Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Xornada de Portas Abertas 20.05.2016 6:36
A Comandancia Naval do Miño realiza mañá sábado, 21 de maio, e o próximo sábado 28, unhas xornadas de portas abertas co gallo do Día das Forzas Armadas. Será en horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. Enrique García, comandante Naval do Miño, explicaba que o obxectivo é dar a coñecer o traballo que realizan, haberá unha exposición de artes de pesca, a proxección dun vídeo coas actividades da Comandanci...
Ent. Alberto Covelo, coordinador Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación - Clausura das Escolas en Tui 20.05.2016 3:58
Este domingo, 22 de maio, a partir das 12h, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o acto de clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación no que van participar 1000 patinadores. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia. Deste evento falamos con Alberto Covelo, coordinador Escolas Deportivas de Pat...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Deportes e Turismo - Actividade deportiva e balance 20.05.2016 12:07
O concelleiro de Deportes e Turismo de Tui, Laureano Alonso, deu conta esta mañá na nosa sintonía dos eventos deportivos previstos para esta fin de semana en Tui con citas coma a clausura das Escolas de Patinaxe, o Big Ride Eurodidade, a Romaría Cabalar ou o posible ascenso do Caldelas. Deu conta amais da repercusión positiva que eventos positivos coma o Big Ride ou o Rallie Eurocidade teñen na ci...
Ent. Jorge Pacheco - voceiro da Asociación A Jalleira 19.05.2016 6:11
Este sábado 21 de maio celebraranse na Casa da Cultura de Tomiño as II Xornadas Forestais do Baixo Miño. A cita, organizada pola Asociación A Jalleira, busca sensibilizar á poboación sobre a importancia do coidado do monte e por en común a labor levada a cabo por distintas comunidades de montes da comarca. As xornadas comezarán as catro da tarde do sábado coa charla “Comunidade de Montes do Rosal,...
Ent. Noela Álvarez e Elsa Vázquez do IES A Sangriña da Guarda gañadoras do Rallie Matemático Europeo 18.05.2016 6:02
Un grupo de alumnos de 1º e 4º da ESO do IES A Sangriña da Guarda ven de proclamarse campión do Rally matemático europeo celebrado na Universidade Paul Sabatier de Tolouse en Francia. Nomeadamente, Raquel, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Noela venceron na categoría de 1º da ESO e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, fixeron o propio entre o alumnado de cuart...
Conexión especial coas actividades de "Tui Le" na Praza de San Fernando 18.05.2016 10:08
Esta mañá os rapaces dos colexios e institutos de Tui participaron na sétima edición de “Tui le” na que se deron cita preto de 700 alumnos e 40 profesores. Esta actividade, organizada polas bibliotecas escolares xunto co Concello de Tui, ten por obxectivo facer visible o traballo que sobre o libro e a lectura faise ao longo do ano nos 11 centros educativos da cidade, amais de achegar dun xeito dif...
Ent. Roser Vila, responsable do programa “Correos reparte sonrrisas" - No San Xerome 18.05.2016 2:49
O Colexio San Xerome, na Guarda, acolle ás tres desta tarde a festa do programa “Correos reparte sorriso” desenvolvido por Payasos sin Fronteras que se leva a cabo a nivel nacional. Roser Vila, responsable do programa explicou hoxe os obxectivos desta iniciativa. O acto terá lugar ás 15:00 horas no ximnasio do San Xerome para os usuarios do centro.
Ent. Jacobo Santana, gañador da edición de 2015 da Big Ride - Big Ride Eurocidade 18.05.2016 3:14
Hoxe falamos tamén con Jacobo Santana, gañador da edición de 2015 da Big Ride, quen loitará por estar o máis arriba na clasificación na proba da Eurocidade, logo do sexto posto logrado na primeira proba do Open celebrado en Ojén. Desta competición destacou o lugar por onde transcorren os tramos que cualificou de espectaculares para a práctica da bicicleta.
Ent. Guti Martín de Sherpa Project - Big Ride Eurocidade 18.05.2016 7:05
Máis de 200 corredores daranse cita esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença, no Big Ride, Open de España de Enduro, que se disputará con catro tramos no Monte Aloia e no Monte Faro. Figuras destacadas a nivel nacional e internacional competirán pola vitoria. O paddock e a meta estarán situados na Macoca, no Aloia. Guti Martin, de Sherpa Project organizadores do evento, deunos conta de todos o...
Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura de A Guarda - Letras Galegas 2016 16.05.2016 2:43
Falamos con Elena Baz, concelleira de Cultura do concello da Guarda, quen nos explica en qué consistirán as actividades que se celebrarán co gallo do día das Letras Galegas.
Ent. Javier Bascoy, director da Agrupación Musical do Rosal - Letras Galegas 2016 16.05.2016 4:27
Javier Bascoy, director da Agrupación Musical do Rosal, explica os actos que terán lugar no concello co gallo das Letras Galegas que este ano adícanse ao poeta Manuel María.
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Letras Galegas 16.05.2016 2:51
A praza do Seixo de Tomiño acolle mañá unha Feira do Libro para celebrar o Día das Letras Galegas. Amais ao longo do día haberá distintos obradoiros e actuacións musicais. Do programa deunos conta Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño
Ent. Pedro Tapias, piloto participante no II Rallie da Eurocidade 13.05.2016 4:48
Pedro Tapias é un dos cen pilotos que participa no II Rallie da Eurocidade. Farao cun Mitsubishi buscando estar o máis arriba posible na clasificación. Hoxe contounos que ten todo preparado e falounos tamén do percorrido desta proba. O seu obxectivo é rematar o rallie e facelo entre os vinte primeiros.
Ent. Javier Sánchez de Team Relay - III Desafío Terras de Turonio 13.05.2016 6:13
300 deportistas danse cita este domingo no III Desafío Terras de Turonio de BTT organizado pola firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño. A Praza do Seixo será o punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado de 110 quilómetros. Javier Sánchez forma parte da organización deste evento deportivo.
Ent. María José Glez, concelleira de Ensino e Cultura de Tui - XIX Feira do Libro Galego 13.05.2016 7:04
O Paseo da Corredoira acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letra Galegas a XIX Feira do Libro Galego. Ás tres librarías tudenses, Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde, montarán 22 postos de libros en galego cun 10% de desconto. A inauguración será ás 12h e dende entón haberá un amplo programa de actividades que hoxe detallaba a concelleira de Ensino e Cultura, María José González.
Ent. Xurxo González, director de Jeanett - Premio á Mellor Curta no FICIC en Arxentina . 12.05.2016 9:22
O director guardés Xurxo González ven de ser galardoado pola súa curtametraxe Jeanett. A obra, levada a cabo en colaboración cos alumnos do IES da Sangriña, da Guarda, acaba de gañar o premio á mellor curta no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín, na localidade arxentina de Córdoba. Hoxe falamos con Xurxo González.
Ent. José Martínez Tato de AndaTui - XIII Andaina Solidaria Tudense 12.05.2016 3:09
Hoxe pecha o prazo de inscrición para a XIII Andaina Solidaria Tudense que se vai celebrar este sábado. Lembramos que fará un percorrido aproximado de 26 quilómetros. Sairá ás 10.30h dende o Centro Interfederado para subir por Frinxo ata o cumio do Parque Natural do Monte Aloia, onde está previsto o xantar. Pola tarde retomarán a camiñada, pasando polo Alto do Coello, para regresar ao punto de par...
Ent. Marcos González, presidente da escudería Dona Urraca 12.05.2016 12:23
Marcos González, presidente da escudería Dona Urraca, responsable do II Rallie Eurocidade que se celebra esta fin de semana en Tui. Marcos, quen agradeceu o apoio dos veciños que conviven estes días cos cortes puntuais no tráfico para as probas dos 100 pilotos, lamentou que a "disputa de competencias entre as diferentes federacións" impedira poder celebralo tamén en Valença.
Ent. Alberto Grandal, secretario da Asociación Lazoiro 11.05.2016 8:23
Dende a Asociación Lazoiro avisan da posible reaparación da praga de nematodo que afecta aos piñeiros. Dende Lazoiro destacan o gran problema e alarma que xa supuxo en anteriores ocasións causadas pola, na súa opinión, "gran descoordinación na propia Consellería de Medio Rural e demais organismos implicados".
Ent. Laura Sarasola de Caramuxo Teatro con Zapatos 11.05.2016 6:34
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, en dobre función ás 17.30h e ás 19h, a representación da obra de teatro para bebés "Zapatos" da man de Caramuxo Teatro. Laura Sarasola é a actriz que estará sobre o escenario, e hoxe falounos deste espectáculo. As entradas teñen un prezo de 3€ e 2€. Están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres no despacho de billetes dende as 16...
Ent. Montserrat Magallanes, concelleira Turismo A Guarda |Show cooking "Degusta Europa" 11.05.2016 6:25
Este mediodía tivo lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica de pratos elaborados con produtos típicos da zona. A degustación, foi elaborada polo profesorado e alumnado dos centros públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo, e impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “Degusta Europa”.
Ent. Rubén Pérez, coordinador da asociación animalista Libera 10.05.2016 10:15
A aparición o pasado domingo dun cabalo con trancas no entorno do Monte Aloia volveu por de actualidade unha práctica aínda habitual nos montes galegos. O coordinador de Libera, Rubén Pérez, alertou esta mañá no programa Día a Día da ineficacia dos cepos. A asociación conta cunha páxina web, www.senpexas.info na que poder denunciar a existencia de cabalos con cepos, cadeas ou cordas.
Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio do Louro - Segunda fase das obras en Tui 10.05.2016 3:37
Mañá mércores o Consorcio de Augas do Louro vai continuar coa segunda actuación de obras encamiñadas a mellorar a calidade da auga potable na cidade de Tui. O xefe do servizo do consorcio, Ramiro Gutiérrez, da conta das actuacións na rúa Colón. A substitución da redutora de presión, que busca modernizar a rede para evitar que os cambios na presión provoquen roturas imprevistas, produciranse en hor...
Ent. Íñigo Rodríguez e Mónica Mura - Exposición "Mulleres en acción: violencia zero" 09.05.2016 9:23
Accións artísticas que chamen a reflexión crítica sobre a pandemia que supón a violencia machista. Ese é o obxectivo da exposición que, no seu recorrido por distintos concellos da provincia, abre hoxe as súas portas na Área Panorámica de Tui. En total, 11 artistas galegas reflexaron as súas emocións a través do diálogo aberto con todos os públicos no que se sensibiiza á cidadanía.
Ent. Susana Costa e Fina Pereira do Club Deportivo Sen Amarras - Actividades 09.05.2016 7:15
Fomentar o deporte náutico tanto en persoas con discapacidade coma sen discapacidade é o obxectivo do Club Deportivo Sen Amarras que comezou a súa actividade na comarca do Baixo Miño. Susana Costa é a súa presidenta e Fina Pereira unha das 24 persoas que na actualidade integran este colectivo. No programa Día a Día explicaron coma o club xurdiu dunha actividade realizada pola Asociación Vontade, e...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.