Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. César Pérez Ares - Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia 13.09.2016 11:01
O xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia fai un balance positivo do inicio do curso no que non se rexistraron anomalías significativas. César Pérez salientou esta mañá que o Baixo Miño mantén o número de alumnos con respecto a cursos pasados e aínda que rexistra unha baixada en educación infantil, esta é menor que no resto da provincia onde é mais brusca.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Luís Martínez, director do CEIP de Rebordáns 12.09.2016 1:35
No CEIP de Rebordáns reparouse o tellado coa substitución de tellas e canalóns, pero queda por facer o arraxo dos falsos teitos, das gradas do pavillón e dun muro traseiro. Segundo o seu director Luís Martínez a matricula subiu lixeiramente sobre todo en infantil con 2 unidades.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Teresa Domínguez, dtora do CRA 12.09.2016 2:13
O CRA Mestra Clara Torres, cambiará este ano a súa sede cara a que era ata o de agora aula de Ponte Internacional nas Bornetas que pecha este curso xunto a unha das de Caldelas. Están arestora pendentes das obras de acondicionamento para realizar o traslado, segundo a súa directora Teresa Domínguez
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Xulia Fernández, directora CEIP Caldelas 12.09.2016 1:13
En Caldelas a matrícula baixou lixeiramente con respecto ao curso 2015/16. Coma obras pendentes a súa directora Xulia Fernández, explicou que queda o pintado do colexio e o cambio do chan do pavillón.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Liliana González, directora do CEIP de Guillarei 12.09.2016 1:27
Liliana González, directora do CEIP de Guillarei. Comentaba coma anécdota deste inicio do curso unha pequena inundación debido a un grillo que quedou aberto no exterior do centro. Teñen pendentes traballos para solucionar humidades en Infantil. O número de alumnos mantense estable con respecto a o pasado curso.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Manuel Ángel Fálquez director CEIP Pazos de Reis 12.09.2016 1:27
O CEIP de Pazos de Reis mantén neste cursos unha ratio de 15 alumnos por aula. Entre as principais novidades deste cursos está a incorporación de 6 novos profesores. Manuel Ángel Fálquez, o seu director explicou amais que agardan neste curso o anuncio oficial da construcción dun novo centro.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Ricardo Alonso, director CEIP Randufe 12.09.2016 1:31
No primeiro trimestre deste curso agardan no CEIP de Randufe que se execute unha obra pendente no patio do centro logo de ter reparado unha aula, realizar tarefas de limpeza e preparar unha horta no verán. Así o explicou o director do colexio Ricardo Alonso, quen deu conta que este curso teñen 185 alumnos
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Luís Ruíz, director do CEIP nº2 12.09.2016 3:41
432 alumnos ten neste novo curso o CEIP nº2. Aínda que teñen unha aula menos de Primaria contan cunha máis de Infantil segundo explicou o seu director Luís Ruíz. Destacou as obras feitas nos últimos meses pero pendentes teñen o cambio das fiestras e adecuar a antiga casa do conserxe que ocupaba nos últimos anos a sede do CRA para o comedor escolar ante a gran demanda deste servizo.
Especial Volta ás Aulas 2016/17 - Nuria Garabal, directora CEIP nº1 12.09.2016 0:56
Nuria Garabal, que se estrea coma directora do CEIP nº1, salientou que durante as vacacións escolares pintáronse 4 aulas e reformouse o corredor do centro. A matrícula mantense nos 211 alumnos
Ent. Mª José González, concelleira de Ensino de Tui - Comezo do curso 09.09.2016 7:59
O próximo luns o alumnado de Infantil e Primaria, 1613 alumnos, comezará o curso escolar 2016/2017. As vacacións estivais foron aproveitadas polo Concello para obras de mantemento das que deu conta Mª José González, concelleira de Ensino, quen sinalaba a antigüidade de todos os centros escolares.
Luis López Pimentel - I Raid Cabalar Concello de Tui 09.09.2016 8:19
Equigalia organiza o I Raid Concello de Tui. Trátase dunha disciplina hípica de resistencia cabalar a través do monte. Terá lugar este sábado.
Ent. Francisco López, Manuel Méndez e Adriana Correa- Setembro Cultural de Guillarei 09.09.2016 10:33
A Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei prosegue hoxe coa súa programaciuón cultural previa ás festas na honra á Virxe das Dores. Esta noite a partir das 21h na Casa Cultural actuará o grupo de cordas Luar do Miño de Valença. Media hora despois será a quenda da Escola de Danza Paula Cobián e ás 22h o monologuista Ramón Cuamá Mañá a partir das 22h, no recinto de festas, celebran o II...
Colaboración de distintas administracións no operativo posto en marcha tras o sinistro ferroviario desta mañá no Porriño 09.09.2016 8:15
Colaboración de distintas administracións no operativo posto en marcha tras o sinistro ferroviario desta mañá no Porriño. Así o explicou o alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Confirmados 4 falecidos no accidente ferroviario do Porriño 09.09.2016 9:44
Catro falecidos e 41 feridos leves e 7 menos graves é o balanzo do accidente ferroviario rexistrado esta mañá no Porriño. No tren ían 61 pasaxeiros, o interventor e o maquinista, este último é un dos falecidos. Así o confirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Accidente ferroviario no Porriño con ao menos 3 mortos 09.09.2016 4:46
Tres mortos e varios feridos é o balance polo momento do accidente ferroviario rexistrado esta mañá no Porriño no tren que facía a liña Vigo-Porto. O noso compañeiro Ángel Vila cóntanos a situación dende as inmediacións da Estación do Tren. Restriccións no tráfico na vila do Louro para facilitar os labores dos servizos de emerxencia.
Ent. Sandra González, alcaldesa, e Daniel Pino, urbanista - Festas do Alivio 08.09.2016 26:17
O Concello de Tomiño homenaxeará este domingo no Acto Cívico do Alivio ao seu veciño e urbanista Daniel Pino que conta cunha ampla traxectoria profesional coma arquitecto e con numerosos premios no seu haber. Hoxe acompañounos xunto coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, no programa Día a Día.
Ent. María Jesús Bendaña - Curso "Mocidade Creativa" 08.09.2016 13:21
O Espazo Xove de Tui acollerá a finais deste mes setembro a actividade “Mocidade creativa: imaxina o teu futuro, crea o teu presente”. Vai dirixida a mozos de 16 a 35 anos. Celebrarase o 21, 23, 28 e 30 de setembro de 17 a 20h no propio Espazo Xove. María Jesús Bendaña explicounos hoxe en qué consiste esta proposta. As persoas interesadas poden inscribirse no Espazo Xovena rúa Sanz de Tui no 886 1...
Ent. David Morais e Marina Cruces - Judo Club Tudense 07.09.2016 10:50
O Judo Club Tudense inicia esta semana a nova temporada. A segunda tras a súa función hai un ano. O seu presidente, David Morais, fixo hoxe balance positivo do primeiro ano que no tiveron 148 licencias en todo o municipio. A temporada comézana no Centro Interfederado de Tui e este ano tamén con escolas en Salceda dende o próximo martes Por outra parte cinco deportistas do Judo Club Tudense competi...
Ent. Felicita Iglesias - Actividades da Asoc. de Parkinson do Baixo Miño 07.09.2016 12:24
A Asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza tres actividades para esta nova temporada que comezarán nas próximas semana. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 deste mes no 664 751 463 ou no 690 006 266 segundo nos explicou Felicita Iglesias, membro da asociación. A primeira actividade en comenzar será “Estimulación cognitiva” o 19. Ao día seguinte iniciarase con carácter gratuíto, a acti...
Ent. Laureno Alonso, Marcos Sánchez, Gabriel Pereira - Datos Turismo e O Churrasquiño 07.09.2016 20:56
O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, amosou a súa satisfacción polo bos datos turísticos do mes de agosto na cidade con 16 mil persoas que demandaron información na oficina de turismo e no punto de información turística. Deu conta amais coma responsable de Deportes da actividades previstas este venres no parque do Penedo e no entorno do Centro Interfederado dentro de "O Churrasquiño"...
Ent. José Juan Costado | Concurso de patrullas da Brilat 06.09.2016 8:58
Mañá mércores sairá de Tui o Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat no que van participar 130 militares pertencentes ao exército español e ás forzas armadas de Bélxica, Reino Unido, Francia e Portugal.
Ent. Javier González - Minho Reggae 02.09.2016 3:41
Hoxe venres e sábado chega a 7ª edición do Minho Reggae Splash en Goián. Este ano o recinto de concertos estará situado a poucos metros do espazo Fortaleza, ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso e aparcadoiro para facilitar ao máximo esta cita festivaleira. O prezo completo para acceder a tódolos concertos, obradoiros e acampada é de 25 euros ma compra anticipada e 29 no mesmo día d...
Ent. Arturo Rodríguez "Indomable" 02.09.2016 3:16
A Asociación Cultural Betún, no conxunto hº de Tui, acolle mañá sábado ás 22.30h un concerto de Arturo Rodríguez “Indomable” presentanado o seu primeiro disco chamado "Incondicional e imperfecto". A entrada é de balde.
Ent. Silvia Rodríguez, pte Asoc. Cultural Sen Raia - Programación setembro 02.09.2016 4:54
A Asociación Cultural SenRaia inicia hoxe a súa programación cultural para este mes de setembro. Ás 21.30h no Centro Goianés inaugurarán a exposición de fotografía Macro de Marcos Rodríguez e logo haberá un concerto de Jazz de Pablo Seoane e José Manuel Díaz.
Ent. Lara Soto - Festival de poesía do Condado 02.09.2016 6:29
Hoxe e mañá celébrase en Salvaterra de Miño o Festival da Poesía do Condado que este ano celebra amais o centenario das Irmandades de Fala. Exposicións, concertos, poesía, espectáculos forman parte do programa do que hoxe nos falou Lara Soto.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.