Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Fernando Cabaleiro - Desfile Solidario 04.08.2016

Mañá venres, ás 23h no exterior do Café Central celébrase un desfile solidario en favor da asociación APAMP organizado por La Tortoise que presentará a nova temporada primavera-verán. A entrada ao desfile é libre, pero para recadar fondos porán á venda rifas ao prezo de 2€ para entrar no sorteo de distintos agasallos entre eles un vestido deseñado por Jorge Vázquez.

Samuel Diz, Irene Gómez e Huemac Escalona -Música no Claustro Xoves 04.08.2016

Unha búsqueda do tesouro, unha conferencia sobre a grana cochinilla, e un concerto de viola de gamba son as tres propostas para hoxe dentro de Música no Claustro. Samuel Diz director do festival deu conta do exitoso inicio de onte. Viu acompañado por Huemac Escalona Lüttig que impartirá a conferencia ás 18.30h e por Irene Gómez que presentará en concerto ás 21.30h o seu traballo "Cantos de serea".

Ent. Samuel Diz, Moisés Quintas e Belén Bermejo - Música no Claustro 03.08.2016

Cinco concertos, conferencias e obradoiros de artesanía permitirán a fusión entre música, patrimonio e creación interdisciplinar dende hoxe e ata o domingo no XII Música no Claustro que se vai celebrar na Catedral de Tui. O arranque desta edición de 2016 terá lugar ás 21.30h na capela das reliquias da Catedral coa homenaxe amor e vida pola música a Moisés Quintas Suárez. A continuación Pres de Cam...

Ent. José Luis Ceia | Descontos nas peaxes das autoestradas lusas 03.08.2016

Os empresarios, políticos e sociedade civil do norte de Portugal atópanse sorprendidos e desgustados pola decisión do Goberno de Portugal de excluír ao norte do país dos descontos do 15% nas peaxes aprobados noutras vías, nomeadamente na entrada ao Algarve. O presidente do Consello Empresarial dos Vales do Limo e Miño, Ceval, José Luis Ceia, asegura que non entende a decisión cando o norte de Port...

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - II Ruta Histórica As 4 Porta de Tui 01.08.2016

Ata este mércores, 3 de agosto, ás doce da noite, está aberto o prazo de inscrición para a II Ruta Histórica "As catro portas de Tui do século XVII" organizada polo club AndaTui dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. A andaina celebrarase este sábado, 6 de agosto, ás 22h con saída dende o palco da música na Corredoira e chegada en Santo Domingo. Incluirá a actuación da Asociación...

Ent. Miguel Capón e Mª José González de Alternativa Tudense 01.08.2016

Alternativa Tudense non está a promover nin vai presentar unha moción de censura en Tui. Así quixeron deixalo claro esta mañá os seus concelleiros na corporación e membros do equipo de goberno municipal, Miguel Capón Rey, e María José González. Lembraban que xa hai un ano ao inicio do mandato o PP ofreceulles a alcaldía e o rexeitaron. Si recoñeceron que membros do partido están a participar nas r...

Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultura - Xogos Florais 29.07.2016

Todo preparado no Concello para a conmemoración esta tarde do 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia. ÁS 19.30h comezará no salón de sesións o programa previsto coa intervención do presidenta da RAG e do alcalde de Tui. A actuación das irmás Sara e Raquel Areal ao violín, e a proxección de imaxes antigas de Tui completará o programa neste primeiro escenario. Logo traslado da actividade ata a...

Ent. Francisco López e Ramón Corral da Banda de Gaitas de Guillarei - Xogos Florais 29.07.2016

A Banda de Gaitas de Guillarei ofrecerá fará hoxe un pasarrúas dende a casa do concello ata a praza de Frómista dentro dos actos conmemorativos do 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia. Logo xa na praza ofrecerán un concerto no que non faltará o himno do Antigo Reino de Galicia. Francisco López, presidente da Asoc. Lembranzas da Terra, e Ramón Corral, profesor de percusión, explicaron o bo...

Ent. Victor Prieto - Acordeonista galego afincado en Nova York 29.07.2016

O arquivo de Valença será o escenario do concerto de acordeón en trío do acordeonista afincado en Nova York, Victor Prieto quen ademais presenta o seu novo disco The three voices.

Ent. Sara e Raquel Areal Martínez - Actuación no acto dos Xogos Florais 29.07.2016

As irmás Sara e Raquel Areal Martínez intepreterán esta tarde ao violín "Negra Sombra" e "Emigrantes Celtas de Manuel Quiroga" no acto conmemorativo do 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia no concello de Tui. Aproveitamos hoxe para falar con elas e coñecer os seus plans concertísticos deste verán.

Ent. Alumnos do IKFEM Eurocidade 29.07.2016

Facemos repaso cos alumnos que pasaron durante estes cinco días polo Ikfem en Tui e Valença. Roque, Aida, Carlos e David son 4 dos 25 alumnos de entre 40 a 16 anos que pasaron polo festival.

Ent. Carlos Estévez - Sen Amarras, I Campionato Galego Integrador de Slalom 28.07.2016

Este sábado celébrase a segunda proba do I Campionato Galego de Slálom Integrador que comezou o pasado 18 de xuño en Tui. Será no porto da Guarda este sábado entre as 12:00 e 19:00 horas. Explicábao esta mañá o voceiro de Sen Amarras, Carlos Estevez.

Ent. Daniel Pereira - Concerto no IKFEM 28.07.2016

Unha viaxe musical á Arxentina é a que nos propón esta tarde, ás 19.30h na Igrexa de San Domingos, o pianista Daniel Pereira. Co gallo do centenario do nacemento de Alberto Ginastera Daniel Pereira ofrecerá unha charla concerto achegándonos á obra e vida deste compositor que fusionou a música folclórica arxentina coa música cultura.

Ent. Juan de la Rubia - Concerto de órgano no IKFEM 28.07.2016

Ás 22h na Catedral de Tui poderemos disfrutar dun concerto único de órgano dentro do IKFEM. Así o explicaba Juan de la Rubia, organista de La Sagrada Familia de Barcelona, quen interpertará obras de BACH e improvisacións suxeridas polo público.

Ent. Andrea González e Vanesa Rodríguez - Obradoiro de Ioga no IKFEM 27.07.2016

ÁS 19.30h haberá un obradoiro de Ioga dentro da programación do IKFEM a cargo de Vanesa Rodríguez. Será ao aire libre a carón da Pousada de San Teotonio en Valença, aberto para quen desexe participar. Do mesmo falounos hoxe Vanesa Rodríguez, que estivo no noso estudo xunto a Andrea González, directora do festival, quen fixo un balance positivo destes primeiros días.

Ent.Iván Alonso Lage, padeeiro - Desafío Brandeburgo 27.07.2016

O padeeiro tudense Iván Alonso Lage competirá o próximo mes de setembro no Campionato do Mundo de Maratón. Por este motivo un ano máis lanza unha campaña de apoio co lema "Desafío Brandeburgo". Coa venda de pulseira con emoticonos que reflicten os distintos estado de ánimo dos deportistas busca fondos para sufragar parte da temporada deportiva.

Ent. Mª José González e Laureano Alonso, concelleiros de Tui - Celebración aniversario Xogos Florais 26.07.2016

O 24 de xuño de 1891 celébraronse en Tui os primeiros Xogos Florais de Galicia dos que este ano se cumpriron 125 anos. O Concello de Tui para conmemorar esta efeméride organizou un acto para este venres á tarde no que colabora a Real Academia Galega. As concellerías de Patrimonio, Cultura e Turismo, organizaron un programa para lembrar esta data e a súa importancia coma explicou o concelleiro de T...

Ent. Pablo González e Alfonso González - XVII Noite Internacional do Miño 26.07.2016

Ás nove e media desta noite comezará no Parque do Laxal en Rebordáns, en Tui, a XVII Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins coa colaboración do Concello de Tui. Esta edición ten un acento marcadamente Suramericano, con grupos de Colombia, Costa Rica e Bolivia aínda que tamén de Hawai e África do Sur. Cinco grupos que a través do seu folclore xerarán un espect...

Ent. Maurizio Moretti, profesor e concertista - IKFEM 26.07.2016

Ás dez da noite na Igrexa de San Domingos ofrecerá un recital de piano Maurizio Moretti dentro do IKFEM. Maurizio Moretti é tamén un dos profesores das masterclases que teñen lugar ao longo do festival. Destacaba estas clases coma unha oportunidade formativa para os alumnos. No concerto desta na Igrexa de San Domingos ofrecerá un repertorio romántico.

Ent. Miriam Perandones - Charla sobre Granados no IKFEM 26.07.2016

Hoxe é a segunda xornada do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla. A programación comezará ás 19.30h no Auditorio do Seminario Menor de Tui coa charla “Granados”. Correrá a cargo de Miriam Perandones quen disertará sobre “Enrique Granados al teclado: piano, órgano y ¿clave? en su repertorio”

Ent. Andrea González, Ibonne Riveiro e Rubén López - IKFEM 22.07.2016

O próximo luns 25 de xullo comeza o IKFEM que ao longo de 6 días oferta concertos, obradoiros, charlas e clases maxistrais cos instrumentos de tecla coma protagonistas. A súa directora Andrea González falounos desta ampla oferta que se desenvolverá na Eurocidade Tui-Valença ata o sábado 30. Viu acompañada por Ibonne Riveiro da Academia da Música da Fortaleza de Valença e de Rubén López, director d...

Ent. Antonio Martín e Laureano Alonso - I Campus de Fúbtol Sala Antonio Martín 22.07.2016

Dende o pasado luns 28 e ata o venres 29 deste mes un total de 28 nenos están a participar no I Campus de Fúbtol Sala Antonio Martín que se está a celebrar no pavillón do IES San Paio. Compañeirismo, respecto e amizade son os tres piares desta actividade segundo hoxe explicou o exxogador profesional de fútbol Sala, Antonio Martín. Viu acompañado do concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alons...

Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Programación Cultural e Festas do Pilar 21.07.2016

O Concello do Rosal prepárase para celebrar con distintos eventos as festas patronais na honra á Virxe do Pilar que teñen coma lugar central a Praza do Calvario. Os actos comezan hoxe cunha tarde de xogos, mañá haberá cine e o sábado baile e música. O domingo destaca o concerto de Roi Casal e o luns día gran o concerto da Agrupación Musical do Rosal e o Encontro dos Pobos. Así o explicou a concell...

Ent. Fran Núñez de Limiar Teatro -A Lingua na boca 21.07.2016

A praza de San Fernando acolle ás 21.30h o espectáculo "A Lingua na boca" da man de Limiar Teatro dentro da programación do Ano Castelao. Brais Iriarte e Fran Núñez serán os encargados de achegarnos de xeito divertido e cómico á vida de obra de Castelao.

Ent. Aurelio Rguez e Joaquín Valverde de Arume de Malvas - III Concerto Arume de Malvas 21.07.2016

O torreiro de festas de Malvas acolle este sábado, 23 de xullo, ás 20.30h o III Concerto Arume de Malvas coa participación da Banda de Gaitas Arume de Malvas, o Rancho Folclórico Alvorge Ansiao de Portugal e o grupo 6TÁS9 de Valença. O evento está organizado pola Asociación Arume de Malvas da que Aurelio Rodríguez é o presidente e Joaquín Valverde o vicepresidente. Ambos déronos conta de todos os...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.