Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Gerardo Calvo, capitán Garda Civil Tui - 12 de outubro 11.10.2016 14:04
O Baixo Miño é unha zona segura. Así o explicou o capitán da Garda Civil Gerardo Calvo, quen hoxe visitou os nosos estudos co gallo dos actos que teñen programados para mañá 12 de outubro. Resaltou tamén o esforzo que están a facer para a prevención de delincuencia.
Ent. Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais - Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres 11.10.2016 9:30
Dar resposta ás necesidades das mulleres e dos menores residentes en Tui é o obxectivo do Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres (S.A.M.MM) que volve atender os martes de 16:00 a 20:00 horas no Concello de Tui. Paula Guerreiro, técnica de servizos sociais, así o explicou.indicando que tratan a mulleres ante casos de: violencia de xénero, violencia no fogar, inadaptación de menores fronte...
Ent. Charo Tabales - Festas do Pilar e a Romancha do Cabaqueiro 11.10.2016 7:12
O Rosal celebra mañá as Festas do Pilar e máis a XXIX edición da Romancha do Cabaqueiro, onde se pon en valor e se rememora o vello oficio dos cabaqueiros rosaleiros. Pero antes, hoxe mesmo, o Concello organiza un obradoiro de creación de tellas con torno na Praza do Calvario onde se instalou unha carpa por mor da chuvia. Está destinado para que os mais cativos vivan o oficio dos seus maiores. A c...
Ent. Rafa Álvarez e Xosé M. Regueiro - Día Mundial da Saúde Mental 10.10.2016 20:19
Máis de 41.500 persoas en toda Galicia sofren dunha enfermidade mental, realidade na que hoxe poñemos o aceno co gallo do Día Mundial da Saúde Mental. A asociación Avelaíña, con sede na Guarda e Baiona, organiza para hoxe, baixo o lema “Son coma ti pese a que aínda non o saibas”, unha xornada informativa en Ponteareas. A desinformación e a falta de coñecemento sobre os trastornos mentais produce q...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Belén Guisande - I Feira Magosto popular Solidario 07.10.2016 8:36
O próximo mércores, 12 de outubro, o Paseo da Corredoira, acollerá a I Feira Magosto Popular Solidario organizado polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas. Antigüidades, artesanía, produtos ecolóxicos, gastronomía... serán algúns dos produtos que atoparemos xunto a un amplo programa de actividades paralelas dos que nos falaron o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e Belén G...
Ent. Luis Cebrián - Xeneral da Brilat - Premio Azor a Tui e 50 aniversario 07.10.2016 4:30
Este domingo o Concello de Tui recibirá o premio AZOR 2016 pola súa defensa dos valores das Forzas Armadas e especialmente da Brilat. Será nunha cerimonia oficial na Alameda de Pontevedra onde o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibirá o galardón persoalmente. Un premio que o Xeneral da Brilat, Luis Cebrián, xustificaba ao ser, nas súas palabras a cidade, xunto con Pontevedra, coa que este corp...
Ent. María José Glez, concelleira de Cultura de Tui - Programación de Outono 07.10.2016 6:09
O grupo de teatro Chévere abre esta noite a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Unha oferta integrada por dez espectáculos dos que hoxe falaba na nosa sintonía a concelleira de Cultura, María José González. Valorou positivamente a oferta cultural deste ano na que está a rexistrarse moita participación do público.
Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED Tui - Curso 2016/17 07.10.2016 10:15
A coordinadora da aula da UNED de Tui, Margarita Pino, contounos coma se presenta o curso 2016/17
Ent. Gemma Marqués | Novos cursos de arte na Guarda 06.10.2016 7:23
Os cursos de arte volven á Guarda da man de Gemma Marqué. Impartiranse dous cursos, un de carácter teórico titulado “Mulleres, artistas por descubrir”, no que os asistentes poderán coñecer a vida e obra de creadoras de tódolos tempos , e outro práctico de “Métodos de debuxo e pintura”. Serán na casa taller situada no porto guardés.
Ent. Liliya Pobornikova |Simposio Internacional de Escultura do Miño 06.10.2016 9:52
Dende o pasado 23 de setembro catro artistas internacionais están a traballar en Cerveira para dar forma a catro esculturas de 2 metros de altura. A búlgara afincada no Baixo Miño, Liliya Pobornikova, xunto co colombiano Fernando Pinto e os taiwaneses Lee Zih-Cing e Teng Shan-Chi, son os artistas que crearán as pezas escultóricas en marmol portugués. Unhas pezas das que nos da conta Pobornikova.
Ent. Joaquín Troncoso, vicepte e Víctor Manuel Seves, secretario da Asociación Arume de Malvas -III Andaina de Malvas 05.10.2016 6:34
Este sábado ás 17h celébrase a III Andaina organizada pola Asociación Arume de Malvas cun percorrido pola ribeira do río Furnia, nas parroquias de Pexegueiro e Malvas. A saída será do torreiro de festas e a duración aproximada é dunha hora de dificultade doada. Ao remate, ofrecerase unha merenda tradicional composto por un bocadillo, castañas, sopas de burro cansado e viño. Todo amenizado por un c...
Ent. Dolores Pérez |Curso de manipulador de alimentos no sector vitivinícola 05.10.2016 5:17
A Aula Uned de Tui organiza para este mes un curso de manipulador de alimentos no sector vitivinícola que ten como obxectivo formar as persoas que traballen neste sector para que sexan quen de desenvolver as súas actividades dun xeito correcto.
Ent. Montse Mon e Clara de Macedo | Xornada Tea e Odontoloxía en Tui 05.10.2016 12:42
A Asociación Un Máis organiza para este sábado en Tui unha xornada baixo o título “Tea e odontoloxía” que dentro do proxecto Dentista Mais pretende que as persoas con TEA, o Trastorno do Espectro Autista, poidan acudir ao dentista dun xeito que non sexa traumático e que non implique ter que desprazarse a Santiago de Compostela, onde se atopan os profesionais especializados neste trastorno segundo...
Ent. Nuria Feijoo, Alba Paramos e Hugo García - Flash Mob do CEIP Nº1 05.10.2016 10:15
O CEIP nº1 de Tui organiza un Flashmob solidario baixo o lema A TODA LECHE!" para este venres 7 de outubro ás 11h no Paseo da Corredoira no que convidan a participar a maiores e pequenos levando 1 litro de leite. Precisamente o obxectivo desta iniciativa é recadar litros de leito en beneficio da Asociación SOS Tomiño. Contáronolo Nuria Feijoo, profesora, e Alba Paramos e Hugo García, alumnos do ce...
Ent. Xosé Gago - Festival do Rei Sol 30.09.2016 12:15
Esta noite comeza en Viladesuso, Oia, o Festival do Rei Sol de Narración Oral. Prolongarase até o domingo rendindo tributo ao astro rei.
Ent. Pablo García, pte. Club Tenis Tui - Torneo de Tenis da Eurocidade 30.09.2016 7:39
As tres pistas de tenis de Areas en Tui acollerá unha intensa mañá de tenis este domingo, de 9.30h a 14h, coas finais do III Torneo de Tenis da Eurocidade que comezou o pasado día 15 cun éxito de participación e con moito nivel. Pablo García, presidente do Club Tenis Tui valorou hoxe esta nova edición deste evento deportivo, e convidou a achegarse as semifinais de mañá e ás finais do domingo.
Ent. Rafael González |Unión Ibérica entre España e Portugal 29.09.2016 10:11
Hoxe, a plataforma pola Federación Ibérica vén de realizar o seu primeiro encontro público en Barcelona. Composta por portugueses e españois busca propor ós axentes políticos e sociais a posta en marcha dos mecanismos, democráticos e dentro da legalidade de ambos países, necesarios para realizar a Unión Federal de España e Portugal nun so país, de nome Iberia.
Ent. Felix Ruibal, xerente da EOIX de Vigo - Apertura do novo centro de saúde de Tui 28.09.2016 7:02
Este venres ás 15h porase en marcha o novo centro de saúde de Tui. O primeiro servizo que se trasladará ao novo edificio é o Punto de Atención Continuada, o PAC, de tal xeito que os veciños de Tui e Tomiño que precisen acudir ao servizo de urxencias extrahospitalarias deberán xa achegarse á rúa Casal Aboy. De forma gradual abrirán primeiro as consultas de tarde e logo as de mañá. Así nolo contou o...
Ent. Manuel Martínez Tato e Juan Nogueira |Conferencia sobre o futuro das pensións 28.09.2016 8:26
Este venres ás 20:30 a Sala Félix Rodríguez do Edifico da Área Panorámica, en Tui, acolle unha conferencia sobre a problemática dos actuais e futuros pensionistas. Vitoria Portas Mariño, técnica da administración e especialista en pensión europeas será a poñente nesta charla organizada polo Movemento Pola Defensa das Pensións.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Valoración Plan Director Turismo e outros 28.09.2016 15:41
O concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, valorou positivamente o Plan Director de Turismo presentado onte pola Deputación de Pontevedra porque se unifica traballo turístico e se da visión global da provincia. Agora toca reunirse os concellos coa Deputación para encamiñar ese traballo. Laureano Alonso deu conta amais do traballo que se realiza en Tui coma os contactos cos consignatarios pa...
Ent. Manuel Gómez Estévez, mestre composteiro - Reunión Plan Revitaliza 28.09.2016 11:56
Hoxe ás 21h na escola de Ponte Internacional nas Bornetas celebrarase unha reunión informativa sobre os centros de compostaxe comunitaria dentro do plan Revitaliza da Deputación ao que se suma o Concello de Tui. Manuel Gómez Estévez, mestre composteiro, informará aos veciños do funcionamento deste plan de composteiros comunitarios ante a súa próxima implantación en Tui.
Ent. Serafín Martínez |15K do Atlántico e Desafío Santa Trega 27.09.2016 5:13
O 15-K do Atlántico presentou onte a súa programación oficial para a edición deste ano que inclúe como novidade o Desafío Santa Trega que enfrontará ao ciclista Álvaro Pino con 300 atletas no dia anterior a carreira. Xa o domingo, celebrarase a tradicional carreira e a andaina do 15-K que sae dende Oia e remata na Guarda. O prazo de inscrición remata mañá e ten un custe de 15€ para a carreira e 4...
Ent. Jesús Asorey - Praga da vespa asiática 27.09.2016 8:09
Os concellos da comarca continúan a súa loita contra a vespa velutina, ou vespa asiática, que faise forte na nosa contorna. A pasada semana dabamos conta dos máis de 130 niños que se eliminaran no Rosal, nomeadamente no Morán, Valdemiñotos, Couselo, Lomba e Pancenteo, e dos 62 de Tomiño, no centro urbano e tamén Taborda, Sobrada, Goián e Forcadela. Pero estes datos son soamente os niños eliminados...
Valoración resultados Eleccións Galegas - Sandra Glez, alcaldesa de Tomiño do BNG 26.09.2016 6:13
Sandra González, alcaldesa de Tomiño do BNG valorou hoxe os resultados acadados polo Bloque Nacionalista Galego nas Eleccións Galegas celebradas onte domingo.
Valoración resultados Eleccións Galegas - Enrique Cabaleiro do PSdG-PSOE 26.09.2016 7:43
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui do PSdG-PSOE, valorou hoxe os resultados acadados polo Partido Socialista nas Eleccións Galegas celebradas onte domingo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.