Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Juan Carlos Coello e Manuel Rodríguez, pte e vicepte - Presentación do CF Guillarei 02.09.2016 10:03
Mañá sábado, 3 de setembro, ás 17.30h no campo da Gándara en Guillarei terá lugar a presentación do CF Guillarei para a temporada 20016/2017. Media hora despois xogarase o encontro CF Guillarei - Tebra CF. O Club de Fútbol Guillarei volverá á competición esta temporada 2016/17 tras tres anos de ausencia de actividade. A nova directiva está encabezada por Juan Carlos Coello coma presidente é o seu...
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Festa dos Callos 02.09.2016 8:51
Salceda de Caselas celebra este domingo a súa Festa dos Callos na que a ración - 20 mil son as que se porán á venda - terá un prezo de 8€. O programa previo comeza mañá sábado con distintas actividades. O alcalde de Salceda explicaba que con esta festa se busca tamén pór en valor o sector agroalimentario.
Ent. Paula García | Survival Zombie 01.09.2016 7:36
Sabemos que esta fin de semana Tui viaxará 1000 anos ao pasado, pero ademais, na noite do sábado os zombies do Medievo invadirán a cidade. Dende as 23:00 da noite até as 8 da mañá o Survival Zombie especial medieval traerá aos mortos viventes nunha actividade que se enmarca no Festival Arraianos. Unha xincana que combina medo e diversión á luz da lúa como nos explicaba a directora do evento, Paula...
Ent. Ángel Fdez, Alba Mtnez e Vanesa Rguez - Semana Cultural Xuntanza 01.09.2016 11:31
Deportes, gastronomía, música, teatro… son parte das propostas da Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Xuntanza que comezou o pasado domingo e se prolongará ata o próximo martes día 6. Da mesma faláronnos hoxe o presidente de Xuntanza, Ángel Fernández Alfaya, xunto a Alba Martínez, tesoureira, e Vanesa Rodríguez, vocal. A semana comezou o pasado domingo coa celebración da trixésima...
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Incendio no asteleiro J. Castro, desaparecido e outros 01.09.2016 5:18
Susto onte á tarde na Guarda co incendio que se rexistrou no exterior do asteleiro J. Castro na Pasaxe en Camposancos. Así o relataba o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen tamén se referiu as tarefas de busca que proseguen do home desaparecido o domingo en punta Bazar. Por outra parte o rexedor guardés daba conta dos bos datos turísticos do verán.
Ent. Juanjo España - 6ª Travesía a Nado 31.08.2016 7:38
Este sábado a sexta travesía a nado contará con dúas probas, unha popular e outra para federados. A primeira dela percorrerá namentres que a segunda serán 2.000. Danos conta das dúas probas o organizador esta travesía a nado, Juanjo España.
Ent. Emilio Alonso - Andaina Nocturna Santa Compaña de Rebordáns 31.08.2016 10:42
Na noite deste venres a asociación de veciños de A Lavandeira de Rebordáns organiza a Andaina Nocturna da Santa Compaña. Terá un percorrido de 5 quilómetros de dificultade baixa. A saída será a partir das 22:00 do Parque de Montiño de Rebordáns.
Ent. Ángel Sánchez e Fran García - Reunión AAVV de Riomuíños 31.08.2016 8:03
A Asociación de Veciños de Riomuíños solicitou esta mañá no Concello unha reunión urxente cos responsables municipais para que lles expliquen e aclaren algunhas dúbidas que teñen sobre a medida tomada de establecer o sentido único de circulación dende a ponte sobre o Tripes ata a rúa Martínez Padín, sendo dirección prohibida o acceso dende esta rúa. Así o acordaron onte a trintena de veciños que s...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Apertura rúa Ourense, Xulgados, Centro de saúde, Bispo Salvado 31.08.2016 7:52
Os trámites para a apertura da rúa Ourense, a situación dos Xulgados de Tui, a apertura do novo centro de saúde, ou a situación do tráfico en Riomuíños foron algúns dos temas abordados esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Ent. Andrea Costa - Festival Arraianos en Tui 30.08.2016 17:32
Na ciencia non sempre sae todo ao dereito. E en Tui este venres unha científica vai cometer un erro de magnitudes descoñecidas que levara a unha fenda no espazo – tempo que transportará a núcleo histórico da cidade mil anos atrás, á Idade Media.
Ent. Ges A Guarda - Tarefas de busca desaparecido en punta Bazar 30.08.2016 1:27
A primeira hora desta mañá retomáronse na Guarda as labores de busca do veciño de Vigo desaparecido o domingo en punta Bazar na costa entre A Guarda e Oia. Contáronolo dende o GES da Guarda que participa neste operativo.
Retómase a busca do vigués desaparecido na costa da Guarda 29.08.2016 2:22
Onte ás 20:00 comezou a busca dun vigués desaparecido na costa da Guarda. A busca do home, de 62 anos, comezou onte despois de que este caira concretamente dende unha zona rochosa preto dun faro situado entre A Guarda e Oia. David Docampo, membro do GES da Guarda, certifica que a busca do desaparecido é complicada ao producirse ademais nun punto onde a oleaxe dificulta a tarefa. Zona na que xa se...
Ent. Roi Casal - Son galego, son cubano 26.08.2016 13:11
Este sábado o músico galego Roi Casal chega a Tomiño co seu novo disco son galego, son cubano que trata a relación entre Galicia e Cuba por mor da inmigración. Disco no que participou o escritor e ilustra das letras galegas, Xosé Neira Vilas, que finou o pasado mes de novembro. Así nos contaba como xurdiu o proxecto precisamente Roi Casal.
Ent. Luis Núñez | Festas da Virxe da Rocha 2016 26.08.2016 5:29
Esta fin de semana chegan as festas da Virxe da Rocha a Caldelas. Comezarán as 9 da mañá co pasarruas do grupo de gaitas de Caldelas e prolongaranse até o martes.
Ent. Luis Bará - Palestra sobre a memoria histórica en Tui 26.08.2016 5:52
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas, Luís Bará, participa na charla coloquio sobre a memoria histórica organizada baixo o título ‘A mocidade non esquece’, no que tamén estarán Alberte Mera, Marga Romero e Afonso Cáccamo.
Ent. Xoán R. Carnero 'Perico' - Presentación libro Conflitos bélicos na Raia do Baixo Miño 25.08.2016 12:36
Esta noite presentase no Centro Social de Estás, en Tomiño, o libro “Conflitos bélicos na Raia do Baixo Miño. 1640-1668”, de Xoán R. Carnero Fernández “Perico”. Un libro que trata a Guerra da Independencia ou da Restauración e que comezou a xestarse cando Perico aínda era un neno.
Ent. Miguel Capón | Concelleiro de Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comercio 24.08.2016 7:18
Falamos co concelleiro de Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comerci, Miguel Capón, sobre a ordenanza municipal de ornato público.
Ent. Arturo Grandal | Festa do Viño do Condado do Tea 24.08.2016 9:00
Esta fin de semana celébrase con viño coa Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra. Tras 57 anos, esta festa de interese turístico galego, arranca oficialmente este venres.
Ent. Veciños de Riomuiños - Cambios en Bispo Salvado 24.08.2016 15:14
Se onte escoitabamos a valoración do concelleiro de Seguridade do concello de Tui, Ramón Magán, co gallo da reunión que mantivera cos veciños de Riomuiños tralo cambio de sentido na circulación na rúa Bispo Salvado, hoxe recollemos as valoracións precisamente dalgúns dos veciños do barrio.
Ent. Montserrat Magallanes - Programa DepoEmprende en Tui 24.08.2016 9:22
Os mozos e mozas da comarca terán a oportunidade de participar nunhas xornadas de emprendemento xuvenil que buscan servir de apoio para novos proxectos na provincia dentro do programa DepoEmprende. Explica o proxecto a deputada provincial de emprego, Montserrat Magallanes.
Mañá mércores celébrase a Feira Cabalar de San Bartolomeu 23.08.2016 13:47
Mañá mércores San Bartolomé celebra a súa tradicional feira cabalar. Unha feira que en palabras dun dos seus organizadores, Marcos González, é unha das maiores de toda Galicia e a que máis cabalos de montura suma. Esta edición contará como novidade cunha zona onde os cabalos se poden exhibir e unha zona segura onde os asistentes poden contemplar todo sen correr ningún risco segundo explicaba Gonzá...
Ent. José M. Caballero - Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos 23.08.2016 3:43
O vindeiro venres 2 de setembro a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos viaxará a Asturias para participar no XI Festival Internacional da Gaita de Villaviciosa. Un festival de renome internacional que incluirá máis de 20 actuacións musicais ademais de mercados tradicionais e demostracións de “luthiers”. A banda tudense será a única representante de Galicia acompañada doutro oito bandas asturianas e...
Ent. José Martínez Tato - Concurso de pintado das pontes de entrada a Tui 23.08.2016 8:05
O Concello de Tui vén de por en marcha un concurso de pintado das tres pontes das estradas que veñen de Vigo, Gondomar e A Guarda. Con esta iniciativa búscase mellorar a imaxe da entrada á cidade á vez que se promocionan elementos naturais e arquitectónicos de Tui. O concurso está aberto a tódolos residentes en España e pódese participar de forma individual ou en grupos cun máximo de catro compoñe...
Ent. Mino Álvarez | Semana Cultural de Estás 22.08.2016 6:00
Onte arrancou a decimo oitava semana cultural de Estás que até o venres levará diferentes actividades de ocio e cultura ao Centro Social da parroquia tomiñesa. Unha semana que combina teatro, música e literatura. Danos conta de todas as actividades Mino Álvarez.
Ent. José Carlos Balea |Banco de Tapóns do Baixo Miño 22.08.2016 9:40
O Banco de Tapóns do Baixo Miño tras uns meses de renovación e inestabilidade conta xa cunha nova directiva que poña en marcha as iniciativas solidarias que ven protagonizando esta entidade. Nos últimos meses produciuse a dimisión de dúas xuntas directivas até a chegada da liderada por José Carlos Balea, o novo presidente do Banco de Tapóns do Baixo Miño.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.