Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Suspendidas as clases hoxe no CEIP de Pazos de Reis tras un incendio rexistrado o sábado 25.04.2016 7:26
Hoxe foron suspendidas as clases no CEIP de Pazos de Reis tras o incendio dun deshumidificar rexistrado o pasado sábado no centro. O fume e o po afectaron a toda a parte baixa do edificio. Hoxe faise balance de danos. Da situación no centro faláronnos a concelleira de Ensino, María José González, e o director do centro Manuel Fálquez.
Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Día do Libro 22.04.2016 3:36
Este domingo celébrase na Praza do Calvario no Rosal a XIII Feira do Libro na que se darán cita varias librarías que ofrecerán un desconto dun 20%. Amais está previsto ás 12h a actuación Mbolo Mooye Doolé presentando “contos africanos” con música en directo, e ás 17.30h a actividade “Entre libros anda a maxia”. Contounolo Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Día do Libro 22.04.2016 3:20
A actividade "Tui le" que se ía celebrar hoxe co gallo do Día do Libro foi adiada ante as previsión de choivas para hoxe. Posiblemente se celebre en datas próximas ao Día das Letras Galegas. Si se vai celebrar mañá "A lingua de signos nas túas mans", unha actividade de contos contados en lingua oral e de seginos, na Biblioteca Municipal. Así nolo explicou a concelleira de Cultura de Tui, María Jos...
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Día do Libro 22.04.2016 3:48
Mañá sábado, 23 de abril, ás 12h no Segundo andar Mercado de Tomiño vai ter lugar a presentación - coincicidindo co Día do Libro - do proxecto participativo "biblio", que pretende sentar as bases da futura biblioteca municipal. Contounolo a concelleira de Cultura de Tomiño, Cristina Martínez.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui -Día do Libro 22.04.2016 3:20
A actividade "Tui le" que se ía celebrar hoxe co gallo do Día do Libro foi adiada ante as previsión de choivas para hoxe. Posiblemente se celebre en datas próximas ao Día das Letras Galegas. Así nolo explicou a concelleira de Cultura de Tui, María José González. Si se vai celebrar mañá "A lingua de signos nas túas mans", unha actividade de contos contados en lingua oral e de signos, na Biblioteca...
Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Día do Libro 22.04.2016 3:34
A Guarda celebra o Mes dos Libros e esta fin de semana ten previsto para hoxe a proxección de Los Miserables no Centro Cultural e mañá unha nova sesión de Contos Contados na Biblioteca. Pero hai máis actividades das que nos deu conta a súa concelleira de Cultura, Elena Baz.
Ent. Alberto Romer e Javier Alvarez Rivadulla - XV Os nosos fariñeros 21.04.2016 12:56
Este domingo, 24 de abril, celébrase o XV Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, organizado pola Asociación Cultural Muiñeiros do río Tripes. O programa, a celerbar nos muíños do Tripes, comezará ás 10.30h da mañá e prolongarase ata primeira hora da tarde tal e coma hoxe nos contaron Alberto Romer e Javier Álvarez Rivadulla, membros da organización.
Especial Día do Libro - Día a Día coas librarías de Tui 21.04.2016 22:31
Este sábado, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. No programa Día a Día por este motivo compartimos hoxe tempo de radio coas tres librarías da cidade Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde. Falamos do seu día a día, das recomendacións,... e de libros.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Presentación Programa Cultural Amizade Cerveira-Tomiño 2016 19.04.2016 10:04
O Forum Cultural de Cerveira acolleu este mediodía a presentación do Programa Cultural Amizade Cerveira-Tomiño 2016. por parte do presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e da alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, xunto as concelleiras de Cultura dos dous municipios. A alcaldesa de Tomiño explicaba que a novidade vén na presentación dunha programación común, con...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Feira de Artesanía 19.04.2016 18:38
Este venres remata o prazo de inscrición para a XX Feira de Artesanía que se vai celebrar en Tui o 30 de abril e o 1 de maio organizada este ano pola concellería de Turismo. O seu titular, Laureano Alonso, explicou que para participar nesta ocasión non é preciso ter a carta de artesán. Amais queren celebrar tamén un Mercado de Labradores, polo que convidan á poboación a participar no mesmo. Laurea...
Sección semanal Espazo Xove - Martes 19 de abril 19.04.2016 4:42
Dúas actividades son as que propoñen o Espazo Xove de Tui para os meses de maio e xuño. Por unha banda o 27 de maio de 17 a 20h impartirán un Curso de iniciación ao cultivo de cogomelos. E o 3 de xuño de 17 a 20h un Obradoiro de elaboración de cócteles sen alcol para mocidade de 12 e 30 anos. A inscrición está xa aberta para as dúas actividades na rúa Sanz, no teléfono 886 11 07 97 ou no correo in...
Ent. Diego Marckwalder e Alan Yeoman - Gravación en Tui da curtametraxe 'Bulldog' 18.04.2016 6:39
Este mércores comeza no IES San Paio a gravación da curtametraxe “Bulldog” por parte de alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo. O seu director e guionista, Diego Marckwalder, e o seu produtor Alan Yeoman, explicaron que se desprazarán a Tui un equipo de dez persoas que gravarán na cidade mércores e xoves, e o hai un terceiro día de rodaxe xa no Marcote en Vigo.
Ent.Levada Libre - Actos de confraternización republicana 15.04.2016 17:30
Cun amplo programa mañá sábado, 16 de abril, Levada Libre, organiza un acto de confraternización republicana na Alameda de Santo Domingo, ou se chove na Aula da UNED. Dos mesmo faláronnos Manuel Fernández, Manuel Vázquez e Javier Vázquez. Amais conversamos con María Torres, Carmen Penín e María del Carmen Lores que intervirán neste evento.
Ent. Iria Márquez e Mario Díaz - Concerto traducido a lingua de signos 15.04.2016 11:54
O White Clover acollerá mañá mañá sábado ás 23.30h un concerto especial. No mesmo vai actuar Mario Díaz, e estará acompañado pola tudense Iria Márquez que irá traducindo as súas cancións á lingua de signos. Esta é a segunda vez que colaboran nunha iniciatva que realizaron xa hai catro anos.
Ent. Charles Burnett- Director a quen Play-Doc dedica a súa retrospectiva de 2016 15.04.2016 19:54
O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, dedica a súa retrospectiva este ano ao realizador Charles Burnett. Amais editan o seu primeiro libro unha monografía precisamente deste cineasta. Con Charles Burnett compartimos hoxe uns minutos no programa Día a Día, acompañado por Víctor Paz, responsable de comunicación e programador do festival.
Ent. Harrod Blank, fillo de Les Blank - Play Doc 14.04.2016 15:19
Les Blank é unha das figuras a quen este ano Play Doc dedica un ciclo coa proxección de catro dos seus documentais ligados todos eles á música. O seu fillo Harrod está en Tui participando no festival para presentar a obra do seu pai. Hoxe acompañounos no programa Día a Día.
Ent. Manuel Fernández e Manuel Vázquez e Levada Libre e José A. Uris - Actos de confraternización republicana 13.04.2016 20:23
Levada Libre organiza para este sábado, 16 de abril, en Tui os actos de confraternización republicana. Comezarán ás 12.30h diante do monumento aos represaliados na Alameda de Santo ou en caso de choiva no salón de actos da Aula da UNED no antigo Convento de Santo Domingo. Manuel Fernández e Manuel Vázquez de la Cruz, membros de Levada Libre, xunto a José Antonio Uris e José Mª Álvarez Cáccamo, col...
Ent. Ángel Sánchez, dtor de Play-Doc - Todo preparado para o comezo do festival 13.04.2016 2:04
Hoxe comeza oficialmente o Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc. Tras meses de traballo arranca a décimo segunda edición marcada pola diversidade, a calidade e a variedade. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, explicouno que todo esta listo para o comezo coa sesión inaugural ás 20.30h.
Ent. César Souto e Luís Avilés directores de “Os días afogados” - Play-Doc 2016 13.04.2016 10:49
Hoxe mércores, 13 de abril, na sesión das 23h de Play-Doc proxectarase o documental galego “Os días afogados” de César Souto e Luís Avilés que retratan a aldea de Aceredo en Lobios que en 2012 quedou ao descuberto tras vinte anos cuberta polas augas do encoro de Lindoso. Precisamente cos directores falamos hoxe. Luís Avilés daba conta da historia que recollen neste documental. César Souto explicou...
Sección semanal Espazo Xove Tui - martes 12 de abril 12.04.2016 5:57
Dende o 1 de abril a mocidade interesada pode inscribirse no Espazo Xove de Tui no programa de Garantía Xuvenil da Xunta. Esta foi unha das cuestións ás que hoxe se referiu a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, na súa conexión semanal coa nosa emisora. Por outra parte deu conta da convocatoria dos Campamentos para mozos de 9 a 17h anos dentro da Campaña de Verán da Dirección Xeral de X...
Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Balance reunión con veciños conxunto histórico 12.04.2016 9:42
O pasado sábado o Concello de Tui celebrou unha reunión con veciños do conxunto histórico. A concelleira de Patrimonio, Carme Nuñez, fixo un balance positivo pola asistencia de 80 persoas, e porque foi unha primeira toma de contacto. O obxectivo foi explicar o traballo que se está a realizar dende a concellería de Patrimonio, pero Carmen Núñez, sinalou que o máis interesante foi a exposición feita...
Ent. Sara Gª e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Inauguración,supporters, entradas... 11.04.2016 12:34
Este mércores ás 20.30h será inaugurado Play-Doc 2016. Dende entón poderanse ver 45 documentais nas dúas salas de proxeccións. As entradas estarán á venda media hora ao prezo de 2€. A sesión inauguración, con música en directo, será gratuíta. O festival pretende mostrar as tendencias do documental cada ano, pero tamén a música está moi presente nesta edición. E está en marcha a campaña Play Doc Su...
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente Tui - Ordenanza de limpeza e outros 11.04.2016 13:13
Está xa en vigor a “Ordenanza reguladora de ornato público e limpeza viaria no Concello de Tui” que entre outras cuestións prohibe a colocación de carteis no casco urbano, salvo nos lugares habilitados para iso. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, quen tamén solicitou a colaboración cidadá na recollida selectiva do lixo. Avanzou que amais a colocación de 30 com...
Ent. Mónica Bugarín, dtra Espazo Xove Tui - 5 mil usuarios 08.04.2016 7:07
O Espazo Xove de Tui rexistrou 5 mil usuarios en 2015 segundo os datos que vén de facer públicos a Xunta. A súa directora Mónica Bugarín deu conta destas boas cifras e explicou que os servizos máis empregados son os de acceso a internet e o local de ensaio.
Ent. Marina Cruces- Resultado Cata de Colleiteiros de San Telmo 08.04.2016 9:37
O pasado domingo celebrouse a Cata de Colleiteiros de San Telmo. Nos viños brancos Pablo Brandariz levouse o primeiro premio seguido de Serafín Ocampo, que con dúas mostras, acadou o segundo e terceiro premio. Mentres en tintos os expertos da cata outorgaron os premios a Luís Martínez, Carlos Pérez e Ramón Fontán. Así nolo contou Marina Cruces, unha das organizadoras da cata.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.