Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. María Rey | Corresponsal parlamentaria de Antena 3 19.08.2016

María Rey danos conta das súas valoracións ante a situación política que estamos a vivir.

Ent. Adolfo Besada | XXV Festival de Banda de Tui 19.08.2016

Este sábado, 20 de agosto, o Festival de Bandas de Música celebra o seu XXV aniversario. A cita será as 22:00 horas na Praza de San Fernando onde a Banda de Música Popular de Tui será a anfitrioa deste concerto que, nesta edición, conta coa presenza da Banda de Música de Catoira. Un festival que nesta edición combina música máis clásica con outra de corte máis moderno segundo explicaba o director...

Ent. Helena Mansinho e Ana Belén Bernardez |Gala benéfica Protectora de Animais de Tui 19.08.2016

Este sábado terá lugar na alameda de San Domingos, en Tui, unha gala benéfica co gallo de recadar fondos para a protectora de animais de Tui. A cita será a partir das 18:30 da tarde e a entrada-doazón ten un custe de 3€, e, para menores de 12 anos 2€. Ademáis de música haberá tamén postos de bebida e comida con opción vegana.

Ent. Alberto Vázquez | I Road Fest Gass or Grass Tomiño 18.08.2016

Esta fin de semana por primeira vez en Tomiño celebrase o Road Fest Gas sor Grass. O festival terá dous escenarios principais, na zona centro de Tomiño e tamén no centro cultural de Estás.

Ent. Olmo Amoedo - Educador ambiental no Monte Aloia 17.08.2016

En Tui, temos o orgullo de contar co primeiro parque natural creado en Galicia e exemplo de boa xestión e conservación. O Aloia foi xa en 1935 declarado sitio de interese natural e Parque Natural en decembro de 1978, soamente hai seis mais en toda Galicia. O Aloia non da as costas a Tui e aos seus habitantes, senón que foi berce dos propios asentamentos humanos. Conta xa con asentamentos paleolíti...

Ent. Antonio Campo, José Roda e Lano Ayala | III Xuntanza Luso-Galaica 17.08.2016

Este domingo as dúas beiras do Miño estarán, se é posible, aínda máis próximas coa III Xuntanza Luso – Galaica que este ano se celebra en Baldráns. Unha festa que naceu co espírito de fraternidade pero tamén de recuperar os tradicionais festexos baseados na música tradicional e na gastronomía.

Ent. Xosé Vilar |Roteiro aos petróglifos de Portaxes e Real Seco en Tomiño 17.08.2016

Hoxe, dentro do programa “Tomiño único” que se puxo en marcha fai un mes cun alto nivel de participación, poderanse visitar os petroglifos de Portaxes e Real Seco. Será a segunda parte das Noites do Monte Tetón. A saída está prevista ás 20.30 horas dende a Casa da Cultura. Guiará a ruta o investigador Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.

Ent. Uxio Otero Urtaza |Diálogos de Educación na Guarda 17.08.2016

Tras o parón dos pasados días por mor das Festas do Monte, esta semana volven as charlas de “Diálogos en Educación” ao concello da Guarda. O sexto dos faladoiros celebrarase mañá, ás 20 horas, no patio do colexio dos Xesuítas en Camposancos. O Catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Uxio Otero Urtaza, falará de “Experiencias de vida, educación e voc...

Ent. Nave Tierra 12.08.2016

Hoxe contamos con música en directo no programa da man do grupo musical Nave Tierra que estes días actúa pola zona

Manuel Pedrares do Kaiak Tudense - Festa do Miño 12.08.2016

Mañá o programa da Festa do Miño comezará ás 12h na ribeira de Caldelas coa V Romaría Popular. Dende ás 11h haberá autobuses dende a antiga alfándega para os participantes coma explicou Manuel Pedrares da organización do Kaiak Tudense. Dende aí ás 16h sairá o Descenso Popular. Ás 18.30h será a quenda do Descenso Internacional do Miño dende Salvaterra, a carón da ponte internacional no que particip...

Ent. José Monte - vereador de Valença - Festas Valença 12.08.2016

Esta fin de semana Valença tamén celebra as suas festas que comezaron onte chegarán até o vindeiro luns día 15. O concello de Valença busca con estas festas mesturar os actos relixiosos a Nosa Señora do Faro cos laicos para ofrecer unha ampla oferta para tódolos gustos segundo indicou o vereador de Cultura de Valença, José Montes.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festas do Monte 12.08.2016

A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte, recoñecidas de Interese Turístico Galego. Dende o Concello da Guarda, tal e coma avanzaba o alcalde, Antonio Lomba, traballarán para lograr tamén a declaración a nivel nacional. O rexedor guardés convidou a achegarse esta fin de semana á Guarda.

Ent. Frank Casañas, olímpico - Participa en lanzamento de disco 12.08.2016

Frank Casañas, tudense, participa a primeira hora desta tarde nos Xogos Olímicos de Río en lanzamento de disco. Onte, no día previo a súa competición falabamos con el das sensacións ante a que é a súa quinta cita olímpica.

Ent. Ramón Fontán e Cristian Lago - II Carreira de San Bartolomé 11.08.2016

Ata o próximo mércores, 17 de agosto, está aberto o prazo de inscrición para a II Carreria de San Bartolomé que se celebra o sábado 20. Serán 3.300 metros para as categorías superiores. Ramón Fontán e Cristian Lago, organizadores da proba, déronnos hoxe todos os detalles.

Uxío Martínez - Club Tideo - International Waterline 2016 Tui-Valença 11.08.2016

De xeito paralelo a Festa do Miño o club Tideo organiza durante este sábado un espectáculo de Waterline, ou equilibrismo sobre as auga. O campión mundial desta disciplina, Alejandro Gimeno, buscará cruzar os 314 metros que separan as dúas beiras do Miño soamente subido sobre unha corda de 4 centímetros de ancho. A cinta estará situada na vella ponte internacional.

Ent. María José González - VI Festa do Miño 11.08.2016

O río Miño é o gran protagonista da festa que este sábado se celebra en Tui e na que se agardan miles de persoas ao longo da xornada. Deporte, gastronomía, música son só tres dos ingredientes da Festa do Miño que cumpre a súa sexta edición.

Ent. Jorge Mendes - Pte. Cámara Municipal Valença - Incendios en Portugal 10.08.2016

Na tarde de onte catro mil douscentos bombeiros traballaban na extinción dos máis de 155 incendios que consumían o monte portugués. As altas temperaturas, superiores aos 30 grados e a falta de chuvias están a ser os ingredientes perfectos para a tormenta de lumes que vive o país luso.

Ent. Óscar Carrera - Participación nos Xogos Olímpicos de Río 10.08.2016

Hoxe marcha cara Río o tudense Óscar Carrera que participará nos Xogos Olímpicos formando parte do k4 español que competirá sobre a distancia de 1000 metros. Ilusionado afronta a súa participación nesta destacada cita deportiva, así nolo contouno na Radio Municipal de Tui.

Ent. Juana Mª Parada - Xerente de ORPAGU 10.08.2016

O palangreiro “Alemar Primeiro”, pertencente a Organización de Palangreros Guardeses, ORPAGU, continúa retido en Santo Tomé despois de ser levado a terra polas autoridades locais. Segundo confirmou a xerente de ORPAGU, Juana Mª Parada, o barco conta con tódalas autorizacións pertinentes e esperan que poida saír para Galicia no día de hoxe.

Ent. Xoán Carlos Montes - Alcalde de Mondariz - #IFQueimadelosMondariz 09.08.2016

Está xa desactivada a lerta 2 no incendio de Mondariz que arestora, segundo informa Medio Rural, atópase xa estabilizado. O Lume iniciouse na parroquia de Queimadelos en torno as 22:15 da noite de onte e por mor da súa virulencia obrigou a cortar un tramo da N-120 entre Mondariz e Ponteareas e a decretar a alerta 2.

Ent. Manuel Castro - Festas do Monte da Guarda 08.08.2016

Hoxe arrancan oficialmente as Festas do Monte da Guarda que inaugura hoxe a semana grande até o vindeiro luns día 15. As 20:00 terá lugar o pregón a cargo dos vocalistas da orquesta Olympus. Unhas festas que buscan continuar o traballo feito ao longo dos anos.

Ent. Julio Domínguez e Eduardo Cadenas - Curso Tamara Brooks 08.08.2016

Tras finalizar o IKFEM a finais de Xullo e o Música no Claustro onte domingo, chega agora a quenda para o Curso de Verán “Tamara Brooks” a Tui que regresa á cidade este sábado. Un curso de canto, técnica vocal e coro, pero que tamén quere facer fincapé na súa vocación instrumental a vez que se busca divulgar e democratizar esta práctica. Explicábao esta mañá o director de Camerata Ad Libitum, Juli...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Camiño de Santiago, Centro de Saúde, ... 08.08.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou hoxe na nosa sintonía cales son os dous temas que máis lle preocupan coma rexedor nestes momento: o baixo nivel de ingresos do Concello de Tui e a situación de abandono do conxunto histórico . Amais deu conta doutros temas coma a apertura do novo centro de saúde, a situación do Camiño de Santiago, ou a apertura da rúa Ourense.

Ent. Samuel Diz, Nicola Tanaskovic e Noiserv - Música no Claustro 05.08.2016

Música no Claustro afronta os tres últimos días de festival con novas propostas musicais. Hoxe será a quenda de Nikola Tanaskovic ás 21.30h e mañá á mesma hora actuará Noiserv. Con eles dous falamos esta mañá dos seus concertos, acompañados por Samuel Diz. O festival prosegue ata o domingo.

Ent. José Fernando, pte da Comunidade de Montes de Camposancos - Pradeira de 100 mil metros cadrados 04.08.2016

A Comunidade Montes de Camposancos na Guarda proxecta facer unha parcela de 100 mil metros cadrados no Monte Trega, na zona de Chans, na que inicialmente plantarían herba e despois árbores autóctonas co obxectivo de crear un arboreto e se co tempo é posible un xardín botánico. Así o explicou o presidente da comunidade de montes José Fernando Martínez. O custe para a comunidade será mínimo xa que s...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.