Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Rubén López, dtor. do Conservatorio e Eva Iglesias, pta do Liceo Casino - Concerto 18.12.2015

A Banda de música e orquestra de corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrece un concerto ás oito desta tarde no Liceo Casino de Tui. Rubén López, director do Conservatorio e Eva Iglesias presidenta do Liceo Casino, nolo contaban esta mañá.

Ent. Roberto Paramos, xerente de Xadrez Galego - I Torneo de Xadrez da Eurocidade 18.12.2015

Mañá sábado celébrase o I Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e Xadrez Galego. Este torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui...

Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral de Tui - Apertura Porta Santa 18.12.2015

As Portas Santas das Catedrais de Tui e de Santiago de Compostela abríronse a semana pasada co gallo de celebrar o Ano Xubilar da Misericordia, convocado polo Papa Francisco, e que remata en novembro do ano 2016. Por primeira vez na súa historia, o acceso principal á basílica tudense transformouse en Porta Santa. En entrevista á Radio Municipal de Tui, o Deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, falo...

Ent. Ana Pastor, candidata do PP por Pontevedra - Eleccións Xerais 18.12.2015

Na Radio Municipal de Tui concluimos hoxe as conversas mantidas esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Esta mañá foi a quenda da candidata do PP por Pontevedra e Ministra de Fomento, Ana Pastor. Destacou que a campaña foi o momento para facer balanzo destes últimos catro anos. Pedía o apoio este domingo a todas as persoas que queiran u...

Ent. Andrea González, pianista tudense- Actuación na Mostra España en Valença 17.12.2015

A pianista tudense Andrea González actúa este sábado 19 de decembro ás 20h españolas no Arquivo Municipal na Fortaleza de Valença, dentro da Mostra España. A entrada é gratuíta. Andrea González fará unha homenaxe a Arthur Rubinstein, unha das primeiras figuras que deu a coñecer a música española máis aló das nosas fronteiras. Interpretará o programa titulado Música de España, que foi gravado entre...

Ent. Eduardo Cadenas, pte Asociación Amigos da Catedral- Concursos na Catedral 17.12.2015

A Catedral de Tui organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Catedral, para estas datas diversos concursos de Nadal, o concurso de panxoliñas, de corais e de beléns. O décimo oitavo concurso de panxoliñas pechou a inscrición no día de onte. Haberá 3 premios para os gañadores, ademais, o xurado poderá outorgar 3 accésits en función da calidade dos grupos de panxoliñas. O día 3 de xaneiro...

Entrevista a Manel Loureiro, escritor- Presentación do seu libro no Espazo Lector Nobel 17.12.2015

O Espazo Lector Nobel organiza ás 20h un encontro co escritor Manel Loureiro, un dos autores con máis éxito do momento, que asinará exemplares da súa última novela “Fulgor”. Manel Loureiro, explicou nos micrófonos da Radio Municipal de Tui que a súa quinta novela, Fulgor, publicouse en outubro deste ano, e que en breves dará o salto para outros países, como Latinoamérica, Estados Unidos, o Canadá,...

Ent. Dolores Galovart, cabeza de lista do PSOE pola provincia de Pontevedra- Eleccións Xerais 17.12.2015

Dolores Galovart explicou que para o PSOE é importante modernizar a xustiza, mellorar o sistema do benestar, como muller, incide que é vital conseguir unha igualdade efectiva e da necesidade da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade de tarefas entre home e muller.

Ent. Alexandra Fernández,nº1 por Pontevedra de En Marea - - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Alexandra Fernández, candidata pola provincia de Pontevedra do partido En Marea, quixo subliñar que estas eleccións do 20 de decembro son históricas, xa que nunca houbo tanta incerteza nin tanta pluralidade. Destacou a candidata Alexandra Fernández que o parti...

Ent. Rubén López, director; Beatriz Cristóbal, e Laura González, do Conservatorio - Concerto de Nadal 16.12.2015

Mañá xoves,17 de decembro, o Conservatorio de Música de Tui celebra un concerto de Nadal con compoñente solidaria ás 20h no Teatro Municipal da Área Panorámica. Así, os interesados en asistir ó concerto deberán entregar un quilo de alimentos para obter a súa entrada. O teatro estará aberto dende as 18.30h para recoller os alimentos. Así nolo contaron Rubén López, director do Conservatorio; Beatriz...

Ent. Antonio Lara, nº1 por Pontevedra de Ciudadanos - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Antonio Lara, o nº1 por Pontevedra de Ciudadanos explicou que a campaña está a ser moi intensa e a están a vivir con moita ilusión. Na provincia dicía que das conversas coa xente nota que hai vontade de cambio. Lograr representación por Pontevedra sería un éxi...

Ent. Carme Adán, candidata Nós Candidatura Galega por Pontevedra - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Carmen Adán, candidata por Pontevedra de Nós Candidatura Galega, explicaba que están a facer unha campaña persoa a persoa. Agardan contar coa apoio da cidadanía para seguir sendo a voz dos galegos en Madrid.

Sección Semanal do Espazo Xove de Tui 15.12.2015

A semana próxima, o luns e martes pola mañá, de 11h a 13h, o Espazo Xove organiza unhas xornadas de xogo aproveitando as vacacións de Nadal, destinadas a nenos e nenas entre 8 e 10 anos. Hai soamente 10 prazas dispoñibles e é preciso inscrición previa. Por outra banda, Mónica Bugarín deu conta que os días 24 e 31 o Espazo Xove estará pechado.

Entrevista a Diego Alfonsín, escritor tudense- Recentes premios de contos e novela 14.12.2015

Diego Alfonsín Rivero estase facendo un nome coñecido no mundo literario. Gañou o premio no concurso de contos Max Aub o ano pasado e este ano vén de conseguir o primeiro premio no certame de novela curta de Miguel de Unamuno coa novela “Lenta Demolición”.

Entrevista ó director e prof. do Conservatorio de Tui, con Rafael Llebra, prof. do Conservatorio de Vigo- Curso saxofón 14.12.2015

Hoxe recibimos nos nosos estudios ó director do Conservatorio de música profesional de Tui, Rubén López; a Jorge Vicente, profesor do Conservatorio e a Rafael Llebra, profesor no Conservatorio de Vigo. Os tres convidados deron conta de que para a vindeira semana, concretamente o luns durante a mañá e pola tarde e o martes pola mañá, impartirase unha aula aberta de saxofón no Conservatorio de Tui.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Área Metropolitana de Vigo 14.12.2015

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu o pasado sábado a unha nova reunión para a constitución da Área Metropolitana de Vigo. Esta supramunicipal comezará con 14 concellos, e de xeito inmediato se ampliará a 20 municipios, entre eles o do Tui, para o que é preciso a aprobación por parte da Xunta de Galicia. Para Enrique Cabaleiro esta área conformada por 20 concellos terá gran pese e enverga...

Ent. Juan José España de Club de Actividades Subacuáticas - Torneo de Natación da Eurocidade 11.12.2015

A piscina municipal de Valença acolle mañá sábado, a partir das 16.00 horas españolas, o IV Torneo de Natación de Nadal da Eurocidade. Está organizado polo Club de Actividades Acuáticas Alto-Baixo Miño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. No mesmo daranse cita un centenar de nenos e nenas das distintas escolas deportivas de natación do Baixo-Alto Miño.

Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho de Mosteiró 11.12.2015

Mañá sábado celébrase o derradeiro percorrido do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade. Será polo Trilho de Mosteiró na freguesía de Cerdal en Valença. Sairá ás 10h hora española dende a igrexa matriz de Cerdal, ou quince minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença. Esta andaina consta de 11,8 quilómetros de percorrido de dificultade doada, cun tempo estimado de 4 horas e med...

Ent. Edurne Sendra de Fiablone - Charla e exhibición de calabizo no Mercado da Verdura 11.12.2015

O cárcere vello en Tui acolle mañá sábado de 10 a 14h un novo Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos. Amais mañá haberá unha charla e exhibición do calabizo, chourizo de cabaza cuxo ingrediente principal é a cabaza con especias e aceite de oliva, elaborado por Fiablone, Edurne Sendra é unha das socias de Fiablone e explicaba hoxe na nosa sintonía que é o calabizo, no levan traballando...

Ent. Alejandro Da Cuña, autor - Presentación do libro "Receitas con historia" 11.12.2015

Alejandro Da Cuña presentará mañá sábado, ás 19h, no Teatro Municipal de Tui o seu libro "Receitas con historia" no que vén traballando ao longo de dous anos e medio. Dende ás 18.30h poderanse retirar as entradas de balde, un máximo de dúas por persoa, no despacho de billetes. O libro, cun prezo de 10€, está xa á venda nas librarías tudenses. Os fondos recadados irán destinados ás asociacións Sínd...

Entrevista con David Vila, presidente de ADETO- Campaña de Nadal 10.12.2015

A Asociación de comerciantes de Tomiño, a ADETO, inicia a súa campaña de Nadal con diversas actividades para impulsar as vendas no comercio. David Vila explicou que dende ADETO están sorteando vales de compras nos comercios, que van dende os 5 euros ata os 200 euros, acción que comezou o pasado luns 7 de decembro e rematará o 7 de xaneiro. Aparte este ano hai unha novidade, xa que esta fin de sema...

Entrevista a ACITUI- Actividades de Nadal 10.12.2015

Co gallo de coñecer as actividades que organiza a asociación de comerciantes de Tui, a ACITUI para estas datas, hoxe mantivemos unha conversa con Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, e Abel Vila, secretario da asociación. Para dinamizar o comercio neste Nadal, a asociación levará a cabo o concurso de escaparates, no que xa están inscritos arestora como participantes 22 comercios. O prazo de i...

Ent. Santi Lage e Erik Feles - Xornadas de Nadal de Gaita e Percusión Doméstica Tradicional Galega 10.12.2015

A Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe Tradicional de Tui organiza esta fin de semana as Xornadas de Nadal de Gaita e Percusión Doméstica Tradicional Galega. Terán lugar sábado e domingo a cargo de Santi Lage e Erik Feles coma profesores. Os interesados aínda están a tempo de inscribirse no 627 88 35 45. O prezo é 20€ un día e 30€ as dúas xornadas.

Ent. Carmen García Braga, pta. ACIGU - Campaña de Nadal 10.12.2015

A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU, ten en marcha a súa campaña de Nadal con diversas actividade ao longo destas festas para incentivar e promocionar o comercio local. Este mesmo sábado comezan con propostas de lecer no entorno da Alameda, non na propia Alameda que ese día acolle un acto político. Os outros sábados de mes tanto a Alameda coma a Praza Nova serán o escenario das actividade...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias fin de semana 09.12.2015

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, traslada hoxe ao subdelegado do Goberno os informes da Policía Local e da Garda Civil das pelexas que se están rexistrando en Tui nas últimas fins de semana. O obxectivo é establecer un protocolo de de seguridade que permita a vixilancia e poder contar con máis presenza policial nas rúas. Este é un problema complicado que compete a varias administracións.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.