Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cursos de Composición Musical, Creación de Blogs e Contacontos no Espazo Xove de Tui 16.02.2016

Este xoves comeza o curso de Composición Musical no Espazo Xove de Tui. Aínda quedan prazas vacantes. Así nolo explicou Mónica Bugarín, directora deste centro Xuvenil. Tamén avanzou que en marzo os mércores e venres vaise impartir un curso de Creación de Blogs e o 31 de marzo e 1 de abril celebarase un curso de Contacontos, e un obradoiro de artesanía en data aínda por confirmar. Esta información...

Ent. Fernando Ferreira, pte da Asoc. de Pescadores do Miño - Tempora meixón e lamprea 15.02.2016

Rematou a temporada do meixón no Miño e en palabras de Fernando Ferreira foi mala en canto a capturas. Continúan coa campaña da lamprea reivindicando a lamprea do Miño. Iso si estes días coa chea do Miño non poden sair faenar.

Ent. Ángel Sánchez, coodirector de Play-doc- Campaña de micromecenado para editar o seu primeiro libro 12.02.2016

Play-Doc editará, por vez primeira, un libro que estará dedicado ao director afroamericano Charles Burnett, que leva por título Charles Burnett: un cineasta incómodo. O libro, está cofinanciado nunha parte por Tabakalera Centro Internacional de Cultura Contemporánea e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, mais Play-Doc precisa cubrir outros gastos. Por este motivo, vén de lanzar unha...

Ent. Fátima Rodríguez, técnica da Cámara de Comercio Tui- Programa PICE para os mozos 12.02.2016

A Cámara de Comercio de Tui pon en marcha o Programa Integral de Cualificación e Emprego, denominado PICE, para axudar a mozos e mozas a incorporarse no mercado laboral. Fátima Rodríguez, técnica programa do PICE da Cámara de Comercio de Tui, explica que levarán a cabo o plan de capacitación, dividido en varias fases. Os interesados deben ter entre 16 e 30 anos e posuír o certificado dixital para...

Ent. Elisabet de Santiago, técnica de Educación Concello de Tomiño - Xornadas de Educación 12.02.2016

“Aprender a educar para paliar o fracaso escolar e persoal” é o título da Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño que se vai celebrar a próxima semana do luns 15 ao xoves 18 no Auditorio de Goián. Elisabet Pérez de Santiago, técnica do Concello de Tomiño, explicaba que estas xornadas xorden coma complemento aos programa É APRENDERrnede que desenvolven no Concello.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo - Presentación do libro sobre o Plan Director da Catedral de Tui 12.02.2016

Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo, destacou na Radio Municipal de Tui que o libro "La catedral de Tui desde su Plan Director" supón a primeira monografía dende un punto de vista multidisciplinar realizada sobre a Catedral tudense. Salientaba que dende o Xacobeo e Turismo de Galicia a publicación deste libro supón unha achega para o coñecemento da Catedral coma elemento patrimonial import...

Ent. Rita Álvarez e Montse Cruces, representante e técnica de ACITUI- Sorteo agasallos campaña 'Namórate de Tui' 12.02.2016

Hoxe ACITUI realizou en directo o sorteo de agasallos con motivo da súa campaña "Namórate de #Tui" polo día de #SanValentín. Ademais, Rita Álvarez, representante de ACITUI, e Montse Cruces, técnica da Asociación, contáronnos que a campaña foi moi positiva pola cantidade de tickets que entraron no sorteo dos diferentes premios.

Ent. Suso Vila, historiador - Presentación libro do Plan Director da Catedral de Tui 11.02.2016

O libro sobre o Plan Director da Catedral de Tui estivo coordinado polo historiador tudense Suso Vila, quen hoxe nos falou precisamente do seu papel nesta publicación Este libro supón, en palabras de Suso Vila, a primeira gran monografía da Catedral de Tui.

Ent. Iago Seara, arquitecto - Presentación do libro do Plan Director da Catedral de Tui 11.02.2016

A capela de San Telmo na Catedral de Tui acollerá mañá ás 18.30h a presentación do libro do Plan Director da Catedral de Tui. Iago Seara, arquitecto, explicou que se presentará o libro tanto en papel coma en formato dixital. O Plan director sinalou que recolle as actuación prioritarias no templo, parte delas xa realizadas, e tamén os plans de futuro. Para Iago Seara hai que dar un salto cualitativ...

Ent. Nerea Alamancos, adxunta á xerencia de Establecementos Cholo- Visita de Cores Tourís 11.02.2016

Onte visitou a empresa tudense Establecementos Cholo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, co gallo de coñecer as melloras realizadas en canto ós equipos e zonas de traballo na empresa. Segundo apuntou Nerea Alamancos, adxunta á xerencia da empresa, con estas axudas procedentes da Consellería de Medio Rural puideron ampliar a capacidade do conxelador. Ademais, ta...

Ent. José Antonio Rodríguez Puga, cofundador da Asoc. de Resineiros de Galicia- Impulso da explotación da resina 10.02.2016

Un produto tan sinxelo e abundante en Galicia como é a resina de piñeiro está a ser moi demandada, o que fai que haxa unha oportunidade de mercado moi valiosa para o monte e para a nosa comunidade. Os seus usos son moi variados, para gomas de mascar, perfumes, vernices, entre outros, sendo unha solución de carácter natural ao contrario que o petróleo. Así o expresou José Antonio Rodríguez Puga, co...

Ent. Mónica Bugarín do Espazo Xove de Tui- Actividades 09.02.2016

O Espazo Xove de Tui planifica para estes primeiros meses do ano unha xornada de contacontos e un curso de blogues, para os que non hai datas fixadas polo momento. O que si está confirmado é o curso de composición musical, que se desenvolverá 4 xoves, o 18 e 25 de febreiro, e o 3 e 10 de marzo. O prazo de inscrición está aberto até o 15 deste mes.

Ent. Venancio Miniño, presidente da Comunidade de Montes de Mougás- Produción de aguacates e castaño no monte 09.02.2016

A Comunidade de Montes de Mougás en Oia está a buscar alternativas para o aproveitamento do monte e facelo así máis rendible, e pensaron levar a cabo plantacións de aguacate e de castaños de froito. Venancio Miniño, presidente da Comunidade de Montes de Mougás explicou que ata agora se estiveron dedicando á venda de madeira, pero a súa falta de rendibilidade fai que dende a Asociación procuraran o...

Ent. Alejandro Da Cuña - Recadación libro Receitas con historia 09.02.2016

Hai uns días Alejandro Da Cuña, autor do libro “Receitas con historia”, fixo entrega ás asociacións de Síndrome de Rett e de Delección Ip36 do cheque coa recadación da venda deste libro que vai xa pola súa terceira edición. Cada asociación recibiu 3.500 euros. Alejandro Da Cuña explicou na nosa sintonía que ás vendas superaron todas as expectativas, sobre todo durante a campaña de Nadal. Venderon...

Ent. Gemma Marqués de La Casa Taller - Actividades febreiro 07.02.2016

La Casa Taller na Guarda organiza distintas para este mes tal e coma nos contou Gemma Marqués. Por unha banda continúan cos cursos de Arte teóricos e prácticos. Amais o próximo día 20 terán un Guateque e o 28 un recital de poesía con Marcos de la Fuente, de Vigo, Macky Chuka de Argentina e outros poetas. www.lacasataller.net

Ent. Diego Pons, Club Balonmán Tui - Xornadas formativas de Balonmán 05.02.2016

Máis de 40 xogadores van participar a próxima semana nas Xornadas Formativas de Balonmán que organiza o Club Balonmán Tui. Diego Pons, presidente do Club, explicou que están xa cubertas as prazas.

Ent. Eva Iglesias, pta Liceo Casino - Festa de Entroido 05.02.2016

No Liceo Casino van celebra mañá o Entroido cunha festa infantil de disfraces a partir das cinco da tarde e cunha cea baile dende ás dez e media da noite. Para a cea é preciso inscribirse na conserxería do Casino. Contounolo a súa presidenta, Eva Iglesias.

Ent. Tania Domínguez - Festival Taíña 05.02.2016

A Praza da Igrexa de Goián, en Tomiño, será o escenario onde mañá sábado se celebre a 13ª edición do Festival Taíña. A cita comezará ás 22.30h con carpa e entrada de balda. Actuarán os grupos La Trocamba Macanusca de Valencia, Red Ras de Arxentian e Kill Me Truck da Guarda. Contóunolo Tania Domínguez, responsable da organización.

Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura - Entroido O Rosal 05.02.2016

O Concello do Rosal decidiu aprazar o Desfile de Entroido previsto para este domingo para o domingo día 14. Así o confirmou a concelleira de Cultura rosaleira, Charo Tabales, debido as previsións de choiva.

Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Entroido 05.02.2016

Os escolares derón hoxe o pistolezado de saída ao Entroido na Guarda. Así comeza un programa festivo que busca recuperar a tradición sobre esta festa. O sábado haberá un amplo programa de actividade e o martes será o desfile-concurso de Entroido. Contábao a concelleira de Cultura, Elena Baz.

Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Entroido 05.02.2016

Mil escolares desfilaron esta mañá polas rúas de Salceda celebrando o Entroido. Mañá sábado festa infantil e concerto serán as citas festivas, ás que se sumarán o domingo actuacións e o XVIII Desfile de Carrozas e Comparsas. O luns e o martes a cita trasládase aos barrios da Feira e Castro Barreiro. Teresa Pérez é a concelleira de Cultura de Salceda

Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Entroido 05.02.2016

Tomiño celebra esta noite o desfile do Venres de Foliada coa participación de 20 comparsas e máis de 1.500 persoas. Partirá ás 21.30h do Colexio Pedro Caselles para facer un percorrido ata a Praza do Seixo. Cristina Martínez é a concelleira de Cultura de Tomiño.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Sa 05.02.2016

O Concello de Tui é un dos participantes no proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico”” O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou esta mañá que no ámbito de Tui o que se pretende é humanizar e mellorar a rúa Coengo Valiñ e San Bartolomé. O proxecto presentado a estes fondos eur...

Ent. Javier Reboreda e José Quinteiro - Partido Solidario 04.02.2016

Mañá venres, ás 19.30h, o novo pavillón de deportes de Tui acollerá o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben. Este partido terá carácter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais. Do me...

Ent. Marisa Giráldez de Bádminton Tui - Trofeo de Bádminton Concello de Tui 04.02.2016

Máis dun centenar de xogadores van participar este domingo, no pavillón do IES San Paio en Tui, no Trofeo Concello Tui Circuíto Babolat Deportes Carlos Miguel de Bádminton. Está organizado polo Club Bádminton Tui e o Club Bádminton Rachaplumas, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase nas categorías Sub11, Sub13, Sub17 e Absoluto dende ás 9 da mañá ás 9 da noite. Do mesmo falounos hoxe Mari...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.