Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Banda de Música Popular de Tui e Coral San Telmo - Concerto de Fin de Ano 27.12.2016 10:58
A igrexa de San Francisco acolle este xoves, ás 20.30h o Concerto de fin de ano organizado pola Banda de Música Popular de Tui. Amais da banda, que celebra o seu 135 aniversario, tamén participará a Coral San Telmo. Falamos deste evento musical con Rubén Néstor Rodríguez, presidente, e Adolfo Besada, director da Banda de Música Popular de Tui, e Teresa Prieto, presidenta, Ricardo Rodríguez, secret...
Ent. Marisa Giráldez do Club Bádminton Tui - II Trofeo Exhibición de Bádminton 26.12.2016 6:36
Mañá o pavillón do IES San Paio acolle o II Torneo Exhibición de Bádminton organizado polo Club Bádminton Tui. Será de 16 a 20h aberto a quen desexe participar. Do torneo falounos Marisa Giráldez, do club Bádminton Tui.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE - Rolda políticos decembro 23.12.2016 24:55
Hoxe pechamos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE. Fixo un balance positivo deste goberno cuatripartito, que dicía supuxo un cambio político importante, necesario e complexo e que está iniciando o proceso de transformación do Concello.
Ent. Luis Caballero - Concerto de Nadal 23.12.2016 8:30
Falamos co director da Orquesta Sinfónica de Tui horas antes da súa presentación oficial no Teatro Municipal de Tui no concerto de Nadal que terá lugar esta noite.
Ent. Alberto Álvarez - Actividades do Betún para o 23 decembro 23.12.2016 7:17
O Betún celebra este venres unha Jam Session "Especial Nadal". A partir das 21:00 horas no local da asociación. Ademais, Alberto Álvarez tamén adiantou a programación do concerto de fin de ano do día 30.
Ent. Eduardo Cadenas, pte. Asoc. Amigos da Catedral - Actividades de NAdal 22.12.2016 9:04
Máis de 200 beléns integran a exposición de Beléns do Mundo que se pode visitar na Catedral de Tui organizada pola Asociación Amigos da Catedral dende 1993. Este colectivo organiza tamén o concurso de beléns e de panxoliñas no templo catedralicio. Falounos destas actividades Eduardo Cadenas, presidente de Amigos da Catedral.
Ent. Aloia Martínez, dtora Mistura Vocal - Concerto de Nadal 22.12.2016 7:11
O coro Mistura Vocal, dirixido pola tudense Aloia Martínez, e integrado por músicos de Tui e de todo o sur da provincia, actuará mañá no Concerto de Nadal no que vai ser presentada a Orquestra Sinfónica de Tui. Aloia Martínez. Definiu a presentación desta orquestra coma un acontecemento histórico e falou do repertorio que van ofercer
Ent. Juan Carlos Blanco | Sorteo de Nadal Acitui e nova directiva 22.12.2016 7:36
A Asociación de Comerciantes de Tui, Acitui, renovou parcialmente a súa directiva nunha asemblea ordinaria celebrada na tarde de onte. O presidente seguirá sendo Juan Carlos Blanco, namentres que a vicepresidenta é agora Yolanda Sousa, o secretario, Sergio Casal, antes era tesoureiro, cargo que agora ocupa Luis Carlos Conde. Ademais, José Manuel Diez pasa a ser novo vogal.
Ent. Rubén López, dtor Conservatorio e Paula Cobián, dtora Escola Danza - Concerto de Nadal 21.12.2016 8:30
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 23 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se estrea neste evento, xunto ao Coro Mistura Vocal, e a Escola de Danza Paula Cobián. Hoxe faláronnos deste espectáculo musical RubénLópez, director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, e Paula Cobián, directora da E...
Ent. Alejandro Durán do CB Tui - VIII Torneo Solidario 21.12.2016 6:17
O vello pavillón municipal de Tui acolle esta tarde,dende ás 17.30h o VIII Torneo Solidario no que este ano recollerán alimentos para Cáritas. Tanto os xogadores das distintas categorías coma o público aportará coma mínimo un quilo de alimentos. Alejandro Durán do CB Tui deunos todos os detalles.
Ent. Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui - Rolda políticos decembro 20.12.2016 26:04
Hoxe dentro da rolda de conversas cos grupos políticos acompañaounos Laureano Alonso de Son de Tui e concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo. Fixo unha valoración positiva deste ano e medio de goberno, pese a que explicaba a situación é complicada, e sinalaba que a xestión no concello está a ser modélica. Fixo tamén repaso ao traballo nas súas concellerías.
Ent. Iván Carral e Marcos Míguez - Papanoelada en Tui 20.12.2016 9:08
O sábado Papá Noel visitará Tui na II Moto Papanoelada organizada polo Motoclub os de Sempre. Xunto a unha carroza da que os organizadores non quixeron dar datos para que a sorpresa sexa maior, Papá Noel chegará acompañado de elfos e persoeiros do Nadal sobre dúas rodas.
Ent. Eva Martínez - Calendario Síndrome 1p36 19.12.2016 1:03
Está xa á venda o calendario solidario co gallo de visibilizar e investigar o síndrome 1p36. En total, ten unha tirada de 5.000€ que xa está a quedar corta, segundo apunto esta mañá a tudense presidenta da Asociación do Síndrome 1p36.
Ent, Manel Riveiro - Calendario solidario en Tomiño 19.12.2016 7:49
Continúa á venda o calendario solidario coordinado polo empresario de Tomiño Manel Riveiro que busca recadar fondos para as familias que o precisen a través dos servizos sociais. Lembramos que ten un custe de 5€ e arestora vendéronse xa en torno a 500 exemplares.
Ent. José Manuel Sousa, de APTUI - Rolda políticos decembro 16.12.2016 19:15
O voceiro de APTUI, José Manuel Sousa, compareceu hoxe nosa sintonía dentro da rolda de conversas cos grupos políticos. No seu balanzo deste ano e medio de mandato puxo un suspenso ao goberno. Tamén deu conta das negociacións para a reunificación do PP que indicaban van por bo camiño, e afirmaba que dende APTUI non promoverán unha moción de censura.
Ent. Carolina Figueroa, Club Patinaxe Artístico Ribex - Festival de Nadal de Patinaxe 16.12.2016 4:26
160 patinadores de entre 3 e 60 anos participan este domingo no Festival de Patinaxe de Nadal organizado polo Club de Patinaxe Artístico Ribex. Comezará ás 17.30h no novo pavillónmunicipal.
Ent. Carlos Balea - Cabalgata Solidaria de Papá Noel en Tomiño 16.12.2016 5:04
Papá Noel chegará o sábado a Tomiño na Cabalgata Solidaria organizada por Banta, Banco de Tapóns do Baixo Miño, e o Concello de Tomiño. Chegará ás 11h á praza do Seixo para dar comezo a cabalgata ás 12h na que participarán coches antigos e motos. Haberá un posto de recollida de tapóns.
Ent. Jorge Aldir da Asociación Betún - Programación fin de semana 16 e 17 de decembro 16.12.2016 5:29
Hoxe ás 22h na Asociación Cultural Betún actúan os “Sulfur Giant” que finalizan en Tui o seu primeiro tour europeo presentando o seu último álbum Beyond The Hollow Mountain, tamén estarán os guardeses MilHomes. Entrada socios/as beta 2,5€ betuneiros/as de balde Xa o sábado ás 22h inaugúrase a exposición Ecos da Penumbra, do fotógrafo portugués Miguel Estima. As 22:30, dentro das Sesións HALO, cheg...
Ent. Manuel Caldas, dtor IES San Paio - 25 anos do IES 16.12.2016 6:13
O IES San Paio conmemora mañá sábado, 17 de decembro, ás 12h no vestíbulo do centro os 25 anos que levan o actual emprazamento na rúa Casal Aboy. En 1991 as vacacións de Nadal foron aproveitadas para facer o cambio dende o vello IES San Paio - hoxe Área Panorámica - ao novo centro. Contounolo o director do centro, Manuel Caldas.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda grupos políticos decembro 15.12.2016 20:10
A voceira do BNG e concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, valorou hoxe na nosa sintonía que neste ano e medio de mandato se está avanzando en temas vitais para o futuro de Tui coma a apertura da rúa Ourense e a aprobación de Tui. Recoñecía que se dan pasos pese as dificultades de ter non contado con secretaria municipal durante meses, e tendo en conta que son un goberno en minoría formado por ca...
Ent. Manuel Martínez - Faladoiro sobre o uso de internet e redes sociais 15.12.2016 8:27
Hoxe, dentro da programación dos Faladoiros de Educación organizados polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, celebrarase unha carla relacionada con internet e as redes sociais.
Ent. José Martínez Tato |Andaina Solidaria AndaTui 14.12.2016 10:38
Este domingo celébrase a Andaina Solidaria organizada polo Club AndaTui. Sairá ás 10h hora española da Porta do Sol Nacente de Valença para vir camiñando ata Tui e regresar ao punto de partida, tras percorrer 8 quilómetros de dificultade doada.
Ent. Manuel González Vázquez de CsT - Rolda cos grupos políticos decembro 2016 13.12.2016 19:10
O voceiro de Ciudadanos Tudense, Manuel González Vázquez, estivo hoxe na RMT dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Foi crítico coa xestión do goberno neste ano e medio e apuntou coma prioridades a aprobación do PECH, e resolver o problema de aparcamento no casco urbano. A rúa Ourense, a Área Metropolitana, ou as conversas co PP para...
Ent. Rubén López - Concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui 13.12.2016 9:58
Este xoves o Teatro Municipal de Tui acollerá a celebración do Concerto de Nadal do Conservatorio de Música tudense. Este ano a gran novidade é a presentación do novo piano adquirido polo concello de Tui. Un instrumento único en España e que permitirá gozar da música dos pianistas tudenses.
Ent. Sergio Alonso - Actividades do Betún para esta fin de semana 09.12.2016 4:18
Esta noite no Betún será noite de Discobeta unha selección musical betuneira feita polos propios socios. Mañá sábado, ás 22h, chega o concerto de La Rock - Blues Band, un grupo que fai versións de diferentes grupos pasando polos estilos do rock, pop, blues, soul.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.