Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 20, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Carlos Saa, profesor e coordinador do postgrao en calidade da ESCE - Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidad 02.06.2016 6:32
Hoxe e mañá celébranse as I Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidade no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística de Valença. José Carlos Saa, profesor e coordinador do postgrao en calidade da ESCE, explicou cómo se van desenvolver estas xornadas, centradas hoxe na metroloxía e mañá na calidade con expertos internacionais.
Ent. José Manuel Sousa de APTUI - Balance 1 ano 02.06.2016 15:45
José Manuel Sousa, voceiro de APTUI, fixo balance hoxe do primeiro ano transcorrido dende as eleccións municipais, salientando que estes primeiros doce meses dan para comezar o traballo e plantexar temas para o mandato. Nese senso indicaba que neste goberno os pasos dados foron tímidos, e o xustificaba polo feito de ser un goberno cuadripartito. Lamentaba o mal estado de limpeza das parroquias, e...
Ent. Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense - Balance dun ano de mandato 01.06.2016 18:22
Inda que é partidario de facer balance no final dos 4 anos de mandato, xa que considera que 1 ano non é moito tempo Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense, facía destes 12 meses un balance positivo por cuestións que cambiaron sobre todo nas formas. Como concelleiro da Eurocidade sinalaba que no eido cultural e deportivo a colaboración é total, e se está ampliando a outros campos coma o turís...
Ent. José Martínez Tato | Andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza 01.06.2016 7:03
O Club deportivo Andatui Regodapedra organiza este domingo unha andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva, na Cañiza. A Andaina, que sae da área de Tui para visitar o que dende Andatui consideran como unha das rotas máis fermosas de Galicia, percorrerá unha distancia aproximada aos 15 quilómetros nun tempo estimado de catro horas. Explica a actividade o representante de Andatui, José Martínez...
Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula da UNED de Tui - Campamento de Inglés 31.05.2016 14:02
A aula da UNED de Tui organiza un Campamento de Inglés enTui que se vai celebrar do 27 de xuño ao 8 de xullo dirixido a nenos de 10 a 14 anos. Margarita Pino, coordinadora da Aula deunos conta dos detalles. Ten un prezo de 190 euros para os empadroados en Tui – ao estar subvencionado polo Concello – e de 240€ para os non empadroados na cidade. A inscrición pode facerse na Aula da UNED no antigo co...
Ent. Teresa Domínguez, dtora do CRA Mestra Clara Torres - Balance Xornadas Educar para Protexer 31.05.2016 9:24
Éxito das xornadas Educar para Protexer celebradas os últimos xoves de mes dende febreiro organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. A directora do CRA, Teresa Domínguez, salientou o éxito das mesma e a boa resposta por parte dos pais. Está xa traballando en novas xornadas para o próximo curso escolar, novos temas propostos polos propios pais, coma poden ser a...
Ent. Manuel Rosende, profesor IES Indalecio Pérez - Homenaxe Indalecio Pérez 31.05.2016 6:16
O Teatro Municipal de Tui acolle esta mañá unha homenaxe a Indalecio Pérez Tizón, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. A comunidade educativa do instituto no que foi profesor, e hoxe leva o seu nome, preparou distintos actos dos que daba conta o profesor Manuel Rosende. Nos mesmo participarán ex alumnos como o guitarrista Samuel Diz, que presenta o seu álbum, a directora da premiada curta...
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Retómanse as labores de busca no Miño 31.05.2016 5:10
Retomáronse ás 9h as labores de búsqueda no Miño de David Fernández Suárez, coñecido como Michi, veciño de Salceda desaparecido o pasado venres. Por terra, auga e aire prosegue o operativo nesta xornada. Onte remataron a súa labor os mergulladores tras peinar unha milla en augas do Miño. Así o explicou o alcalde de Salceda, Marcos Besada., quen facía un chamamento a extremar as precaucións a aquel...
Ent. Marina Requejo, Asociación de Familiares de Alzhéimer de Galicia 30.05.2016 7:41
A Asociación de familiares de alzhéimer de Galicia, Afaga, busca voluntarios para os obradoiros que está a desenvolver en Tui. A coordinadora de voluntariado da asociación, Marina Requejo, chamaba aos interesados a participar como voluntarios nos obradoiros que teñen lugar os luns e xoves de 17:00 a 20:00.
Entr. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Labores de busca de David Fernández Suárez no río Miño 30.05.2016 3:26
Esta mañá retomáronse os traballos de busca do músico salcedense David Fernández Suárez, coñecido como Michi, que desapareceu na noite do sábado tras tocar nunha festa coa súa charanga “Os trouserghas” en Lapela, no concello de Monçao. O trombón do músico e mailas súas chaves xa foran atopados nas beiras do río Miño, onde se centran agora os traballo. O operativo, composto por vinte mergulladores,...
Ent. Óscar Carrera, padeeiro - Participa no k4 1000m nos Xogos Olímpicos de Río2016 27.05.2016 17:12
O padeeiro tudense Óscar Carrera participar nos Xogos Olímpicos de Río2016 formando parte do K4 español que competirá sobre a distancia de 1000 metros. Aproveitando a súa estancia en Tui estes días, xa que está concentrado en Madrid, compartimos un minutos con el para falar deste logro deportivo.
Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo da Guarda - Alfombras Florais e Tapearte 27.05.2016 3:51
As rúas da Guarda serán engalanadas mañá á noite con alfombras florais e de sal nas que os alfombristas levan xa semanas traballando. De forma paralela hoxe comeza en vinte esetablecementos guardeses a ruta de tapas Tapearte. A concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes, deunos conta destas actividades.
Ent. Esteban Glez - XX Festa da Empanada de Estás 27.05.2016 6:06
A empanada de mexillóns é unha das novidades que presenta este domingo a XX Festa da Empanada de Estás. Haberá tamén doutros recheos a un prezo de 5€ a ración, e tamén se poderán degustar outros produtos. A música do grupo Virxe do Alivio, e a festa da bicicleta a primeira hora completa o programa festivo previsto, do que nos deu conta Esteban González. Porán á venda máis de 700 racións de empanad...
Ent. Mila González - Alfombras de corpus en Tui 27.05.2016 1:06
A previsión de choiva para mañá á noite fai que a alfombra floral que se ía elaborar inicialmente na praza de San Fernando se vai a realizar no interior do claustro da Catedral. Hoxe continuan cos traballos previos de preparación do verde e da flor, tal e coma contaba Mila González, unha das persoas que leva a cabo a alfombra.
Ent. Ramón Martínez - Aprazamento da Festa da Árbore 27.05.2016 3:22
Debido as previsións de choiva para mañá sábado foi aprazada a I Festa da Árbore e do Medio Ambiente organizada polas comunidades de montes de Randufe, Areas, Pexegueiro e Malvas. Polo momento non teñen nova data e probablemente quedará para despois do verán segundo explicaba hoxe Ramón Martínez, un dos organizadores.
Ferretería Cortegoso realiza unha Xornada de Portas Abertas 26.05.2016 3:54
Ferretería Cortegoso e Millasur realiza mañá venres unha xornada de portas abertas en maquinaría forestal e de xardín na Macoca de 11 a 13h e de 16 a 18h. Ás 12h haberá unha charla sobre mantemento de maquinaria e ofertas especiais en máquinas e accesorios. Contounolo César González, que explicou que realizan estas xornadas polo dez anos que levan traballando xuntos estas dúas empresas.
Ent. Elías Vieiro, presidente do Tyde F.C. - Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold 26.05.2016 9:28
Falamos con Elías Vieiro, presidente do Tyde horas antes de que él e os 12 rapaces seleccionados do equipo suban ao avión que lles levará ao Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña).
Ent. Belén Sousa, tudense que participou na animación de Capitán América 26.05.2016 9:13
Unha das últimas superproduccións norteamericanas contou co traballo da tudense Belén Sousa. Experta en animación, participou no filme de Capitán América. Sousa explícanos cómo conseguiu formar parte do equipo.
Ent. Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño - Triatlón Tui-Porriño 26.05.2016 8:17
Esta fin de semana celébrase a cuarta edición do Triatlón Tui-Porriño. Con saída dende Tui, os participantes chegarán a O Porriño. Unha edición que este ano espera chegar ao límite máximo de 350 atletas. Contábanolo o concelleiro de deportes do Porriño, Manuel Carrera, que apuntaba ademais, a importancia das actividades deportivas para a mocidade.
Ent. Laureano Alonso - Campamentos de Verán e Triatlón Tui-Porriño 26.05.2016 9:03
O Concello de Tui abrirá o vindeiro mércores 1 de xuño o prazo de inscrición para os campamentos de verán. Nesta ocasión celebraranse dúas quendas a un prezo de 30€ cada unha. Tódolos requisitos e documentos necesarios pódense consultar na web do Concello, concellotui.org ou fisicamente na secretaría do mesmo.
Ent. Encarnación Sueiro, psicóloga - Xornada Educar para protexer 25.05.2016 11:02
Mañá ás 18h a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá a charla “Educación sexual e a educación en igualdade” a cargo de Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar “Nóvoa Santos” do SERGAS
Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio do Louro - Optimización das redutoras de Tui 25.05.2016 5:40
Dende o Consorcio de Augas do Louro informan de que continúan co axuste das redutoras de presión instaladas fai varias semanas. O Xefe de Servizo do Consorcio, Ramiro Gutiérrez pediu aos veciños que se poidan ver afectos que se poñan en contacto co servizo de asistencia a través do teléfono 900 810 103.
Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral - Pintadas na porta da Catedral de Tui 25.05.2016 5:35
Tras as pintadas que apareceron o domingo á tarde na porta da Catedral de Tui onte técnicos en restauración fixeron un primeiro análise dos danos, e parece que non será tan complicado a limpeza da porta. Así o explicaba o dean da Catedral, José Dieguez Diepa.
Ent. Briano Lago e Manuel Román - Can de Palleiro 24.05.2016 23:14
O grupo tomiñés Can de Palleiro que vén de presentar o seu primeiro disco de estudo. Así, co obxectivo de actualizar o son da música tradicional galega e divulgala dende unha nova perspectiva naceu Agharra a pata, conta con temas propios do grupo amais de cancións tradicionais que foron adaptadas aos novos tempos. Unha música feita para divertirse, en palabras dos membros do grupo.
Ent. Antonio Fernández Rocha, voceiro PP - Balance 1 anos dende as eleccións municipais 24.05.2016 23:10
O voceiro do PP na corporación municipal de Tui, Antonio Fernández Rocha, fixo balance do ano transcorrido dende as eleccións municipais e sinalaba que ata o de agora non ve froitos deste case ano de xestión do novo goberno. Sobre a modificación de créditos para a apertura da rúa Ourense, que se leva este xoves a pleno co proxecto que él fixera en 2011 actualizado, avanzaba que no futuro tentaran...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.