Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Aula Aberta Internacional de Saxofón Tui 2016 21.06.2016 16:46
A próxima semana, luns 27, martes 28 e mércores 29, celébrase a terceira Aula Aberta Internacional de Saxofón organizada polo Conservatorio de Tui no que participarán unha véntena de alumnos. Haberá dous concertos o primeiro de inauguración o luns ás 20.30h a cargo de David Brutti e Rafael Yebra na Sala Félix Rodríguez, e o segundo o mércores ás 20.30h na sala de audicións do Conservatorio a cargo...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Visitas guiadas e outros 21.06.2016 12:06
Coñecer máis polo muído o conxunto histórico de Tui será posible a partir de mañá coa visitas guiadas que por segundo ano consecutivo pon en marcha o Concello de Tui a través da concellería de Turismo. O seu responsable Laureano Alonso, explicou que serán polas mañás de luns a venres ás 12.30h, e os sábados, domingos e festivos ás 13h, coa ruta da xudería e polas tardes ás 20h para percorrer o Tui...
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festa da Lagosta e outros 20.06.2016 13:08
A Guarda celebrará na primeira fin de semana de xullo a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou que xa o ano pasado, e neste 2016 de novo mellorouse o programa para que esta sexa unha festa con maiúscula,. O menú que se propón é amplo, non só lagosta senón tamén outros produtos a prezos para todos os petos. Co alcalde guardés tamén falamos doutros temas...
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Punto limpo, praias, limpeza 20.06.2016 9:13
O punto limpo do Concello de Tui é só para uso de particulares e non de empresas. Así o explicou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Tui, José Martínez Tato. Deu conta tamén da limpeza das praias do Penedo en Caldelas, e de Areeiros en Guillarei, onde se instalarán baños nos próximos días. Tamén avanzou que a comezos de xullo procederán ao desbroce tanto das parroquias coma no casc...
Ent. Luis Corrales, xerente de EuroCKP |20º aniversario 17.06.2016 10:39
Este mediodía o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitaron as instalación da empresa de granito instalada en Tui EuroCKP co motivo do seu vinte aniversario. A compañía, especializada na transformación e comercialización de granito, celebra este aniversario cun crecemento do 50% en volume de negocio nos últimos anos até facturar 1...
Ent.Manuel Freiría, dtor tec. da Fed. Portuguesa de Piragüismo. - Copa Galega de Promoción de Slalom e o Cpo. Nacional P 17.06.2016 3:24
Esta fin de semana celébranse en augas do río, no Porto Deportivo de Tui, a Copa Galega de Promoción de Slalom e o Campionato Nacional Portugués de esperanzas de slalom de piragüismo organizados polo Club Tea e o Darque Kaiak. Haberá un centenar de participantes con idades entre os 6 e os 14 anos. Mañá sábado serán os adestramentos e o domingo a competición. Deunos todos os detalles Manuel Freiría...
Ent. David Morais, pte e adestrador do Judo Club Tudense - Clausura escolas deportivas de judo 17.06.2016 4:27
Mañá ás 11h no novo pavillón de Tui terá lugar a clausura das escolas deportivas de judo impartidas polo Judo Club Tudense en diferentes colexios tudenses reunindo a máis dun centenar de nenos. David Morais é o presidente e adestrador do club.
Ent. Alba Mª - Concerto do ciclo "Cantos de preto e de lonxe" 17.06.2016 2:18
Ás 21.30h na Sala Félix Rodríguez dentro do ciclo “Cantos de preto e de lonxe” promovido pola Deputación de Pontevedra concerto da cantautora Alba María. Estará acompañada por Felipe Villar na guitarra, Manuel Díaz no contrabaixo, e Carlos Freire na batería.
Cuarta visita das nenas e nenos da Galiña Azul de Tui 16.06.2016 3:23
Esta mañá visitounos o terceiro grupo de nenas e nenos da escola infantil Galiña Azul de Tui.
Terceira visita dos nenos e nenas da Galiña Azul de Tui 16.06.2016 3:44
Esta mañá visitounos o terceiro grupo de nenas e nenos da escola infantil Galiña Azul de Tui.
Ent. Tino Baz, cantautor guardés | Cantares do Brueiro 16.06.2016 9:41
Este venres 17 de xuño ás 21h, terá lugar na Casa dos Alonsos, na Praza do Reló, o Concerto presentación do Obradoiro de Canto “Cantares do Brueiro”. Esta é unha iniciativa que comezou a principios do mes de xaneiro de 2014 e na que un grupo de persoas realiza canto tradicional co obxectivo de dignificar a canción popular. Todo isto baixo a dirección do cantor e músico popular guardés Tino Baz.
Ent. Marisol Mendive a e Alejandra Escolante | Concerto órgano Catedral de Tui 16.06.2016 4:51
O sábado o organo da Catedral de Tui soará dende ás 12 do mediodía a cargo de Alejandra Escolante, quen ven de rematar o grao profesional ne órgano no Conservatorio de Ourense. O concerto, totalmente de balde, permitirá gozar da música da organista nun escenario único coma o da Catedral.
Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo | III Campionato Ibérico de Kung Fu 16.06.2016 8:52
O pavillón municipal de Tui acollerá este domingo a terceira edición do Campionato Ibérico de Kung Fu. A cita, comezará as 10:30 da mañá e participarán en torno a 340 deportistas de España e Portugal.
Ent. Juan Pablo Valverde, director do IES San Paio de Tui 15.06.2016 10:09
O IES San Paio reducirá a súa oferta formativa para evitar que os alumnos teñan que elixir obrigatoriamente relixión. Coa aplicación da LOMCE en Bacharelato comezan a xurdir os primeiros conflitos e problemas en torno á oferta formativa dos centros. No próximo curso, os alumnos de primeiro de bacharelato deberán elixir seis horas de materias específicas. Poden escoller entra unha oferta con materi...
Ent. Conchi Sales, Antón Corral e Manuel Méndez - Certame de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira 15.06.2016 17:31
Este fin de semana dobre cita musical en Tui. O sábado celebrarase o II concurso de gaita e tamboril organizado pola asociación cultural San Telmo. 10 parellas conformadas por gaiteiro e tamborilero loitarán a partir das 20:30 na praza de San Fernando por ser os que mellor interpreten algunha das 20 pezas diferentes que soarán. Xa o domingo terá lugar o día da muiñeira con oito grupos, cinco deles...
Visita de tres alumnos do Centro San Xerome Emiliani 14.06.2016 2:04
Hoxe recibimos a Borja, Miguel e Rosa, alumnos do Centro San Xerome Emiliani que veñen de entregar a revista "Aínda temos moito que andar"
Segunda visita dos nenos e nenas da Galiña Azul de Tui 14.06.2016 6:02
Hoxe visitounos un grupo de nenos e nenas da Galiña Azul de Tui cos que falamos... de todo un pouco. E con actuación musical incluída!
Ent. Sindo Bargiela, Clínic de baloncesto - Campus Joe Arlauckas-Tui. 14.06.2016 11:36
En dúas semanas celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui. O Clínic será impartido por cinco poñentes de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas entre os que destaca Zeljko Obradovic, o adestrador máis laureado na historia do baloncesto europeo, con o...
Ent. Xoán Lois Vila, Festival Internacional Costa dos Castros 14.06.2016 15:34
O Festival Internacional Costa dos Castros arranca este venres para levar o mellor da música Folk ao concello de Oia. A programación, dividirase en tres días nos que artistas consagrados, pero tamén bandas noveis internacionais e nacionais darán o mellor de si mesmos.
Visita dos nenos e nenas da Galiña Azul de Tui 14.06.2016 6:30
Hoxe visitounos un grupo de nenos e nenas da Galiña Azul de Tui cos que falamos... de todo un pouco. E con actuación musical incluída!
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance 1 ano de goberno 13.06.2016 27:28
Sensacións positivas e balance aceptable é o que fixo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do primeiro ano de goberno. Destacaba que co funcionamento do goberno e da corporación se está dando un exemplo de como se pode gobernar dende a pluralidade, polo que agradecía ao conxunto da corporación a súa colaboración.
Ent.Manuel González de CsT - Balance 1 dende as eleccións 10.06.2016 22:08
Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses, convidaba aos cidadáns a facer o balance dos doce meses transcorridos dende as eleccións, pero dicía que no seu parecer Tui segue estándo triste, e non cambiou nada, e criticaba a falla de limpeza e de desbroce. Salientaba que hai obras que se están executando, como a senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a ponte internacional, entre outras...
Ent. Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño e Julio Bernárdez, técnico deportivo 10.06.2016 10:56
Este domingo trinta e dous equipos disputarán o Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino. A cita, compartida entre Tui e O Porriño comezará o domingo e rematará o vindeiro 18. Tui albergará partidos este domingo 12, o luns 13 e o martes 14, ás 10.00, 12.00, 16.00 e 18.00 horas. Falamos con Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño, e Julio Bernárdez, técnico do concello da Lou...
Ent. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui- Thermalia - V Eurocidade 10 10.06.2016 3:33
Este domingo ás 11h sairá do Paseo da Corredoira a V Eurocidade 10 organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e Eurocidade Tui-Valença. Inscribíronse 420 atletas que completarán os 10 quilómetros de percorrido que os levaran ata Valença e de regreso ao Paseo da Corredoira. O presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, explicaba que está todo preparado para este domingo.
Ent. Ramón Martínez, pte. Comunidade Monte Randufe | Festa do Comuneiro 10.06.2016 7:02
Esta fin de semana celebrase a Romaría do comuneiro da Comunidade de Montes de Randufe. Será no Alto do Coello e ten como obxectivo a convivencia entre comuneiros. Ramón Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Randufe, daba conta esta mañá da festa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.