Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Valoración dimisión de tres concelleiros 26.05.2017

Carlos Vázquez Padín de C21 afirmou hoxe que o seu partido estaría disposto a abrir un proceso de diálogo de carácter programático co PP, despois do congreso local dos populares. Indicou amais que a dimisión de José Manuel Sousa, Manuel Glez. Vázquez e Antonio Fdez. Rocha é un feito sen parangón no municipalismo español. Dicía que esas dimisións hai que lelas en clave do PP e non de esixencias de...

Ent. Manuel González Vázquez de CsT - Dimisión coma concelleiro 26.05.2017

Manuel González Vázquez de Ciudadanos Tudenses dimite coma concelleiro deixando paso a Andrés Urceira, tal e coma tiñan acordado ao comezo do mandato. Así xustificou a súa decisión o líder de CST, xunto ao feito de que de forma inmediata se van integrar no PP. Negaba que detrás da súa renuncia estea unha moción de censura.

Ent. Antonio Fernández Rocha do PP - Dimisión coma concelleiro 26.05.2017

O próximo venres, 2 de xuño, será cando presente a súa renuncia á acta de concelleiro Antonio Fernández Rocha, voceiro do PP. Onte anunciaba en pleno que deixaba de ser concelleiro, para dar paso, despois de dous anos de corporación, a outro compañeiro, nun momento no que se reunifican tres grupos de centrodereita.

Ent. José Manuel Sousa de APTUI - Dimite coma concelleiro 26.05.2017

A dimisión coma concelleiro corresponde ao compromiso adquirido cos seus compañeiros de aos dous anos de corporación deixar paso a outro compañeiro. O anuncio das tres dimisións foi coincidencia, ao igual que o feito de que esta fose unha das condicións postas por Carlos Padín para estudar un goberno alternativo.

Ent. Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui - Valoración dimisión de tres concelleiros 26.05.2017

Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui amosou hoxe o respeto pola decisión de Antonio Fernández Rocha, José Manuel Sousa e Manuel González Vázquez de deixar a corporación municipal. Pero dicía que o que resulta chamativo que nunha mesma sesión anuncien a dimisión de tres voceiros.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Dimisión de tres concelleiros 26.05.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou hoxe o recoñecemento aos concelleiros José Manuel Sousa, Manuel González Vázquez e Antonio Fernández Rocha que onte anunciaron a súa dimisión no pleno da corporación municipal de Tui. Estas renuncias poderían abrir as portas a unha posible moción, cuestión que non quixo valorar o alcalde, e indicou que o equipo de goberno seguirá traballando con normalid...

Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio de Tui - Inicio da peonalización do conxunto histórico 25.05.2017

Dentro dunha semana, o venres 2 de xuño comezará a aplicarse a primeira fase do Plan de Peonalización do Conxunto Histórico de Tui. Durante un mes aproximadamente na zona de intramuros non se poderá estacionar nin circular dende os venres ás 16h ata os luns ás 10h, coa salvidade de que os residentes con distintivo R poderán estacionar polas noite. Nas Zonas Verdes, coma a rúa Ordóñez, so poderán e...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Viaxe a Versmold, e pleno ordinario maio 25.05.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, regresou onte da viaxe institucional que realizou a Bos Aires, co gallo do centenario da Casa Tui-Salceda na capital arxentina. Unha viaxe que cualificou de moi emotiva por moitos motivos, e lembrou o papel que estas comunidades tiveron tanto en Arxentina coma tamén aquí no seu Tui ou Salceda.

Ent. Julio Gª Comesaña, dtor de procesos asistenciales do SERGAS - O luns 29 o novo centro de saúde estará ao 100% 25.05.2017

A partir do próximo luns, 29 de maio, todos os servizos sanitarios en Tui prestaranse no novo centro de saúde de Tui, situado na rúa Casal Aboy. Deste xeito o persoal da unidade de mañá súmase aos do PAC e a unidade de tarde que dende hai meses atenden aos pacientes no novo ambulatorio. Julio Gª Comesaña, dtor de procesos asistenciales do SERGAS así o confirmou na nosa sintonía.

Ent. Teresa Acebes e Patricia Acebes - Divina Teresa 25.05.2017

Divina Teresa é unha empresa dedica á alimentación vexetariana que está ubicada en Salceda. Teresa Acebes e Patricia Acebes falaron hoxe desta empresa que dende 2011 se dedica especialmente á comida vegana, pero levan máis de 25 anos dedicadas a este tema.

Ent. Julie Dawes - Concerto Solidario Open your Heart 24.05.2017

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20.30h un concerto solidario a favor O SOS Tomiño Baixo Miño, APPACDM, e África Thrive baixo o lema de “Open your heart and let in the art!". No trancurso do mesmo será subastados medio centenar de cadros realizados polos alumnos da academia Yes Intitute de Valença. Julie Dawes deunos todos os detalles desta iniciativa.

Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e Susi Pérez de +Karte - Festa do Peregrino 24.05.2017

O sábado 3 de xuño celebrarase no Parador de Turismo de Tui a Festa do Peregrino organizada por ACITUI e +KArte xunto ao Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença. José Antonio Quiroga dará lectura ao pregón ás 11.30h, e a continuación comezará o programa festivo que se estenderá ata última hora da tarde con actuacións musicais, obradoiros, concurso de disfraces, karaoke, contacontos, e tamén coa...

Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Emprego - Visita a Versmold, prazas, ... 24.05.2017

Valoración positiva da visita realizada a Versmold a pasada semana polos concelleiros Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán. Este último detallou os encontros mantidos na cidade alemá irmandada con Tui dende 2013. Amais deu conta tamén, coma responsable de Emprego e Seguridade, da convocatoria de prazas que realiza o Concello de Tui, e do detector de drogas que en breve comezará a usar a Policía Lo...

Ent. Gonzalo Puerto, dtor de Conservatorio do PN Monte Aloia - Día Europeo dos Parques Naturais 23.05.2017

Mañá, 24 de maio, celébrase o Día Europeo dos Parques Naturais, e no Parque Natural do Monte Aloia celebrarase con actividades para escolares. Aproveitando esta efeméride acompañounos o seu director de conservación Gonzalo Puerto.

Ent. Alfonso Pato - 14º Festival de Cans 23.05.2017

Mañá comeza unha nova edición do festival de Cans, no Porriño, que fixo fronte aos problemas financeiros xurdidos nos últimos meses, e presenta agora un amplo programa do que poderemos disfrutar ata o domingo. Alfonso Pato, o seu director, explicounos que este ano haberá o sábado moitos contidos para os nenos, contidos sociais coma os 15 anos do Prestige, e o encontro con directores coma Montxo Ar...

Ent. Andrea González, directora IKFEM - 5º IKFEM 22.05.2017

Un programa versátil, con concertos na rúa...e con nomes coma Best Boy, Tiento Nuovo, João Vaz, e Emilio Villalba & Sara Marina forman parte do cartel deste ano do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla que se celebrará na Eurocidade Tui-Valença do 21 ao 25 de xullo. Andrea González, directora do festival falounos deste quinto IKFEM.

Ent. Aran Feijoo, coordinador - Encontro de Comerciantes e Concellos do Baixo Miño 22.05.2017

Mañá martes ás 20.30h na Casa dos Alonsos na Guarda terá lugar o terceiro encontro das asociacións de comerciantes do Baixo Miño tras as reunións celebradas en Tui e no Rosal dende finais do ano pasado. Aran Feijo de ACOR, coordinador destes encontros, explicaba o resultado das primeiras reunións. Aran Feijoo indicaba que a proposta é comezar con campañas de promoción turística conxuntas.

Ent. Senén Correa e Daniel Martínez, de Moteiros do Baixo Miño - I Concentración Moteira en Goián 19.05.2017

Esta fin de semana, sábado 27, e domingo 28 de maio, celébrase en Goián, Tomiño, a I Concentración Moteira. Dos obxectivos e do programa previsto déronnos conta os seus organizadores Senén Correa, presidente, e Daniel Martínez, tesoureiro, de Moteiros do Baixo Miño.

Ent. Marcos González - XVI Romaría Cabalar Ribadelouro - Pontellas 19.05.2017

dende hoxe e ata o domingo celébrase a XVI Romaría Cabalar Ribadelouro - Pontellas no novo recinto a caron do aeródromo do Porriño organizada pola Peña Cabalar Val do Louro. Do amplo programa a desenvolver falounos Marcos González de Hípica Marcos.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Rúa Concepción Arenal, Tapearte, Feira do Libro... 19.05.2017

O Concello da Guarda e Deputación asinarán nun mes o convenio para executar a obra da rúa Concepción Areal que cambiar esta rúa, mentres de forma provisional estase a arranxar o firme da mesma. Así o explicaba o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. O rexedor tudense deu conta tamén da celebración dende hoxe de Tapearte e da Feira do Libro que terá lugar o domingo na praza do Reló.

Ent. Carlos Lima e Pedro Toro - Programación no Betún o 19,20 e 21 de maio 19.05.2017

Triple proposta a desta fin de semana no Betún. Hoxe ás 22h o cubano Reynier Aldana presenta hoxe, ás 22h, no Betún o seu primeiro traballo “Huella”. Ritmos africanos, pop rock, funk, boleros e sonoridades electrónicas con conceptos da música cubana. 3€. Mañá sábado ás 22h actuación de The Turre´s Band A súa música vai desde o máis suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, ao ská, músic...

Ent. Brais Sousa - Comunicación audiovisual 18.05.2017

Sete Sousa, licenciado en Comunicación Audiovisual, técnico de son na curtametraxe “Inefable” de Jonatan Toucedo Mor e membro xunto con DJ Trillo de Traffic House, nos acompañou esta mañá para falar do seu traballo

Ent. Laureano Alonso, concelleiro Deportes e Manuel Freiría - Slalom, patinaxe... 18.05.2017

Este domingo temos dobre cita deportiva en Tui. Por unha banda no novo pavillón celebrarase a clausura das escolas de patinaxe da Deputación de toda a provincia, reunindo a máis de 1200 patinadores. Por outra parte en augas do río Miño, a carón do porto deportivo, terá lugar a Copa Galega de Promoción de Slalom. O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, deu conta destas actividades xunto a Manue...

Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED Tui - Campamento de Inglés 16.05.2017

A Aula da UNED de Tui, coa colaboración do Concello de Tui, realizará por segundo ano o Campamento Urbano "Inglés no meu entorno" do 26 de xuño ao 7 de xullo. Celebrarase en horario de 10 a 18.30h de luns a venres. Ofértanse 20 prazas e os interesados pódense inscribirse ata o 21 de xuño. Deunos hoxe todos os detalles Margarita Pino, coordinadora da Aula UNED Tui

Ent. Xosé María Lores, profesor - Balance Tui Le 15.05.2017

A nosas letras foron xa protagonistas tamén o pasado venres no Tui Le no que participaron máis de 800 escolares, Hoxe facía balance do mesmo o profesor José María Lores.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.