Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Carlos Dima - Actividades Betún para esta fin de semana 10.02.2017 4:58
A Asociación Cultural Betún no conxunto histórico de Tui programou dous concertos para esta fin de semana. Hoxe ás 20h chegan os Winter Project, que presentarán algúns temas do seu primeiro traballo “Winter Time”. Mañá sábado, tamén ás 22h, chega ata o Betún Sheila Patricia para presentar o seu EP “El camino de los sueños". No mesmo destacada a canción de autor, o fado, bolero e o folclore galego...
Ent. Francisco Plaza e Miguel Rodríguez | O Parador de Tui volve á actividade mañá sábado 10.02.2017 14:37
O Parador de Tui volverá abrir as súas portas mañá sábado tras un mes de parón invernal. Esta medida, que xa se levara a cabo nos últimos anos por mor da crise e co gallo de evitar as perdas económicas nos meses de tempada baixa, reduciuse este ano de forma drástica grazas aos bos datos do parador tudense. Dos tres meses que permaneceu pechado no 2016 pasouse a apenas un mes neste 2017.
Ent. Fran Núñez - 'Don Quixote, unha aventura gastronómica' no Teatro Municipal de Tui 08.02.2017 4:02
“Don Quixote, unha comedia gastronómica” trátase dunha obra cun gran percorrido con máis de 200 representacións en España, Francia, Brasil e Portugal que agora se renova en Tui cunha montaxe novidosa nunca antes vista. Por primeira vez, Fran Núñez subirase ao escenario xunto ao público asistente nun espectáculo áxil, cómico e íntimo. Dirixida ao público infantil e familiar, os espectadores poderán...
Ent. Jesús González, xerente de Utingal - Aposta polo I+d+i 08.02.2017 13:37
A empresa tudense Utingal, vai crear un sistema robotizado para mellorar a calidade das pezas aeronáuticas no macizado das mesmas. Trátase de aplicar o I+d+i na fabricación destas pezas. Jesús González, xerente de Utingal, explicaba este proceso que aplican as pezas e que permite grazas á robotica minimizar os tempos de fabricación. Neste sistema Utingal é pioneira no mundo. Para levar a cabo o in...
Ent. Carlos Balea - Nova campaña do Banco de Tapóns do Baixo Miño 08.02.2017 9:53
O Banco de Tapóns do Baixo Miño iniciará nos vindeiros días unha nova campaña para axuda para un neno de Barrantes de 11 anos e con parálise cerebral. En total, arestora a asociación acumula 30 tonelada de tapóns dos que espera dar saída para axudar a este cativo. Pero ademais, alén das campañas específicas, Banta tamén iniciará unha estreita colaboración con diferentes asociacións da contorna, co...
Ent. Juan Carlos Blanco - Campaña do día dos namorados 07.02.2017 10:11
Dende o pasado mércores e até o día 14, a Asociación de Comerciantes de Tui, ten en marcha a súa campaña especial co gallo do día dos namorados. Todas as compras de máis de 10€ realizadas nalgún dos 71 establecementos colaboradores participarán nun sortea dunha fin de semana para dúas persoas nun balneario.
Ent. Fernando Ferreira, pte. Asoc. Pescadores do Río Miño - Temporada meixón e lamprea 07.02.2017 6:51
Rematou a temporada do meixón do río que foi mellor que a dos últimos anos, tanto en capturas coma en prezos xa que os pescadores puideron pescar todas as lúas segundo explicaba o presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, Fernando Ferreira. Os prezos na última lúa rondaron os 250€ euros o quilo de media, e unha media de 4-5 quilos por barco e lúa. En canto a campaña da lamprea ten un mal...
Ent. Maxi Rodríguez - Faladoiros en Tui: "Educar en positivo" 02.02.2017 6:38
Celebrarase baixo o título “Educando en positivo” a cargo de Maxi Rodríguez Hernández, psicóloga, DEA en psicoloxía evolutiva, procesos cognitivos e dificultades de aprendizaxe e especialista en neuropsicoloxía do Centro de Estimulación e Aprendizaxe Arrolán. No mesmo abordarase a importancia de educar establecendo normas e hábitos pero tamén educando as emocións que nos leven a promover un pensam...
Ent. Carlos Blanco - Menú da Noite no Teatro Municipal 02.02.2017 10:33
Un monólogo debuxado é que chega mañá ás 21.30h ao Teatro Municipal de Tui con Luís Davila e Carlos Blanco. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía o propio Carlos Blanco. Humor 100% galego que nos fará rir e sorrir. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h ou mañá dende ás 20h no despacho de billetes. Por certo que vai a moi bo ritmo a venda.
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Manuel Gomez, mestre composteiro - Composteiros comunitarios 01.02.2017 12:20
O luns poranse en marcha os composteiros comunitarios situados no cruzamento entre a Avda. de Portugal e o camiño do Parador. Hoxe coñecemos cómo funcionan este composteiros e todos os detalles desta experiencia piloto con José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente e Manuel Gomez, mestre composteiro.
Ent. Sonia Mirón - escritora de novela xuvenil 31.01.2017 14:51
A escritora Sonia Mirón pasou polos estudos da Radio Municipal de Tui para falar da súa última novela, "un sol dentro de mí".
Ent. Moisés Rodríguez - Tomará posesión coma deputado autonónomico 30.01.2017 4:20
O excalcalde de Tui, Moisés Rodríguez, tomará posesión nos próximos días coma deputado autonómico onde defenderá os intereses de Tui e da comarca segundo explicaba o propio Moisés Rodríguez. Asume así un novo reto na súa carreira política, pero non deixa de lado o nivel local onde continuará a traballar para a reunificación do PP.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Temas de actualidade xaneiro 2017 30.01.2017 22:05
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, estivo esta mañá no programa Día a Día onde abordou distintos temas da actualidade coma a moción de censura que se plantexaba sobre a dereita. Amousou tamén o seu descontento coa promoción realizada polo Camiño pola Costa sen ter en conta ao Camiño Portugués por parte da Deputación e da Xunta. Tamén falou da situación na Policía Local.
Ent. Jorge Aldir - Actividades do Betún para a fin de semana do 27 de xaneiro 27.01.2017 5:11
Jorge Aldir presenta as actividades do Betún para esta fin de semana.
Ent. Pablo Comesaña - O Play-Doc reforza as actividades formativas 27.01.2017 13:14
O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se celebrará en Tui entre o 22 e o 26 de marzo, reforza este ano a súa aposta formativa coa inclusión de novas actividades.
Ent. Juan Martínez Tato e Juan Nogueira - Futuro das pensións 26.01.2017 9:57
O economista Xavier Pérez Davila achegarase mañá venres a Tui para dar conta da problemática das pensións. Responderá as preguntas de se están garantidas no futuro, como serán e que se debe facer para aseguralas. Juan Martínez Tato é, xunto a Juan Nogueira, voceiro de Modepen, o movemento galego en defensa das pensións públicas.
Ent. Julio Pérez Cela - Acto homenaxe centenario Camilo José Cela 26.01.2017 10:35
O venres terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto de homenaxe a Camilo José Cela co gallo do centenario do seu nacemento. Unha idea que xurdiu da man do seu sobriño, Julio Pérez Cela, por mor da intensa pegada que deixou a cidade no célebre escritor
Ent. Juan Carlos Blanco - Acitui - Saborea Tui e Campaña de Namorados 26.01.2017 7:08
A ruta de petiscos Saborea Tui volverá á cidade entre o 3 e o 31 de marzo. Así o anunciou esta mañá o presidente da Asociación de Comerciantes de Tui -Acitui-, Juan Carlos Blanco. Lembramos que durante a celebración de Saborea Tui os establecementos ofertarán petiscos de balde os venres e sábados entre as 19h e as 23h. Nesta segunda edición presidente de Acitui espera que se superen os 30 establec...
Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio - Peonalización do conxunto histórico 25.01.2017 6:51
A peonalización do conxunto histórico comezará en breve de forma provisional nas fins de semana. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, amosou a satisfacción porque supón a culminación dun longo proceso. Precisamente dende hoxe os veciños poden retirar o mando a distancia das pilonas en Cerezo, na rúa Colón, presentando a resolución que lles remitiu o concello.
Ent. Cielo Martínez - Cláusulas chan 25.01.2017 19:27
A avogada Cielo Martínez explica como facer fronte as cláusulas chan das hipotecas despois das recentes sentenzas do Tribunal Europeo de Xustiza que obriga a toda a banca española a devolver o cobrado por tidas cláusulas.
Ent. Miguel Abreu e Laureano Alonso - Trofeo de Hip Hop e graffiti 24.01.2017 9:54
Esta fin de semana a cultura urbana chega a Tui por partida dobre co I Trofeo de Hip Hop e co Concurso de Graffiti. Por unha banda o pavillón municipal acollerá este domingo o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”. Por outra parte tamén o domingo pero dende as 11:00 celebrarase de xeito paralelo un concurso de graffiti nunha das fachadas do novo pavillón municipal.
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Proposta goberno alternativo 23.01.2017 15:03
Carlos Vázquez Padín, de C21 mantivo conversas con membros destacados do Partido Popular nos últimos días, a iniciativa propia ante o descontento co goberno municipal cuatripartito. Lembrou Vázquez Padín que dende C21 apoiaron a investidura sen condicionantes e coma mal menor. Pero lamentaba que dende o comezo do mandato non houbo un só pacto ou tento de pacto con eles por parte dun goberno en min...
Ent. Iago Ramilo do Betún - Actividades da fin de semana 20-22 20.01.2017 6:34
Na Asociación Cultural Betún presentan triple proposta esta fin de semana. Hoxe ás 22h actúa Palankalama: o cuarteto de Porto achega composicións baseadas na música tradicional/folk de diversas regións e imaxinarios. Mañá sábado tamén ás 22h será a quenda de Pan-Pan Dj, que busca sons e melodías entre o pop, o electro-pop, e outras moitas conxuncións ata chegar até a cumbia e os sons tropicais. Xa...
Ent. Mónica Hermida e Ana Vicente - Charla “Sexualidade, Diversidade e Violencia Machista na Adolescencia” 20.01.2017 16:26
Despégate dos Malos tratos é o titulada da charla que hoxe ás 19h terá lugar no IES de Tomiño, para abordar a prevención das condutas de parella abusivas e violentas. Forma parte do programa “Sexualidade, Diversidade e Violencia Machista na Adolescencia” organizada polo PSOE de Tomiño. Ana Vicente, axente de igualdade e educadora de ADAVAS será a encargada desta charla participativa na que porá o...
Ent. Fernando Ferreira, pte Pescadores do Miño - Temporada da lamprea e do meixón 20.01.2017 7:34
O presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira, comentounos hoxe no programa Día a Día cómo está a ser a temporada do meixón e da lamprea.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.