Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Tui acolleu a celebración do Correlingua baixo o lema 'En galego sen cancelas' 15.05.2017

Escolares de Tui, O Rosal, Ponteares e Salvaterra participaron hoxe na celebración do Correlingua, a carreira pola organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística. Amais da carreira pola lingua que comezou na Glorieta de Vigo, gozaron despois de distintas actuacións na traseira da Área Panorámica conducidas por Luís “O Caruncho” e co...

Ent. Jesús.C Guillén Buil, profesor de posgrado neuroedición - Curso Neuroeducación 12.05.2017

O próximo luns comeza na aula da UNED de Tui o curso “Achegas da neuroeducación ao deseño do proceso educativo”. Un dos poñentes será Jesús C. Guillén, que o venres impartirá a aula “Abordaxe dos mitos sobre neuroeducación”. Hoxe Jose Font falou con el no programa Día a Día. A inscrición está aberta en www. unedpontevedra.com, no 986 85 18 50 ou persoalmente na Aula UNED de Tui. A matrícula tem un...

Ent. Jorge Aldir - Programación do 12 e 13 de maio no Betún 12.05.2017

Hoxe noite de Jam Session no Betún a partir das 22h e mañá, á mesma hora, será a quenda de José Valente com jazz, improvisación e música electrónica, tamén ás 22h. Mañá a entrada custará 3€

Ent. Ignacio Vilar, director - Cinema Sicixia 12.05.2017

Os sons e as imaxes da Costa da Morte xunto a unha historia de amor son o fío condutor de Sicixia, a película dirixida por Ignacio Vila que ás 21.30h se proxecta na Área Panorámica. O propio director falounos deste filme que precisamente tamén hoxe estrea en Barcelona. As entradas para esta noite en Tui pódense mercar ata ás 12h en www.culturatui.info e dende ás 20h no despacho de billetes.

Ent. Juan Carlos Blanco, Patricia Estévez e Hortensia Mtnez de ACITUI - Sorteo Día da Nai e Desfile de Moda 12.05.2017

O Paseo da Corredoira acolle este domingo ás 19h un desfile de moda de cerimonia e festa organizado por ACITUI, do que nos falaron o presidente Juan Carlos Blanco, xunto a Hortensia Martínez de La Flor e Patricia Estévez de Volvoreta. Amais ACITUI realizou onte na nosa sintonía o sorteo da campaña do Día da Nai. Os gañadores foron foron Marila, Marita, Isabel, Lita, Puri e Luís polas compras reali...

Ent. Ramón Martínez, pte CMVMC Randufe - I Festa da Árbore 11.05.2017

As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) das Parroquias de Randufe, Areas, Malvas e Pexegueiro, organizan este domingo a I Festa da Árbores e de Artesanía de xeito conxunto. Ramón Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Randufe deu conta dos obxectivos da festa e do programa previsto.

Ent. Felicitas Iglesias da Asoc Parkinson do Baixo Miño - Actividades venres 12 11.05.2017

A asociación de Parkinson do Baixo Miño organiza dúas actividades para mañá venres das que hoxe nos falou Felicitas Iglesias. De 10 a 12h Obradoiro de Meditación: consciência e atención plena no día a día na Área Panorámica e ás 20h no Centro Sociocomunitariao charla coloquio “Cómo amarse a un mesmo” a cargo de Noelia López autora do libro “Como amarse a un mesmo” e Alejandro Feijo, coach persoal.

Ent Uxío Benítez, deputado de Cooperación Tranfronteiriza - Aprobados 3 millóns de euros para o Minho Transfronteirizo 11.05.2017

Os concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente beneficiaranse da concesión de 3 millóns de euros do programa Interreg VA-POCTEP, xunto ás cámaras municipais do Alto Minho. Os proxectos presentados pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Miño Visit Río Miño e Smart Minho veñen de ser aprobados coa concesión de 2 millóns de euros par ao primeiro e de 942 mil...

Ent. Héctor Martínez Sanz, veterinario tudense - ingresará o 1 de xuño na Academia Galega de Ciencias Veterinarias 11.05.2017

O veterinario tudense Héctor Martínez Sanz ingresará o 1 de xuño na Academia Galega de Ciencias Veterinarias. É o técnico especialista en transferencia embrionaria de referencia en Pontevedra e un dos que máis anos leva traballando nesta técnica a nivel galego e nacional. Dende 2001 exerce o seu traballo na Finca de Mouriscade. Hoxe contounos que supón para el pasar a formar parte da Academia.

Ent. Montse Mon e Clara Macedo de Un Máis - Documental Un sueño compartido 10.05.2017

A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá o xoves, 11 de maio, ás 19h a estrea do documental “Un sueño compartido” realizado pola ONG Aprendices Visuales co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. O acto está organizado pola asociación Un Máis. A entrada é libre ata completar o aforamento. Ao remate haberá unha charla e coloquio sobre o autismo. Desta actividade faláronnos...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Control documental na ponte Goián-Cerveira 10.05.2017

A ponte de Goián-Cerveira está aberta ao tráfico de vehículo existindo control documental por parte da GNR dentro das medidas adoptadas pola visita do papa a Portugal. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comprobou esta mañá que se pode circular entre os dous municipios para tránsito local. O tráfico pesado e de mercadorías ten que empregar a nova ponte internacional de Tui. Cómpre lembrar que...

Ent. Ramón Rosada Silva, presidente comisión organizadora Congreso PP Tui - O Congreso do PP de Tui será o 10 de xuño 10.05.2017

O Partido Popular de Tui celebrará congreso local o sábado 10 de xuño. Unha comisión organizadora presidida por Ramón Rosada Silva é a encargada de coordinar este congreso do que sairá o presidente do partido a nivel local. As candidaturas poderán presentarse ata o 22 de maio, e o 9 de xuño faranse públicos os candidatos que deben contar cun mínimo de 70 avais.

Ent. José Mtnez Tato de AndaTui - XIV Andaina Tudense 09.05.2017

Mañá remata o prazo de inscrición para a XIV Andaina Tudense organizada polo club AndaTui. Contará dun percorrido de 27 quilómetros que sairá ás 10.30h do centro intefederado para ir pola beira do Miño ata o San Martiño, nas Bornetas, Randufe, Anta, os petróglifos do Alto do Coello e subir ata o Parque Natural do Monte Aloia. Tras xantar xunto á capela de San Xián baixarán ás 17h pola cova da Trap...

Ent. Carmela Silva, pta Deputación - Visita a Tui 08.05.2017

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visita hoxe o municipio de Tui onde se reuniu co alcalde e do grupo de goberno, e visitou diversas obras financiadas pola administración provincial. Amais presentáronse os proxectos que se executarán no municipio ao abeiro do Plan Concello 2017. Previamente, ás 10h, a presidenta estivo no programa Día a Día, onde con Jose Font, falou de dist...

Ent. Alberto Romer - XVI Os Nosos Fariñeiros: burros e muíños 05.05.2017

A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes celebra este a décimo sexta edición de Os Nosos Fariñeiros: burros e muíños. O escenario será a senda dos muíños do río Tripes. O programa previsto comezará ás 10h dende o parque infantil de Circos, en Pazos de Reis, cos fariñeiros, un grupo folclórico, cantareiras e treboada, para ir ata o muíño da Ponte. Ás 11.15h celebrarase unha muíñada con degustación d...

Ent. Vicente González - Rallie Descubrimento 05.05.2017

Mañá ás 18h chegarán a Tui os participantes do Rallie Descubrimento no que participan coches anteriores a 1970. Estes vehículos históricos poderán verse no Paseo da Corredoira. Vicente González é un dos organizadores desta actividade.

Ent. Miguel Insua, actor - O CDG presenta "Martes de Carnaval" 05.05.2017

O Teatro Municipal de Tui acolle ás 21.30h, a representación de “Martes de Carnaval” polo Centro Dramático Galego no inicio da xira do espectáculo tras a estrea da obra en Santiago. Miquel Insua, actor, forma parte do elenco da obra. Hoxe falounos do espectáculo que poderemos disfrutar esta noite.

Ent. Manuel Alonso Pereira - Festa do Meixón en Caldelas. 05.05.2017

Este domingo 7 de maio celebrarase na ribeira de Caldelas, Tui, a Festa do Meixón. O prezo da ración en venda anticipada nas tendas TelmoImport é de 26€ , e o propio día na festa 30€. Manuel Alonso Pereira é un dos organizadores.

Ent. Carlos Lima do Betún - Programación 5 e 6 de maio 05.05.2017

Dobre proposta esta fin de semana na Asociación Cultural Betún. Hoxe ás 22h dendê CAdiz chegan Mystic Queen para presentar o seu novo álbum Seis Gritos Al Sol, no que fusionan Rock, Funk, Psicodelia e Jazz. E mañá sábado, tamén ás 22h, dende Granada chega unha noite de flamenco da man do dúo Diego Molina & Alberto Maezo. Os dous días a entrada é de 3€. Contonolo hoxe Carlos Lima.

Ent. Miguel Capón Rey, concelleiro de Comercio - XXI Feira de Artesanía de Tui 05.05.2017

Mañá ás 12h será inaugurada a XXI Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar na rúa Ordóñez, Porta da Pía, praza do Concello e de San Fernando con 41 postos de exhibición e venda así coma da Residencia San Telmo, a Asociación Protectora de Animais Aloia, e SOS Tomiño Baixo Miño. Así apuntou o concelleiro de Comercio, Miguel Capón, quen apuntou tamén o interese de que en Tui se cree unha Asociac...

Ent. Juan Manuel Señorans de Media-cción - Mediación en accidentes de tráfico 04.05.2017

O mediador Juan Manuel Señoráns de Media-cción achegounos un novo eido no que a mediación está a ser empregada, coma son caso dos accidentes de tráfico.

Ent. Marina Carvalho de Celtas do Minho - Trilho da Fortaleza 7 de maio 04.05.2017

Este domingo 7 de maio celébrase o Trilho da Fortaleza dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Sairá ás 10 hora Española da Porta do Sol na Fortaleza para facer un percorrido polas murallas da Fortaleza de Valença, e rematará cunha degustación en Sabores da Aldeia para probar algúns dos pratos tradicionais portugueses. Marina Carvalho de Celtas do Minho deunos todos os detalles des...

Mañá reúnese en Tui a Xunta Local de Seguridade 03.05.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, presidirán mañá ás 9.30h a reunión da Xunta Local de Seguridade en Tui. Unha reunión de traballo á que asistirán tamén os máximos responsables da Policía Local, a Garda Civil, e a Policía Nacional. O obxectivo principal será como abordar o ocio nocturno. Así o explicou o alcalde, Enrique Cabaleir...

Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza e Mobilidade - Xornadas sobre Mobilidade Transfronteiriza 03.05.2017

Tui acolle este venres unhas xornadas sobre mobilidade transfronteiriza organizada pola Deputación de Pontevedra. Elixiron precisamente Tui por ser a fronteira con maior fluxos de vehículos entre España e Portugal. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía o deputado de cooperación tranfronteiriza, Uxío Benítez.

Ent. Jesús González López, xerente de Utingal - Visita do dtor do IGAPE 03.05.2017

O director xeral do IGAPE, Juan Cividanes, visita esta mañá a empresa Utingal no polígono de Areas. Ás 10.30h está prevista a súa chegada ás instalacións da empresa dedicada ao sector aeronáutico, coñecerá as súas instalacións, e lle serán presentados os proxecto a realizar na compañía, xunto a evolución do desenvolvemento da industria 4.0. O xerente de Utingal Jesús González López explicou esta m...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.