Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Iván Diego, pte Agrupación Musical do Rosal - Concerto 31 Aniversario 28.04.2017

Este domingo ás 20h celebrarase no Auditorio do Rosal un concerto co gallo do 31ª Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Participarán a propia Agrupación Musical do Rosal, a Coral da banda e a Coral San Telmo de Tui. No programa predominará a zarzuela e a ópera. Iván Diego é o presidente da Agrupación Musical do Rosal

Levada Libre conmemora este domingo a II República 28.04.2017

Levada libre celebra este domingo con diversos actos a instauración da II República. Este ano van homenaxear aos guerrilleiros/fuxidos, antifascistas da guerra civil do 36.

Ent. Manuel Domínguez e Cristina López, Asoc San Fins - Festival Foclórico 29/04 28.04.2017

O Centro Cultural de Rebordáns acolle mañá ás 21h un Festival Foclórico organizado pola Asociación Cultural San Fins. Participarán o grupo de gaitas e baile tradicional San Fins, Coros y Danzas Villa de Leganés de Madrid, e o grupo folclórico Asociación Cultural Ondiñas do Mendo de Salvaterra. Manuel Domínguez e Cristina López, da Asociación Cultural San Fins, faláronnos desta actividade.

Ent. Salomé Álvarez, pta Asociación de Palilleiras do Baixo Miño - Exposición de traballos 28.04.2017

Mañá ás 19h inaugúrase na Sala de Exposición Municipal na Área Panorámica unha mostra da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. Salomé Álvarez é a presidenta deste colectivo, explicou que amosarán os traballos realizados ao longo dos últimos sete anos, nos que teñen apostado por encaixes europeos e técnicas distintas ás que realizaban coma empezaron no ano 1997. A exposición poderá visitarse ata...

Ent. Jorge Aldir - Actividades do Betún para a última 'finde' de abril 28.04.2017

Dobre cita esta fin de semana coa asociación cultural Betún, na rúa Cuenca de Tui. Mañá as 22h, The Partisan Seed en Betún porá a nota musical cun concerto con tons escuros e liricamente negra. Ten un custe de 4€ para os socios beta. Pola súa parte, o domingo volve o teatro ao Betún con dobre sesión ás 19h e as 21h. O grupo Entretés pon en escena novamente tres pezas curtas do dramaturgo Jose Meju...

Ent. Juan Carlos Feijoo e Miguel de la Calle - Clinic en Padel 8 27.04.2017

O Club Padel 8 acollerá este sábado un clínic e partido exhibición con Patty Laguno e Eli Amatriain, actuais nº3 do World Padel Tour. Será o peche do Torneo da Eurocidade. Mentres o club última a terceira pista, e traballa para poder competir de forma oficial e federada a próxima temporada, mentres enfocan tamén a súa actividade cara a canteira. Hoxe falamos tamén con Patty Laguno.

Ent. Álex Rodríguez e Claudia Alonso - Curtametraxe 'Fume' 26.04.2017

Os tomiñeses Álex Rodríguez, director, e Claudia Alonso, guionista, veñen de ser galardoados no Showing Film Awards coa súa curta, Fume. Estudantes de comunicación audiovisual, recibiron o accésit á mellor dirección no certame madrileño. A peza audiovisual trata a temática da morte e da perda dos seres queridos, reflexionando sobre os sentimentos e o ritual que rodea á morte.

Ent. Javier Ferruxo, Manuel Vázquez e Montse Fajardo - Aniversario II República 26.04.2017

Levada libre celebra este domingo con diversos actos a instauración da II República. Este ano van homenaxear aos guerrilleiros/fuxidos, antifascistas da guerra civil do 36.

Ent. Sandra González - Visita do pedagogo Francesco Tonucci 26.04.2017

Este mediodía o psicopedagogo Francesco Tonucci, autor do libro "A cidade dos nenos”, participou na inauguración do novo salón de plenos do Concello de Tomiño. Unhas instalacións renovadas, agora máis accesibles e pensadas tamén para outros usos de ocio e de carácter infantil. Precisamente Tonucci é unha eminencia no traballo de adaptar ás cidades aos nenos e nenas e facelas tamén, pensadas para e...

Ent. Carmela Silva - Degusta Europa - A gastronomía dos Camiños 26.04.2017

A Praza de Abastos de Tui será escenario mañá de 12 a 13h dunha demostración de cociña e posterior degustación a cargo do alumnado do CIFP Manuel Antonio dentro do programa Degusta Europa, promovida pola Deputación de Pontevedra, centrada na gastronomía dos Camiños Xacobeos co lema “A gastronomía dos Camiños”.

José M Caballero, Jordi Heredia, Frederic Quesada - Encontro Bandas de Gaitas Cidade de Tui 21.04.2017

A música será a gran protagonista o sábado coa celebración a partir das 21.30h na Praza de San Fernando do III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, sendo esta última a organizadora do evento.

Ent. Alexandre Fernández - Concerto de Pelepau 21.04.2017

Ás 22.30h de mañá sábado o grupo Pelepau, formado por 12 percusionistas, achegarán a súa proposta de música tradicional ás festas de San Telmo. Será no Paseo da Corredoira.

Ent. Cristián Vázquez - Concerto de Batemento 21.04.2017

No Paseo da Corredoira, dentro da aposta realizada este ano por combinar nas noites das festas unha orquestra e un grupo, actuará o grupo Batemento a partir das 23.30h. O grupo formado Aitor Domínguez e Cristian Vázquez inicia en Tui a súa xira de 2017, na que achegarán a súa música, na que fusionan diversos estilos actuais con instrumentos tradicionais.

Ent. Ubaldo Estévez e Esteban Alonso - Grupo de teatro Mesturanzas de Areas 21.04.2017

Este sábado, 22 de abril, remata a IX Semana do Teatro Afeccionado de San Telmo coa estrea de "A herdanza de Dona Urraca" por parte do grupo de teatro Mesturanzas de Areas. Será ás 20.15 horas no Teatro Municipal de Tui.

Ent. Maximino Fernández - Grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario 21.04.2017

Prosegue a IX Semana do Teatro Afeccionado de San Telmo, hoxe será a quenda do grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. A cita, no Teatro Municipal de Tui ás 21:15 horas.

Ent. Marcos González e Laureano Alonso - Feira Cabalar de San Telmo 20.04.2017

A feira cabalar de San Telmo celebrarase o luns de San Telmo, este ano en horario de mañá. Como cada ano, terá lugar en San Batolomeu co inicio ás 10 da mañá con exhibicións, concursos de cabalo español e árabe e concurso especial para a copa de Galicia de cabalo de raza galega. Xa a partires das 13h celebrarase un espectáculo de alta escola con números de circo.

Ent. José Soares - Grupo de Teatro San Fins de Rebordáns 20.04.2017

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estrea esta noite "O indiano" no Teatro Municipal de Tui. A representación, dentro da IX Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo terá lugar ás 21.15h cun custe de 1,5€.

Ent. Lázaro Carreño e Paula Cobián - Curso de ballet clásico 20.04.2017

Falamos con Lázaro Carreño, primeiro bailarín do Ballet Nacional de Cuba, recoñecido a nivel mundial, quen impartirá un curso de ballet clásico en Tui.

Ent. Uxío Benítez - Xornadas AECT Río Miño en Tomiño e Tui 19.04.2017

Tomiño e Tui acollerán sendas xornadas sobre a futura Agrupación de Cooperación Territorial do Río Miño, actualmente en proceso de constitución. A deputación de Pontevedra busca dar a coñecer experiencias de éxito na Península Ibérica e en Europa en canto á cooperación transfronteiriza se refire para poder adaptar eses coñecementos á futura AECT Rio Miño.

Ent. José Martínez Tato - Andaina de San Telmo 19.04.2017

Dentro das Festas de San Telmo, o club "Andatui Rego da Pedra" xunto coa Eurocidade organizan para este sábado, ás 10:00 a andaina de San Telmo. Ten unha duración aproximada de 3 horas para percorrer 10 quilómetros de dificultade sinxela con saída dende a Corredoira de Tui cara ao paseo Fluvial, Areas, Randufe, Alto do Coello e os petróglifos.

Ent. Rafael Pérez, pte Atletismo Tui - Carreira Popular de San Telmo 19.04.2017

Ás 23.59h remata o prazo de inscrición para a Carreira Solidaria de San Telmo que se celebra este domingo, 23 de abril, dentro do programa das Festas de San Telmo, organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui. Este evento deportivo un ano máis terá carácter solidario en beneficio da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño. O presidente do Club Atletismo Tui, Rafael Pérez, apuntou que...

Ent. Areta Bolado, dtora Chirlomirlo - IX Semana de Teatro Afeccionado 19.04.2017

O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea hoxe no Teatro Municipal de Tui "Gran Circo Randulfini" baixo a dirección de Areta Bolado. Unha comedia cun formato de números, cabarets,... no que as actrices e actores serán moi versátiles. As entradas, ao prezo de 1,5€, poranse á venda ás 20.45h.

Ent. Luís Cuntín -Lembranza de Don Ricardo García coma peza clave no scutismo en Galicia 18.04.2017

Son moitas as facetas no índole cultural, relixioso, social que ao longo da súa vida tivo Don Ricardo García. Hai tres décadas foi unha peza clave no scutismo en Galicia coma lembraba hoxe Luís Cuntín, apoiando a creación da cidade do grupo Scouts Alhoia.

Ent. Lorena Pazo Conde e Eva Pazo do grupo de teatro Aloia - IX Semana de Teatro 18.04.2017

Lorena Pazo Conde e Eva Pazo do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis faláronnos hoxe da obra "Claro e Clara non se aclaran" que ás 21.15h representan no Teatro Municipal de Tui dentro da IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. As entradas poranse á venda ás 20.45h ao prezo de 1,5€.

Ent. Nerea González e Inma Rodríguez - Grupo de Teatro Santiago de Malvas 17.04.2017

A IX Semana de Teatro Afeccionado comezará hoxe ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui coa estrea de “Médico á forza” de Moliere por parte do grupo de teatro Santiago de Malvas. E proseguirá cada noite ata o sábado.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.