Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Valoración resultados Eleccións Galegas - Eva Solla, nº3 por Pontevedra de En Marea 26.09.2016

Eva Solla, nº3 por Pontevedra de En Marea, valorou hoxe os resultados acadados polo seu partido nas Eleccións Galegas celebradas onte domingo.

Valoración resultados Eleccións Galegas - Moisés Rodríguez do PP 26.09.2016

Moisés Rodríguez, candidato do PP polo Baixo Miño, valorou hoxe os resultados acadados polo Partido Popular nas Eleccións Galegas celebradas onte domingo.

Especial Eleccións Galegas - Moisés Rodríguez, candidato do Baixo Miño polo PP 23.09.2016

Hoxe remata a Campaña Electoral para as eleccións galegas deste domingo, e hoxe pechamos a rolda cos candidatos da comarca coa conversa que mantivemos con Moisés Rodríguez do PP. Para a comarca salientou coma prioridade rematar a VAP Tui-A Guarda co acceso ao parque empresarial de Areas.

Ent. Eva Gª de la Torrre, alcaldesa de Porriño - Festas do Cristo 23.09.2016

O Porriño celebra esta fin de semana os días grandes das festas do Cristo. Uxía será a encargada da lectura do pregón esta noite, e a música e o deporte serán protagonistas de boa parte da programación. A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, convidouno na nosa sintonía a achegarse á vila do Louro.

Ent. Conchi Sales e Aldredo Pasos - Exposición traxes tradicionais antigos e boleardos 22.09.2016

O cárcere vello en Tui acollerá esta fin de semana unha exposición de traxes tradicionais antigos tanto de Galicia coma do Norte de Portugal. Está organizada pola Asociación San Telmo quen no seu afán por recuperar costumes e tradicións presentará tamén os "boleardos", unha sobremesa típica que había en Tui. Así nolo contaron Conchi Sales,presidenta da Asoc, San Telmo, e Alfredo Pasos, da Tahona M...

Ent. Roberto Paramos e Luís Fernández - II Torneo de Xadrez da Eurocidade 22.09.2016

O sábado, volve un evento único en Europa coma é o Torneo de Xadrez da Eurocidade que, organizado polos clubs Xadrez Tui e Xadrez Infortui xunto ao Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, beneficiase do seu carácter internacional.

Ent. Abelardo Doval - Outlet Tui inaugura a "Planta Cero" con 15 marcas de prestixio 22.09.2016

A oferta comercial en Tui crece a partir deste venres coa inauguración da denominada “Planta Cero” do Outlet de Tui no que 15 marcas de prestixio que compartirán 1.200 metros cadrados nun novo formato comercial importado directamente dende Estados Unidos. Un proxecto que dende a dirección do centro, Abelardo Doval, define polo seu "valor innovador".

Especial Eleccións Galegas - Yolanda Rguez, candidata do Baixo Miño do PSdG-PSOE 22.09.2016

Proseguindo coa rolda de conversas cos candidatos da comarca ás eleccións galegas deste domingo hoxe acompañounos Yolanda Rodríguez, que representa ao Baixo Miño na lista do PSdG-PSOE. Coma principais problemas da comarca sinalaba os derivados da reforma da Lei das Administracións Locais. Fixaba amais coma prioritario a mellora da comunicación por estrada centrada na VAP Tui-A Guarda.

Ent. Manuel Fernández e a María José Fernández | As Penizas Folk 21.09.2016

Este venres e sábado chega o V Festival As Penizas Folk. O festival comeza ás 20:00 horas coa apertura da mostra de artesanía con 15 artesáns. Como novidade, unha hora máis tarde varios grupos musicais ofrecerán un repertorio de hora e media. A xornada finalizará coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma co seu espectáculo. Danos conta da programación Manuel Fernández.

Especial Eleccións Galegas - Eva Solla nº3 por Pontevedra de En Marea 21.09.2016

Dentro da rolda de conversas cos candidatos ás eleccións galegas deste domingo hoxe falamos con Eva Solla nº3 por Pontevedra de En Marea. Para a nosa zona sinalou coma principais problemas a situación do sistema sanitario e do mercado laboral.

Especial Eleccións Galegas - Xosé Manuel Méndez, candidato do BNG 20.09.2016

Este domingo, 25 de setembro, celébranse eleccións ao parlamento de Galicia. Abrimos rolda de conversas cos candidatos da comarca. Xosé Manuel Méndez, do BNG, explicou que hai catro puntos fundamentais para a comarca: unha ambulancia medicalizada para a comarca, solucionar que os médicos teñan que marchar coas urxencias e construír o colector xeral de Tomiño e rematar o vial Tui-A Guarda, cando me...

Ent. Abel Vila e Juan Carlos Blanco|Desfile de moda Acitui 20.09.2016

Tras ser adiado en varias ocasións, finalmente o desfile de moda organizado por ACITUI celebrarase este sábado a partir das 22:00 horas. Será na sala de exposicións do edifico da Área Panorámica. Un desfile no que participan 19 casas comerciais de Tui e no que ademais haberá actuacións musicais en directo.

Ent. José Martínez Tato e Marina Carvalho |Andainas Saudables 20.09.2016

Aínda está aberto o prazo de inscrición para a andaina polo Camiño Portugués de Paredes de Coura a Tui. Organizada pola Eurocidade, Andatui e Celtas do Minho, dívidese en duas xornadas, este sábado e domingo. A primeira xornada sairá da Piscina de Valença ás 9 hora española e rematará en torno á unha do mediodía. Escoitamos a José Martínez Tato e Marina Carvalho.

Ent. Juan Carlos Rodríguez, pte AFAGA - Día Mundial do Alzheimer 20.09.2016

Mañá, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer que AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Galicia, celebra baixo o lema "Marcándolle o paso ao Alzhéimer". O presidente deste colectivo Juan Carlos Rodríguez, explicou cales son as reivindicación que plantexan nesta data, pero tamén deu conta das actividades que desenvolven na antiga Escola de Chans con estimulación para enferm...

Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Emprego - Restricción da Xunta en Políticas de Emprego e formación 19.09.2016

A denegación de accións en materia de formación e emprego por parte da Xunta de Galicia ou a falta dunha contestación as solicitudes, o que impediría a súa execución no prazo marcado, é valorada negativamente polo concelleiro de Persoal do Concello de Tui, José Ramón Magán. Cita coma exemplos a denegación da subvención para a contratación dun Orientador Laboral, a denegación do Plan Intergral de E...

Tui e Soto del Barco (Asturias) buscan a irmandade 19.09.2016

A Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui e a Asociación Garabuxada van solicitar aos concellos de Tui e Soto del Barco a irmandade oficial de ámbalas dúas localidades que, segundo explicaba o secretario de Garabuxada, Fernando González, ambos os dous concellos comparten lazos relixiosos ao ser o patrón San Telmo e tamén gastronómicos.

Ent. Víctor Coyote, Fofi Dorado e Alejandro Lorenzo - Música e gastronomía na praza de Fromista 16.09.2016

A praza de Fromista, no conxunto histórico de Tui, acolle mañá ás 22h a Víctor Coyote en concerto. O evento está organizado pola Asociación Cultural Betún coa colaboración da concellería de cultura de Tui e Estrella Galicia. A entrada é de balde. Víctor Coyote estará acompañado de Ricardo Moreno, no que interpretarán sobre todo os temas do último disco De Pueblo e de Río. Xa dende ás 20.30h haberá...

Ent. Marisa Giráldez, Club Bádminton Tui - Comezo da temporada 16.09.2016

Esta tarde comezan os adestramentos do Club Bádminton Tui no pavillón do IES San Paio. Serán os martes e venres de 16 a 18.30h. Este ano ampliarán horario, pendente de fixar as clases, no ximnasio do CEIP nº2. Así nolo explicou Marisa Giráldez presidenta do club, quen tamén deu conta que están a difundir estes días o deporte nos centros escolares.

Ent. Santi Rodríguez do Randufe Futsal - Torneo e presentación de equipos 16.09.2016

Mañá ás 18h no pavillón de Randufe terá lugar a presentación dos equipos cadete e senior do Randufe Fútsal, que nesta temporada aposta por traballar a base e incorpora o equipo senior grazas a colaboración co Baixo Miño Futsal. Explicouno Santi Rodríguez, adestrador do equipo.

Ent. Elena Espinosa, xefa de estudos - Inicio do curso na Escola Oficial de Idiomas na sección de Tui 16.09.2016

Inglés, portugués e francés son os tres idiomas que se poden cursar na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas. Neste curso 2016/2017 agardan chegar aos 600 alumnos segundo explicaba a xefa de estudos do centro, Elena Espinosa. Este ano coma novidade terán o curso CALC para profesorado de Primaria, Secundaria e Ciclos Formativos ofertado pola Xunta. Arestora mantense aberto prazo de matrícula...

Ent. Iván Carral e Rubén Casaleiro - III Xuntanza Moteira Internacional 15.09.2016

Este sábado Tui sobe ás dúas rodas coa III Xuntanza Monteira Internacional de Tui que se celebrará durante toda a xornada. Unha cita moteira que espera reunir ás máis de 3.000 persoas e 1.000 motos da pasada edición segundo nos contaban os organizadores Iván Carral e Rubén Casaleiro.

Ent. Laureano Alonso e Suso Vila - Novidades nas visitas turísticas á zona vella 14.09.2016

As visitas turísticas de balde que se realizan en Tui rexistraron no mes de agosto unha gran demanda, con máis de 2.000 persoas en todo o mes e xornadas nas que realizaron estas visitas 70 persoas diarias. Estes tours pola zona vella, prolongaranse até novembro e ademais terán como novidade unha visita á Igrexa de Santo Domingo nas tardes das fins de semana. Danos conta desta incorporación o guía...

Volta ás Aulas - Teresa Ubeira, directora do Pelouro 13.09.2016

118 alumnos ten este ano O Pelouro e Caldelas, son 30 escolares máis que no anterior curso escolar segundo explicou a súa directora Teresa Ubeira

Volta ás Aulas - Patricia Bugarín, director do Colexio Maristas Santa María 13.09.2016

Este curso o Colexio Maristas Santa María cumple vinte anos de actividade lectiva na cidade. O curso comezou con normalidade coma contou esta mañá a directora do centro Patricia Bugarín.

Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Oposición á entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo 13.09.2016

Converxencia 21 oponse a que Tui forme parte da Area Metropolitana consideran que isto xerará máis costes de xestión e suporá castigar máis aos contribuíntes. Amais no seu parecer o abaratamento no transporte metropolitano non é real, segundo explicou Carlos Vázquez Padín, o voceiro de C21 en Tui.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.