Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Emilio Vilar - Campaña de recollida de xoguetes Café Museu Tui 18.11.2016 6:26
Nin un neno sen xoguetes. Esa é a premisa da II Campaña de recollida de xoguetes do Café Museu de Tui na que este ano esperan superar os 1.100 xoguetes. A premisa principal é a de intercambiar un xoguete por un café, pero ademais este ano sortearase un tratamento termal. A campaña desenvolverase entre o 7 e o 22 de decembro e pódense entregar xoguetes novos ou usados, sempre que estean en bo estad...
Ent. Fofi Dorado - Programación do Betún desta fin de semana 18.11.2016 9:24
Triple proposta para esta fin de semana na Asociación Cultural Betún no conxunto histórico de Tui. no conxunto histórico de Tui. Ademais da exposición de Mariana Oliveira, hoxe ás dez da noite actuará o cantautor Yomelo Montosolo e mañá sábado soarán os tangos dende ás 22h con Libertango.
Ent. Serafín Martínez - Urban Trail Night 18.11.2016 6:34
Catorce quilómetros entre Tui e Valença nunha ruta nocturna será os que realizan os participantes na Urban Trail Night prevista para o sábado 26 de novembro na Eurocidade Tui-Valença. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 23. Tamén haberá unha andaina de 10 quilómetros. Deunos todos os detalles da proba, Serafín Martínez, organizador. www.urbantrailnight.com.
Ent. Juan Font, enxeñeiro tudense de Politibot - Axuda á investigación de Google. 18.11.2016 4:17
O enxeñeiro tudense Juan Font está detrás da programación de Politibot, un robot conversacional para Telegram que está operativo dende as eleccións do pasado 26J. Forma parte dun equipo multidisciplinar de oito persoas que levaron adiante este innovador proxecto que vén de recibir unha axuda á investigación de Google. Este achega permitiralles converterlo en multiplataforma e proseguir co seu dese...
Ent. Sandra Castro | Deficiencias no edificio do Cooperación Aduaneira de Tui 18.11.2016 7:43
Os representantes do Sindicato Unificado da Policía de Galicia, presentaron no Concello de Tui un escrito denunciando o que consideran como “lamentable estado de conservación” do Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro de Tui. O SUP denuncia as humidades e deficiencias múltiples do edificio, que é de titularidade estatal.
Ent. Victoria Pérez, actriz de Pérez e Fernández - O poder de Amabel 17.11.2016 5:44
Victoria Pérez e Manu Fernández de Pérez&Fernández presentan mañá venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui "O poder de Amabel". Unha obra de monicreques e actores que nos contan a historia de Amabel e Braulio que lembran un verán de cando eran nenos. As entradas están á venda ata maña venres ás 12h en www.culturatui.info ou mañá dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Ent. Aaron Rivas, músico - Concerto de órgano 17.11.2016 12:18
Ás 20h na Catedral terá lugar o concerto inaugural do 86º Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España a cargo de Aaron Ribas, gañador do concurso na especialidade de órgano na edición de 2015. Hoxe Aaron Rivas acompañounos no programa Día a Día onde nos falou da súa carreira e do concerto desta tarde.
Ent. Xosé Quinteiro e Pedro Pereira - Gran Recollida de Alimentos 16.11.2016 17:14
Segundo os datos do INE, 1 de cada 5 fogares en España vive baixo o limiar da pobreza e o director do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, lembraba que esta mesma semana unha muller morría en Cataluña despois de que lle cortaran a luz e tivera que vivir sen electricidade e alumeando a súa vivenda con velas. Por isto, Pereira, lembrou que aínda moita xente sofre de pobreza invisible, que non...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Regulación dos locais de ocio no conxunto histórico 16.11.2016 9:25
O Concello de Tui non ten intención de pechar todos os locais de ocio no conxunto histórico pero sí que este cumpran coa legalidade vixente tanto en materia urbanística coma en horarios de peche e emisión de ruídos. Así o deixou explicou na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, puntualizando que “esta non é unha cuestión de intencionalidade política senón de cumprimento da legalidade”...
Ent. Andrea González, de XMT - concurso de Juventudes Musicales de España para instrumentos de tecla 14.11.2016 11:58
Tui acollerá dende este xoves 17 e ata domingo 20 o concurso permanente de Juventudes Musicales de España en concreto nas probas de piano, clavicémbalo e órgano. A organización corre a cargo de Xuventudes Musicais de Tui. Estas audicións, que se celebrarán no Teatro Municipal, na igrexa de San Telmo e na Catedral,serán abertas ao público. Participarán 31 xoves músicos de toda España. Así nolo cont...
Ent. Marina Carvalho - Trilho das dúas Bandas 10.11.2016 2:07
Este domingo celébrase a derradeira andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. O percorrido será polo Trilho das Dúas Bandas. A saída será ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa de Boivão (Valença), ou ás 9.40h dende o aparcamento do Lidl en Valença.
Ent. Minerva Ojeda | Guía de supervivencia para pais agobiados 10.11.2016 13:16
Este venres comezará a impartirse na Aula da UNED de Tui o curso “Guía de supervivencia para pais agobiados”. Vai dirixida a pais, profesores e coidadores infantís co obxectivo de brindarlles as ferramentas precisas para solucionar os problemas de conduta máis habituais nos nenos de 2 a 12 anos.
Ent. Gustavo Rodríguez, triatleta - Temporada 2016 10.11.2016 12:39
O triatleta tudense Gustavo Rodríguez proclamouse este ano Campión de España de Longa Distancia pechado así unha magnífica Temporada. Hoxe conversamos con el no programa Día a Día onde nos explico como tras deixar de ser ciclista profesional chegou ao triatlón da man da súa parella Aida Valiño. Agora está a recoller todo o traballo feito no mundo do ciclismo. O obxectivo a medio prazo é estar no C...
Ent. Ángel Sánchez | Concerto Best Boy en Tui 08.11.2016 11:54
Os tudenses Best Boy, liderados por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuarán este venres no Teatro Municipal de Tui. Un concerto que comezará ás 21:30 horas e que, nas palabras de Ángel Sánchez busca compartir en familia, nun momento intenso e na casa, o seu primeiro traballo, “Cross the border”.
Ent. Xosé Tomás, ilustrador - Presentación do libro “Manual de Escola” 08.11.2016 10:46
O Auditorio Municipal do Rosal acolle ás 19.30h a presentación do libro “Manual de Escola” do ilustrador gráfico e mestre do CPI Manuel Suárez Marquier, Xosé Tomás. O libro, en formato de historia gráfica ou banda deseñada, presentase ás 19.30 horas e conta coa colaboración do Concello do Rosal. Explicaba Xosé Tomás que este libro é un percorrido crítico a través de viñetas polo sistema educativo....
Ent. Juan Carlos Rodríguez - Curso Afaga para coidadores de persoas cunha demencia 04.11.2016 6:54
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer impartirá neste mes en Tui o curso “Xuntos nos Coidado” dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia. Celebrarase dende mañá, todos os martes de novembro de 17 a 19h na antiga Escola de Chans. Os interesados poden acadar máis información no 986 22 97 97.
Ent. Santiago Cortegoso - Raclette, de Ibuprofeno Teatro en Tui 04.11.2016 8:31
Mañá sábado será a quenda de Ibuprofeno Teatro que presentará ás 20.30h “Raclette”. Trátase dunha montaxe innovadora dirixida por Santiago Cortegoso na que sobre o escenario haberá dúas cenas, e dúas tramas diferentes, nun mesmo espazo e tempo. Os cinco actores cociñarán e compartirán comida á vez que tratan temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.
Ent. Mayra Moura |Campaña "Separemos ben, reciclemos mellor" 03.11.2016 5:42
Esta mañá visitou Tui unha aula móbil formativa da campaña “Separemos ben, reciclemos mellor” da Consellería de Medio Ambiente. Buscase concienciar e informar dos valores vinculados ao principio das tres “R”: reducir, reutilizar e reciclar.
Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Diez |Concurso "Pinta Tui" 03.11.2016 9:59
Este domingo, co gallo de promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes á vez que se incentiva e dinamiza a oferta turística, celebrase en Tui o I Concurso de Pintura “Pinta Tui”, organizado polo Concello de Tui, Acitui e Efectos. No concurso poden participar artistas nacionais i estranxeiros e a técnica e libre. Iso si, teñen oito horas para plasmar a beleza dos diferentes recunchos da cid...
Ent. María Torres de Elefante Elegante - Danza da choiva 03.11.2016 4:30
A compañía Elefante Elegante regresa mañá ao Teatro Municipal de Tui cunha obra para público familiar. Trátase de “Danza da choiva” un espectáculo de teatro xestual con danza, manipulación de obxectos e monicreques. A cita será ás 20h e está recomendada para nenos dende os 3 anos. Sobre o escenario estarán María Torres e Gonçalo Guerreiro para dar resposta á pregunta qué acontecería se de súpeto d...
Ent. Teresa Domínguez, dtra do CRA Mestra Clara Torres - Faladoiros en Educación 03.11.2016 4:08
Seis actividades conforman o programa de “Faladoiros en Educación” que por segundo ano consecutivo poñen en marcha o Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Comezan esta tarde e ser van prolongar ata o mes de marzo. Teresa Domínguez, directora do CRA, explicaba os obxectivos desta actividade. A primeira cita será ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica cunha mesa...
Ent. José Fernández - XIII Mercadiño e Exposición de Motos antigas 02.11.2016 8:22
O pavillón polideportivo de Goián acollerá este sábado e domingo, o “XIII Mercadillo y Exposición de Motos Antiguas”, organizado pola Asociación Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, de Tomiño. Ademais da compra-venta de recambios para motos antigas, coches clásicos e miniaturas, os visitantes poderán contemplar verdadeiras reliquias, con máis de 80 anos de antigüidade.
Ent. Juanjo España, Agustín Alonso, Rogelio Domingo | 1ª Liga de Padel Social de Tui 02.11.2016 10:49
O vindeiro 7 de novembro arranca en Tui a 1ª Liga Social de Pádel organizada polo Club PadelTui. Ten como obxectivo promocionar este deporte á vez que se lle da continuidade a practica deportiva de pádel. Trátase dun proxecto no que dende PadelTui viñan traballando dende fai tempo e agora ponse en marcha con catro fases xunto a unha fase final.
Ent. Cristina Rey | Unha salcedense nos campos de refuxiados sirios en Grecia 31.10.2016 12:45
Hoxe falamos con Cristina Rey. Ela, xunto con Sandra Alonso, Diana Gonçalves e Natalia Vaamonde, viaxou até o campo de refuxiados sirios de Ritsona, en Grecia, para colaborar na mellora das condicións das persoas que alí se atopan fuxindo da guerra do seu país. Durante os oito días que alí estiveron o mais duro foi o choque coa realidade, que non por coñecida deixa de ser menos terrible.
Ent. José Javier Bascoy | 30 Aniversario da Banda de Música do Rosal 28.10.2016 4:57
Concerto especial será o que acolla este domingo ás 18.30h o Auditorio Municipal do Rosal xa que a banda local celebra o seu trinta aniversario. Baixo a dirección de José Javier Bascoy interpretarán un programa con obras de diversos estilos dos compositores Luis Serrano Alarcón, Shostakovich, José Serrano, Teo Aparicio Barberán e Gershwin. Amais dos músicos actuais da banda tamén participarán exco...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.