Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Suso Carrera |Resultado da reunión da Asociación do Conxunto Histórico de Tui 28.10.2016 6:06
Na tarde de onte os veciños que acudiron a reunión para a creación da Asociación do Conxunto Histórico de Tui decidiron crar un censo do mesmo, que permita coñecer o número de veciños e tamén as súas necesidades. Así nolo contou un dos promotres, Suso Carrera.
Ent. Antonio Cordo | Confraría de San Telmo 28.10.2016 11:28
Nos últimos días tivo unha reunión de Confrarías de San Telmo no Porto, onde estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Fromista, o presidente da Asamblea do Porto, os bispos de Tui e Porto e as confrarías de San Telmo de Tui, Palencia, Fromista e Bos Aires. Entre os obxectivos que se buscaban con este encontro eran o de estudar a posibilidade de crear unha confraría maior xuntand...
Ent. Rita Sánchez e Arantxa Giráldez |Concerto de Contradición no Liceo - Casino 27.10.2016 5:36
Mañá venres o Liceo Casino de Tui acollerá a presentación do grupo Contradición, antes coñecido como Ollos Pretos. O grupo continúa coa música tradicional, pero con vocación internacional e intercultural. Combina ademais folk cunha coidada posta en escena.
Ent. Juan Martínez e Carlos Fonterosa - Exposición Tui e a Brilat, 50 Aniversario 27.10.2016 9:34
Mañá ás 11h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal a mostra Milataria 2. Tui e a Brilat, 50 Aniversario. A organización corresponde ao Concello deTui coa colaboración do Grupo Filatélico e Numismático Tudense e da Cámara Municipal de Valença. Coa mesma trátase de homenaxear a Brilat co gallo do seu 50 aniversario, tal e coma explicaba Carlos Pérez Fonterosa, do grupo filatélico tudense,...
Ent. Sandra González | Homenaxe a Daniel Calzado, taxa do lixo, nomes do IES de Tomiño, etc. 27.10.2016 18:19
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos visitaron esta mañá os estudos da Radio Municipal de Tui para debullar a acción de goberno dos últimos meses.
Ent. José Carlos Balea, presidente de BANTA e Vanesa Vietez, nai de Leo - 12ª Campaña 27.10.2016 12:15
O Banco de Tapóns do Baixo Miño, BANTA, pon en marcha a súa décimo segunda campaña para axudar ao neno tomiñés Leo, afectado por unha enfermidade rara denominada microduplicación 22q11.2. A súa nai, Vanesa Vietez explicaba en qué consiste e cómo lle afecta. José Carlos Balea, presidente BAnta deu conta de cómo o van axudar
Ent. Samuel Diz - Concerto conmemorativo da viaxe de Lorca a Galicia 26.10.2016 6:44
O músico tudense Samuel Diz participará no concertó que este xoves se celebra en Santiago de Compostela coincidindo co centenario da primeira viaxe de Federico Galicia Lorca a nosa terra. Samuel Diz presentará o seu traballo discográfico “impresións e paisaxes: como o primeiro libro de Lorca” en diálogo cun dos maiores coñecedores da vida e obra do poeta, o recoñecido hispanista Ian Gibson.
Ent. Suso Vila, historiador - Visita guiada Cemiterios e Cárceres 26.10.2016 9:04
O próximo luns 31 de outubro haberá unha visita guiada denominada Cemiterios e Cárceres, coma véspera do día de Todos os Santos, dentro das visitas guiadas gratuítas que ofrece o concello de Tui. Estes percorridos mudarán de horario dende o 1 de novembro realizándose de martes a venres ás 12h polo Tui xudeu e ás 18h polo Tui medieval, e os sábados e domingos ás 13h polo Tui xudeu e ás 19h por Sant...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Coordinador forzas de seguridade, zona azul, centro de saúde 25.10.2016 21:45
O Concello de Tui buscará un contacto permanente coas forzas de seguridade presente en Tui para establecer protocolos de actuación en distintos ámbitos. Así o expuxo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, tras a reunión que celebrou onte con efectivos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local. Tamén se referiu a outras cuestións coma o tráfico, a zona azul...
Ent. Suso Carrera - Reunión da Asociación do Conxunto Histórico de Tui 25.10.2016 6:17
Este xoves a futura asociación do Conxunto Histórico de Tui dará un paso fundamental de cara a constituírse formalmente. Os veciños e veciñas reuniranse ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda, na Sala Félix Rodríguez, do edificio da Área Panorámica.
Ent. María José Faraldo |Campaña de vacinación contra a gripe 24.10.2016 12:28
Hoxe o Sergas iniciou a campaña que baixo o lema “Recorda, para a gripe temos vacina”, estará en marcha durante 9 semanas. Na nosa provincia haberá arredor de 250 puntos de vacinación –uns 150 na área de Vigo-, repartidos entre centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios, residencias e centros para a terceira idade, etc. A Xefa do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas, María José Faraldo,...
Ent.José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade - Zona Azul 21.10.2016 11:55
Un centenar de prazas das rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotel volverá a ser de estacionamento gratuíto limitado no tempo dende o 1 de novembro ao implantarse de novo a zona azul. Os condutores que estacionen nestas rúas deberán colocar o reloxo indicativo coa hora de chegada, que poderán obter na tesourería na casa do concello por 0,60€, sendo tamén váli...
Ent. Chisco Casteleiro - Galitoon presenta “Güela-Güela” en Tui 21.10.2016 4:53
Mañá sábado a cita será para o público infantil e familiar nun espectáculo con música, humor, diversión.... Galitoon presenta “Güela-Güela” para público a partir dos dous anos. A obra achéganos con diversión, humor e música as aventuras de Willy, unha pequena cegoña, na súa viaxe por levar a un bebé ata os seus pais. Ten ademais un dobre obxectivo, entreter pero tamén ensinar.
Ent. Fernando Ferreira - Comeza a temporada do meixón 21.10.2016 8:53
Mañá sábado abre novamente a temporada do meixón para os pescadores do Miño, que este ano se adianta con respecto a temporadas pasadas. O presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira, apuntaba esta mañá na RMT que as previsións non son boas e rexeita o adianto.
Ent. Reme Carrera | Presentación do filme Anriquito en Goián 20.10.2016 6:21
Veciños de Goián, baixo o Grupo San Roquiño, presentan esta fin de semana a súa nova película. Anriquito, a historia de amor dunha parella de Goián inspirada nos anos 50, é a terceira longametraxe destes veciños. O proxecto comezou fai un ano e dende entón, os veciños participantes sacaron tempo libre para poder gravar as escenas que compoñen o filme.
Ent. José Martínez Tato - Andaina Viveiro Forestal, pintado mural, lixo 19.10.2016 11:28
José Martínez Tato estivo hoxe nos nosos estudos coma membro do club AndaTui para falarnos da andaina do Viveiro Forestal que se celebra este domingo dentro do circuíto de andainas da Eurocidade. E amais coma concelleiro deu conta da próxima convocatoria de novo do concurso de pintado mural para as pontes de Randufe e Magnolia, amosándose satisfeito do resultado da das Bornetas. Tamén falou da rec...
Ent. Fefa Noia - Directora do CDG - Representación de Tartufo 19.10.2016 7:11
Este venres, o Teatro Municipal de Tui acolle a presentación da xira do Centro Dramático Galego coa súa última montaxe, “Tartufo”. Trátase dunha revisión da obra escrita por Moliére no século XVII e dirixida agora por Carles Alfaro. Os dez actores subirán ao escenario para representar unha comedia que non soamente cumpre a función de divertir aos espectadores, senón que posibilita unha segunda lec...
Ent. Laura Villaverde |Curso "Crea coas artes escénicas" 18.10.2016 8:40
Aínda quedan prazas dispoñibles para o curso de “Crea coas artes escénicas” que imparte o Espazo Xove de Tui. Comezará o vindeiro luns 24 de outubro e impartirase tódolos luns de 18:30 a 20:00 durante 13 sesións, até o 30 de xaneiro. Está destinado para mozos de entre 14 a 35 anos e como explica a actriz a cargo do mesmo, Laura Villaverde, non é un curso de teatro ao uso.
Ent. Teresa Prieto, Estrella Ambrosio, Vicente Álvarez, Ricardo Martínez - Coral San Telmo 18.10.2016 12:48
Catro compoñentes da Coral San Telmo pasaron esta mañá polos micrófonos da Radio Municipal de Tui onde fixeron balance do ano a vez que animaron aos tudenses a participar na coral. Arestora son 38 os membros activos e buscan sumar, polo menos, 7 novos participantes para chegar aos 45.
Ent. Rubén López, director Conservatorio - Inicio do curso 18.10.2016 8:08
Hai xa unhas semanas que comezou o novo curso 2016/17 no Conservatorio Profesional de Música de Tui no que se incrementou o número de alumnos no grao profesional. Amais continúan a traballar para o próximo curso poder ofercer tamén o grao elemental no Conservatorio. Por outra banda deu conta do concerto inauguración do curso previsto para este xoves ás 20h no centro.
Ent. Felicitas Iglesias e María Lens |Actividades Asociación Párkinson Baixo Miño 17.10.2016 11:20
Xunto as actividades de Risoterapia, que ten lugar os martes pola tarde no Centro Sociocomunitario, e de estimulación cognitiva, que se imparte os luns pola mañá no edificio da Área Panorámica, a Asociación Párkinson Baixo Miño pon en marcha este venres a actividade de Psicoloxía e Fisoterapia que terá lugar na mañá dos venres no edificio da Área Panorámica.
Ent. Conchi Fernández | "En Familia por Dereito", campaña de familias de acollida da Cruz Vermella 17.10.2016 10:46
No día de hoxe, a Cruz Vermella vén de presentar na Guarda a campaña “En Familia por Dereito”. Dende hoxe e até o venres, unha exposición de 8 paneis representará a experiencia de nenos e nenas que foron acollidos, e tamén das familias acolledoras, que explican qué significou para elas esta medida de coidado alternativo baseado na solidariedade.
Ent. Aloia Martínez - Mistura Vocal 14.10.2016 5:02
O coro Mistura Vocal ofrecerá este domingo ás 19.30 na Igrexa de San Domingos en Tui un concerto organizado pola asociación cultural Trisquel e Medulio, contando coa colaboración do Concello de Tui - concellalía de Cultura, Amigos da Catedral, Adegas Val Miñor e Escola de Música e Danza Maison.
Ent. Iago Fernández - Presentación do seu novo traballo no Betún 13.10.2016 8:19
Como cada domingo o jazz volve ao Betún no último día da semana a partir das 20:30 horas para pechar a fin de semana coa mellor selección de artistas deste xénero musical. Este domingo será o cangués Iago Fernández quen presente o seu novo traballo “Brisa”. Un disco que a diferenza dos dous anteriores, caracterizase polo seu minimalismo.
Ent. Juan Collazo de Odaiko - Espectáculo Invención 13.10.2016 5:12
Un espectáculo para público familiar é o que poderemos disfrutar mañá venres, 14 de outubro, no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 20h con Odaiko e a obra "Invención". Música para repasar os inventos da humanidade con Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso. O público terá tamén moito protagonismo. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.