Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A Mostra de Cultivo do Baixo Miño ultima os preparativos para a súa edición deste ano que terá lugar o 2 e 3 de abril 14.03.2016

O sábado 2 e o domingo 3 de abril celebrarase en Goián, Tomiño a XIII Mostra de Cultivos do Baixo Miño organizada por Acubam, a Asociación Cultivos do Baixo Miño, coa colaboración do Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra. O presidente de Acubam, José Cosmed daba conta das novidades que presentará este ano a mostra, por unha banda dúas ponencias e por outra unha exposición da propia asociac...

Ent. Sergio Domínguez, presidente Feira de San Gregorio en Pías no Rosal 11.03.2016

Mañá ás cinco da tarde será inaugurada a tradicional Feira de San Gregorio en Pías, no Rosal. Un concurso de tortilla, o XIX Festival gastronómico da Rosca de Roxón, xunto a actividades infantís, actuacións de Oswaldo Digón, o Mago Xacobe ou o grupo Os Carunchos, forman parte do programa previsto. Haberá amais distintas exposicións. Contounolo Sergio Domínguez, presidente da comisión organizadora.

Ent. Dean Flecher, presidente do CC de la Fuente- 2ª Proba da Transgalaica 11.03.2016

Record de participación para este domingo na Transgalaica que saíra ás 10h dende as instalacións deportivas da Macoca. En total serán 367 ciclistas que percorrerán 60 quilómetros por distintos puntos de Tui e na parroquia porriñesa de Chenlo. Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente destacaba as boas instalacións na Macoca e a paraxe espectacular do Aloia, localización principal da T...

Ent. a Jose Monte, vereador de Cultura e Deporte de Valença sobre diversos asuntos 11.03.2016

Na entrevista que mantivemos no Día a Día co vereador de Cultura e Deporte da Cámara Municipal de Valença, Jose Monte, falamos sobre a colocación marca peonil do Camiño Portugués na vella Ponte Internacional que terá lugar mañá ás 19h. Unha hora despois será o Concerto da Orquestra do Norte (Porto) baixo o título “De Oriente a Occidente” no Teatro Municipal de Tui. Tamén houbo tempo para debullar...

Ent. Fernando Cerezo, reitor do Seminario Menor - Pregón Semana Santa e Día do Seminario 11.03.2016

Este domingo, ás 18h, na Capela de San Telmo da Catedral, terá lugar a lectura do pregón da Semana Santa a cargo de Fernando Cerezo, reitor do Seminario Menor de Tui. Con él falamos do seu pregón pero tamén do Día do Seminario que se celebra este domingo. Viu acompañado do tres alumnos do Seminario Javier Vila, Mateo Castiñeira e Pablo Álvarez.

Ent. Miguel Capón, tenente alcalde de Tui - BTL, Aniversario Ponte Internacional e Bandeira de Tui 10.03.2016

A Comisión Informativa de Comisións e Honras do Concello de Tui tratará esta tarde a proposta de bandeira oficial de Tui conformada por tres franxas azuis sobre fondo branco co escudo no centro. Así o avanzaba na nosa sintonía o tenente alcalde de Tui, Miguel Capón Rey. Tamén fixo valoración da presenza da Eurocidade na Feira Internacional de Turismo de Lisboa, e referiuse ao acto previsto para es...

Ent. Adalberto Salvador Ojeda - conferencia sobre tendencias e retos da educación superior 10.03.2016

Mañá venres, ás 19.30h, a Aula da UNED de Tui acolle unha conferencia sobre tendencias e retos da educación superior a cargo de Adalberto Salvador Ojeda, coordinador xeral de servizos de consultoría do Instituto Hispanoamericano de Estudos Superiores. A entrada será libre e gratuíta.

Desfile Infantil Solidario este sábado no Liceo Casino de Tui 09.03.2016

O Liceo Casino de Tui acole este sábado ás 20.30h primeiro Desfile Solidario Infantil a favor de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A recadación irá destinada a manter os programas e actividades de apoio social que realiza a asociación. Corenta nenos e nenas converteranse en modelos por un día lucindo as creacións da marca Mayoral. Colaboran o Conservatorio Municipal e a...

O Espazo Xove acollerá cursos de Contacontos, Power Point e artesanía 08.03.2016

O 31 de marzo e o 1 de abril celebrarase no Espazo Xove de Tui un curso de formación de Contacontos. Está xa confirmada a súa celebración pero aínda quedan prazas vacantes. Así o explicaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Por outra parte o Espazo Xove, dando resposta ás demandas dos usuarios, organiza un curso de Microsoft Power Point. Terá lugar os mércores 30 de marzo ao 13 de a...

Ent. a Yolanda Villaverde, responsable do Centro de Información á Muller- Día Internacional da Muller 08.03.2016

O Centro de Información á Muller do Concello da Guarda, co gallo do día Internacional da Muller, levará a cabo a representación teatral da obra “As do Peixe”, que terá lugar no Centro Cultural o día 11 de marzo ás 20,30 horas. Este espectáculo conta a vida de catro mulleres, ex-traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas. A responsable do Centro de Información á Muller, Yolanda Villaverd...

Ent. a Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Turismo- Día da muller e BTL de Lisboa 08.03.2016

O Concello de Tui vén de emitir unha declaración institucional na que amosa o seu “total compromiso e apoio nas súas políticas á defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”. O concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, incidiu que hai que ter en conta e valorar a igualdade de xénero todos os días do ano. Por outra banda, o concelleiro de Turismo valorou moi positivamente a...

Día Internacional da Muller - Avoas do CRA Mestra Clara Torres 08.03.2016

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller. Co gallo deste día hoxe acompañáronnos tres avoas do CRA Mestra Clara Torres para falar da súa experiencia. Contáronnos tamén o seu parecer sobre a evolución nos últimos anos nas condicións das mulleres e a igualdade de oportunidades

Ent. a Antonio Lomba, alcalde de A Guarda- proposta para que o esteiro do Miño sexa Paisaxe Cultural da Unesco 04.03.2016

O esteiro do río Miño podería converterse en Paisaxe Cultural da Unesco. Por este feito traballan o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba e o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves. Para potenciar esta candidatura, os dous alcaldes realizarán mañá, xunto cun cento de persoas inscritas, unha peregrinaxe polo Camiño Portugués da Costa, que sairá desde Áncora e rematará en Mou...

Ent. Eduardo A. Rguez Cunha 'Tatán' de Tanxarina - A Casa do Avó 04.03.2016

Tanxarina chega mañá ás 18.30h ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena “A casa do avó” para público familiar. Hoxe falamos con Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” un dos actores manipuladores xunto a Andrés Giráldez Río e Miguel Borines Fernández. A dirección corresponde a Cándido Pazó. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despach...

Celso Parada, actor de Teatro do Morcego - Presidente 04.03.2016

Celso Parada protagoniza a comedia "Presidente" que Teatro do Morcego presenta hoxe ás 21h no Teatro Municipal de Tui. Completan o elenco Mercedes Castro, Federico Pérez, Iolanda Muíños e César Goldi. A obra trata dun tema de máxima actualidade e está a ter unha gran acollida por parte do público. As entradas poranse á venda esta tarde dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo de Tui - BTL, visitas guiadas, deportes 03.03.2016

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacaba na nosa sintonía a importancia que ten poder contar cun posto propio no pavillón 2 da BTL. O investimento que realiza o Concello na feira é de 4 mil euros. Precisamente Tui estrea nesta feira material promocional novo elaborado polo obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015” clausurado esta semana. Pero amais tamén se leva material promocional de...

Ent. Ramón Álvarez, do Cineclub Poleiro de Goián- Proxección mañá dunha nova película no ciclo 02.03.2016

Mañá proxéctase no Auditorio de Goián a comedia “Unha pomba pousou nunha pola a reflexionar sobre a existencia", pertencente ao Ciclo do Cineclub Poleiro. A película conta con humor a vida de dous perdedores de entre 50 e 60 anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada e teñen tres encontros coa morte. Así nolo explicou Ramón Álvarez, organizador deste ciclo de películ...

Ent. a Sandra González, alcaldesa de Tomiño- Proxecto de Cooperación Amizade Cerveira-Tomiño e Tomiño é Humor 02.03.2016

Amizade Cerveira- Tomiño é o lema baixo o que as dúas vilas presentan un proxecto europeo que busca fortalecer a cooperación entre os dous municipios en distintos ámbitos de traballo. Esta candidatura forma parte de accións contidas na Axenda de Cooperación Transfronteiriza Cerveira- Tomiño da que nos falou Sandra González, alcaldesa de Tomiño. Amais, tamén falamos do Tomiño é Humor, unha serie de...

Ent. Eduardo Fernández, da Peña Ciclista Os Biciosos- V BTT Eurocidade 01.03.2016

Récord de participantes para a V BTT da Eurocidade que se disputa este domingo. Segundo Eduardo Fernández, da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, organizadores da proba, arestora teñen 930 inscritos. Aínda se poden realizar inscricións, xa que o prazo remata ás 12 desta noite. As estimacións é que participen preto de 1200 participantes. A saída terá lugar ás 9h dende Valnça e haberá unha ruta curt...

Ent. Javier Rivadulla, tudense interesado en Rosendo Salvado- Aniversario nacemento de Salvado 01.03.2016

Hoxe cúmprense 202 anos do nacemento do Bispo Rosendo Salvado, figura importantísima para a cidade de Tui e con sona en Australia. Precisamente, no país das antípodas realizáronlle no día de hoxe unha homenaxe a Salvado, inauguraron o Camiño de Salvado, un tramo que parte dende Suriaco ata Nova Nursia e que se establecerá como ruta permanente de peregrinaxe. Así nolo contou Javier Rivadulla, tuden...

Entrevista a Mónica Bugarín- Actividades e cursos do Espazo Xove de Tui 01.03.2016

O 31 de marzo e o 1 de abril terá lugar no Espazo Xove de Tui un curso de contacontos de 16.30h a 20.30h. Un chisquiño antes, o día 18 de marzo haberá un obradoiro de artesanía de 17.30h a 19.30h. Poderanse realizar as inscricións para ámbalas actividades chamando ao 886110797 ou acudindo á súa sede, na Rúa Sanz

Ent. a Juan Carlos Blanco, presidente e a Sergio Casal e Gabriel Mtnez, vocais de ACITUI- Actividades da Asoc. 01.03.2016

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, promove varias iniciativas para as vindeiras semanas co gallo de incentivar o comercio local, como son Saborea Tui, a Feira de Oportunidades, a Campaña do Día do Pai ou a recuperación da Feira Agrícola polas Festas de San Telmo. Este venres dará comezo Saborea Tui, na cal todos os venres e sábados do mes de marzo, dende as 19h ata as 23h o...

Ent. Julio Viñas e J. Ramón Pérez, amigos do recentemente falecido Xosé Gundín, político tudense 29.02.2016

Esta fin de semana faleceu Xosé Gundín García, que foi membro da corporación municipal de Tui coma concelleiro entre os anos 91 e 98, por Esquerda Galega na corporación do 91 ao 95, e polo BNG entre maio de 1995 e febreiro de 1998. Julio Viñas e J. Ramón Pérez recordaron ao seu amigo na Radio Municipal de Tui.

Ent. Eva Martínez, presidenta da Asociación de Afectados 1p36 e nai de Marta- Día Mundial Enfermidades Raras 29.02.2016

Hoxe celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras a nivel mundial, e para coñecer máis sobre esta realidade, quixemos conversar con Eva Martínez, nai de Marta, unha nena afectada polo Síndrome de Delección 1p36 e presidenta da Asociación Nacional de Afectados por esta enfermidade. Eva Martínez explicounos en que consiste o Síndrome de Delección 1p36 e as axudas ás que poden optar as familias.

Ent. Raúl Alcaraz, monologuista- Actuación no White Clover 26.02.2016

Raúl Alcaraz actuará hoxe ás 23.30h no White Clover de Tui. O monologuista explicou na nosa sintonía en que consiste o seu espectáculo, "Cosikas de la vida", onde tal e como di o nome, tratará de asuntos moi coñecidos por todos nós, e de como o recibe o público galego.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.