Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Tui acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus da Fundación Celta de Vigo 10.06.2016

As instalacións deportivas Álvarez Durán acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde F.C. Vai dirixido a rapazas e rapaces de 4 a 16 anos que teñen ata o 1 de xullo para facer a inscrición na web http://www.fundacioncelta.com/. O prezo é de 130€ e de 115 para os xogadores do Tyde F.C. Hoxe o concelleiro de Deportes, Laureano...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG Tui - Balance 1 ano de mandato 09.06.2016

Positivo é o balance que fai deste case ano de goberno a voceira do BNG e concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Recoñecía iso si a situación delicada o concello pola falla de persoal, pese ao que lograron sacar adiante temas que levaban anos pendentes. Sobre o funcionamento do goberno cuadripartito destacaba que teñen en común a idea do que ten que ser Tui.

Ent. Sara Fernández e María Luisa Mondolfi, curso de dramaterapia en Tui 09.06.2016

O teatro como ferramenta terapéutica e de cambio nas nosas actitudes. Esta é a proposta da UNED de Tui co curso de dramaterapia que se impartirá a próxima semana na cidade. Dirixido a profesionais do eido da educación, a saúde ou o traballo social, pero tamén a estudantes, a intérprete Sara Fernández e a pisóloga María Luisa Mondolfi impartirán este curso de 25 horas lectivas.

Ent. Laureano Alonso, voceiro Son de Tui - Balance 1 ano dende as eleccións 08.06.2016

Balance positivo dos 12 meses transcorrido dende as eleccións municipais é o que realiza o concelleiro de Son de Tui e membro do goberno cuadripartito, Laureano Alonso, a falla de obras pendentes que están a piques de comezar, co que o balance dicía sería moi positivo. Salientaba que o Concello de Tui é un exemplo de cómo catro grupos políticos poden convivir e xestionar un concello. Lamentaba por...

Ent. Rubén López, director do Conservatorio Profesional de Música de Tui 08.06.2016

Mañá ás 20:00 da tarde o Conservatorio Profesional de Música de Tui pechará o curso e o celebrará cun concerto no Teatro Municipal no que actuarán 28 nenos en nenas. Falamos con Rubén López, director do Conservatorio, quen tamén quixo facer balance do seu primeiro ano como director do centro.

Entr. Sandra González, alcaldesa de Tomiño. 08.06.2016

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu hoxe conta na Radio Municipal de Tui do Seminario “Cidade dos Nenos” celebrado a pasada semana en Granada e no que participou tomiño amais de 10 concellos da provincia e a Deputación de Pontevedra. Falou tamén dos investimentos en saneamento, da nova biblioteca municipal e mais do novo imposto que quere poñer en marcha o Concello.

Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Pleno orzamentos e expediente de recoñecemento de crédito 08.06.2016

O proxecto dos orzamentos de 2016 de Salceda foron rexeitados onte en pleno cos votos en contra do PP e do PSOE. O alcalde de Salceda, Marcos Besada, anuncia que en xunta local de goberno aprobarán mañá ás contas, e no pleno ordinario do 27 deste mes volverán levar o expediente de recoñecemento de créditos para realizar o pago a proveedores. O rexedor de Movemento Salceda foi moi crítico coa oposi...

Ent. José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño - Baixo Miño 07.06.2016

Este domingo celebrase en Tomiño o oitavo xantar solidario organizado por SOS Tomiño Baixo Miño. A cita busca agradecer o traballo dos preto de 60 voluntarios que dedican o seu tempo a asociación a vez que se pretende mercar alimentos cos ingresos da recadación. Explicábao esta mañá o presidente da entidade, José Quinteiro.

Ent. Jesús González, xerente de Utingal - Premio Idea Empresa 4.0 07.06.2016

A empresa Utingal, emprazada no Parque Empresarial de Areas, recibiu onte da Xunta de Galicia o premio Idea Empresa 4.0. O xerente de Utingal, Jesús González, explicaba este recoñecemento e en qué consiste o seu proxecto. Dende o pasado mes de setembro Utingal conta con novas instalacións nunha nave de 4 mil metros cadrados nas que traballan 60 persoas.

Entr. Rapaces de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui 06.06.2016

Os rapaces de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui nos explican o seu proxecto solidario: un libro de poesías que busca recadar fondos para a Asociación de Autismo Baixo Miño 1 máis. O libro estará a venda no colexio a un prezo de 9,95€.

Ent. Fernando Ferreira, presidente da Asociación de Pescadores do Miño 06.06.2016

Tras a reunión a semana pasada da Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que entre outros asuntos acordou reducir o prezo das licencias de pesca profesional preto dun 50%, o presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira, fixo balance dos acordos levados a cabo, que considerou positivos, pero lamentou que deban ser tomados por unanimidade e non por maioría, impedido así...

Ent. Enrique García, Comandante Naval do Miño 03.06.2016

Onte reuniuse a Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que é o seu máximo organismo de control e coordinación. O Comandante Naval do Miño, Enrique García, quixo facer fincapé nas boas relacións entre as autoridades a ámbalas beiras do Miño e explicou os acordos e decisión que se tomaron na reunión, entre as que se atopa a redución do custe das licencias de pesca profesional preto dun 50 po...

Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Balance 1 ano dende as eleccións municipais 03.06.2016

Proseguimos esta mañá coa rolda de conversas na que os voceiros dos grupos da corporación municipal fan balance do primeiro ano trancorrido dende as eleccións municipais. O voceiro de C21, Carlos Vázquez Padín, sinalaba que non están moi lonxe de terse arrependido de ter apoiao do goberno no pleno de investidura porque non houbo polo momento por parte do goberno unha mostra de man tendida cara ele...

Ent. Jesús Carrera - Reunión para crear unha AAVV do Conxunto Hº de Tui 03.06.2016

Os veciños do Conxunto Histórico de Tui están convocados a unha reunión o sábado 18 deste mes ás 19.30h na Sala Félix Rodríguez co obxectivo de crear unha asociación de veciños desta zona da cidade. Así nolo explicou Jesús Carreira, un dos veciños promotores da iniciativa.

Ent. Su Garrido e Margarida Mariño, Treme 03.06.2016

Treme dará este venres un concerto gratuito na Praza da Catedral de Tui. Falamos con Su Garrido e Margarida Mariño que nos deron conta das últimas novidades deste dúo musical.

Ent. Juan Carlos Blanco, Acitui e Iván Lorenzo, festa de San Xoán 02.06.2016

Finalmente este sábado celebrarase a I Festa do Peregrino de Tui, prevista inicialmente para a fin de semana pasada e adiada polo mal tempo. Deste xeito, na área de autocaravanas na rúa Martínez Padín, ao carón da Ponte Tripes, AciTui organizará esta festa na honra da figura do peregrino. Adiantamos tamén os actos para a festa de San Xoán.

Ent. Silvia Rodríguez, asociación cultural Senraia 02.06.2016

O panorama cultural da comarca vén de recibir un novo actor social. Este domingo presentase en sociedade a asociación Sen Raia no mercado de Tomiño. Nace sen sede física e disposta a colaborar a ámbalas dúas beiras do Miño na promoción cultural con tódolos axentes sociais.

Ent. José Carlos Saa, profesor e coordinador do postgrao en calidade da ESCE - Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidad 02.06.2016

Hoxe e mañá celébranse as I Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidade no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística de Valença. José Carlos Saa, profesor e coordinador do postgrao en calidade da ESCE, explicou cómo se van desenvolver estas xornadas, centradas hoxe na metroloxía e mañá na calidade con expertos internacionais.

Ent. José Manuel Sousa de APTUI - Balance 1 ano 02.06.2016

José Manuel Sousa, voceiro de APTUI, fixo balance hoxe do primeiro ano transcorrido dende as eleccións municipais, salientando que estes primeiros doce meses dan para comezar o traballo e plantexar temas para o mandato. Nese senso indicaba que neste goberno os pasos dados foron tímidos, e o xustificaba polo feito de ser un goberno cuadripartito. Lamentaba o mal estado de limpeza das parroquias, e...

Ent. Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense - Balance dun ano de mandato 01.06.2016

Inda que é partidario de facer balance no final dos 4 anos de mandato, xa que considera que 1 ano non é moito tempo Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense, facía destes 12 meses un balance positivo por cuestións que cambiaron sobre todo nas formas. Como concelleiro da Eurocidade sinalaba que no eido cultural e deportivo a colaboración é total, e se está ampliando a outros campos coma o turís...

Ent. José Martínez Tato | Andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza 01.06.2016

O Club deportivo Andatui Regodapedra organiza este domingo unha andaina polas Fragas e Levadas do Calvo e Deva, na Cañiza. A Andaina, que sae da área de Tui para visitar o que dende Andatui consideran como unha das rotas máis fermosas de Galicia, percorrerá unha distancia aproximada aos 15 quilómetros nun tempo estimado de catro horas. Explica a actividade o representante de Andatui, José Martínez...

Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula da UNED de Tui - Campamento de Inglés 31.05.2016

A aula da UNED de Tui organiza un Campamento de Inglés enTui que se vai celebrar do 27 de xuño ao 8 de xullo dirixido a nenos de 10 a 14 anos. Margarita Pino, coordinadora da Aula deunos conta dos detalles. Ten un prezo de 190 euros para os empadroados en Tui – ao estar subvencionado polo Concello – e de 240€ para os non empadroados na cidade. A inscrición pode facerse na Aula da UNED no antigo co...

Ent. Teresa Domínguez, dtora do CRA Mestra Clara Torres - Balance Xornadas Educar para Protexer 31.05.2016

Éxito das xornadas Educar para Protexer celebradas os últimos xoves de mes dende febreiro organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. A directora do CRA, Teresa Domínguez, salientou o éxito das mesma e a boa resposta por parte dos pais. Está xa traballando en novas xornadas para o próximo curso escolar, novos temas propostos polos propios pais, coma poden ser a...

Ent. Manuel Rosende, profesor IES Indalecio Pérez - Homenaxe Indalecio Pérez 31.05.2016

O Teatro Municipal de Tui acolle esta mañá unha homenaxe a Indalecio Pérez Tizón, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. A comunidade educativa do instituto no que foi profesor, e hoxe leva o seu nome, preparou distintos actos dos que daba conta o profesor Manuel Rosende. Nos mesmo participarán ex alumnos como o guitarrista Samuel Diz, que presenta o seu álbum, a directora da premiada curta...

Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Retómanse as labores de busca no Miño 31.05.2016

Retomáronse ás 9h as labores de búsqueda no Miño de David Fernández Suárez, coñecido como Michi, veciño de Salceda desaparecido o pasado venres. Por terra, auga e aire prosegue o operativo nesta xornada. Onte remataron a súa labor os mergulladores tras peinar unha milla en augas do Miño. Así o explicou o alcalde de Salceda, Marcos Besada., quen facía un chamamento a extremar as precaucións a aquel...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.