Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Manuel Pereira da Comunidade de Montes de Areas -Día da Árbore 03.02.2016

A Comunidade de Montes en Man Común de Areas organiza para o sábado 13 deste mes unha actividade para conmemorar o Día da Árbore. En concreto a partir das catro da tarde, nas Mariñas, levarán a cabo unha plantación de frondosas no monte comunal. O punto de encontro para os participantes será o Centro Cultural de Areas. Dende a Comunidade de Montes convidan aos nenos e á xente nova a participar nes...

Ent, María José González, concelleira de Cultura de Tui - Programación Cultural 1-2016 03.02.2016

A concelleira de Cultura de Tui, María José González. presentounos hoxe a programación do primeiro semestre do ano na cidade que se abre co Entroido

Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade e Emprego do Concello de Tui - Policía Local, emprego, seguridade 02.02.2016

Hoxe celébrase o día da patroa da Policía Local e por este motivo conversamos co concelleiro de Seguridade e Emprego do Concello de Tui, José Ramón Magán. Anunciou o edil que no prazo dun ano ou ano e medio agardan ter cubertas as tres vacantes que arestora ten este corpo, Esta é unha das demandas da Policía Local, que en medios técnicos solicita un novo vehículo para substituír aos actuais que te...

Ent. Uxío Benítez, deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza - Varios 01.02.2016

O deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, estivo hoxe no programa Día a Día deu conta hoxe do traballo que está a realizar nos seus departamentos da Deputación de Pontevedra. O plán Móvese ou a presentación de proxectos a fondos europeos foron parte dos temas abordados

Ent. Jacobo Sutil, director da AGADIC - Programación Cultural 29.01.2016

O director da AGADIC, Jacobo Sutil, estivo hoxe en Tui na presentación dun novo número da Axenda Cultural Corredoira. Aproveitamos a súa presenza na cidade para conversar con el sobre o seu departamento e os programas culturais previstos para este 2016.

Ent. Marisol - Festas de San Blas e a Virxe da Saúde en San Xoán de Tabagón no Rosal 29.01.2016

A subida do arco ás seis desta tarde marca o inicio das festas na honra á Virxe da Saúde e de San Blas en San Xoán de Tabagón no Rosal. Este ano o motivo elixido é a conmemoración do 400 aniversario do falecemento de Cervantes. Un ano máis Marisol deunos conta de cómo vai o traballo de confección do artístico arco.

Ent. José Mtnez. Tato de AndaTui - Andaina por Guillarei e Paramos 29.01.2016

O Club AndaTuiRegodapedra organiza para este domingo, 31 de xaneiro, a primeira andaina do ano polas parroquias de Guillarei e Paramos. A saída está prevista ás nove da mañá dende a Ponte Romana na Veiga do Louro. Será un percorrido de 11,3 quilómetros cun desnivel de 124 metros. Os camiñantes irán por Guillarei ata o Monte das Penizas en Paramos e regreso ata o punto de partida. Os interesados de...

Os escolares tudenses celebran hoxe o Día Escolar da Paz e da non violencia 29.01.2016

Os escolares de Tui, dende os máis pequenos das Escolas Infantis ata os dos Institutos, celebraron ao longo desta semana o Dia Escolar da Paz e da non Violencia con diversas actividades que culminan no día de hoxe. Coñecemos as actividades de cada centro educativo nunha reportaxe da nosa compañeira Lucía González.

Ent. Iván Vaqueiro, representante da Asociación ACIPOR- Pan do Porriño 28.01.2016

Hai uns días presentouse no Porriño a campaña “Pan do Porriño, Pan de Panadaría, proxecto que ven da man da Asociación de Comerciantes (ACIPOR) e de Panadeiros do Porriño, co que queren impulsar a imaxe do tradicional pan porriñés. Iván Vaqueiro, encargado da comunicación de ACIPOR e representante das dúas asociacións, quixo explicar as razóns que os levaron a pór en marcha esta campaña, na que a...

Ent. Javier Rozas, sobre o programa Repoblar, de rede sen fíos da Deputación de Pontevedra 28.01.2016

Repoblar trátase da Rede Pontevedra Banda Larga Rural, unha Rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia para romper coa fenda dixital no rural, a través do proxecto Wimax Rural. No Baixo Miño, Javier Rozas explicou que hai unha cobertura do 90%, debido á singularidade da orografía e que todos os concellos que forman parte da comarca se poden inserir ó programa

Ent. Manuel Pardo, pte de BANTA - Remate da 10ª Campaña 27.01.2016

O Banco de Tapóns do Baixo Miño pecha este sábado a súa décima campaña na que reuniron 42 toneladas de tapóns para axudar a tres nenos Cristian, Sofía e Alejandro, e o sábado 30 presentarán aos beneficiarios da nova campaña. Manuel Pardo é o presidente da BANTA, explicaba o peche desta campaña e cómo van a axudar a cada neno.

Ent. Manuel Crisóstomo - Subida andando a San Xulián 27.01.2016

A primeira hora da mañá saíron camiñando do centro urbano de Tui, máis de medio centenar de tudenses cara o Monte Aloia para participar na Romaría de San Xulián. Tras unha para nos muíños do Tripes para tomar as papas de millo seguiron ata o cumio do Aloia. Manuel Crisóstomo é un destes tudenses que dende hai dúas décadas suben andando ata o monte por San Xulián.

Ent. Sebastián Gómez do Restaurante Monte Aloia - Romaría de San Xulián 27.01.2016

Gran asistencia de xente esta mañá á romaría de San Xulián no Monte Aloia. Centos de persoas danse cita hoxe no cumio do Parque Natural para participar nesta celebración. Cheo na capela nas misas celebradas ao longo da mañá, e tamén nos distintos locais que acollerán grupo para xantar cocido no día de hoxe. Así nolo contaba esta mañá Sebastían Gómez, do Restaurante do Monte Aloia.

Ent.Manuel Crisóstomo - Romaría de San Xulián 26.01.2016

Mañá celébrase no cumio do Monte Aloia a romaría de San Xulián. Mañá haberá misas ás 10 e ás 11 da mañá e a solemne celebrarase ás 12.30h con posterior procesión arredor da capela coas imaxes tanto de San Xulián coma da Virxe das Angustias. Precisamente mañá ás 9h sairán dende o centro urbano de Tui, da rúa Casal Aboy, un grupo de tudenses para subir camiñando ata o cumio do Monte. Manuel Crisósto...

Ent. Luis Cuntín, responsable de Tempo de Jazz, novo programa das noites na RMT 26.01.2016

Hoxe comeza un novo programa na Radio Municipal de Tui. Nas noites dos martes e dos sábados os gustosos do Jazz e os amantes da música en xeral teñen unha cita ás 23h na Radio Municipal de Tui, no programa Tempo de Jazz, conducido por Luís Cuntín. Con Tempo de Jazz Luís Cuntín pretende presentar artistas e xéneros para crear afección no Jazz, descoñecido para moitos de nós.

Ent. José Antonio Rodríguez da Clínica Veterinaria Tui - Procesionaria 26.01.2016

As altas temperaturas dos últimos días están a provocar que a procesionaria baixe dos piñeiros, polo que hai que ter coidado ao levar os cans ao monte ou a zonas arboradas. Así nolo contou José Antonio Rodríguez da Clínica Veterinaria Tui. No caso de que o can entre en contacto cunha procesionaria hai que levalo ao veterinario de xeito inmediato.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo de Tui - Valoración en FITUR e Documental De Rosendo a Rosendo 25.01.2016

O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, valorou positivamente a presenza da Eurocidade en FITUR a pasada semana, fixando obxectivos máis ambiciosos para a próxima edición. Xa para a BTL que se celebrará en Lisboa en marzo a Eurocidade terá presenza máis destacada con posto propio. Laureano Alonso tamén deu conta da gravación onte en Tui de parte do documental "De Rosendo a Rosendo" por p...

Ent. Juan Carlos Blanco e Sergio Casal, presidente e tesoureiro de ACITUI- Asemblea e actividades para este ano 25.01.2016

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui , ACITUI, celebrou o pasado mércores, 20 de xaneiro, asemblea xeral ordinaria na Sala Félix Rodríguez, na que se decidiu que o novo vicepresidente de Asociación é Carlos González, os nomes dos tres novos vocais, e na que se decidiu a renovación da súa secretaria. Juan Carlos Blanco, presidente e Sergio Casal, tesoureiro, déronnos conta destes nomea...

Ent. Antón Fonseca, vicepresidente de Terras Gauda- Actividade de Conservas A Rosaleira 25.01.2016

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hai uns días as instalacións da conserveira A Rosaleira, que forma parte do Grupo Terras Gauda. O vicepresidente de Terras Gauda, Antón Fonseca, falounos desta visita que calificou como moi positiva e da actividade da empresa, que se centra na elaboración de conservas vexetais de produtos artesanais como os grelos, os mirabeles ou o tomate.

Ent. Mino Álvarez, membro da Asociación Cultural de Estás- Festas de San Sebastián en Estás 22.01.2016

Dende hoxe ata o domingo a parroquia de Estás, en Tomiño, festexa a San Sebastián. Hoxe venres haberá verbena amenizada polo grupo Adredde. Mañá a verbena correrá a cargo da orquestra Panamá e o grupo América S.L. O domingo haberá as tradicionais poxas e música do grupo de percusión Logika Acústica ás 22h. Así nolo contou Mino Álvarez, responsable do Centro Cultural.

Ent. Rosa González, membro do grupo Donicelas- Presentación mañá do seu segundo disco en Salceda 22.01.2016

Mañá sábado ás 19:30 no Auditorio Municipal de Salceda terá lugar a presentación do segundo traballo discográfico do grupo salcedense Donicelas. O traballo leva o nome do mesmo grupo. O disco está formado por nove temas de carácter popular, e algúns de autor, como o de Paulo Nogueira. Rosa González, membro do grupo Donicelas, deunos conta de máis datos desta cita musical

Ent. Monologuista Tito Rober - “Vida y milagros del zumo de naranja” 22.01.2016

Hoxe cita coa risa e o humor no White Clover ás 23.30hcomonologuista Tito Rober. Presentará “Vida y milagros del zumo de naranja”. Hoxe fíxonos un avance do seu espectáculo.

Entrevista a Iván Alonso, padeeiro do Kaiak Tudense- Gañador da Regata do Río Negro 21.01.2016

Iván Alonso vén de gañar na modalidade sénior de K1 a Regata do Río Negro na Arxentina despois da súa segunda participación. O padeeiro do Kaiak Tudense recoñeceu que regata é unha das máis esixentes do mundo, dado que son un total de 274 quilómetros a remar en 6 etapas, aos que se lle debe sumar a calor e a soidade de remar en moitos tramos só no río.

Ent. Clara Pousa, enxeñeira agrícola - Charla sobre o Picudo Vermello en Salceda 20.01.2016

Ás oito desta tarde a casa da Cultura de Salceda de Caselas unha charla sobre as medidas que se poden adoptar no caso de ter palmeiras afectadas polo 'picudo vermello'. Correrá a cargo da enxeñeira agrícola Clara Pousa Ortega, quen explicará as medidas que se poden tomar para paliar os efectos da praga. Clara Pousa falou hoxe do Picudo Vermello na RMT

Ent. Jorge Marcote, experto en vide- Curso UNED viticultura 19.01.2016

Este xoves dará comezo o primeiro dos cursos deste novo cuadrimestre na aula UNED de Tui. Trátase de “Introdución á Viticultura” a cargo de Jorge Marcote Gil, especialista en viticultura e enoloxía. Celebrarase dende este xoves, 21 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2016, os xoves de 18:00 a 20:00h, e as sesións prácticas os sábados de 10 a 14h. O prezo do curso é 40€. Jorge Marcote explicou que este...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.