Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Iván Alonso e Diego Piña - Campións de Europa de Piragüismo de Maratón en k2 04.07.2016 11:08
Os tudenses Iván Alonso e Diego Piña proclamáronse onte Campións de Europa de Piragüismo en Maratón no k2 en Pontevedra. Hoxe falaron desta regata no programa Día a Día, e tamén das próximas citas competitivas que teñen en calendario. En setembro buscarán o título Mundial en Brandenburgo.
Aprobada de xeito definitivo a modificación da ordenanza de regulamento do tráfico no conxunto hº 01.07.2016 4:19
Onte en pleno foi aprobada de xeito definitivo a modificación da ordenanza de regulamento do tráfico no conxunto hº de Tui. O punto contou cos únicos votos a favor do equipo de goberno e a abstención dos grupos da oposición. Recollemos un fragmento das intervencións de Carmen Núñez, concelleira de Patrimmonio, Antonio Fernández Rocha do PP, Carlos Vázquez Padín de C21, Manuel González de CsT, José...
Ent. José Quinteiro e Pilar Álvarez de SOS Tomiño Baixo Miño - Inicio da actividade no Rosal 01.07.2016 14:29
O próximo luns SOS Tomiño-Baixo Miño comeza a súa actividade no Concello do Rosal. Atenderá os luns e xoves de 10.30h a 12.30h no Centro Social Polivalente.
Ent. Rosa Mª Fernández Covelo - II Feira Histórico Medieval de Salceda de Caselas 01.07.2016 4:13
Dende ás 17h en Salceda celébrase a II Feira Histórico Medieval, con cea medieval esta noite e diversas actividades ata o domingo segundo explicou Rosa Mª Fernández Covelo, da organización.
Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo - Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 30.06.2016 7:16
Todo está preparado na Guarda para celebrar dende mañá a XXVI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira segundo explicou a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes. Gastronomía, música, feira de artesanía, visitas guiadas, forma parte da oferta nunha completa fin de semana.
Ent. Xosé Manuel Malheiro e Antonio Vara - Diálogos en Educación 30.06.2016 11:40
Hoxe ás 20 horas comeza a segunda edición de “Diálogos en Educación” no Colexios dos xesuítas na Pasaxe, en Camposancos, na Guarda. Coordinados polo profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, da Universidade da Coruña, celebraranse os xoves ata o mes de setembro. Hoxe abre estas xornadas Antonio Vara Coomonte, profesor titular da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago que fal...
Ent. Montse Fajadro e Manuel Vázquez de la Cruz - Presentación do libro libro “Un cesto de mazás' 30.06.2016 20:00
Mañá ás 21.30h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica será presentado o libro “Un cesto de mazás. Memoria dás vítimas do 36 e do tempo que veu” da escritora e xornalista, Montse Fajardo. Nesta publicación recóllense 16 historias de representación durante a Guerra Civil e nos primeiros anos da ditadura. A propia Montse Fajardo falounos hoxe da súa obra. O acto está organizado por Levada Libre a...
Ent. Sandra González, pta GDR14 - Presentación candidatura final 29.06.2016 10:39
Mañá ás 22h na Praza do Seixo terá lugar o acto de presentación da candidatura final do Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14, que opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros do Porgrama LEADER Galicia 2014-2020. O acto consistirá nun concerto a cargo do grupo Weli Kings, E coma acto simbólico da finalización do proceso participativo o público asistente terá a misión de facer unha solta de farol...
Ent. Xosé Oliveira, director do grupo O Mosteiro - Concerto na Catedral 29.06.2016 6:01
O grupo O Mosteiro de Pexegueiro vai ofrecer este sábado ás 20h un concertó na Catedral de Tui no que farán repaso do repertorio deste ano do grupode gaitas, o grupo de pandereteiras e cantareiras e contarán tamén con convidados sorpresa. Para este concertó elixiron a Catedral de Tui pola súa sonoridade segundo explicou Xosé Oliveira, director do grupo.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Ordenanzas que se levan ao pleno ordinario de xuño 29.06.2016 9:13
A aprobación definitiva da modificación de Ordenanza sobre Regulación do Tráfico no conxunto histórico de Tui e a aprobación inicial da Ordenanza Xeral reguladora do funcionamento do servizo de Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal de Tui son dous dos asuntos que mañá serán tratados pola corporación muncipal de Tui en pleno. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con...
Ent. Eduardo Cadenas, presidente Asociación Amigos da Catedral -Concertos e 25 anos 28.06.2016 16:34
A Asociación Amigos da Catedral de Tui celebra neste 2016 25 anos de actividade. O seu presidente Eduardo Cadenas fixo balance deste cuarto de século deste colectivo. Amais deu conta dos próximos concertos que organiza. Mañá mesmo ás 20h no Claustro da Catedral actuarán Sanae Takimoto, violín; Manuel Vilas, arpa e Marina Hermida, viola.
Ent. Marina Cruces - A emoción dos Viños 27.06.2016 12:18
A Quinta de Santa Luzia en Valença acolle este sábado 2 e domingo 3 A Emoción dos Viños. Serán máis de 80 adegas e máis de 300 viños nun evento único e singular do que hoxe deunos todos os detalles Marina Cruces, organizadora.
Ent. Nieves Iglesias - Galega no Reino Unido 27.06.2016 14:23
Tralo referendo en Inglaterra onde se aprobou a saída da Unión Europea hoxe quixemos coñecer cómo están a vivir os galegos a situación polo momento de incertidume. A nosa compañeira Nieves Iglesias, que leva uns anos viviendo en Londres fíxonos unha crónica destas últimas horas.
Ent. Felicitas Iglesias da Asociación de Parkinson do Baixo Miño - Charla-coloquio “Coidando ao coidador” 27.06.2016 7:59
A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza para este mércores ás 18.30h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica a charla-coloquio “Coidando ao coidador” a cargo da psicóloga María Lens Villaverde. Da mesma falounos Felicitas Iglesias da Asociación de Parkinson do Baixo Miño.
Ent. Xosé Tomás, profesor e ilustrador - Curso de Banda Deseñada 27.06.2016 8:18
O pintor e ilustrador Xosé Tomás imparte hoxe e mañá pola tarde un curso de banda deseñada na libraría Iris de Tui. Será de 18 a 20h para maiores de 6 anos. O prezo é de 30€ por persoa
Ent. Marisa Giráldez, pta Club Bádminton Tui - Xornada de Portas Abertas 23.06.2016 7:26
O Club Badminton Tui realiza esta tarde unha xornada de portas abertas no IES San Paio en horario de 16.30h a 19h. Nese horario van xogar un torneo no que animan a participar a todos os que desexen probar este deporte. Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui deunos conta da actividade prevista para hoxe e da situación do club.
Ent. Manuel Castro, pte Com. Montes A Guarda - I Romaría Castrexa e I Ruta Cabalar 23.06.2016 5:19
O Monte Santa Trega acolle mañá venres a I Romaría Castrexa e I Ruta Cabalar organizada polas Comunidades de Montes de A Guarda, Camposancos e Salcidos. Será un amplo programa a celebrar no Monte Santa Trega do que daba conta hoxe Manuel Castro, presidente da Comunidade de Montes de A Guarda.
Ent. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores - I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio do Concello de Tui 23.06.2016 12:13
Este sábado comezan en Tui as I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio cun marcado carácter divulgativo, e que perseguen a posta en valor do patrimonio arqueolóxico tudense. Patxi Pérez e Nieves Veiga, directores da actividade deron conta dos obxectivos e do programa previsto con conferencias este sábado na Sala Félix Rodríguez, e escavacións na necrópole da igrexa de San Bartolomeu con visitas guia...
Ent. Eugenio Gonzalo Dávila - Novo director de Cáritas Tui-Vigo 22.06.2016 6:12
Hoxe conversamos con Eugenio Gonzalo Davila o novo director de Cáritas Tui-Vigo. Falounos das primeiras horas no cargo e dos obxectivos que plantexa.
Ent. Joaquín González Martínez - Gaiteiro homenaxeado pola Asociación San Telmo 22.06.2016 19:07
Ata os 15 anos non tivo a súa primeira gaita, pero xa dende os 8 anos construía os seus propios instrumentos "de oído". Nas festas parroquiais fixo a súa primeira actuación coma gaiteiro, e logo tocaría en moitas outras incluídas as de San Telmo, onde non faltaron as anécdotas. Joaquín González Martínez, de Pexegueiro, foi homenaxeado o pasado sábado no II Concurso de Gaita e Tamboril organizado p...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Continuidade da aula da UNED 21.06.2016 5:49
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalaba que para Tui a Aula da UNED é un servizo irrenunciable, e amosaba a súa preocupación pola normativa que a partir do 1 de xaneiro de 2017 impediría que concellos e diputacións sufraguen os seus gastos, o que poría en entredito a súa continuidade xa que na actualidade o funcionamento destas aulas universitarias corren a cargo dos concellos.
Ent. Margarita Pino, coordinadora da Aula da UNED de Tui - Continuidade da Aula 21.06.2016 2:43
O futuro das Aulas da UNED, entre elas a de Tui, está agora en entredito debido á Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local que a partir do 1 de xaneiro impediría que tanto concellos coma deputacións sufraguen estas aulas. A coordinadora da Aula da UNED de Tui, Margarita Pino, explicaba hoxe que confían que no seis meses que restan para a entrada desta medida haxa un acordo...
Ent. Iván Lorenzo | San Xoán "is back" en Tui 21.06.2016 5:36
Este xoves a celebración do San Xoán estenderase dende as 11 da mañá e até máis alá da media noite en Tui. As actividades programadas no San Xoán "is back", organizadas por Lorenzo’s Events en colaboración co Concello de Tui, ActiTui e a asociación Cóxegas, dividiranse nun programa diúrno e mais outro nocturno que comezará as 22:30 da noite co concerto dos tudenses de adopción Micalips e a obrigat...
Ent. Suso Carrera | Asociación Conxunto Histórico 21.06.2016 2:38
A futura asociación do Conxunto Histórico de Tui continúa progresando tras a reunión que case unha trintena de veciños mantiveron o pasado Sábado. Do encontro, decidiuse realizar uns estatutos para o 7 de xullo e convocar unha nova reunión o 14 de xullo ás 21:00 na que se votarán os estatutos e unha xunta directiva. Esta mañá deu conta dos próximos pasos a seguir un dos promotores da asociación, S...
Ent. María Reboreda, Centro Ser | Día Mundial do Ioga 21.06.2016 3:30
Hoxe, día mundial do ioga, o Centro Ser de Tui celébrao cunha xornada de portas abertas para que todos aqueles que queiran coñecer esta disciplina física e mental orixinada na India poidan facelo. A partir das 18:30, os interesados poden achegarse até o centro, sen necesidade de material e soamente con roupa cómoda, para coñecer as características do Ioga. Unhas características que explicounos pol...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.