Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Arquivo Imaxe Municipal 28.02.2017

O Concello de Tui comeza a traballar na creación do arquivo de imaxe municipal co obxectivo de reunir o maior número de fotografías relacionadas con Tui. Búscase facelo dun xeito ordenado, catalogando todas as imaxes para, no futuro, poder poñelas a disposición do público en xeral. Por isto, o Concello fai un chamamento á colaboración dos veciños e veciñas para que aporten ao arquivo todas aquelas...

O Betún pon o disfrace de Entroido esta fin de semana 24.02.2017

O Entroido chega tamén dende hoxe á Asociación cultural Betún. Hoxe a partir das 22h terán unha Jam Session Especial Carnaval, e despois a música correrá por conta Sutta Enki Dub. Mañá sábado dende ás 23h será a quenda de DJGramola.

Ent. Teresa Pérez - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 en Salceda 23.02.2017

Mañá sábado pola tarde volve estar dedicado aos mais cativos cunha festa de disfraces no Parque Raíña Aragonta e as 19:0h concertó da Banda de Música dedicado ao enfrotnamentro entre Castro Barreiro e a Feira. O domingo, día grande a nivel municipal, terá lugar o XIX Desfile de Carrozas e Comparsas, de novo con máis de 1100 participantes repartidos en 12 agrupacións. Teresa Pérez é a concelleira d...

Ent. Cristina Martínez - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 en Tomiño 23.02.2017

En Tomiño dan esta noite o pistoletazo de saída ao Entroido no Baixo Miño. Fanno co Venres de Foliada no que participarán 1.500 persoas chegadas de toda a provincia cun total de 20 comparsas, o máximo establecido. Entre elas están as tomiñesas Estrelas da Noite, Revolución Show, Luces de Bohemia, Ciclón e Alecrín. Ademais, en Goián celebran o seu entroido tradicional co día grande no martes 28 co...

Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Entroido 2017 23.02.2017

Este domingo sairá ás 11h da mañá o desfile concurso de Entroido no Rosal de individuais, grupos, carrozas e carrozas con máis de 400 persoas participando. Rematarán na praza do Calvario. Logo o luns e martes a cita estará en Fornelos co Entroido máis tradicional. Explicábao Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal.

Ent. Elena Baz - Concelleira de Cultura - Entroido 2017 na Guarda 23.02.2017

O sábado A Guarda celebra o “Sábado da mocidade”. A primeira cita do día será ás 17,30 horas, no Centro Cultural, coa proxección do filme Vicky El Vikingo. Xa pola noite a Carpa da Alameda acollerá, ás 23,30 horas, o concerto do grupo pontevedrés Gold and Colt que interpretarán música country-soul. Tras o concerto, á 1 da madrugada, dará comezo unha das novidades deste ano: o Concurso Drag Queen G...

Ent. María José Glez, concelleira de Cultura - 30º Desfile-concurso de Entroido de Tui 23.02.2017

Todo preparado para celebrar en Tui o luns - festivo local- o 30º Desfile Concurso de Entroido no que van participar 17 comparsas de 10 localidades sumando máis de 1500 persoas. Explicábao a concelleira de Ensino e Cultura, María José González.

Ent. Tanía Domínguez - XIV Festival Taíña 23.02.2017

Goián acolle este sábado ás 23h a décimo cuarta edición do Festival Taíña. Sobre o escenario estarán os granadinos Sonido Vegetal, os madrileños Falsa Monea a Compañía do Ruído e os Dj Chukchuy. O festival, coma de costume, é de balde.

Ent. Nani Matos - Director de Lurna, nomeada aos Mestre Mateo 23.02.2017

o guardés Nani Matos está nomeado ao máis importantes premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, que se celebran o 4 de marzo na Coruña. Faino coa curta estreada o ano pasado, Lurna, que conta a historia da inmigración, moitas veces oculta e invisible aínda que suceda ao noso carón. Trátase dunha curtametraxe de 15 minutos pero que contén grandes doses de realidade documental. O guardés así o...

Ent. Uxío Martínez - Actividades de escalada e entroido do Club Tideo 22.02.2017

Esta fin de semana os nenos e nenas de Tui terán a oportunidade de participar nun certame de escalada e en diversas actividades e deportivas co gallo do aniversario do Club Tideo.

Ent. Ana Da Orden - Charla cláusulas chan en Tui 22.02.2017

A Sala Félix da Área Panorámica de Tui acolle hoxe unha xornada informativa sobre cláusulas chan e gastos hipotecarios. A actividade titulada Que podo facer ante unha cláusula chan? será impartida por técnicos da Unión de Consumidores de Galicia. A xornada informativa será ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Ent. Jesús Asorey - Asoc. Galega de Apicultura - Desaparición das abellas 20.02.2017

Aumenta a preocupación internacional pola desaparición das abellas debido a a grave situación que viven: cambio climático, contaminación e especies foráneas poñen en perigo as abellas.

Ent. Jorge Salgueiro Mendes, pte da Cámara de Valença - Festividade de San Teotonio 17.02.2017

Valença celebra mañá, 18 de febreiro, o seu festivo local na honra a San Teotonio. Farao cun amploi programa que comezará na Coroada na Fortaleza e proseguiría en Ganfei na inauguración do CIL, o Centro de Innovación e Logística. Contarán coa presenza do presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, que recibirá a chave de ouro do municipio.

Ent. Eva Soriano - La Canica Teatro - Sirenita 17.02.2017

Mañá será todo un clásico da literatura infantil o que chegue ao teatro tudense. Será a Sireniña de Andersen pero cunha versión realizada por Pablo Vergne coa compañía La Canica de Madrid. A cita será ás 19:00 horas destinada a público familiar e infantil.

Ent. Cándido Pazó - Director do Tolleito de Inishmaan 17.02.2017

Hoxe ás 21.30h Contraproducións presenta “”O Tolleito de Inishmaan”. Esta é unha comedia negra, “ácida e amarga”, que presenta unha ampla diversidade de pintorescos personaxes que viven as súas cativas vidas como poden e como saben. . E xunto a eles, un eivado, un ser desfavorecido que ten a arela de transcender desa pequena cárcere que supón a illa na que habita e lograr o seu soño de ser valorad...

Ent. Sergio Alonso - Citas co folk, o grunge e o metal no Betún 17.02.2017

Hoxe ás 22h chega Palankalama, un cuarteto de Porto dedicado á música instrumental. As súas composicións baséanse na música tradicional/folk de diversas regións e imaxinarios. Mañá tamén ás 22h será a quenda da banda anglo-guardesa The Loopholes formada por Bruce Salinas e Daniel Alonso. Destilan un son moi contundente de natureza folk pero con reminiscencias grunge ao metal.

Ent. Isilda Salvador - Rutas turísticas guiadas por Valença 16.02.2017

Este domingo ás 9:30 hora portuguesa, 10:30 hora galega, terá lugar en Valença a primeira ruta turística do programa Caminhos da Cultura que se desenvolverá ao longo de todo o ano. A cita consistirá nun roteiro pola cidade en torno á figura de San Teotonio, patrón de Valencia nacido na cidade en 1082. A ruta, que será en bicicleta, levará aproximadamente 3 horas e contará con guía en portugués e c...

Ent. Marga Romero, pta IEMS - Ciclo de conferencias “A actualidade dende Sobredo”. 16.02.2017

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo organiza un ciclo de conferencias baixo “A actualidade dende Sobredo”. A primeira cita será mañá ás 19h na Sala de Conferencias do antigo Convento de San Domingos coa Conferencia “Galiza, unha das primeiras nacións de Europa” a cargo de Camilo Nogueira Román, político e pensador galego. A presidenta do instituto, Marga Romero, falounos desta inic...

Ent. Fátima García - Chirlomirlo Centro de Ocio Infantil e Familiar 15.02.2017

Hoxe coñecemos máis de preto ao Centro de Ocio Infantil e Familiar Chirlomirlo que hai uns meses abriu na planta cero do Outlet Tui. Fátima García deunos conta dos servizos e actividades que organizan

Ent. Begoña Ibarrola - II Semana da Educación 15.02.2017

Ás sete desta tarde no Audiotorio de Goián Begoña Ibarrola (Bilbao), licenciada en Psicoloxía, terapeuta infantil, investigadora, escritora e docente falará de “Aprender a ser un mesmo e unha mesma e a convivir en harmonía: claves para cambiar o mundo”. Dentro da II Semana da Educación de Tomiño.

Ent. Pablo Comesaña, produtor Play-Doc - Colaboración comercios e voluntarios 14.02.2017

A colaboración do comercio local, o prazo de inscrición para os talleres do festival, a recollida de pezas audivisuais en Super 8 e a campaña de colaboradores voluntarios en Play-Doc, foron os temas abordados polo produtor do festival, Pablo Comesña, na nosa sintonía. Anota as datas de Play Doc: do 22 ao 26 de marzo.

Ent. Alberto Ruano - Gas radón no Baixo Miño 13.02.2017

O 20% das vivendas de Tui, Tomiño e o Rosal superan os 300 becquerelios por metro cúbico de gas radón, o tope fixado pola normativa europea. Este gas, con gran presenza no noroeste peninsular, é o principal factor de risco do cáncer de pulmón despois do tabaco e o primeiro naquelas persoas que nunca fumaron.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - II Semana da Educación 13.02.2017

Hoxe comeza a II Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño, que se celebrará ata este xoves no Auditorio de Goián. Na mesma abordaranse estratexias para ensinar e aprender con intelixencia emocional e lograr, deste xeito, menos fracaso escolar. Desta semana da Educación falábanos a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Incidía a rexedora en que en Tomiño queren destacar pola súa apost...

Ent. Felicitas Iglesias - Actividades Asociación Párkinson Baixo Miño 13.02.2017

Este xoves, ás 18h, a Asociación de Párkinson do Baixo Miño celebrará Asemblea Ordinaria na que se exporá o estado de contas do exercicio 2016, e se votará o plan de actividades e orzamento para o 2017. A continuación, ás 19h, proxectarase na Sala Félix, Área Panorámica de Tui, o documental El Tiempo nublado.

Ent. Jose Monte | Visitas guiadas en Valença 10.02.2017

Este domingo, 19 de febreiro, Valença inicia un programa de visitas guiadas que se desenvolverán a razón de unha por mes até final de ano. A deste domingo percorrerá Valença seguindo a vida de San Teotonio, patrón da cidade. A inscrición ten un custe de 5€, e inclúe degustación, seguro, guías e auga. As guías serán en portugués e español.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.