Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Areta Bolado, dtra. Chirlomirlo - VIII Semana de Teatro Afeccionado 29.03.2016 3:09
O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estreará ás 21.15h no Teatro Municipal “Romeo e Xulieta”, dentro da VIII Semana de Teatro Afeccionado #SanTelmo2016. Areta Bolado dirixe aos dez actores que dan vida a esta comedia que presenta unha versión cómica da obra clásica. As entradas, ao prezo de 1,5€, poranse á venda ás 20.45h. Hoxe falamos con Areta Bolado.
Ent. Miguel Pazo e Lorena Pazo do grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis 28.03.2016 9:12
Hoxe ás 21.15h no Teatro Municipal comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis será o responsable de abrir esta Semana coa estrea da comedia “O caso da muller asasinadiña” baixo a dirección de Noelia Solla e con nove actores en escena. As entradas poranse á venda, ao prezo de 1,5€, dende ás 20.45h no despacho de billetes.
Ent. María José González, concelleira de Cultura - Actividades nas Festas de San Telmo 28.03.2016 9:04
Balance positivo do inicio das festas de #SanTelmo2016 o realizado pola concelleira de Ensino e Cultura, María José González. Na nosa sintonía referiuse ás actividades infantís, á semana do teatro afeccionado, e as distintas actuacións previstas para os próximos días.
Ent. Rosario González de BM Formación - Cursos de aplicador de produtos fitosanitarios 28.03.2016 27:22
Para aplicar produtos fitosanitarios, sulfatos e outros, é preciso conta con carné de aplicador destes produtos que se obten tras realizar o pertinente curso. Hoxe falamos destes cursos con Rosario González de BM Formación, que están a impartir estes cursos en distintas parroquias de Tui.
Ent. a Laureano Alonso, concelleiro de Deportes do Concello de Tui- Recepción e actividades polo San Telmo 23.03.2016 17:27
Hoxe conversamos co concelleiro de Deportes do Concello de Tui, Laureano Alonso sobre diversos asuntos. En primeiro lugar falamos sobre a recepción que se vai realizar ás 19.30h no salón de sesións da Casa do Concello ao Club Kayak Tudense, ao triatleta Gustavo Rodríguez e aos remeiros do Club Remo do Miño Tui polo seus recentes títulos a nivel nacional. Tamén debullamos o amplo abano de actividad...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño- Diversos asuntos de índole municipal 23.03.2016 14:38
Hoxe conversamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, sobre diversos asuntos de índole municipal, como os investimentos do Plan Concellos, a posta a punto da nova escola infantil de Goián, a autorización para a construcción da cafetería no Espazo Fortaleza ou novas iniciativas como a Semana Saudable.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Festas de San Telmo, pleno, chans consolidados e outros 23.03.2016 20:29
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na RMT que as festas de #SanTelmo2016 supoñen o inicio dun proceso de transformación destes festexos tras asumir o concello a súa organización. Tamén se referiu en materia urbanística ao trámite que se está a facer con respecto aos chans consolidados plasmados no PXOM, entre outras cuestións.
Ent. a Teresa Guerao Alonso, xefa de obra de Plaintec e residente en Bruxelas- Atentados na capital 23.03.2016 8:10
Teresa Guerao Alonso é unha tudense que reside actualmente en Bruxelas. Traballa como xefa de obra da empresa Plaintec, que está a construír a nova sede do Instituto Cervantes na capital. Con ela falamos durante a primeira parte do Día a Día de como viviu os atentados e de como están os ánimos 24 horas despois da desgraza.
Ent. a Pablo Comesaña, produtor de Play-Doc- chamamento ó voluntariado 22.03.2016 12:43
Pablo Comesaña, produtor de Play-Doc, estivo na nosa sintonía para falarnos do gran labor que realizan anualmente os voluntarios, que se incorporan a equipos de traballo concretos. Dende o festival fan un chamamento a que se inscriban todos aqueles que queiran axudar. Non piden ningún requisito, soamente que teñan dispoñibilidade temporal e que poidan desprazáranse ata Tui cos seus propios medios....
Ent. a Juanjo España e a Juan Carlos Feijóo- I Torneo de Padel da Eurocidade 21.03.2016 10:00
Este xoves comeza a primeiro Torneo de Padel da Eurocidade, que se alongará ata este domingo. Os partidos disputaranse nas pistas de padel de Areas. Juanjo España, secretario do Club Padel explica que este deporte está en expansión e que en Tui o número de practicantes está en crecemento. Juan Carlos Feijóo, director deste Torneo deu conta de que este torneo non é competitivo, e para organizar ós...
Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Karolis Biveinis, do Conservatorio P. de Tui - Concertos e actividades 21.03.2016 15:19
Hoxe comeza no Conservatorio Profesional de Música de Tui o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes. Ás 20.30h na sala de audicións do centro actuarán Alma Giráldez Vázquez ao violín, Ángel Cánfora Lorenzo á tuba e Diego Álvarez Coedo, ao piano. Este mércores haberá outro concerto na Sala Félix Rodríguez para presentar “O último home de Fukushima” de Károlis Biveinis e a próxima semana impartir...
Ent. Jorge Gonçalves e Fernando Pérez - Actos da Semana Santa en Tui 18.03.2016 12:48
A Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia organiza os actos da Semana Santa en Tui. Destaca a visita aos monumentos que terá lugar o próximo Xoves Santo, pero tamén os distintos actos procesionais. Dos mesmo faláronnos no programa Día a Día Jorge Gonçalves e Fernando Pérez. Están pendentes do tempo para mañá ir recoller o material que precisan para montar a Horta das Olive...
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Recollida selectiva e outros 18.03.2016 17:55
O Concello de Tui aposta pola reciclaxe coa instalación de novos contedores específicos para os distintos tipos de produtos coma roupa, produtos electrónicos,... así o explicaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato. Tamén se referiu á solicitiude dun composteiro á Deputación, ou aos cursos para obter o carné de produtos de fitosanitarios.
Ent. a Rockin' Gina and The Sentinals- Presentación do seu novo traballo 18.03.2016 17:26
Rockin’ Gina and The Sentinels son Ana Rodríguez, David á guitarra e Klaus Villarroel ó contrabaixo. Veñen de presentar o seu novo traballo, One Night Crazy, unha noite tola, gravado en Santiago de Compostela. O disco está composto por 12 temas de composicións propias. Explica Ana Rodríguez que xa teñen actuacións pechadas nas Palmas, en Canarias, en Alicante agardando ter moitas actuacións no ver...
Ent. a Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, organizadores da Feira Agrícola 18.03.2016 8:44
O vindeiro día 1 de abril abrirase a Feira Agrícola encadrada dentro das Festas de San Telmo en Tui e estará situada nos terreos do Instituto San Paio. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, membros da organización, deron conta que xa hai 25 participantes inscritos. Na Feira darase cita, ademais da maquinaria agrícola, exposición de coches antigos, postos de comida, exhibición de cans adestrados,...
Ent. con Osvaldo Lages do Basket Club Valença- XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade 18.03.2016 5:50
400 participantes danse cita dende mañá e ata luns no XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade. Está organizado polo Basket Club Valença en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui. Trinta equipos de trece clubs deportivos de Galicia e Portugal, que sumarán 400 xogadores, participarán neste torneo que brindará tamén momentos de confraternización e amizade entre os participantes. Osvaldo La...
Ent. Abel Vila- Folga dos traballadores de Servicarne 18.03.2016 8:29
Abel Vila deunos conta na primeira parte do Día a Día da folga que se vén de iniciar en Frigolouro do Porriño para reclamar “unhas mínimas condicións laborais” para o persoal autónomo dependente que pertence a Servicarne. Abel Vila relata que as condicións de traballo empeoraron con respecto a uns anos e que tamén viron reducido o seu soldo, malia que a carga de traballo se incrementou
Ent. a Manuel, Ana e Xavier, profesor e alumnos de portugués do IES Indalecio Pérez- Oferta de portugués no Instituto 17.03.2016 7:55
O Instituto IES Indalecio Pérez Tizón oferta, dende o ano pasado, portugués como segunda lingua dende 1º da ESO. En total, hai unha decena de alumnos estudando o noso idioma veciño en primeiro e segundo da ESO. Manuel quixo animar a que os alumnos comecen a aprender a lingua de Pessoa e de Saramago, deu conta das actividades e excursións que están a levar a cabo dende o departamento e Ana e Xavier...
Ent. Patricia Cuña da OMIX da Guarda- Nova oferta formativa e lúdica para abril e maio 17.03.2016 5:17
A OMIX do Concello da Guarda fixo pública a programación de actividades de formación e lúdicas previstas para os próximos meses. Patricia Cuña, da OMIX da Guarda, explica que os cursos programados son monitor de tempo libre, smartphone como aliado na busca de emprego, taller de iniciación de gravado e un obradoiro para darlle novos usos a unha camiseta. Hai prazas dispoñibles nos catro talleres.
Ent. ó concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso- impulso do turismo coa publicación de material turístico 16.03.2016 7:59
A concellería de Turismo do Concello de Tui vén de publicar seis dípticos e unha guía turística, que leva por nome a Atalaia do Camiño, Tui, onde se poderá coñecer os múltiples atractivos que ofrece a cidade. Este material turístico foi realizado polos alumnos do Obradoiro de Emprego Descubre Tui 2015. O responsable de Turismo, Laureano Alonso amosou a súa satisfacción co resultado final, explicou...
Ent. Ana del Valle, relatora do curso sobre abuso sexual infantil que se imparte mañá e pasadomañá na UNED de Tui 16.03.2016 4:39
A Aula da UNED de Tui acolle mañá xoves e venres, de 16:30 h a 20:30 h, un seminario sobre o abuso sexual infantil. Este seminario ten coma obxectivo que o asistente profunde neste tipo de conduta e adquira diferentes técnicas e ferramentas para a súa posible avaliación e intervención. O curso está dirixido a psicólogos, educadores, traballadores sociais, xuristas, e membros dos corpos de segurida...
Dez documentais galegos participaran en Play-Doc 2016 16.03.2016 5:35
O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, contará este ano con dez documentais galegos en proxección, 9 deles na sección Galicia, e o décimo na sección Oficial a competición. Víctor Paz, programador e responsable de comunicación do festival deunos conta da presenza galega no festival, onde estarán a meirande parte dos directores dos filmes.
Ent. José Javier Bascoy, dtor da Agrupación Musical do Rosal - Concerto do Día do Pai e concurso xoves intérpretes 15.03.2016 8:42
A Agrupación Musical do Rosal vai celebrar este domingo o Día do Pai cun concerto titulado “Entre o divino e o pagán” baixo a dirección de José Javier Bascoy. Será ás 18.30h no Auditorio Municipal do Rosal. José Javier Bascoy falábanos deste concerto no que a música contemplativa marca o repertorio. Por outra parte este venres remata o prazo de inscrición para o Festival de Xoves Intérpretes “Anto...
O venres celébrase o obradoiro de artesanía 'Decorando un bastidor' no Espazo Xove de Tui 15.03.2016 4:25
Este venres celébrase un obradoiro de artesanía no Espazo Xove de Tui para o que quedan prazas vacantes. Os interesados poden aínda hoxe anotarse. Quedan prazas tamén para o curso de contacontos que se vai celebrar o 31 de marzo e 1 de abril de 16.30h a 20.30h. Aínda non hai o número mínimo de alumnos para o curso de Power Point que terá lugar o 30 de marzo, e os días 1, 6, 8 e 13 de abril. Así o...
Ent. Ángel Torres, artista tudense- Mostra pictórica na Sala Anexa da Área Panorámica 14.03.2016 7:14
O artista tudense Ángel Torres expón na Sala Anexa da Área Panorámica unha colección de pinturas hiperrealistas de mediano e gran tamaño onde se amosan rúas, monumentos e panorámicas de cidades coma Tui, Pontevedra, Santiago, Madrid ou Mallorca. Amais, hai cadros de temática relixiosa realizados con pinceladas moi rápidas e outra colección realista dedicada a hindús. Hoxe estivo na nosa sintonía Á...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.