Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enriqueta Sanmartín Carbón e Ana Cabildo Quintás, xuízas - Campaña Pola Igualdade Real 14.03.2017 22:20
Dentro da campaña pola Igualdade Real hoxe conversamos coasdúas xuízas que están ao fronte dos xulgados de instrución nº1 e nº2 de Tui Enriqueta Sanmartín Carbón e Ana Cabildo Quintás. Pese aos avances producidos nos últimos anos recoñecían que queda moito por facer. E salientaban a importancia de ter en conta o mérito e capacidade das persoas non se son homes e mulleres. A educación xoga para as...
Ent. María Clara Lorenzo Núñez, mecánica - Campaña Pola Igualdade Real 13.03.2017 16:02
Mecánica, fontaneira... son algúns dos oficios realizados habitualmente por homes nos que traballou María Clara Lorenzo Núñez, a nosa convidada de hoxe na Campaña Pola Igualdade Real. Tras ter traballado e vivido en Alemaña non entende as diferencias que aquí seguen existindo entre homes e mulleres en moitos ámbitos, entre eles os laborais e salariais.
Ent. Ángel Sánchez, dtor Play-Doc - 9 días para o inicio do festival 13.03.2017 9:58
Continuamos a conta atrás para Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, estamos a 9 días do comezo e ao longo desta semana iremos coñecendo con detalle todo o que poderemos disfrutar do 22 ao 26 deste mes. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, falounos hoxe dos concertos que se celebrarán o venres 24 e o sábado 25 na Sala Metropol. O venres 24 poderemos disfruta...
Ent. Ángel Sánchez, codtor, e Brais Romero da Cuarta Parede - Seminarios e obradoiros 10.03.2017 7:56
Quedan once días para que comece Play-Doc. Un festival que nos ofrece o mellor do documental pero tamén formación ao través de diversos obradoiros. Un deles é o Seminario da Crítica organizado xunto á Cuarta Parede, pero tamén o se celebrará o taller de Super 8 e o encontro con Marta Andreu “O primeiro xesto documental”. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc deunos conta desta aposta xunto a Brais...
Ent. Artur Trillo, Talía Teatro - Foucellas, este sábado en Tui 10.03.2017 6:32
O drama dun home que observa como a súa loita cae en saco roto como escusa para falar da xestión da esperanza e a administración da derrota, aínda cando un sabe que a súa causa está esgotada. Da esperanza e da derrota en tódolos ámbitos da vida e actualizada dende a figura do Foucellas, un guerrilleiro e maquis galego, Benigno Andrade García, que rematou asasinado en 1952 despois de loitar contra...
Ent. Gilberto Carlos, dtor do curso de arquitectura e urbanismo da ESG - Mesa Redonda Tui 2020 10.03.2017 5:38
Hoxe ás 19:00h a Área Panorámica, acollerá unha mesa redonda “Tui 2020: contribucións á evolución da cidade” coa que se clausura a exposición que a Escola Superior Gallaecia, ESG, de Vila Nova de Cerveira presenta en Tui dende o pasado mes de xaneiro. Gilberto Carlos, director do curso de arquitectura e urbanismo da ESG; deunos conta desta proposta.
En. Ángela Vidal, arquitecta - Campaña Pola Igualdade Real 10.03.2017 15:22
Ángela Vidal foi das primeiras arquitectas na comarca en abrir o seu propio estudo independente. Hai 26 anos que comezou a traballar nun sector, o da construción, dominado polos homes. Nestas case tres décadas de traballo avanzouse positivamente no seu campo na igualdade da muller aínda que tamén recoñecía que ten notado un retroceso no trato cara a muller nas novas xeracións.
Jam Session e música arxentina, esta fin de semana no Betún 10.03.2017 3:17
No Betún hoxe venres celebran a tradicional Jam Session de cada primeiro venres de mes que foi aprazada até esta noite. Boa música e improvisación total é a idea chave desta noite. Pola súa parte, tamén ás 22h pero mañá, a cantautora Miriam Sandoval interpretará a mellor música arxentina coa súa gran riqueza poética coincidindo co Bicenenario da Declaración de Independencia do país.
Ent. Eduardo Fernández, dtor Técnico - VI BTT Eurocidade 09.03.2017 6:57
1.200 ciclistas participarán este domingo na VI BTT Eurocidade que sairá ás 9h dende o Paseo da Corredoira, a onde volverá sobre ás 10h. O participantes elixirán entre unha ruta de 46 quilometros e outra de 73 Km.
Ent. Zaida Diz, enxeñeira mecánica - Campaña pola igualdade real 09.03.2017 16:12
A tudense Zaida Diz Méndez, enxeñeira mecánica que traballa na empresa Utingal, foi hoxe a nosa convidada na rolda de entrevistas da campaña "Pola igualdade real". Considera que é moi importante o papel da educación na igualdade de xénero, ao tempo que destacaba que se deberían apoiar políticas de incorporación da muller ao mundo laboral, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.
#SaboreaTui - Bar Antoxo e Vello Cabalo Furado 09.03.2017 6:06
Hoxe repasamos os petiscos que ofrecen o bar Antoxo e o Vello Cabalo Furado co gallo do Saborea Tui que se celebra entre as 19h e as 23h dos venres e sábados no mes de marzo.
Ent. Manuel Vázquez e José Ángel Paramos - Homenaxe a Tante 09.03.2017 7:45
O 19 de marzo, o Balenario de Caldelas acollerá un acto de homenaxe ao que fora director do IES San Paio de Tui, Constantino Fernández Rodríguez, Tanto, quen finou neste pasado mes de xaneiro. O acto terá lugar ás 18:00 horas e busca converterse nun evento de lembranza ao querido mestre, con música e baile para celebrar a súa figura.
Ent. Aida Valiño, triatleta - Campaña Pola igualdade real 08.03.2017 13:31
Muller, deportista e nai. Coa triatleta Aída Valiño comezamos hoxe rolda de conversas con mulleres dentro da campaña “Pola igualdade real”. Ela falounos da súa experiencia coma deportista profesiona, pero tamén da súa percepción da situación da muller na sociedade.
Conlaser pecha en Tui e obriga aos seus clientes a desprazarse a Portugal 08.03.2017 8:19
Un centenar de persoas viuse afectada polo peche repentino e sen explicacións dun establecemento de coidado e estética situado en Tui. Trátase de Conlaser, unha empresa con sede en León e que conta con centros en diferentes provincia españolas. Os afectados, que compraran bonos de depilación a longo prazo por adiantado, viron como dun día para outro o establecemento pechaba e se lles suxería que d...
A terceira xornada do programa Enredos, este venres no Espazo Xove de Tui 08.03.2017 9:16
Este venres continúan as xornadas do programa Enredos no Espazo Xove de Tui. Esta terceira xornada está destinada ao asesoramento para a participación en programas xuvenís. e nomeadamente no Iniciativa Xove da dirección xeral de Xuventude. Neste programa, facilítase a posibilidade de subvención do 100% de proxectos presentados por asociacións e grupos informais.
Ent. Sandra González, Patricia Rodríguez, Beatriz Rodríguez, Natalia Peixoto 03.03.2017 17:21
Esta fin de semana Goián acolle a celebración da XIV Mostra de Cultivos do Baixo Miño organizada polo Concello de Tomiño e AcuBam. Como en edicións anteriores, o sábado está dirixido ao público profesional namentres que o domingo será para o público en xeral.
Ent. Jorge Aldir - Actividades do Betún para esta fin de semana 03.03.2017 6:38
Como cada fin de semana repasamos as citas musicais coa Asociación Cultural Betún. Desta vez a oferta e triple, tanto hoxe, como mañá sábado e o domingo.
Ent. Laura Sarasola, dtora Caramuxo Teatro - Feo! 03.03.2017 4:40
Un parrulo de goma de cor azul marca a diferencia nunha fábrica de patiños de goma onde todos son amarelos. Esta é a historia que Caramuxo Teatro presenta ás oito desta tarde no Teatro Municipal de Tui. Está inspirada no clásico do “Parrulo Feo” de Andersen dirixida por Laura Sarasola e interpretada por Juan Rodríguez. Esta montaxe valeulles o ano pasado o premio Marías Casares ao Mellor Espectácu...
Ent. María José González, concelleira de Cultura - Enterro do Bacallau 03.03.2017 4:31
Este domingo, 5 de marzo, celébrase o Enterro do Bacallau en Tui. Sairá ás 19.30h dende a praza de San Fernando para rematar na traseira da Área Panorámica.
Ent. Juan Carlos Blanco e Emilio Vilar - Roteiro de petiscos Saborea Tui 02.03.2017 9:26
Este venres arranca oficialmente Saborea Tui, o roteiro de petiscos por 23 establecementos de Tui. Co obxectivo de dinamizar e potenciar o sector hostaleiro, os diferentes establecementos ofrecen petiscos creativos de balde xunto coa consumición. A promoción ten lugar durante os venres e sábados de marzo entre as 19h e as 23h. Juan Carlos Blanco é o presidente de ACITUI.
Ent. José Martínez Tato - Charla informativa sobre a vespa velutina 02.03.2017 6:39
Este sábado, 4 de marzo ás 19:00 horas, a Sala Félix da Área Panorámica, acollerá a charla informativa “Stop Velutina”, organizada pola concellería de Medio Ambiente do Concello de Tui e a Asociación Galega de Apicultura.
A VI BTT da Eurocidade vai camiño de rachar cos récords de particiación históricos 01.03.2017 11:42
A VI BTT da Eurocidade que se celebrará o domingo 12 de marzo pola mañá ten vistas de converterse nun éxito de participación rachando con tódolos récords históricos. Esperase superar o milleiro de participantes nalgunha das dúas modalidades. O prazo de inscrición está aberto até o 6 de marzo.
Ent. Laureano Alonso e Belén Guisande - II Feira Alternativa San Carnaval 01.03.2017 7:02
O Paseo da Corredoira de Tui acolle este domingo, 5 de marzo, de 10.30h a 21h a II Feira San Carnaval organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas con carácter solidario a beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño e a protectora de animais de Tui Aloia. Na mesma participarán máis de 50 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda...
O Play-doc anda na procura de voluntarios! 01.03.2017 6:46
Como cada ano o Festival Internacional de Cine Documental de Tui abre as portas para o voluntariado. Os mozos e mozas que queiran participar como voluntarios na organización do festival deben poñerse en contacto a través de produccion@play-doc.com. Unha experiencia que lles permitirá coñecer dende dentro como funciona un evento destas características. Pablo Comesaña é o productor de Play Doc.
Ent. Inés Gontad, Carmen Guerrero, Carlos Laíñez, Cecilio Chaves e Pepe Palacios 28.02.2017 9:23
Dende o pasado venres e ata o 14 de marzo podemo visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a exposición “Hilo, conexiones de norte a sur”. Na mesma cinco artistas afincados en Cadiz presentan a súa obra, da mesma falaban en declaracións á Radio Municipal de Tui. Escoitamos a Inés Gontad, Carmen Guerrero, Carlos Laíñez, Cecilio Chaves e Pepe Palacios.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.