Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Marina Requejo, Asociación de Familiares de Alzhéimer de Galicia 30.05.2016

A Asociación de familiares de alzhéimer de Galicia, Afaga, busca voluntarios para os obradoiros que está a desenvolver en Tui. A coordinadora de voluntariado da asociación, Marina Requejo, chamaba aos interesados a participar como voluntarios nos obradoiros que teñen lugar os luns e xoves de 17:00 a 20:00.

Entr. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Labores de busca de David Fernández Suárez no río Miño 30.05.2016

Esta mañá retomáronse os traballos de busca do músico salcedense David Fernández Suárez, coñecido como Michi, que desapareceu na noite do sábado tras tocar nunha festa coa súa charanga “Os trouserghas” en Lapela, no concello de Monçao. O trombón do músico e mailas súas chaves xa foran atopados nas beiras do río Miño, onde se centran agora os traballo. O operativo, composto por vinte mergulladores,...

Ent. Óscar Carrera, padeeiro - Participa no k4 1000m nos Xogos Olímpicos de Río2016 27.05.2016

O padeeiro tudense Óscar Carrera participar nos Xogos Olímpicos de Río2016 formando parte do K4 español que competirá sobre a distancia de 1000 metros. Aproveitando a súa estancia en Tui estes días, xa que está concentrado en Madrid, compartimos un minutos con el para falar deste logro deportivo.

Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo da Guarda - Alfombras Florais e Tapearte 27.05.2016

As rúas da Guarda serán engalanadas mañá á noite con alfombras florais e de sal nas que os alfombristas levan xa semanas traballando. De forma paralela hoxe comeza en vinte esetablecementos guardeses a ruta de tapas Tapearte. A concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes, deunos conta destas actividades.

Ent. Esteban Glez - XX Festa da Empanada de Estás 27.05.2016

A empanada de mexillóns é unha das novidades que presenta este domingo a XX Festa da Empanada de Estás. Haberá tamén doutros recheos a un prezo de 5€ a ración, e tamén se poderán degustar outros produtos. A música do grupo Virxe do Alivio, e a festa da bicicleta a primeira hora completa o programa festivo previsto, do que nos deu conta Esteban González. Porán á venda máis de 700 racións de empanad...

Ent. Mila González - Alfombras de corpus en Tui 27.05.2016

A previsión de choiva para mañá á noite fai que a alfombra floral que se ía elaborar inicialmente na praza de San Fernando se vai a realizar no interior do claustro da Catedral. Hoxe continuan cos traballos previos de preparación do verde e da flor, tal e coma contaba Mila González, unha das persoas que leva a cabo a alfombra.

Ent. Ramón Martínez - Aprazamento da Festa da Árbore 27.05.2016

Debido as previsións de choiva para mañá sábado foi aprazada a I Festa da Árbore e do Medio Ambiente organizada polas comunidades de montes de Randufe, Areas, Pexegueiro e Malvas. Polo momento non teñen nova data e probablemente quedará para despois do verán segundo explicaba hoxe Ramón Martínez, un dos organizadores.

Ferretería Cortegoso realiza unha Xornada de Portas Abertas 26.05.2016

Ferretería Cortegoso e Millasur realiza mañá venres unha xornada de portas abertas en maquinaría forestal e de xardín na Macoca de 11 a 13h e de 16 a 18h. Ás 12h haberá unha charla sobre mantemento de maquinaria e ofertas especiais en máquinas e accesorios. Contounolo César González, que explicou que realizan estas xornadas polo dez anos que levan traballando xuntos estas dúas empresas.

Ent. Elías Vieiro, presidente do Tyde F.C. - Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold 26.05.2016

Falamos con Elías Vieiro, presidente do Tyde horas antes de que él e os 12 rapaces seleccionados do equipo suban ao avión que lles levará ao Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña).

Ent. Belén Sousa, tudense que participou na animación de Capitán América 26.05.2016

Unha das últimas superproduccións norteamericanas contou co traballo da tudense Belén Sousa. Experta en animación, participou no filme de Capitán América. Sousa explícanos cómo conseguiu formar parte do equipo.

Ent. Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño - Triatlón Tui-Porriño 26.05.2016

Esta fin de semana celébrase a cuarta edición do Triatlón Tui-Porriño. Con saída dende Tui, os participantes chegarán a O Porriño. Unha edición que este ano espera chegar ao límite máximo de 350 atletas. Contábanolo o concelleiro de deportes do Porriño, Manuel Carrera, que apuntaba ademais, a importancia das actividades deportivas para a mocidade.

Ent. Laureano Alonso - Campamentos de Verán e Triatlón Tui-Porriño 26.05.2016

O Concello de Tui abrirá o vindeiro mércores 1 de xuño o prazo de inscrición para os campamentos de verán. Nesta ocasión celebraranse dúas quendas a un prezo de 30€ cada unha. Tódolos requisitos e documentos necesarios pódense consultar na web do Concello, concellotui.org ou fisicamente na secretaría do mesmo.

Ent. Encarnación Sueiro, psicóloga - Xornada Educar para protexer 25.05.2016

Mañá ás 18h a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá a charla “Educación sexual e a educación en igualdade” a cargo de Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar “Nóvoa Santos” do SERGAS

Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio do Louro - Optimización das redutoras de Tui 25.05.2016

Dende o Consorcio de Augas do Louro informan de que continúan co axuste das redutoras de presión instaladas fai varias semanas. O Xefe de Servizo do Consorcio, Ramiro Gutiérrez pediu aos veciños que se poidan ver afectos que se poñan en contacto co servizo de asistencia a través do teléfono 900 810 103.

Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral - Pintadas na porta da Catedral de Tui 25.05.2016

Tras as pintadas que apareceron o domingo á tarde na porta da Catedral de Tui onte técnicos en restauración fixeron un primeiro análise dos danos, e parece que non será tan complicado a limpeza da porta. Así o explicaba o dean da Catedral, José Dieguez Diepa.

Ent. Briano Lago e Manuel Román - Can de Palleiro 24.05.2016

O grupo tomiñés Can de Palleiro que vén de presentar o seu primeiro disco de estudo. Así, co obxectivo de actualizar o son da música tradicional galega e divulgala dende unha nova perspectiva naceu Agharra a pata, conta con temas propios do grupo amais de cancións tradicionais que foron adaptadas aos novos tempos. Unha música feita para divertirse, en palabras dos membros do grupo.

Ent. Antonio Fernández Rocha, voceiro PP - Balance 1 anos dende as eleccións municipais 24.05.2016

O voceiro do PP na corporación municipal de Tui, Antonio Fernández Rocha, fixo balance do ano transcorrido dende as eleccións municipais e sinalaba que ata o de agora non ve froitos deste case ano de xestión do novo goberno. Sobre a modificación de créditos para a apertura da rúa Ourense, que se leva este xoves a pleno co proxecto que él fixera en 2011 actualizado, avanzaba que no futuro tentaran...

Ent. Juan Carlos Blanco, Pte. Acitui - Festa do Peregrino 24.05.2016

Acitui organiza este sábado a I Festa do Peregrino na que se venderán productos de artesanía e gastronomía local, amais de contar con actividades para os máis pequenos e a actuación do grupo de gaitas do Conservatorio de Tui. Comezará as 12 da mañá no parque a carón da Ponte Tripes en Tui.

Entr. Alberto Estévez Piña, cineasta tudense galardoado no Festival Internacional de Cine de Vigo 24.05.2016

O cineasta tudense Alberto Estevez Piña é, xunto con Rogelio Amigo, o director homenaxeado polo Festival Internacional de Cine de Vigo que se celebrará dende este xoves e até o domingo 29 de maio. Estevez Piña recibe así o recoñecemento polas súas obras documentais “Romería da morte”, unha reportaxe sobre a Romería de Santa Marta de Ribarteme, no Concello das Neves, e “Después del silencio”, docum...

Ent. Ramón Mtnez, Susi Pérez e Santi Rodríguez - Festa da Árbore e Xornadas de Portas Abertas do Randufe Futsal 23.05.2016

Este sábado celébrase, tras ter que adiarse en dúas ocasións pola choiva, a I festa da árbore organizada polas Comunidades de Montes de Randufe, Areas, Malvas e Pexegueiro. A cita será ao longo de todo o día na área recreativa de Chans en Randufe. Ramón Martínez Ramos, Susi Pérez déronos conta hoxe do previsto. Tamén falamos con Santi Rodríguez, novo adestrador do Randufe Futsal da xornada de port...

Ent. Rubén López, director do conservatorio de Tui 23.05.2016

A igrexa de San Domingos de Tui acollerá mañá martes ás oito da tarde un concerto organizado polo conservatorio de Tui. Na actuación interpretaranse pezas musicais de carácter barroco por parte do Conservatorio de Tui e mais da Escola da Música. Un concerto que Rubén López anunciou como punto de partida para a instauración dunha orquestra no municipio.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración un ano despois das eleccións municipais 23.05.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance esta mañá da xestión municipal do seu Goberno cando cúmprese un ano das eleccións municipais. O alcalde, quen quixo agradecer a labor do persoal do concello, anunciou a posta en marcha dos proxectos no que se estivo traballando durante este ano, entre os que salienta o remate da obra da rúa Ourense.

Ent. Mila González |Alfombras Corpus Tui 20.05.2016

Co gallo da celebración do Corpus o vindeiro 29 de maio, falamos coa catequista Mila González, quen chamou a participar na preparación e leaboración das alfombras florais co obxectivo de recuperar esta tradición en Tui.

Ent. Pablo Cabaleiro, xefe de servizo da Consellería de Medio Ambiente 20.05.2016

O pasado mércores a Consellería de Medio Ambiente levou a cabo a solta de 3.500 alevíns de salmónidos no río Miño, nunha traballo en colaboración coa Comandancia Naval do Miño e a Policía Marítima Portuguesa. A solta dos alevíns, criados en piscifactoría, ten como obxectivo a recuperación do salmón atlántico, unha especie cun alto grao de ameaza. Falamos con Pablo Cabaleiro, Xefe de Servizo da Con...

Ent. Marcos González, colaborador da organización - XV Romaría do Cabalo 20.05.2016

Esta fin de semana entre Ribadelouro, en Tui e Pontella no Porriño, no recinto da pista de aeromodelismo, celébrase a XV Romaría do Cabalo. Trátase do maior evento rural que se celebra en Galicia no mundo da equitación segundo explicou hoxe Marcos González, colaborador da organización que corre a cargo da Peña Cabalar Valle do Louro. Detallou o programa a celebrar e os espectáculos previstos para...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.