Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. David Vila, presidente Asociación ADETO- Feira de Oportunidades 26.02.2016

David Vila, presidente da Asociación ADETO, deu conta de todo o que podemos atopar e mercar na Feira de Oportunidades, que se celebra no primeiro andar do Mercado de Tomiño e nos seus soportais. Esta feira é de interese para os comerciantes porque así, poden pór á venda todos eses productos que teñen en stock e comezar a nova temporada de primavera. O horario será ininterrompido o sábado e o domin...

Ent. Fofi Dorado e Paloma Saavedra, membros da org. da Asoc. Cultural Betún- Nacemento Asociación 26.02.2016

A Asociación Cultural do Betún naceu hai pouco máis dunhas semanas disposta a ofrecer unha ampla oferta cultural que abarca o teatro, a música ou mesmo e exposicións. Fofi Dorado e Paloma Saavedra, membros da organización, deron conta como naceu este asociación, faláronnos das actividades previstas para hoxe e mañá e informáronnos de como podemos facer para ser socios do Betún.

Teatro do Atlántico presenta "O principio de Arquímedes" no Teatro Municipal de Tui 26.02.2016

Mañá sábado, ás 20h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “O principio de Arquímedes” da man de Teatro do Atlántico. É unha obra dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez. Xulio Lago dábanos conta do argumento desta obra escrita por Josep M. Miró i Corominas As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás...

Magín Blanco presenta "Gatuxo" no Teatro Municipal de Tui mañá venres 25.02.2016

A música infantil encherá mañá ás 19.30h o Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Gatuxo". É un espectáculo musico-teatral para bebés e familias a cargo de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri na parte musical e de Raquel Queizás na dramatización. As entradas para “Gatuxo” están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18h no despacho de billetes ao prezo de 3,...

Ent. María Ferreiro, psicóloga - Xornadas Educar para protexer 25.02.2016

Ás seis desta tarde na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica comezan as xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Esta tarde María Ferreiro Candia, psicóloga, psicopedagoga e directora do Instituto de Tratamento da Conduta de Vigo, abordará os “Trastornos de conduta en nenos e adolescentes: pautas, normas e límites para axuda...

Ent. alumnos franceses de intercambio no IES Indalecio Pérez Tizón 25.02.2016

Esta semana están de visita na cidade 25 alumnos do Instituto Saint Pierre de Calais de Francia, que están de intercambio co centro IES Indalecio Pérez Tizón. Compartiron aulas cos alumnos tudenses, visitaron a Catedral de Tui e estiveron en Santiago de Compostela. Hoxe irán até Valença e a súa fortaleza e mañá viaxarán ata as Cíes Maxime, Clemont, Victorie e Sophie contáronnos que é o que máis ll...

Ent. Francisco Glez. Barros - Curso de Protocolo Institucional e Empresarial 25.02.2016

Ás catro e media desta tarde comeza o curso de “Protocolo:institucional e empresarial” na Aula da UNED de Tui para o que continua aberta a matrícula ao través de www.unedpontevedra.es. Desenvolverase en dúas xornadas, hoxe e mañá xoves de 16.30 a 20.30h. Correrá a cargo de Francisco Gonzalez- Barros, experto en Protocolo e Cerimonial.

Ent. Santiago Rodríguez Dávila, voceiro do PP de Salceda- Centro de saúde de Salceda 24.02.2016

O Partido Popular de Salceda de Caselas expresa a súa satisfacción pola cesión definitiva dos terreos á Xunta de Galicia, así como a aprobación do convenio de cooperación entre o SERGAS e Concello de Salceda, para a execución das obras de construción do novo centro de saúde. Aínda así, o voceiro popular, Santiago Rodríguez Dávila, explica que é falso o que di o goberno con respecto a que as parcel...

Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda- Área Metropolitana e cesión terreos para o Centro de Saúde 24.02.2016

Marcos Besada, alcalde de Salceda, amosouse moi satisfeito co acordo tomado para a reforma da Lei da Área Metropolitana e a súa inmediata posta en marcha, que inclúe un consenso sobre o transporte metropolitano. Por outra banda, tamén valora moi positivamente a cesión de terreos que fará o Concello de Salceda á Xunta de Galicia para a construción do novo centro de saúde e o convenio de cooperación...

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses- Obras de apertura rúa Ourense e aparcadoiro 24.02.2016

Manuel González, voceiro de Ciudadanos Tudenses, adianta que se do seu partido depende o apoio para levar adiante as obras do aparcamento ou da apertura da rúa Ourense, unha vez visto o proxecto, non terían problemas en dicir si. Porén, argumenta que quere ver como se trata ós propietarios e como se levan a cabo as negociacións. Lamenta Manuel González, por outra banda, que o goberno municipal nun...

Espectáculo Obradoiro sobre Rosalía de Castro esta tarde na Biblioteca de Tui 24.02.2016

En Tui ás seis desta tarde a Biblioteca Municipal acolle un espectáculo obradoiro a entorno á figura de Rosalía da man de Crearte Servizos Culturais. María Torres é a actriz que levará a cabo este espectáculo. Vai dirixido a maiores de 5 anos. É preciso inscribirse na na propia Biblioteca, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.

Ent. Santos Carreto, director do Porto Deportivo de Tui- Arranxos no Porto tralas enchentes 23.02.2016

A Consellería do Mar reparará os desperfectos ocasionados polo temporal na zona portuaria de Tui. Así nolo confirmou o director do Porto Deportivo de Tui e membro do Club Náutico San Telmo, Santos Carreto. Entre as accións que contempla a Consellería, está o amaño dos dous pilotes que se desencaixaron, obras no pantalán e a limpeza das inmediacións portuarias. Estímase que a reparación destes dano...

Ent. Carlos Vázquez Padín, voceiro de C21- goberno, propostas e mocións 23.02.2016

Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21, afirmou que están investigando as contrapartidas políticas polas que APTui votou a favor da aprobación dos orzamentos municipais o pasado mes de decembro. Asemade tamén anunciou que levarán a pleno a colocación dun reloxo no concello no que se mida o tempo que leva Tui sen débeda, ao igual que fan nalgúns sitios de Alemaña.

Exte xoves comezan as xornadas "Educar para protexer" en Tui 23.02.2016

“Educar para protexer” é o título das xornadas organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, que comezan esta semana. O concelleiro de Servizos Socias, Laureano Alonso, explicaba o obxectivo das xornadas e convidaba a asistir ás mesmas As xornadas comezan este xoves ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Como fomentar hábitos de autonom...

Ent. Miguel Capón, tte alcalde e concelleiro AtT - Eurocidade, aparcamentos... 22.02.2016

A Eurocidade Tui-Valença segue avanzando pasos dende a súa creación hai cinco anos. O concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón explicaba na nosa sintonía que os dous municipios están perfectamente integrados no eido cultural e deportivo, e hai que seguir avanzando en compartir infraestruturas, e na ventanilla única entre os dous municipios que está xa en marcha. Por outra parte Miguel Capón amosous...

Ent. Carmen Rodríguez Cedeira e Roberto Arenas, directora e relator do simposio Enfermidades crónicas cutáneas 22.02.2016

A Aula da UNED de Tui acolle hoxe e mañá un simposio sobre enfermidades crónicas cutáneas titulado “Panorámica actual, prevención e educación sanitaria en pacientes con enfermidades crónicas cutáneas”. Está organizado pola doutora Carmen Rodríguez Cerdeira, e contarán con destacados relatores a nivel nacional e internacional, entre os que se encontra Roberto Arenas Guzmán, xefe de sección de derma...

Ponencia 'Aspectos emocionais da Enfermidade de Parkinson. A sintomatoloxía non motora' 22.02.2016

A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle hoxe luns ás 17h a ponencia "Aspectos emocionais da Enfermidade de Parkinson. A sintomatoloxía non motora" a cargo de María Lens Villaverde, psicóloga. Está organizada pola Asociación Parkinson Baixo Miño, que a continuación celebrará a súa asemblea anual.

Este domingo celébrase a Feira San Entroido 19.02.2016

Preto de 70 postos haberá este domingo na Feira de Entroido que se vai celebrar no Paseo da Corredoira dende ás dez da mañá. Artesanía ou antigüidades serán algunhas das propostas presentes. Ás que se sumarán ás 12h a actuación do grupo de gaitas de Pazos de Reis e inchables gratuítos para nenos. Así nolo contaron hoxe Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Belén Guisande de PPart.

Cayetano Lledó presenta 'Máxico Circus Cabaret' no Teatro Municipal de Tui 19.02.2016

Mañá sábado a partir 18.30h o mago Cayetano Lledó presenta un espectáculo de maxia teatralizada titulado “Máxico Circus Cabaret”. Está dirixido a público familiar. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 17h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Tui celebra este domingo ás 17h o Desfile-Concurso de Entroido 19.02.2016

Tui celebra este domingo ás 17h o Desfile-Concurso de Entroido. Participarán 14 comparsas que sumarán 1.200 persoas participando. Será polas Compostela e Casal Aboy. Contounolo a concelleira de Cultura de Tui, María José González.

Samuel fai en Tui a estrea en Galicia do seu traballo "Impresións e paisaxes..." 18.02.2016

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá ás 21h a estrea en Galicia de “Impresións e paisaxes, como primeiro libro de Lorca” do músico tudense Samuel Diz. A cita será ás 21h. As entradas están á venda en en www.culturatui.info ata este venres 19 ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€..

David Bueno i Torrens pecha a Semana da Educación en Tomiño 18.02.2016

Hoxe remata a Semana da Educación en Tomiño. A última ponencia comezará ás 18.30h no Auditorio de Goián onde David Bueno i Torrens falará de “Éxito académico ou éxito persoal? Unha cuestión de motivación, benestar e calidade”. A continuación, o conferenciante impartirá un obradoiro de emocións, razoamento e sociabilidade. Hoxe mantivemos unha ampla conversa con el.

Esta tarde comeza a I Xornada de Maxia Solidaria 18.02.2016

A Sala de Exposicións Municipal acolle esta unha xornada de maxia solidaria Ás sete e media desta tarde ten lugar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a I Xornada de Maxia Solidaria. En concreto vai actuar o mago Paco González cun espectáculo de maxia familiar para nenos e maiores, Amais presentará o documental ‘’Un lugar llamado la Moskitia’’. A entrada, para fins solidarios, ten...

Valença celebra a festividade de San Teotonio 17.02.2016

Os actos programados para celebrar a festividade de San Teotonio, xunto ao calendario deportivo da Eurocidade que comeza este sábado, foron dous dos asuntos tratados na conversa mantida co vareador de Cultura e Deporte de Valença, José Monte.

Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Eurocidade, edificio xudicial, centro de saúde... 17.02.2016

A Eurocidade Tui-Valença, o proxecto de demolición do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para polo a dispor da Xunta libre de cargas para a construción da sede xudicial de Tui, as obras do novo centro de saúde ou a apertura da rúa Ourense, foron algúns do temas abordados esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.