Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Gemma Marqués - A Casa Taller da Guarda ofrece novos cursos 19.01.2017

A Casa Taller da Guarda impartirá este sábado un curso de Theremin, instrumento electrónico que soa sen tocalo fisicamente. Será teórico e práctico e rematará pola tarde cun concerto con proxeccións audiovisuais.

Ent. Helena Rodríguez, coordinadora de Educación vial da DXT - Xornadas de educación vial 19.01.2017

Alumnado do CEIP nº1 e nº2 de Tui asisten dende hoxe a unha Xornadas de Seguridade Vial organizadas pola Concellería de Seguridade do Concello de Tui coa colaboración da DXT e da Policía Local. Helena Rodríguez, coordinadora de Educación vial da Xefatura de Tráfico de Pontevedra, explicaba que esta mañá explicaron xa aos cativos os contidos teóricos desta campaña e logo fan prácticas do aprendido...

Ent. Juan Señoráns e José Ramón Magán |Charla sobre a mediación 18.01.2017

A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá este venres, 20 de xaneiro, ás 18h unha charla sobre a mediación. Os asistentes á charla poderán coñecer polo miúdo coma a mediación pode axudar na resolución de conflitos, sendo un medio alternativo ou complementario a un proceso xudicial aplicable no ámbito familiar, empresarial, de comunidades de veciños.

Ent. Mª José González, concelleira de Cultura - Balance cultural de 2016 18.01.2017

A concellería de Cultura de Tui vén de facer público o balance da actividade cultural desenvolvida no Teatro Municipal ao longo de 2016. A concelleira María José González, valorou positivamente os datos do pasado ano no que 20.000 espectadores pasaron polo Teatro Municipal, e avanzou que en breve presentarán a nova programación.

Jorge Marcote Gil - Curso Viticultura na Aula UNED de Tui 13.01.2017

Este luns comeza na Aula Uned de Tui un curso de introducción á viticultura. O obxectivo do mesmo é introducir ao alumno no coidado e cultivo da viña, prestando atención ás variedades vitivinícolas galegas.

Programación desta fin de semana co Betún - Jorge Aldir 13.01.2017

Esta noite a Asociación Cultural Betún comezará a festa co seu encontro mensual de música improvisada, a Jam Session. Será a partir das 21h. Pola súa parte, o sábado a cita será dobre. Pola tarde, de 17 a 20h celebrarase un obradoiro de Theremin. Contará cunha breve introdución a este instrumento único seguido de demostracións e explicacións de funcionamento. Ten un custe de entre 8 e 10€. Xa na n...

Ent. Piño Gómez - Coloquio Rally Solidario polo norte de África 13.01.2017

Unha semana e máis de 5.000 quilómetros polo deserto e o norte de África. Todo para levar mantas e material escolar aos habitantes da zona. Esa é a experiencia que mañá Piño Gómez, xunto a outros compañeiros de Conrazones, relatará nunha charla no Centro Cultural da Guarda. Hoxe o presidente da asociación pasou polos nosos estudios para contarnos a súa experiencia.

Ent. María Reboreda - Obradoiro de relaxación dentro de Faladoiros de Educación 12.01.2017

A Área Panorámica acolle ás seis desta tarde o cuarto Faladoiro de Educación organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Nesta ocasión a actividade consistirá nun obradoiro de relaxación a cargo de María Reboreda e Javier Cebada. María Reboreda explicaba que no obradoiro desta tarde búscase establecer un protocolo de técnicas asociadas ao ioga para coñerse a un...

Ent. Margarita Pino - Actividade da Aula Uned de Tui 12.01.2017

Aula da UNED de Tui inicia a actividade deste primeiro trimestre de 2017 cun curso de iniciación á viticultura que comeza o próximo luns. O obxectivo do mesmo é introducir ao alumno no coidado e cultivo da viña, prestando atención ás variedades vitivinícolas galegas.

Ent. Laureano Alonso - Concelleiro Turismo - Balance turístico en Tui 2016 11.01.2017

Durante o ano 2016 un total de 54.466 persoas demandaron información turística na Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada na praza de San Fernando, e no Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada. Dende o Concello fan un balance moi positivo, xa que case duplica a cifra rexistrada en 2015, con 28.082 consultas, cando o período de cómputo foi menor abrindo a oficina só de abril a d...

Ent. II Mostra da Camelia Cidade de Tui 10.01.2017

65 expositores danse cita esta fin de semana na II Mostra da Camelia Cidade de Tui que se vai celebrar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. Será inaugurada o sábado ás 12.30h e poderá visitarse o sábado de tarde e o domingo todo o día. Agárdanse centos de visitantes.

Ent. Sol Vázquez - Directora xeral de Comercio e Consumo 10.01.2017

A campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar os consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ás cláusulas chan chega a Vigo.

Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade do Concello de Tui - Cabalgata e Policía Local 05.01.2017

O concelleiro de Seguridade do Concello de Tui, José Ramón Magán, falou hoxe do control do tráfico na Cabalgata de Reis que se celebra esta tarde, logo de que 6 dos 8 axentes se negarán a facer horas extras esta tarde. Tamén da situación da Policía Local.

Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Cabalgata de Reis 2017 05.01.2017

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán dende ás 18h as rúas de Salceda xunto co carteiro Real para ir ata a Praza do Concello, onde recibirán a todos nenos e nenas que queiran achegarse a saudalos. Teresa Pérez, concelleira de Cultura, deunos conta dos pormenores.

Cabalgata de Reis Magos 2017 en Tui - María José Gzlz. - Concelleira de Cultura 05.01.2017

A concelleira de Cultura de Tui, Mª José González da conta dos horarios e percorrido da cabalgata de Reis Magos.

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Cabalgata de Reis 2017 05.01.2017

Tras varios anos sen celebrarse hoxe os Res Magos volven percorrer Oia na súa Cabalgata que saiu xa ás 11h dende Mavia. Rematarán ás 17h no pavillón do colexio Mestre Manuel García

Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Cabalgata de Reis 2017 05.01.2017

Ás 16.30h sae do Alivio ata a Praza do Seixo a Cabalgata de Reis. Logo recepción, entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patíns, drons... Cristina Martínez é a concelleira de Cultura de Tomiño.

Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Cabalgata de Reis 2017 05.01.2017

Ás 18h sairá dende a Alameda da Guarda a Cabalgata de Reis para realizar un percorrido polas rúas guardesas que os levará ata a praza do Reló. A continuación terá lugar a recepción real na Casa dos Alonsos. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura da Guarda, Elena Baz.

Ent. Jorge Aldir, da Asociación Cultural Betún - Programación 7 de xaneiro 05.01.2017

A Asociación Cultural Betún acolle o sábado 7 de xaneiro ás 21.30h a inauguración da exposición de María Galán, e a continuación concerto de Radón. Contounolo Jorge Aldir.

Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis 2017 05.01.2017

No Rosal os Reis Magos foron os máis madrugadores da comarca porque xa antes das 10h visitaban aos nenos da Escola Infantil. Dende aí iniciaron un percorrido por todo o municipio que rematará ás 17h na Praza do Calvario onde estarán Mickey e Minie Mouse, e haberá chocolate. E coma novidade os cativos terán un agasallo dos Bolechas.

Lembranza de Manuel Vázquez de la Cruz a Tante 04.01.2017

Manuel Vázquez de la Cruz fixo hoxe na nosa sintonía unha lembranza de Tante.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, xerente Xacobeo - Balance 2016 02.01.2017

Excelentes datos os do Camiño de Santiago, en todos os percorridos, os rexistrados ano longo de 2016. Uns datos que valoraba o xerente do Xacobeo, o tudense Rafael Sánchez Bargiela. Arestora traballan no mantemento e sinalización de todos os camiños.

Ent. Jorge Aldir, Aloia Martínez e Javier Marcos - Concerto de fin de ano na praza de Fromista 30.12.2016

A praza de Frómista acolle dende ás 20h o concerto de Fin de Ano organizado pola asociación cultural Betún coa colaboración do concello de Tui a través das concellería de Ensino e Cultura e de Patrimonio. Actuará o coro Mistura Vocal e Javier Marcos Trío, e haberá postos de comida e chocolate quente. Falamos deste evento con Jorge Aldir de Betún, Aloia Martínez, directora de Mistura Vocal, e Javie...

Ent. Mª José González, concelleira de Ensino e Cultura - Actuacións nos centros educativos 29.12.2016

O Concello de Tui acometeu ao longo deste ano distintas obras de mantemento nos centros educativos tudenses coma o pintado, arranxo de canalóns, patios... a concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, fixo hoxe na nosa sintonía balance destes traballos.

Ent. Mª Pilar Glez, Ana Sánchez e Pepín Solleiro - Protectora de Animais Aloia 27.12.2016

Dende o 1 de decembro a Protectora de Animais Aloia está ao fronte do refuxio de animais de Guillarei. Eles encárganse da recollida de cans abandonados e dos seus coidados e alimentación no refuxo. Teñen en marcha unha campaña de socios, entre outras iniciativas das que hoxe nos deron conta Mª del Pilar González Pereira, presidenta; Ana Sánchez Diz, secretaria; e Pepín Solleiro, tesoureiro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.