Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Sección Semanal do Espazo Xove de Tui - 19012016 19.01.2016 4:54
O Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, é punto de información de interese para a mocidade con convocatorias de bolsas, certames, actividades... A súa directora Mónica Bugarín deunos conta hoxe do concurso para elixir o cartel do Certame Xuventude Crea, e tamén de axudas para estudantes universitarios. Esta información pode ampliase no seu teléfono 886 110 797 ou no seu Facebook.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo de Tui - Presenza en FITUR e BTL 19.01.2016 12:09
A Eurocidade Tui-Valença presentarase mañá ás 18h no posto de Turgalicia en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que esta semana se celebra en Madrid. Esta é a primeira da citas co Turismo que ten a Eurocidade neste 2016, á que se sumará o feito de contar con posto de exhibición propio no mes de marzo na BTL de Lisboa
Ent. Mago Berto, que actúa esta noite no White Clover de Tui 15.01.2016 3:20
O Mago Berto actúa ás once e media desta noite no White Clover de Tui. O seu é un espectáculo con maxia e humor no que non falta a interacción co público. A entrada é gratuíta. O Mago Berto leva máis de nove anos actuando por toda Galicia e compartindo escenario con grandes artistas como Moncho Borrajo, Carlos Blanco ou Javier Veiga.
Ent. Ana Isabel Mariño, xerente do Hotel A Torre do Xudeu en Tui- Mellor hotel da provincia según Trivago 15.01.2016 11:08
O hotel A Torre do Xudeu en Tui é o segundo hotel mellor valorado en Galicia, en relación as opinións dos clientes que usan a aplicación Trivago. Na provincia de Pontevedra, é o que recibe mellores valoracións, cunha puntuación de 92,64 décimas, e a tan só catro do establecemento Alén do Mar, en Fisterra, que encabeza el ránking de toda Galicia. A xerente do hotel tudense, Ana Isabel Mariño, expli...
Ent. Gustavo Pascual Hermida, arquéologo e historiador- Restos Canle Romana de Auga 14.01.2016 15:46
O arqueólogo Gustavo Pascual Hermida descubriu nas serras da Groba e Argallo os restos da primeira canle romana que abastecía de auga as minas de ouro do Baixo Miño. Gustavo Pascual incidiu que a zona do Baixo Miño é rica en mineiría e ouro e que grazas a este feito houbo un tráfico comercial moi activo, demostrado nos restos de varios barcos de tipo Mediterráneo na zona de Oia.
Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED Tui - Cursos 2016-1 14.01.2016 15:21
Catorce cursos son os que oferta a Aula da UNED de Tui para este primeiro cuadrimestre do ano. Para todas eles está xa aberto o prazo de inscrición na web www.unedpontevedra, na propia Aula no antigo convento de Santo Domingo ou no teléfono 986 60 51 50 polas tardes de 16:00h a 22:00h. Dos mesmos deunos conta a coordinadora da Aula da UNED de Tui, Margarita Pino quen sinalou os bos datos de partic...
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda- Desbloqueo por parte da Xunta da licitación para o novo centro de saúde 14.01.2016 7:36
Salceda de Caselas ve máis cerca a construción dun novo centro de saúde para a vila, dado que a Xunta de Galicia desbloqueou o proceso de licitación para construír un novo centro sanitario na parcela cedida polo concello no ano 2011. Marcos Besada, alcalde de Salceda, deu conta ante os nosos micrófonos da reunión que mantivo co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, onde acordaron dar os...
Ent. organizadores I Mostra da Camelia Cidade de Tui 13.01.2016 17:03
A Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica de Tui, acollerá esta fin de semana a I Mostra da Camelia Cidade de Tui. A mostra está organizada por un grupo de tudenses amantes da camelia que convidan ao público a participar tanto coa presentación de flores coma acudindo á exposición na fin de semana. Participarán arredor de 60 expositores chegados de Galicia, Portugal e Asturias. Este sábad...
Ent. Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio de A Guarda- Visitantes ó Monte Trega 2015 12.01.2016 9:09
O número de visitantes que accederon ó monte Santa Trega entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro do 2015 foi de 180077 persoas, o que significa un incremento de 13029 persoas con respecto a temporada de 2014. O concelleiro de Patrimonio da Guarda, Javier Crespo, refírese así ás boas cifras de visitantes
Ent. Francisco Marín, pte. Confederación Hidrográfica Miño Sil- Subida cauces ríos 11.01.2016 6:24
Debido ás fortes chuvias rexistradas nestes días, os cauces dos ríos sufriron desbordamentos tanto en Tui como na súa contorna. O presidente da Confederación Hidrográfica Miño- Sil, Francisco Marín, apuntou que o río Miño, ó seu paso por Tui, está en nivel de activación polos asulagamentos, aínda que non descartou que suba a prealerta, polas precipitacións destes días.
Ent. Mónica Bugarín, coordinadora do Espazo Xove- Actividades e comezo do ano 11.01.2016 4:14
Ata o mes de febreiro deste ano, a programación do Espazo Xove de Tui non dará comezo, debido a que aínda non se sabe o orzamento destinado a cada unha das actividades. Independente da programación, os servizos do Espazo Xove, como a aula de informática, a de xogos, a de música e a xestión de carnets continúan operativos. Mónica Bugarín adiantou que en breves mudarán o teléfono do Espazo Xove, que...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Aprobación de orzamentos e outros 08.01.2016 26:02
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na Radio Municipal de Tui que ten unha sensación agridoce tras a aprobación do orzamentos porque lle gustaría ter tido máis apoios dos que tiveron. A aprobación das contas permitirá tomar medidas coma a contratación de persoal. En marzo agardan levar a pleno o remanente de tesourería que se destinará a investimentos. Por outra banda anuncia que se...
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata de Reis 2016 05.01.2016 2:35
Tui mantén a realización da Cabalgata de Reis para esta tarde. A hora de saída prevista é ás 17h dende Valença, e ás 19h os Reis estarán no Paseo da Corredoira diante do Seminario Menor onde foi colocada unha carpa na que terá lugar, en principio, a recepción real. Daba os detalles a concelleira de Cultura, María José González.
Ent. Nava Castro, directora Xeral de Turismo- Cifras de peregrinos e Ruta da Lamprea 05.01.2016 10:28
Nava Castro deu conta de que as cifras de peregrinos rexistradas ao longo do ano 2015 volven demostrar que o Camiño de Santiago está en auxe. O número de camiñantes que recolleron a Compostela no 2015 chegou aos 262.515, o que supón 24.532 máis que no ano 2014. Por outra banda Nava Castro vén de inaugurar a Ruta da Lamprea, que implica a sete concellos da comarca do Condado. Con esta iniciativa pr...
A Guarda suspende a Cabalgata e matén a recepción real na Casa dos Alonsos 05.01.2016 0:53
A Guarda suspende a Cabalgata de Reis desta tarde ante a inestabilidade meteorolóxica. As súas Maxestades de Oriente recibirán a partir das seis da tarde aos nenos na Casa dos Alonsos onde actuarán os grupos que ían participa na Cabalgata. Así o explicaba a concelleira de Cultura, Elena Baz.
Ent. José Javier Bascoy, director Agrup.Musical do Rosal- Concerto solidario e 30º aniversario 05.01.2016 7:05
O Auditorio Municipal do Rosal acolle mañá mércores, ás 18.30h, un concerto solidario da Agrupación Musical do Rosal dirixida por José Javier Bascoy. No mesmo recollerán alimentos non perecedoiros para Conrazones. Precisamente o director da Agrupación Musical do Rosal deu conta do repertorio que interpretarán, con zarzuelas, ópera e pezas de cine e teatro. Por outra banda, a Agrupación Musical do...
Ent.Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis 05.01.2016 1:48
Pese ao mal tempo Melchor, Gaspar e Baltasar madrugaron hoxe para percorrer todos os barrios e parroquias do Rosal nun periplo de varios quilómetros. Tras o percorrido matinal proseguirán esta tarde por Tabagón, A Portela, Eiras, Morán, Valdemiñotos, Couselo, A Lomba, Urgal, Barrio Novo, Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba, e Sandián. Ás cinco da tarde regresarán á Praza do Calvario onde no sal...
Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Cabalgata de Reis 05.01.2016 1:35
En Salceda está todo preparado para a Cabalgata de Reis desta tarde que ten previsto a súa saída ás 18h dende a Praza da Devesa. Se o tempo non acompaña Melchor, Gaspar e Baltasar estarán de todos os xeitos no pavillón de deportes recibindo aos nenos.
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Cabalgata de Reis 05.01.2016 2:43
En Tomiño non haberá Cabalgata esta tarde, no que se refire ao percorrido entre o Alivo e o Seixo. Si estarán os Reis que chegarán entorno ás 16.30h ao Concello e media hora despois comezarán a recibir aos nenos na carpa instalada na Praza do Seixo. Así o confirmaba a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata de Reis 04.01.2016 3:17
Pendentes do tempo están as Cabalgatas de Reis que se celebran mañá 5 de xaneiro. A da Eurocidade ten previsto que a comitiva real saia ás 17h dende Valença e chegue ao Paseo da Corredoira en Tui (fronte ao Seminario Menor) ás 19h. Mañá ás 12h tomarán unha decisión en función da climatoloxía de se sae a cabalgata ou se realiza so a recepción real. Así o confirmaba a concelleira de Cultura de Tui,...
Ent. Fernando Ferreira, pte Asoc. de pescadores do río Miño - Inicio temporada da lamprea 04.01.2016 5:33
Esta pasada noite comezou a campaña da lamprea 2016 no río Miño que se estenderá ata finais de abril. Na marxe española haberá entorno a 150 embarcacións autorizadas. Esta primeira noite da temporada, foi en palabras do presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, Fernando Ferreira, con poucas embarcacións debido ás adversas condicións climatolóxicas, pero cando menos xa viron algún exempla...
Felicitacións Ano Novo- Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui 31.12.2015 5:45
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Laureano Alonso, voceiro do partido Son de Tui
Felicitacións Ano Novo- Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21 31.12.2015 4:52
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21
Felicitacións Ano Novo- Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense 31.12.2015 3:27
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense
Felicitacións Ano Novo- Carmen Núñez, voceira do BNG 31.12.2015 3:52
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Carme Núñez, voceira do Bloque Nacionalista Galego
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.