Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Programación cultural O Son da Praza 19.07.2016

Este venres comeza en Tomiño a Programación Cultural Verán 2016 baixo o título de “O Son da Praza” a meirande parte dos espectáculo de cinema, música e outros terán lugar na remozada Praza do Seixo coma explicaba a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. TAmén contemplan para este verán visitas guiadas ao Monte Tetón, ás fortalezas e unha visita nocturna denominada "Ouro, estrelas e lobos" o 10 de a...

Ent. David Fletcher, tudense reporteiro do Tour de Francia con 14 anos 18.07.2016

Con 14 anos é o reporteiro sensación do Tour de Francia. David Fletcher rompe tódolos récords e crea tal expectación que até protagoniza as páxinas de diarios deportivo como o francés L’equipe. A súa prematura carreira xornalística centra os micrófonos de reporteiros de todas partes do mundo.

Ent. Ángeles Pazos, responsable de prensa CTG - Doazón de Sangue 18.07.2016

Hoxe e mañá esta en Tui a unidade móbil de doazón de sangue na Praza de Galicia en horario de 10 a 14h e de 16 a 21h. O ano pasado acadouse unha media de 62 doazóns por cada 1.000 habitantes. Así nolo contou Ángeles Pazos, responsable de prensa do Centro de Transfusións de Galicia.

Ent. Jaime de las Heras, capitán da Garda Real - Camiño de Santiago 18.07.2016

Por terceiro ano, un grupo de membros da Garda Real dedica parte do período estival a facer o Camiño de Santiago. En total, 250 persoas, na súa maioría militares, atópanse este días facendo a peregrinaxe até Santiago de Compostela. Hoxe fixeron parada en Tui, onde permanecerán dous días, tras comezar onte en Valença. Falamos con Jaime de las Heras, capitán da Garda Real.

Ent. Pepe Solla, cociñeiro galego estrela Michelín no PortAmérica 15.07.2016

Pero PortAmérica non soamente é musica, hai tamén unha escola de talentos e os denominados Rockcooking nos que máis de 18 chefs internacionais e 8 estrelas Michelín cociñarán os seus mellores pratos que os festivaleiros poderán probar a 3€ por tapa. Un espectáculo á vista e ao padal que estará comandado polo prestixioso cociñeiro galego Pepe Solla.

Ent. Charo Tabales - Concelleira de Cultura do Rosal - Feira do Viño 15.07.2016

Hoxe comeza a vixésimo cuarta Feira do Viño do Rosal que será inaugurada oficialmente as 20.00 desta tarde. A partir dese momento os visitantes poderán visitar os diferentes stands para degustar o viño e as tapas do Rosal. Explicao Charo Tabales, concelleira de cultura do municipio.

Ent. Teresa Pérez - Concelleira de Cultura de Salceda - Festas do Cristo 15.07.2016

Salceda pecha hoxe a programación cultural do verán cunha actividade de danza levada a cabo por nais embarazada que terá lugar as 22:00 na praza do Concello e que dará paso as 22:30 ao II Festival Solidario da Canción que ten como obxectivo recadar alimentos non perecedoiros para as familias que o precisan. Con estas actividades, pechase o programa de verán pero ábrese a continuación a programació...

A programación cultural para os cativos en Tui, protagonista esta fin de semana 15.07.2016

Esta tarde Tui inaugura a programación cultural de verán co aceno posto nos máis cativos da casa. Ás 18:00 horas da tarde a Biblioteca Municipal situada no edificio da Área Panorámica acollerá o espectáculo “Os Bolechas van ás Olimpíadas”. Os rapaces e rapazas asistentes deberán axudar aos seis irmáns Bolechas a superaren unha serie de probas para lograr o seu pase a Río 2016. Explicábao esta mañá...

Ent. Mª José González, concelleira de Ensino e Cultura - Programación Cultural 14.07.2016

Cinema, música, teatro, deporte, festivais,...forman parte da oferta do Concello de Tui para este verán. A concelleira de Cultura, María José González, explicou que se trata dunha proposta para todos públicos e variada. Comeza mañá mesmo con dobre proposta: Os Bolechas e cinema ao aire libre.

Ent. Miguel Somoza - “A educación e as emocións nos procesos de socialización política” 14.07.2016

Esta tarde no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda terá lugar a charla – coloquio “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”. Tratarase a importancia da formación política nos colexios españois durante os últimos anos do franquismo e os primeiros da democracia. O faladoiro será dirixido por Miguel Somoza, profesor da Universidade de Educación a Distancia.

Ent. Eduardo Cadenas, pte Asoc. Amigos da Catedral - Concerto Orquestra de Cámara Lira 14.07.2016

ÁS 20h na Catedral de Tui a orquestra de Cámara Lira ofrecerá o concerto \"As sete palabras de Cristo na Cruz\" de Haydn. Este evento forma parte do XXII Ciclo Ibérico de Música Sacra que organiza a Asociación Amigos da Catedral de Tui. Eduardo Cadenas, o seu presidente, falounos do concerto e doutras iniciativas - unha exposición e un libro - nas que están a traballar.

Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 13.07.2016

Este sábado, 16 de xullo, celébrase a festividade da Virxe do Carme, patroa dos homes do mar e da Armada. A Comandancia Naval do Miño vaino celebrar cunha misa ás 18h na Catedral oficiada polo bispo da diocese Monseñor Luís Quinteiro Fiuza seguida dunha procesión polo centro da cidade, na que a imaxe será portada por deportistas vinculados ao río, ata embarcar no Cabo Fradera e iniciar a procesión...

Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Peonalización, pepcha, e outros 12.07.2016

O próximo mes de agosto poderíase implementar de forma paulatina a peonalización do conxunto histórico de Tui unha vez se complete a revisión dos de 200 expedientes administrativos dos cidadáns que solicitaron o acceso ao conxunto histórico. Así o explicaba na nosa sintonía a concelleira de Patrimonio do Concello de Tui, Carmen Núñez. Por outra parte con respecto ao conxunto histórico en agosto ce...

Ent. Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio da Guarda - Centro de Interpretación das Fortalezas 11.07.2016

O sistema transfronteirizo defensivo do Miño é recollido no Centro de Interpretación que onte abriu as súas portas no Castelo da Santa Cruz da Guarda. Paneis informativos e audiovisuais achéganos á información do que foi o sistema de fortalezas unha e outra beira do Miño. Así nolo explicou o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Javier Crespo, quen tamén nos deu conta das visitas guiadas ao Monte S...

Ent. Fran Pernas coordinador campaña - A campaña Vivamos coma galegos chega a Tui 11.07.2016

O tráiler da exposición Vivamos como Galegos! Estará hoxe no Paseo da Corredoira de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. O vehículo, que este ano ten dous andares, está de xira por toda Galicia propoñendo actividades aos veciños e visitantes de cada lugar. Contoúnolo Fran Pernas, coodinador da campaña.

Ent. Suso Vila, historiador | Visitas guiadas de balde en Tui 11.07.2016

As visitas guiadas e de balde no casco histórico de Tui que comezaron o pasado mes de xuño continúan a desenvolverse con gran éxito de acollida, tanto entre os turistas como entre os propios tudenses, que buscan coñecer a historia da súa cidade, segundo apuntaba esta mañá o historiador a cargo das visitas, Suso Vila.

Ent. Joe Arlauckas, Sindo Bargiela e Luci Pascua - Campus Joe Arlauckas 08.07.2016

Tras unha intensa semana de actividades e adestramentos mañá remata, con balance positivo, o cuarto Campus Joe Arlauckas de baloncesto. O seu director, Joe Arlauckas, e Sindo Bargiela valoraron hoxe esta edición no programa Día a Día. Estiveron acompañados por Luci Pascua, que comparte experencias cos 70 participantes no Campus, días antes de viaxar a Río para participar nos Xogos Olímpicos coa Se...

Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Andaina Nocturna 08.07.2016

O sábado 16 de xullo ás 22h sairá da igrexa matriz de Fontoura en Valença a andaina nocturna polo Trilho do Monte Carvalho que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Serán 10 quilómetros de percorrido e hai que levar lanterna. O prezo é de 5€ para adultos e 3€ para menores de 12. A inscrición pode facerse en caminhadas.andainas@gmail.com ou en clubandatui@gmail.co...

Ent. Xosé Lois Foxo - Presentación da 7ª edición de Os Segredos da Gaita 08.07.2016

En 1983 edítabase o libro "Os Segredos da Gaita" de Xosé Lois Foxo do que onte se presentou a sétima edición cun marcado carácter didáctico xa dende os seus inicios. Elixiuse a Catedral porque tanto o templo coma a cidade son un referente na historia da gaita. O seu autor falounos desta considerada "biblia da gaita" hoxe en Día a Día.

Ent. David Vila, pte ADETO - IV Festa das Asociación de Tomiño 08.07.2016

Co Entroido de Verán hoxe arranca en Tomiño a IV Festa das Asociacións organizada por ADETO. Na fin de semana haberá feira de oportunidades, artesanía, exposicións, actividades infantís...nun amplo programa que hoxe detallou o presidente de ADETO, David Vila.

Ent. Pablo Álvarez, pte ACOR - Paquete Turístico coincidindo coa Feira do Viño 08.07.2016

A Asociación de Comerciantes do Rosal, ACOR, oferta coincidindo coa XXIV Feira do Viño do Rosal un paquete turístico que inclúe 2 noites de aloxamento, ruta guiada aos muíños do Folón e do Picón, a unha adega, xantar e a visita a propia Feira do Viño. O prezo é de 132€/persoa, e gratis os menores de 11 anos. Contounolo o presidente de ACOR, Pablo Álvarez.

Ent. Mariña Rivas, xerente de relacións externas de Mercadona en Galicia - Apertura Mercadona en Tui 07.07.2016

Ás 9h desta mañá abriu as súas portas en Areas, Tui, unha nova superficie comercial, un Mercadona, que conta con 1.700 metros cadrados de sala de ventas e 202 prazas de aparcamento. No mesmo investíronse 2,6 millóns de Euros. Neste novo supermercado traballan 35 persoas, das que 30 teñen contrato fixo. Trátase da tenda número 54 en Galicia de Mercadona como explicaba Mariña Rivas, xerente de relac...

Ent. Juanjo España e Brais Acevedo - Cursos de Vela no río Miño en Tui 06.07.2016

A próxima semana comezan en augas do río Miño en Tui cursos de iniciación á vela organizado polo Club de Vela Tui, Animatui e AlAgua. Juanjo España e Brais Acevedo explicaron que van dirixidos a nenos de 7 a 14 anos, serán tres días cun máximo de 5 nenos por curso. Os interesados poden acadar máis información no 667 486 633.

Ent. Nieves Veiga e Patxi Pérez - Balance positivo da I Xornada Arqueolóxicas e do Patrimonio Concello de Tui 05.07.2016

Balance positivo da I Xornada Arqueolóxicas e do Patrimonio Concello de Tui celebradas a pasada pasada. Así o explicaron hoxe os seus directores os arqueólogos Nieves Veiga e Patxi Pérez tanto pola acollida coma polos resultados iniciais das intervencións arqueolóxicas. Tamén nos explicaron os resultados das intervencións realizadas. Nieves Veiga deu conta dos achádegos nas catas realizadas no ext...

Ent. Mª José González, concelleira de Educación - Comedor CEIP nº2 05.07.2016

O CEIP nº2 de Tui contará o próximo curso escolar cun comedor máis amplo no edificio anexo ao centro que ata o de agora ocupaba a sede do CRA Mestra Clara Torres. A Deputación concedeu ao Concello Tui 104.697,06 € para o acondicionamento deste inmoble. Así o explicou a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, María José González, quen sinalou que debido á tramitación administrativa é posible que no...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.