á campaña é o Gadis, Día e Lidl de Areas, Día de Tomiño e de Tui, e supermercado Familia de T...
Entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro- Diversos asuntos de carácter municipal 25.11.2015 25:58
Hoxe conversamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre diversos asuntos de interese. Co rexedor debullamos entre outros puntos, que ó Pleno levarán unha moción para demandar á Xunta a construción da nova escola para Pazos de Reis e dun Centro de Día na finca da Lagarteira. Ademais, tamén exporán no Pleno á petición á Xunta de Galicia da necesidade de trasladar as dependencias dos Xulgados ós...
Entrevista con José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza viaria, sobre diversos asuntos 24.11.2015 10:24
José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza viaria, expresou que nos vindeiros días van acometer a limpeza de diversos viarios nas entradas de Tui, e de estradas de parroquias. Así o relatou na nosa sintonía, durante o Día a Día. Na conversa mantida tamén debullou outros asuntos, como a xuntanza coas asociacións culturais sobre o curso de fitosanitarios que vai ter lugar este xoves...
Entrevista con Neves Seara, autora da performance da Praza da Catedral de Tui- Día contra a violencia de xénero 24.11.2015 7:19
Mañá mércores celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En Tui, a Deputación de Pontevedra organiza unha performance ás 12 do mediodía na Praza da Catedral de Tui. A artista Neves Seara interpretará o Amante de Sal. Amante de Sal é unha proposta que conecta moi ben co público e reivindica a figura das mulleres que están ausentes por culpa da violencia. A inseguridade pola falla d...
Entrevista con Hugo Laje, sobre a actividade de crowdfunding que terá lugar este venres no Espazo Xove 23.11.2015 6:21
Hugo Laje vai dar unha charla no Espazo Xove de Tui sobre o crowdfunding, ou o financiamento colectivo. Esta actividade terá lugar este venres dende as 4 da tarde, e está destinada a aquelas persoas que queiran emprender neste tipo de accións. O que se vai traballar no encontro son os diferentes tipos de crowdfunding e coñeceranse proxectos prácticos de accións emprendidas e que obtiveron éxito e...
Entrevista con Felicita Iglesias, vocal da Asoc. Parkinson Baixo Miño- Encontro no Centro Sociocomunitario 23.11.2015 7:58
Hoxe conversamos con Felicita Iglesias, vocal da Asociación de Parkinson Baixo Miño, sobre unha nova acción que vai arrincar en poucos días. Esta actividade, que se realizará este xoves ás 5 da tarde, consiste en que as persoas interesadas na Asociación poden acudir á cafetería do Centro Sociocomunitario de Tui, coñecer os traballos da organización dunha forma máis relaxada, mentres se toman un ca...
Entrevista con Eduardo Sanjurjo, dono do ximnasio DiSom- Licencia de actividade do Ximnasio 23.11.2015 14:13
A pasada semana coñeciamos que o exalcalde de Tui, Moisés Rodríguez, foi imputado por un presunto delito de desobediencia por non tramitar, supostamente, o expediente de reposición da legalidade e peche dun ximnasio no casco urbano do municipio. O dono do ximnasio, Disom, Eduardo Sanjurjo, estivo hoxe na nosa sintonía para deixar unha mensaxe clara, o ximnasio está aberto e funcionando. Eduardo Sa...
Entrevista con Luis Vicente Risco, presidente da Fundación V.Risco- Conferencia sobre cultura galego-portuguesa 20.11.2015 9:14
Hoxe venres, ás 20h, na Sala Xacobeo da Área Panorámica, Exposición e Conferencia da Fundación Vicente Risco en Tui. A Conferencia está impartida a cargo de Luís Martínez Risco, Presidente da Fundación Vicente Risco e historiador. Presentará “A cultura alicerce da unión Galicia-Norte de Portugal. Lusofonía”, dentro do programa “A cultura que une”. Luis Martínez Risco apunta cales son as liñas nas...
Entrevista a Miguel Abreu, responsable do III Trofeo de Baile Deportivo 20.11.2015 9:37
Este domingo 22 de novembro, a partir das 14h. españolas, no pavillón municipal de Valença, terá lugar o III Trofeo de Baile Deportivo no que participarán 140 parellas procedentes de Galicia e doutras comunidades, ademais de Portugal. Esta competición, que está organizada pola Eurocidade Tui-Valença e a Escola de Baile Pasos Galicia, prolongarase ata as 21h. españolas. Miguel Abreu, responsable do...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.