Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Tui celebra mañá unha Feira Solidaria de Nadal 07.12.2016 9:15
Mañá xoves celebrase en Tui unha nova Feira de Artesanía do Nadal, desta vez na Praza de San Fernando e que ten como principal obxectivo recoller alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizada pola Asociación de Artesáns de Tui.
Ent. Jose Monte - Actividades de Nadal en Valença 07.12.2016 4:08
Valença promociona este ano as súas festas de Nadal con oito motivos polos que debemos achegarnos até a vila entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro. Durante eses 39 días estará aberta unha pista de patinaxe sobre xeo por primeira vez na cidade. Ademais, durante as mesmas datas diferentes puntos de Valença acollerán unha exposición de beléns. Pola súa parte, a Fortaleza de Valença, vólvese de choco...
Ent. Alberto Romer - Mercado de Artesanía 05.12.2016 3:50
Este xoves celebrase na Praza de San Fernando, en Tui, un mercado de artesanía e gastronomía no que ademais vaise realizar unha gran recollida de alimentos para SOS Tomiño – Baixo Miño. Entre os mestres artesáns presentes, atópase, Alberto Romer cunha mostra de muíños.
Ent. Miguel Capón - Alternativa Tudense - Actualidade Municipal 05.12.2016 13:51
Hoxe, na rolda de conversas cos voceiros dos partidos políticos representados no Concello de Tui, pasou pola Radio Municipal de Tui o voceiro de alternativa tudense, Miguel Capón. O concelleiro da Eurocidade aseguro que as dúas consellerías de Altenartiva Tudense, Eurocidade e Comercio e Cultura, están a realizar un traballo de continuidade ao feito en anos anteriores. Entre os grandes obxectivos...
Ent. Juan Carlos Blanco e Susi Pérez - Mercadillo de Nadal 02.12.2016 6:46
O Nadal chegará a Tui mañá co Mercadiño de Nadal de comercio e artesanía. Este ano cambia de ubicación cara ao paseo da Corredoira onde se instalarán 60 postos. Por primeira vez participará BANTA que presentará e venderá o seu calendario para o 2017 ademais de recoller tapóns. E os máis cativos contarán coa presenza dun Papá Noel.
Ent. Jorge Aldir - Programación do Betún para esta fin de semana 02.12.2016 2:17
Na A.C. Betún arrancan o venres a partires das 22:00 horas con jam session, a reunión musical mensual de músicos onde desfrutar da improvisación e a comunicación musical. Xa o sábado ás 22h, será a quenda de Javi Pelón, que ofrecerá unha viaxe nos vinilos a través do mellor funk, indie, rock e soul do derradeiro século. As dúas xornadas a entrada é de balde.
Ent. Antonio Fernández Rocha - Actualidade municipal 02.12.2016 20:55
Na ronda de entrevistas que comezamos esta semana cos voceiros da oposición en Tui, hoxe foi a quenda do voceiro do Partido Popular, Antonio Fernández Rocha. Aínda que dixo comprender a dificultade do goberno tudense ao non contar con maioría absoluta, lamentou o que considera falta de inversións no Concello e ofreceu a man tendida do seu grupo ao goberno municipal para aprobar novos proxectos.
Ent. Luis Blasco - Conferencia sobre os dereitos dos consumidores 02.12.2016 3:58
A UNED, en colaboración con ADICAE, organiza un obradoiro gratuito sobre os dereitos do consumidor. Hoxe será retransmitido por streaming na Aula Uned de Tui ás 19:ooh.
Ent. Antón Corral - Presentación libro "Antón Coral: Alborada dun soño" 01.12.2016 17:00
Falamos con Antón Corral, figura fundamental da historia da música tradicional en galicia, mestre artesán, divulgador da cultura galega e que é ademais veciño de Tui. Vén de publicar a biografía “Antón Corral. Alborada dun soño”, escrito por Fina Fernández.
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Actualidade política municipal 30.11.2016 19:56
Hoxe abrimos rolda de conversas cos grupos políticos da oposición. En concreto esta mañá con Carlos Vázquez Padín de C21, quen no balance do ano e medio deste goberno non se amosou satisfeito do realizado ata o momento polo goberno municipal, amosouse arrepentido do apoio dado polo seu grupo na investidura de forma incondicional. En canto aos proxectos irrenunciables para él de cara a 2017 citaba...
Ent. Hernando Freiría Lorenzo, pte de OSílice - Charla-Coloquio 29.11.2016 10:40
O auditorio da casa cultural de Atios, no Porriño, acolle este venres ás 19.30h unha charla coloquio organizada pola Asociación Galega de Afectados de Silicose “OSilice”. Correrá cargo do doutor José María Borro Mate. Tamén estará un bufete de avogados de Vigo que dará conta da parte xurídica que afecta aos traballadores que sofren enfermidades profesionais, neste caso a silicose e as súas situaci...
Ent. Felicitas Iglesias da Asociación Párkinson Baixo Miño -Proxección película 29.11.2016 5:03
A Asociación de Parkinson do Baixo Miño proxecta este xoves, 1 de decembro, ás 19h na Sala Félix Rodríguez a película "El último concerto" de Yaron Zilberman. Ao remate haberá un coloquio moderado por Teresa Domínguez, directora do CRA. Así o explicou Felicitas Iglesias que tamén deu conta de que hai prazas vacantes para as actividades de Estimulación Cognitiva que realizan os luns de 10h a 11.30h...
Ent. Suso Vila, historiador - Visitas guiadas a Tui durante o mes de decembro 28.11.2016 8:15
Coñecer ou redescubrir o patrimonio que atesoura o centro urbano de Tui é un dos obxectivos das visitas guiadas gratuítas que organiza o Concello de Tui e que a próxima semana, presenta novas rutas e horarios. Así amais de ao Tui medieval e a Ruta Xudía tamén se visitará ao Tui Fidalgo e o Tui escolar, e as igrexas de San Domingos e San Bartolomé. Suso Vila, historiador, é o encargado de guiar est...
Ent. Iván Martínez - Balance Gran Recollida de Alimentos 28.11.2016 3:54
A Gran Recollida de Alimentos celebrada esta pasada fin de semana saldouse con máis de 300.000 quilos de alimentos recollidos na nosa provincia, segundo confirmou á Radio Municipal de Tui o seu coordinador Iván Martínez. En total, foron máis de 1.700 voluntarios os que se despregaron polos supermercados de toda a provincia co gallo de recoller alimentos para as persoas que o necesitan.
Ent. Manel Riveiro - Calendario Solidario 28.11.2016 10:13
O perruqueiro de Goián Manel Riveiro vén de presentar unha iniciativa solidaria coa que poder axudar as persoas que o precisen en Tomiño. Falamos dun calendario solidario, inspirado na temática vintage e que conta como modelos con veciños da contorna. A idea surxiu case de xeito espontáneo despois de sacar unas fotografías promocionais e rápidamente tornou cara esta iniciativa solidaria. O almanaq...
Ent. Marga Romero, pta Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - Mártires de Sobredo 25.11.2016 8:32
Este domingo, 27 de novembro, celebrase en Guillarei o 94º homenaxe aos Mártires de Sobredo organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo. O programa de actos previstos comezará ás 10.30h coa concentración na Carballeira de Sobredo, para media hora despois dirixirse ata o monumento. Ás 11.30h intervirá María do Mar Pérez Fra, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Sa...
Ent. Laureano Alonso - Gala do Deporte Tudense e gañadores do concurso "relación home muller 100% positiva" 25.11.2016 7:39
Todo preparado para a celebración esta noite da V Gala do Deporte Tudense no Teatro Municipal. Será a partir das 20.30h nunha noite chega de recoñecementos, homenaxe pero tamén música xa que actuarán os Pelepau e Matissando. Ademais, o concelleiro de Deportes de Tui deu conta dos gañadores do concurso "relación home muller 100% positiva".
Ent. Fofi Dorado - Programación do Betún para esta fin de semana 25.11.2016 4:12
A Asociación Cultural Betún organiza para mañá unha festa hortera a partir das 22h. A entrada é de balde e haberá concurso de karaoke, Dj's, etc.
Ent. Manuel Martínez Tato e Juan Nogueira | Charla sobre o futuro das pensións en Tomiño 25.11.2016 10:12
Hoxe ás 20h terá lugar no Nova Colina, na Praza do Seixo de Tomiño, unha conferencia sobre a problemática dos actuais e futuros pensionistas organizada por Modepen, o Movemento Galego pola Defensa das pensións públicas. A poñente será Victoria Portas Mariño.
Ent. María Xosé Vázquez - Balance Xornadas Saneamento Tomiño 25.11.2016 5:54
A concelleira de Medio Ambiente de Tomiño fixo balance das Xornadas de Saneamento e Depuración de Augas desenvolvidas esta semana e nas que se falou da situación nos concellos rurais galegos, tamén de sistemas de depuración autónomos mediante tanques ou fosas sépticas; solucións individuais e para pequenas poboacións; sistemas de depuración alternativos baseados en plantas; humidais artificiais, e...
Ent. José A. Piñeiro - Xornadas de SmartPeme en Tui 24.11.2016 9:25
Empresarios, autónomos e emprendedores son os destinatarios da xornada sobre a iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra que ás 10h comeza na Aula Cemit da Área Panorámica.
Ent. Mercedes Olveira - Faladoiros de Educación "Igualmente diferentes" 23.11.2016 11:45
Mercedes Oliveira abordará mañá o tema "Igualmente diferentes" no segundo dos Faladoiros de Educación que se van celebrar na Sala Félix Rodríguez ás 18h. O 25N estará de fondo na súa charla, con cómo abordar dende a Educación a violencia de xénero, e dende a perspectiva deles.
Ent. Ana del Valle Couto - Curso de Criminal Profiling na Aula da UNED de Tui 23.11.2016 8:31
O próximo 1 de decembro comeza un novo curso na aula tudense da UNED baixo o título “Criminal profiling”. No mesmo farase unha introdución a unha técnica de gran relevancia na investigación criminolóxica coma é a perfilación criminal. No mesmo abordaranse cómo levar a cabo un perfil criminal, as distintas técnicas, análises, e repaso aos distintos perfís criminais e análise de casos prácticos. O c...
Mercadiño de Nadal en Tui - Ent. Juan Carlos Blanco, J. Carlos Balea, Susi Perez 23.11.2016 11:01
O Nadal chegará a Tui o primeiro fin de semana de decembro co Mercadiño de Nadal de comercio e artesanía. Este ano cambia de ubacación cara ao paseo da Corredoira onde se instalarán 60 postos. Por primeira vez participará BANTA que presentará e venderá o seu calendario para o 2017 ademais de recoller tapóns.
Ent. Enrique García - Comandante Naval Miño | Sinatura de recoñecemento de fronteira 23.11.2016 5:46
Ás 10:30 desta mañá terá lugar o acto anual de sinatura de recoñecemento da fronteira entre España e Portugal nas beiras do Miño en Tui. Como novidade este ano esta sinatura simbólica farase no propio río a bordo das embarcacións españolas e portuguesas, segundo apuntou o Comandante Naval do Miño, Enrique García.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.