Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Fernando Groba - III Encontro Minho-Galiza 31.03.2017

Este sábado celébrase o III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.

Ent. Emilio Vilar - Cafe Museu de Tui - SaboreaTui e Gañadores campaña día do Pai ACITUI 30.03.2017

Emilio Vilar fai balance do SaboreaTui e explica o petisco feito polo Café Museu de Tui. Ademais, Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui da conta dos gañadores da campaña do día do pai.

Ent. José Manuel Sousa de APTUI - leno remanente de tesourería 30.03.2017

Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos ante o pleno de esta tarde. Con respecto aos proxectos con cargo ao remanente de tesourería, o voceiro de Alternativa Popular de Tui, José Manuel Sousa, sinalou que a primeira proposta do goberno municipal era "inasumible e que hai que priorizar as actuacións".

Ent. María José González - Abrazo colectivo ao río Miño e 131 aniversario da Vella Ponte Internacional 30.03.2017

Mil escolares de Tui e Valença participan no abrazo simbólico na Vella Ponte Internacional que terá lugar ás 11:30 horas desta mañá co gallo de celebrar o 131 aniversario da ponte. Serán 800 nenos e nenas de Tui e 200 de Valença os que protagonizarán esta conmemoración na que se soltarán 131 pombas e se cantarán dúas cancións para celebrar a unión da Eurocidade.

Ent. Javier Rivadulla - Exposición fotografías antigas en San Telmo 30.03.2017

Conservar a memoria colectiva de Tui a través das fotografías é un dos obxectivos da exposición “Fotografía antiga de Tui” que co gallo das festas de San Telmo se realizou o ano pasado e que este ano, tras o éxito da primeira edición, poderemos volver a disfrutar do 15 ao 24 de abril. Javier Rivadulla, creador da páxina “Fotografía antiga de Tui” falaba desta iniciativa con José Font no programa D...

Ent. Miguel Capón Rey, concelleiro Eurocidade - Reunión Eurocidades 30.03.2017

O concelleiro da Eurocidade de Tui, Miguel Capón Rey, asisitu hai uns días en a unha reunión na que participaron as cinco eurocidades que existen na península ibérica.

Ent. Miguel Capón Rey de AtT - Pleno remanente de tesourería 29.03.2017

Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos ante o pleno que mañá celebra a corporación municipal, ao que se levan proxectos con cargo ao remanente de tesourería. O voceiro de Alternativa Tudense e membro do equipo de goberno explicaba esta mañá que finalmente irán só 4 proxectos nos que houbo unanimidade en comisión, e quedaron sobre a mesa outros que se plantexaban inicialmente vi...

Ent. Antonio Fernández Rocha, voceiro do PP - Remanente de tesourería 28.03.2017

O voceiro do Partido Popular, Antonio Fernández Rocha, compareceu hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas que estamos a manter previo o pleno ordinario deste xoves, onde irá un expediente de créditos con cargo ao remanente de tesourería.

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de CST - Remanente de tesourería 24.03.2017

Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses, compareceu hoxe na nosa sintonía na rolda que estamos a manter previa ao pleno da próxima semana ao que irá un expediente de créditos con cargo ao remanente de tesourería. O líder de Ciudadanos Tudenses indicou que haberá algúns proxectos que apoien, pero outro consideran que teñen contías moi elevadas e mentres non coñezan con detalle a pro...

Ent. Jose Juan Sio Castro - Medalla ao promotor da Protección Civil de Tui 24.03.2017

O promotor e membro do equipo inicial da Protección Civil de Tui fai 25 anos será distinguido oficialmente pola súa labor no corpo de voluntarios tudense. Mañá sábado, recibirá a cruz de servizos distinguidos na categoría de bronce. Un recoñecemento que agradeceu esta mañá nos micrófonos da Radio Municipal de Tui.

Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Pleno remanente de tesourería 23.03.2017

Ao pleno da próxima semana, xoves 30 de marzo, irá un expediente de créditos con cargo ao remanente do tesouería para a execución de diversos proxectos. Carlos Vázquez Padín de C21 aposta por facer un plan plurianual de investimento e redibilizar eses cartos, case 9 millóns de euros, mentres non se invisten.

Ent. Santiago López e Miguel Rodríguez - SaboreaTui 23.03.2017

Continúamos co repaso polos establecementos participantes no Saborea Tui durante este mes de marzo. Hoxe cos petiscos do Parador de Tui e de Pizza Plus.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Implantación da Administración Electrónica 22.03.2017

A implantación da Administración Electrónica que hoxe comeza coa dixitalización do rexistro de entrada supón a modernización da administración en palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro. O proceso irase completando ao longo das próximas semanas.

Ent. Sara García e Ángel Sánchez directores Play-Doc - Xornada inaugural 21.03.2017

Unha peza de danza a cargo de Javier Martín e a,proxección da película de culto “On the Bowery” darán mañá o pistoletazo de saída á programación deste 2017 de Play-Doc. A cita será ás 20.30h no Teatro Municipal coa sesión inaugural con entrada de balde, na que dende o Festival Internacional de Documentais de Tui agardan o respaldo do público. Sara García e Ángel Sánchez son os seus directores.

Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e José Diéz de Efectos - Concurso de Pintura 21.03.2017

Achegar aos artistas da zona un certame no que pintar Tui e a comarca do Baixo Miño é o obxectivo do Concurso de Pintura convocado por ACITUI. Do mesmo faláronnos hoxe o seu presidente, Juan Carlos Blanco, e José Diéz, de Efectos.

Ent. Fernando Cerezo e alumnos - Día do Seminario 17.03.2017

O próximo luns celébrase o Día do Seminario. Por ese motivo visitáronnos Fernando Cerezo, rector do Seminario Menor de Tui , e algúns do alumnos. Faláronnos do centro das actividades que realizan para celebrar este día.

Ent. Nacho García - Obradoiro de Marcha Nórdica 17.03.2017

O 31 de marzo a aula da UNED de Tui acolle un obradoiro gratuíto de Marcha Nórdica a cargo de Nacho García. No mesmo poderemos coñecer qué a Marcha Nordica, a súa técnica ou os seus beneficios.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro e Belén Guisande - II Feira San Carvanal 17.03.2017

Máis de 80 postos de artesanía, antigüidades, produtos ecolóxicos, sobremesas, coiro, bixutería, segunda man... daranse cita este domingo no Paseo da Corredoira de Tui. Será na II Feira de San Carnaval que se celebrará de 10h a 21h organizada polo Concello de Tui coa colaboración de Ppartmin Creativas. Terá carácter solidario xa a recadación dalgunhas das actividades previstas serán para SOS Tomiñ...

Ent. Sergio Alonso - Programación no Betún venres 17 e sábado 18 17.03.2017

A Asociación Cultural Betún achéganos dobre proposta musical esta fin de semana. Hoxe ás 22h actuará The Mob Swing, unha banda viguesa con influencias do swing, son New Orleans, soul e incluso funky. E mañá sábado, tamén ás 22h será a quenda de Pálida e cocón con música electronica. Os socios betuneiros terán que facer unha achega parao grupo de 3€ hoxe e 4€ mañá.

Ent. Montse Núñez, Silvia soutelo, José Ángel Paramos, e Manuel Vázquez de la Cruz - Homenaxe a Tante 16.03.2017

Este domingo ás 18h no Balneario de Caldelas terá lugar unha homenaxe a Constantino Fernández, "Tante". Montse Núñez, Silvia soutelo, José Ángel Paramos, e Manuel Vázquez de la Cruz déronnos conta do porque desta lembranza e dos actos previstos.

Ent. José Ramón Fernández, historiador - “Historias das rúas, vidas ocultas e personalidades” en Valença 16.03.2017

Este sábado, 18 de marzo, ás 18 hora española terá lugar o paseo “Historias das rúas, vidas ocultas e personalidades” Isilda Salvador e José Ramón Fernández transmitirán nesta visita o que é a historia das rúas valencianas e a súa relación co espazo que o rodea. É preciso inscrición previa en portatour@gmail.com co prezo simbólico de 3€ que inclúe unha pequena merenda e o seguro.

Ent. Marina López de Bipper e Julián Ramírez de Asador San Telmo - Saborea Tui 16.03.2017

Esta fin de semana volverá poder disfrutarse do Saborea Tui, unha iniciativa de ACITUI, en 23 establecementos. Hoxe coñecementos cal é o petisco que nos ofrecen no Biper e no Asador San Telmo. Contáronolo Marina López e Julián Ramírez. Lembramos que cada venres e sábados de marzo entre as 19h e as 23h nestes establecementos ofrécennos un petisco coa consumición.

Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Lamprea 15.03.2017

Este domingo celébrase o Trilho Sabores da Lampreia que abre o circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Sairá ás 10 hora española dende a igrexa de San Pedro da Torre en Valença ou quinte minutos antes do aparcamento do Lidl en Valença. Será un percorrido de 7 quilómetros e inclúe unha degustación de lamprea no final. Marina Carvalho de Celtas do Minho explicou esta andaina. As prazas son lim...

Ent. Sara García e Ángel Sánchez, directores de Play-Doc - Colaboración coa sala Metrograph 15.03.2017

Play-Doc establece este ano unha colaboración coa prestixiosa sala Metrograph de Manhattan coa presenza en Tui do seu programador Jake Perling, coma parte do xurado, pero tamén cunha proposta audiovisual ligada a figura de Dominic Gagnon. Os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez así nolo contaron hoxe

Ent. Sara García e Ángel Sánchez, dtores Play-Doc - Retrospectiva de Dominic Gagnon 14.03.2017

Os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, faláronnos hoxe de Dominic Gagnon, a quen este ano o festival dedica a súa retrospectiva. O realizador estará en Tui para falar do seu traballo e tamén dalgunhas anécdotas xurdidas na procura de imaxes na internet. Lembra que Play-Doc comeza o próximo mércores día 22 de marzo.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.