Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Atraccións nas festas de San Telmo 17.04.2017 11:11
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo deixar clara a postura do goberno municipal con respecto ás atracicóns das festas de SAn Telmo 2017.
Ent. Antonio Cordo - Confraría de San Telmo - Pasamento de D. Ricardo García 17.04.2017 4:24
Antonio Cordo, membro da Confraría de San Telmo, recorda a figura de D. Ricardo García, coéngo emérito da Catedral de Tui. Foi ademais presidente da Confraría de San Telmo e o prior da mesma.
Ent. Luís Quinteiro Fiuza, bispo - Pasamento de Don Ricardo García 17.04.2017 3:05
Día moi triste pola perda de Don Ricardo, eran as palabras do bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza. Persoa entrañable, xenerosa, cercana, e exemplar sacerdote, que amou a Tui e a diocese, foron algunhas das palabras de lembranza que lle dedicou.
Ent. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe - Medalla de honra do Concello de Tui 12.04.2017 11:03
O exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe recibirá este sábado a medalla de honra do Concello de Tui na súa calidade de honra no acto solemne que se celebrará ás 19.30h no Teatro Municipal de Tui. Un acto no que se dará lectura ao pregón das festas por parte de Dolores Balseiro. Hoxe falamos con Vázquez Portomeñe.
Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultura - Festas de San Telmo 12.04.2017 3:41
Este sábado comezan en Tui as festas na honra a San Telmo cun amplo programa de actos, baixo organización municipal, que se prolongará ata o luns 14. Hoxe falamos das festas coa concelleira de Ensino e Cultura, María José González.
Ent. Txus di Felatio - Concerto de Mago de Oz 12.04.2017 8:50
Dentro da xira "Finisterra Ópera Rock" na que levan preto de 90 concertos este sábado chega a Tui Mago de Oz para actuar a partir das 22h na rúa Compostela, con entrada gratuíta. Hoxe o líder do grupo Txus di Felatio falounos deste concerto, da xira que están a realizar, da súa música e dos seus directos.
Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e José Diéz - Concurso de Pintura 15 e 16 de abril 12.04.2017 5:13
Esta fin de semana, sábado 15 e domingo 16 celébrase o Concurso de Pintura ao Aire Libre organizado por ACITUI. Déronnos conta desta convocatoria que está a espertar gran interese Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e José Diéz.
Ent. Adrián Besada e Lucas Bauer de Los Intrusos del Savoy, e Alex Lorenzo do Betun - Programación Semana Santa 12.04.2017 13:31
Música en directo nesta Semana Santa no Betún. Mañá ás 22h con "Los Intrusos del Savoy" que están de xira e chegan ata Tui. E o sábado, tamén ás 22h, chega “Bala com Bala” formado por Dani Font e David Puime. Hoxe falamos co tomiñés Adrián Besada e Lucas Bauer de Los Intrusos del Savoy, e Alex Lorenzo do Betun.
Ent. Raquel Díaz, Juan Antonio Ramírez, e Luís Pereira, empresarios atraccións - Festas de San Telmo 10.04.2017 19:10
A día de hoxe non haberá atraccións nas festas de San Telmo. Así o confirmaron hoxe Raquel Díaz, Juan Antonio Ramírez, e Luís Pereira, empresarios das atraccións, na nosa sintonía. O cambio de emprazamento cara a Finca Patazumba non lles convence sobre todo por medidas de seguridades, segundo indicaron.
Ent. Simón Pérez - representante do Baixo Miño en Recantos do Luar 07.04.2017 5:13
Simón Pérez representa esta noite en Recantos, no programa Luar, da Televisión de Galicia, á comarca do Baixo Miño.
Ent. Jorge Manuel Gzlz. e Raimundo Bugarín - Semana Santa 2017 07.04.2017 11:06
Este domingo comezan os actos da Semana Santa tudense coa beizón de ramos na praza de San Fernando. Terá lugar ás 11:00 da mañá para a continuación celebrar a procesión e posterior misa presidida polo deán José Diéguez.
Ent. Sergio Alonso - Programación no Betún venres 7 e sábado 8 07.04.2017 4:03
Jam Session ás 22h no Betún coma cada primeiro venres de mes. Mañá ás 22h teñen concerto con Ari Magritte e Molsons. Contounolo Sergio Alonso.
Ent. Tomané - XV Torneo Internacional de Minibasket 07.04.2017 6:06
O pavillón de Valença acolle dende hoxe e ata o luns o II Torneo de Minibasket no que participarán 30 equipos de España e Portugal. Haberá nestes tres días máis de 130 partidos. Entre os clubs estarán o CB Tui, o Ourense, o Benfica, así coma equipos de Coimbra, Porto...
Ent. Laura Munielo - Charla sobre a biopsia líquida e o micromecenado en Tomiño 06.04.2017 12:02
Esta venres, 7 de abril, ás 20:00 horas, a semana da saúde de Tomiño remata cunha charla sobre a biopsia líquida a cargo de Laura Muinelo. A investigadora, do grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Oncomet, dará conta da campaña de micromecenado iniciada polo grupo e que suma xa máis de 400.000€.
- O alumnado do CEIP Nº1 presenta unha iniciativa de reciclaxe de papel de aluminio 06.04.2017 14:13
Hoxe, os alumnos do CEIP nº1 de Tui pasaron polos nosos estudos para presentarnos unha nova iniciativa para protexer o medio ambiente con pequenos xestos no noso día a día. Co obxectivo de lograr un mundo máis limpo e sostible, os rapaces e rapazas están a recoller papel de aluminio no centro, pero tamén contan coa colaboración de diferentes establecementos comerciais de Tui.
Ent. Xosé Vázquez Pintor - Presentación do libro "Nos espazos do soño" 06.04.2017 6:59
Hoxe ás 20.30h o Conservatorio de Música de Tui acollerá a presentación do último libro de Xosé Vázquez Pintor, unha obra teatral na que baixo o título “Nos espazos do soño. Diálogos de Amor e Amigo” se interceptan partituras xunto á trama, dotando do mesmo protagonismo a personaxes e música. O acto contará coa presenza do autor, Xosé Vázquez Pintor, dos compositores Tomás Camacho e Gaël Camacho,...
Jose Ramón Lago, promotor da iniciativa - Torneo de Clash Royale 06.04.2017 6:20
Tui será o 22 de abril o escenario do Torneo de Clash Royale, un xogo que toma o cnepto de defender a torre para levalo a partidas 1 contra 1 a través do teléfono móbil. Un xogo que acumula centos de millóns de descargas e que se situou como o máis popular do pasado ano. Poderán participar un máximo de 50 xogadores. Explícao Jose Ramón Lago, promotor da iniciativa.
Ent. Sara Quintana - Introducción á Historia da Arte a través do patrimonio da Eurociudade 05.04.2017 6:36
Mañá xoves arranca un curso de tres días na Aula Uned de Tui de introdución á Historia da Arte a través do patrimonio da Eurociudade. Tratase de coñecer o importante patrimonio histórico-artístico de Tui e Valença co obxectivo de diferencias os diferentes estilo.
Ent. Miguel Capón e José Ramón Magán, concelleiros - Atraccións nas festas de San Telmo 05.04.2017 9:21
O goberno local de Tui fai unha aposta de futuro na ubicación das atraccións durante as festas de San Telmo trasladándoas a un novo emprazamento, que dista 200 metros do actual, o que permitirá unha mellor ordenación dos distintos postos, así coma poder contar co aparcamento da traseira da Área Panorámica durante uns días de gran afluencia á cidade coma son os festexos patronais. A decisión obedec...
Ent. Alberto Fontenla - Cuarta xornada Enredos no Espazo Xove de Tui 04.04.2017 4:09
Este venres, ás 17:30h, cuarta xornada do programa Enredos no Espazo Xove de Tui. Esta semana, tratará sobre o liderado e traballo en equipo, explicarase a mozos e mozas cales son as destrezas e competencias necesarias para enfrontarse os retos actuais e tamén se resolverán dúbidas sobre todos os programas da dirección xeral de Xuventude.
Ent. Jorge Cameselle - Que podemos facer na prevención do cancro 04.04.2017 11:18
Mañá mércores ás 20h a Sala Féliz Rodríguez da Área Panorámica acolle a charla “Que podemos facer na prevención do cancro”. Está organizada polo Concello de Tui e correrá a cargo do equipo de investigación sobre Quimioprevención do Cancro da área de Vigo. Jorge Cameselle é o director do grupo de investigación en Oncoloxía Clínica de ADICAM.
Ent. Felicitas Iglesias - día Mundial do Parkinson 03.04.2017 6:25
Co obxectivo de dar a coñecer a Asociación Parkinson Baixo Miño e as actividades que organizan, co gallo do Día Mundial do Parkinson, a asociación celebra unha xornada festiva este sábado. Terá lugar ás 19h no Liceo Casino de Tui cunha charla sobre os beneficios do exercicio físico, a cargo da fisioterapeuta Nuria Peláez e a posterior actuación da agrupación musical Acordeóns Mascarenhas. Así mesm...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Remanente de tesourería 03.04.2017 21:34
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, falou hoxe do remanente de tesourería que ten arestora o concello de Tui con 8.700.000 €, dos que 3.400.000€ correspondente ao último exercicio. Deu conta dos proxectos aprobados a pasada semana en pleno, e do traballo que queda por diante.
Montse Mon, Carmen Lorenzo e Mónica Menéndez - Festa do TEA no CEIP Nº2 de Tui 31.03.2017 14:14
A Asociación 1Máis organiza para este domingo, 2 de abril, Día de Concienciación do Autismo unha festa para celebrar a diversidade e a ruptura de barreiras, na que contan coa colaboración do Concello de Tui. Está dirixida aos seus socios e todos os interesados. A cita será no CEIP nº2 ás 17h onde haberá inchables, xogos, merenda...
Programación do Betún para esta fin de semana 31.03.2017 5:40
No Betún na rúa Cuenca de Tui hai dobre concerto esta fin de semana. Hoxe ás 22h actuará na Asociación Cultural Betún Javier Navas Quartet. O cuarteto liderado por Javier Navas achega un repertorio jazzístico auténtico e cheo de modernidade. A entrada é de 4€. Mentres mañá sábado, tamén ás 22h, actuará á Pequeña Gran Compañía. A entrada ten un prezo de 3€.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.