Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Charles Burnnet, e outros ciclos 07.04.2016 14:24
Os directores do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, faláronnos hoxe dos ciclos que poderemos ver durante o festival: a restrospectiva de Charles Burnett, o programa Avan-Gutter realizado por Akosu Adoma Owusu e a proxección de curtametraxes de Cinema Experimental Iogoslavo. Este haberá de novo dúas salas, e o prezo da entrada será de 2€.
Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Liñas mestras e música 06.04.2016 9:35
O próximo mércores, 13 de abril, comeza unha nova edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Os seus directores, Sara García e Ángel Sánchez, explicáronnos hoxe as liñas mestras deste ano. Ángel Sánchez sinalou que se trata dun festival moi diverso e intenso. Sara García explicou que lle fai especial ilusión o estreo da película “A poem is a naked person” de Les Blank, qu...
Ent. Camen Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui - Reunión cos veciños 06.04.2016 4:27
A concellería de Patrimonio do Concello de Tui convoca aos veciños do Conxunto Histórico a unha reunión este sábado, 9 de abril, ás 19.30h, na Aula da UNED de Tui. O obxectivo do encontro será por en común o traballo que se está a realizar dende este departamento, dirixido por Carmen Núñez, escoitar o parecer, as necesidades e inquedanzas dos veciños.
Ent. Josu, Esteban Gómez e Marcos Casaleiro - 5 anos de Radio Mocidade 06.04.2016 10:16
O pasado venres, 1 de abril, cumpriu 5 anos Radio Mocidade que emite por internet dende Tomiño. Para celebrar este aniversario están a realizar unha programación especial da que hoxe nos deron conta Josu, Esteban Gómez e Marcos Casaleiro.
Ent. Fernando Groba - II Encontro Minho Galicia 05.04.2016 19:09
Este sábado, 9 de abril, dende ás 10h terá lugar en Monçao o II Encontro Minho-Galicia. A cita será na casa-museo de Monçao co cinema coma protagonista incluíndo a visita ao Museo do Cinema de Melgaço. Fernando Groba, un dos organizadores deunos conta de todos os detalles desta iniciativa.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Les Blank 05.04.2016 6:21
Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, estrea o documental “A Poem is a Naked Person” de Les Blank que foi prohibido en 1974. Play-Doc recupera este filme por primeira vez en España e poderá verse tanto no propio festival a próxima semana coma na canle do festival en R. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival. Pero amais no Play-Doc poderanse ver outros tres t...
Ent. Felicitas Iglesias da Asoc. do Parkinson do Baixo Miño - Día Mundial do Parkinson 05.04.2016 11:21
A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza para este venres unha charla e un concerto para celebrar o Día Mundial do Parkinson que se celebra o próximo luns 11. Así nolo contou hoxe Felicitas Iglesias, deste colectivo, dando conta de que a cita será ás 17h na Sala Félix Rodríguez. A neuróloga María Gema Alonso Losada, neuróloga, impartirá a charla coloquio “Vivir coa enfermidade de Parkinson...
Ent. Montse Monte e Fernando Dguez de 1Máis - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 01.04.2016 10:41
Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Por este motivo a asociación 1Máis celebra mañá ás 17h unha festa na Macoca da que deron conta hoxe Montse Mon, presidenta da Asociación, e Fernando Domínguez. Tamén deron conta do traballo que realizan dende este colectivo.
Ent. Jose Manuel Caballero e Manuel Fernández - II Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui. 01.04.2016 9:37
Mañá sábado ás 21.30h celébrase o II Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui. En princiopio está previsto na Praza de San Fernando, pero se chove realizarase na igrexa de Santo Domingo. Participarán a Banda de Gaites LaKadarma de Asturias, a banda de gaitas Nova Fronteira de Ourense e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que organiza o encontro.
Ent. Manuel Mariño, presidente, e Emilio Rodríguez, vocal, de MosSlot - Probas de slot en San Telmo 01.04.2016 11:36
Cinco pistas de slot, scalextric, están xa montadas no pavillón do IES San Paio, por parte do club MosSlot que esta fin de semana realiza en Tui, co gallo das festas de San Telmo realiza en Tui a segunda proba do campionato provincial no que se darán cita campións de España e outros afeccionados. Será mañá sábado a partir das 16h co “I Torneo Slot Festas de San Telmo”. Amais o luns celebrarase o C...
Ent. Elena Mansinho, actriz do grupo de teatro de Malvas - Semana do Teatro Afeccionado 01.04.2016 4:35
Mañá sábado remata a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Santiago de Malvas estrea o sábado 20.15 “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”. Entrada 1,5€. Elena Mansinho é unha das actrices da obra.
Ent. Manuel Crisóstomo - Campionato de Tute Festas de San Telmo 01.04.2016 3:04
Hoxe venres a partir das 23.30 celébrase no Bar El Pilar de Tui o Campionato de Tute Festas de San Telmo, que este establecemento organiza dende hai 30 anos. Durante algo máis de dúas horas os participantes buscarán as mellores bazas para levarse o premio que serán racións de meixón. A inscrición está aberta ata comezo do campionato
Ent. Ubaldo Estévez e Esteban Alonso do grupo Mesturanzas - VIII Semana de Teatro Afeccionado 01.04.2016 8:21
Hoxe ás 21.15h na VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea “Ah...que familia”. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billetes ao prezo de 1,5€. Ubaldo Estévez e Esteban Alonso, director e actor do grupo, déronnos conta de todos os detalles.
Ent. Sandra González, alcadesa e José Cosmed, pte Acubam - Mostra de Cultivos do Baixo Miño 31.03.2016 12:53
Esta fin de semana celébrase no pavillón de Goián a 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Xornadas técnicas, presentación das innovacións do sector, 30 expositores, ... e moitas máis actividades conforman o programa previsto do que hoxe nos falaron Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e José Cosmed, presidente de Acubam.
Ent. Arsenio Gállego e Maximino Fernández, do grupo de teatro Atalaia- Presentan hoxe 'A miña tía e as súas cousas' 31.03.2016 8:49
Ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui porá en escena “A miña tía e as súas cousas” baixo a dirección de Arsenio Gállego Chacón. Os dez actores da obra levarannos ata a historia dunha tía e a súa sobriña que lembran anualmente a desaparición do marido da tía na Rusia da División Azul. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billete...
Ent. Manuel Martínez, do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil - Charla uso seguro de internet e móbiles 31.03.2016 11:51
Hoxe ás 18h o salón de sesións da Casa do Concello de Tui acolle a charla “Pautas para pais, nais e educadores sobre o uso seguro de internet e móbiles” a cargo de Manuel Martínez, do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil, e especializado neste tema. Esta actividade forma parte das xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torr...
Ent. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez- Feira Agroalimentaria polo San Telmo 30.03.2016 5:48
Este venres 1 de abril, no recinto do IES San Paio, terá lugar a feira agroalimentaria. Juan Carlos Blanco e Gabriel Martínez, organizadores da cita, contaron que a inauguración será este venres ás 17h, haberá un corte de cinta realizado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro con posterior discurso. A feira estará aberta até o luns de San Telmo, en horario de 11h a 20h e a entrada para a mesma cus...
Ent. Jesús Glez e Xacobo Pérez - Feira dos Cabalos de San Telmo 30.03.2016 14:21
O luns, 4 de abril, luns de San Telmo celébrase na rúa Loureiro en San Bartolomé a Feira dos Cabalos de San Telmo. Dende primeir ahora da mañá haberá compra e venda de gando, pero tamén a partir das 12.30h exhibicións de doma, por vez primeira "Aires de doma clásica" con cabalos de pura raza galega, pero tamén pases de monta antiga, de doma clásica ou de doma en liberdade, xunto a outras actividad...
Ent. Xosé Nóvoa, membro de Andatui Rego da Pedra- Andaina San Telmo 30.03.2016 3:34
Mañá ás 14h pecha o prazo de inscrición para a Andaina de San Telmo, organizada polo club AndaTui Rego da pedra, que terá lugar este sábado 2 de abril. Xosé Nóvoa, organizador da andaina, explica que a mesma partirá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira para ir ata o Alto dos Cubos e os muíños do río Tripes. O prezo para participar é de 5€ para adultos e 3€ para menores de 12 anos....
Ent. Inés Santé, directora do Instituto de Estudos do Territorio- Obradoiro paisaxístico da Costa Sur- Baixo Miño 30.03.2016 4:26
O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza mañá en Tui, ás 18.30h na Área Panorámica, un obradoiro co gallo de definir as directrices da paisaxe de Galicia e concretamente das referidas á comarca. A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, explica que este obradoiro é a segunda parte da elaboración da Estratexia da...
Ent. Sofía Glez e Álvaro Iglesias do grupo San Fins - Semana de Teatro Afeccionado 30.03.2016 5:13
O grupo de teatro de San Fins de Rebordáns estreará hoxe ás 21.15h no Teatro Municipal “A mesa do rincón” escrita por Mila Oya, dentro da VIII Semana de Teatro Afeccionado. O prezo da entrada é de 1,5€ e poranse á venda, no despacho de billetes, a partir das 20.45h. Sofía González e Álvaro Iglesias, dous dos dez actores do grupo, faláronnos da súa obra.
Ent. Eva Iglesias e Susi Pérez - Feira de Artesanía e Agrosaudable no Liceo Casino 30.03.2016 6:10
O Liceo Casino de Tui acolle este sábado, 2 de abril, e este domingo 3, de 11.30h a 20.30h unha Feira de Artesanía e Agrosaudable organizada por esta entidade xunto ao colectivo MasKArte. Eva Iglesias, presidenta do Liceo Casino e Susi Pérez, de MasKArte déronnos conta de todos os detalles desta cita.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo -Festival do Meixón 29.03.2016 5:16
Este domingo celébrase no Paseo da Corredoira o Festival do Meixón organizado polo Concello coa colaboración de diferentes restaurantes da cidade. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, explicou que dende o Concello foron receptivos ao interese na celebración deste evento gastronómico por parte dos restauradores locais. Na carpa instalada neste céntrico paseo os cociñeiros de varios restaurant...
Ent. Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove- Actividades para esta semana 29.03.2016 4:47
O Espazo Xove de Tui ofrece nesta semana dous cursos para os que aínda quedan prazas. Mañá desenvolverase unha actividade formativa para aprender a usar o programa Power Point. Esta iniciativa prolongarase os días 1, 6, 8 e 13. Tamén quedan prazas para o curso de Contacontos que terá lugar este xoves e venres en horario de 16.30h a 20.30h.
Ent. Marina Cruces - VI Cata de Colleiteiros San Telmo 29.03.2016 10:46
Este domingo celébrase a VI Cata de Colleiteiros de viños brancos e tintos #SanTelmo2016. Os colleiteiros tudenses interesados en participar deben entregar dúas mostras en Tapas e Viños. Marina Cruces, promotora desta cata deunos hoxe todos os detalles.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.