Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Rogelio Carballo, presidente de FANPA Pontevedra 09.05.2016

O presidente da Federación de Nais e Pais de Pontevedra, Rogelio Carballo, pasou esta mañá polos micrófonos da RMT nos que alertou aos pais das consecuencias que podería ter non acudir as avaliacións que comezaran nos próximos días en 6º de primaria dentro do marco da Lomce, namentres lamentou a "tremenda inxustiza" que supoñen.

Ent. Raimundo Mtnez e Antonio Abero - Exposición de Esculturas 06.05.2016

Dende hoxe e ata finais de mes poderase visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a exposición conxunta de escultura de Raimundo Martínez e Antonio Abero. A apertura da mostra terá lugar ás 20.30h. Os dous escultores falaron da súa obra hoxe no programa Día a Día.

Ent. César Pérez Ares, xefe territorial de Educación - Convenio Educación-Concellos 06.05.2016

Tras a sinatura de onte entre a Consellería de Educación e os concellos da provincia hoxe falamos co xefe territorial de Educación. César Pérez Ares, quen deu conta da importancia de sumar esforzos entre as distintas administracións para acometer obras no colexios. Referiuse ao investimento previsto no Baixo Miño, así coma tamén a redacción dunha ficha técnica para a futura construción dun novo co...

Ent. Mª José González, concelleira de Ensino de Tui - Investimento en centros educativos 06.05.2016

A concelleira de Ensino do Concello de Tui, María José González, deu conta hoxe do investimento que se vai realizar nos centros educativos do municipio, tanto a través do convenio asinado onte coa Consellería de Educación, coma de fondos propios A reforma da cuberta do CEIP de Rebordáns, é unha das obras prioritarias a acometer no verán.

Ent. Dr, Carlos González-Juanatey, presidente de Sogacar - Obesidade en Galicia 05.05.2016

Carlos González-Juanatey, presidente da Asociación Galega de Cardioloxía analiza os datos do último estudio elaborado pola Sociedade Española de Cardioloxía o cal establece que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior porcentaxe de obesidade ao alcanzar a un 24,9% da poboación.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo - Octavo Dan de Kung-Fu 05.05.2016

O presidente do Di-Som Tui, Eduardo Méndez Sanjurjo, ven de conseguir octavo dan, o grado máis alto de Kung-Fu recoñecido por unha federación a nivel nacional. Esta mañá, explicaba no noso estudio a importancia do galardón, non só para o club senón tamén para a cidade que acollerá o Terceiro Campionato Ibérico Internacional de Kung-Fu o próximo 19 de xuño.

Ent. Laura Villaverde, Roi Fdez e Simón Piñon de Artesacía - Balor na acción dunha cadeira 05.05.2016

Unha historia alternativa da emigración galega é a que conta a obra “Balor na acción dunha cadeira” que mañá ás 21h representa no Teatro Municipal de Tui Artesacia. A obra está dirixida por Roi Fernández, que tamén forma parte do elenco xunto a Laura Villaverde, e Simón Piñón. Os tres falaron hoxe da obra no programa Día a Día. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 12...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Área Metropolitana, Camiño Portugués, Educación 05.05.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asistiu onte en Vigo á reunión sobre a Área Metropolitana de Vigo na que se fixaron prazo concretos para seguir avanzando nesta entidade supramunicipal, á que Tui podería incorporarse a comezos de 2017. Tamén falaron do transporte metropolitano. Pola tarde o rexedor tudense asistiu en Barcelos á reunión do grupo de traballo sobre o Camiño Portugués e a presenta...

Ent. Cristina Couto, coordinadora Europe Direct UE: 30 anos xuntos 04.05.2016

As redes oficiais de información comunitaria en Galicia e no Norte de Portugal organizan para este venres, 6 de maio, a acción conmemorativa “UE: 30 anos xuntos”. Esta actividade celébrase para conmemorar o 30 aniversario da adhesión de España e Portugal á Unión Europea. Cristina Couto, coordinadora Europe Direct, deunos conta dos obxectivos e de cómo será esta celebración.

Entrevista Alberto Vilas - Presentación do novo disco Ubuntu 03.05.2016

O pianista e compositor Alberto Vilas presentará este sábado 7 de maio ás 20:30 horas no Auditorio da Xunqueira, en Redondela, o seu novo álbum titulado "Ubuntu". Acompañan ao compositor como é habitual Rosolino Marinello, Juansy Santomé e Javier Barral amais da colaboración especial de Diana Tarín.

Ent. Avelino Martínez, judo - Campionato de Europa 03.05.2016

O tudense Avelino Martínez participará no mes de xuño no Campionato de Europa de judo na categoría de veteranos en Huelva. Previa a esta cita participou no Campionato de Portugal onde logrou a medalla de Ouro no Open de Lisboa de Veteranos e a prata no Nacional. Con el falamos esta mañá.

Ent. Uxío Benítez, deputado - AECT Río Miño 02.05.2016

A Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho traballan na constitución dunha Asociación Europea de Cooperación Territorial, a AECT Río Miño, que contará con entidade xurídica propia. Toman coma modelo a seguir do grupo interrexional do Río Danubio, que reúne a dez países para potenciar o territorio do río centroeuropeo. O obxectivo neste caso é desenvolver o territorio da fronteira. Tamén avanzan...

Ent. Manuel Conde - “Máximo desenvolvemento en intelixencia emocional e liderado” 02.05.2016

Este venres comeza na Aula da UNED de Tui o curso “Máximo desenvolvemento en intelixencia emocional e liderado” impartida polo tudense Manuel Conde, editor, coach e adestrador de Fútbol, con el falamos esta mañá en Día a Día. As clases serán os venres de 17 a 20h ata o 3 de xuño cun total de 15 horas lectivas. O prezo da matrícula é de 38 euros e inclúe o libro "Las recetas emocionales de mi herma...

Ent. Fina Pereira, monitora Ocupacional de Vontade - I Festival de Vontade 29.04.2016

O Auditorio de Goián acolle mañá sábado ás 20h o I Festival de Vontade coa actuación de The Charrans, Xerock, Playback, grupo de Zumba e Baile Moderno a cargo de Espazo en Forma, Mónologo, Sorteo. A entrada custa 3€ para financiar a viaxe de fin de curso dos usuarios de Vontade. Do mesmo falounos Fina Pereira, monitora ocupacional de Vontade.

Ent. Alberto González do Silabario - Novo proxecto na Coruña e cambios en Tui 29.04.2016

O deste domingo será o último pase do Restaurante Silabario - Estrella Michelín - en Tui. O seu chef Alberto González afronta un novo proxecto na Coruña onde ampliará nun novo restaurante o número de comensais e apostará por facer unha oferta para todo tipo de público baixando tamén os prezos pero mantendo a aposta por unha cociña comprometida. En Tui chegan cambios coa segunda marca do Silabario,...

Ent. Alejandro Dacuña - Programa de radio Receitas con Historia 29.04.2016

Mañá sábado ás 11.15h estréase na nosa sintonía un novo programa de radio "Receitas con historia". Será conducido por Alejandro Dacuña, autor do libro solidario "Receitas con historia". Neste tempo de radio buscará recompilar novas receitas para un segundo libro tamén con fins benéficos.

Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Maias e Sabores de Aldeia 28.04.2016

Gastronomía e tradicións danse cita esta fin de semana en Valença cos Sabores de Aldeia e as maias. Así nolo contou o vereador de Cultura, José Monte. Explicou que toda a Fortaleza será decorada con maias, e elaboraron a maior maia de Portugal. Amais as 16 freguesías valencianas presentan os seus mellores pratos en Sabores de Aldeia. Non faltará a animación musical.

Ent. Pilar Blázquez Ballesteros - Charla “Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo” 28.04.2016

Pilar Blázquez Ballesteros do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica “Os Bambáns” impartirá ás seis desta tarde na Sala Félix Rodríguez a charla “Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo”. Esta mañá fixo un pequeno adianto na nosa sintonía. Esta actividade forma parte das xornadas “Educar para protexer” organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.

Ent. Julio Araujo Alfaya e José Quinteiro - II Xuntanza Moteira Benéfica Virxe do Camiño 27.04.2016

Este sábado, 30 de abril, celébrase a II Xuntanza Benéfica Virxe do Camiño en Rebordáns organizada pola Comisión de Festas coa colaboración do motoclub Os de Sempre, o Banco de Tapóns do Baixo Miño e SOS Tomiño-Baixo Miño. Julio Araujo Alfaya, responsable da organización, e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, déronnos todos os detalles desta actividade na que haberá rutas en motas...

Ent. José Antonio Quiroga, pte Fundación Teatro Principal - Teatro Principal 27.04.2016

A situación actual do Teatro Principal, foi hoxe abordada na nosa sintonía polo presidente da súa Fundación, José Antonio Quiroga.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Record de publico de Play-Doc 27.04.2016

Play-Doc bateu record de público na edición deste ano con 8.232 espectadores, son 700 máis que en 2015. Esta é a mellor cifra de público da súa historia. A este público hai que sumar os espectadores que están a descubrir Play-Doc no resto da xeografía española a través da xira do ciclo de Charles Burnett. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, amosaba a súa satisfacción por estas...

Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Fortaleza 27.04.2016

Este domingo, 1 de maio, sae dende as Portas do Sol, na Fortaleza de Valença o Trilho da Fortaleza que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Terá unha distancia de 6 quilómetros e dificultade baixa. Marina Carvalho, de Celtas do Minho, deunos conta das características desta andaina. A inscricións - que inclúe degustación gastronómica- pódese facer en caminhadas.andainas@gmai...

Seccion Semanal Espazo Xove - Martes 26 de abril 27.04.2016

No Espazo Xove de Tui está aberto o prazo de inscrición tanto para o curso de cultivo de Cogomelos como para o Obradoiro de Cócteles sen alcohol. AS dúas son gratuítas e se celebrarán o 27 de maio e o 3 de xuño respectivamente. Por outra parte este sábado remata o prazo para o Campamentos de Verán para persoas con discapacidade. Mónica Bugarín,a directora deste centro xuvenil, deu conta asemade da...

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Susi Pérez de +KArte - XX Feira de Artesanía de Tui 27.04.2016

Este sábado ás 12h, con sorpresa incluída, terá lugar a inauguración da XX Feira de Artesanía organizada pola concellería de Turismo do Concello de Tui. Poderá visitarse de 12 a 22h tanto o sábado coma o domingo nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e San Fernando coa presenza de máis de 70 postos e artesáns traballando en directo nos seus produtos. Non faltará a animación con grupos...

Ent. Jose Villaverde - I Trail Monte Aloia 26.04.2016

Hoxe ás 23.59h remata o prazo de inscrición para o I Trail Monte Aloia que se vai celebrar este domingo organizado pola Asociación Cultural Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei. O Trail constará dun percorrido de 25 quilómetros polo Parque Natural do Monte Aloia cun desnivel de 1.400 metros. Amais celebrarase tamén un minitrail con 15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel A...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.