Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Carmen Núñez, concelleira Patrimonio- Balanzo peonalización conxunto histórico. 05.06.2017

Balance positivo é o que realiza a concelleira de Patrimonio do Concello de Tui da primeira fin de semana de peonalización do conxunto histórico. Ao longo deste mes da primeira fase solucionaranse os pequenos problemas que poidan xurdir, e propotas de mellora, e en xullo agardan polo en marcha de forma definitiva en xullo.

Ent. Belén Sousa - Animación e rotomation Guardianes de la Galaxia e Capitán América. 05.06.2017

A tudense Belén Sousa traballa no departamento de animación e rotomation da empresa Trister en Munich. Nos últimos meses ten traballado en animación para películas coma Guardianes de la Galaxia e Capitán América. Hoxe falounos do seu traballo, e do que en breve para a animación para Black Panther.

Ent. Juan Pino - Inventor dispositivo seguridade para coches. 02.06.2017

O pontareán Juan Pino explicounos hoxe con detalle o dispositivo que inventou para aumentar a seguridade nos coches. O seu invento permite que a terceira luz de freno emita unha cadencia distinta para alertar de frenazos bruscos, e outras incidencias avisando así ao coche que vai detrás para evitar posibles colisións.

Ent. Inma Serrano e Javier Salazar - Presentación do libro cd "Los tambores hablan" 02.06.2017

Este domingo ás 18.30h preséntase no Colexio Maristas de Tui o libro-cd "Los tambores hablan" promovido pola ONGD SED. As letras foron compostas polo irmán marista Aureliano García e son intepretadas por Víctor Manuel, Rozalén, Antonio Carmona, Ana Belén, Miguel Ríos, Andrés Suárez, Adrián Martín, Inma Serrano, Javier Vargas, Pasión Vega, David San José, Tontxu, José Sacristán, Fran Fernández, La...

Ent. Carlos Lima - Programación Betún 2, 3 e 4 de Xuño. 02.06.2017

O betuneiro Carlos Lima deunos conta da programación desta fin de semana con tres citas no Betún na rúa Cuenca. Hoxe ás 22h Jam Sessions con entrada de balde. Mañá ás 23h sesión de Javi Pelón con vinilos e unha escollha de Funk, rock, pop, soul, electro... Entrada 3€. Por último o domingo ás 20h en concerto MINTA & THE BROOK TROUT, banda lisboeta formada por Francisca Cortesão e Mariana Ricardo. E...

Ent. Juan Bande director - Argonat Band. 02.06.2017

Seis acordeóns, violín,gaita, baixo eléctrico e batería conforman o grupo Argonat Band que realiza versións de clásicos de rock&roll e pop. O seu director Juan Bande presentounos hoxe ao grupo.

Ent. José Manuel Cores Torís, delegado territorial - Obras en estradas do Baixo Miño 01.06.2017

A Xunta de Galicia vai investir 1 millón de euros no arranxo do firme en varias estradas do Baixo Miño. Esta semana publicou no DOG a licitación destas obras. O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís detallaba os traballos a acometer. Amais coma membro do PP falaba da situación do partido en Tui, onde fixan coma obxectivo a reunificación do centro-dereita.

Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e Susi Pérez de + K ARTE - Últimos preparativos festa do peregrino. 31.05.2017

O parador de Turismo de Tui acolle este sábado, 3 de xuño, a Festa do Peregrino organizada por ACITUI e +KArte. Haberá unha trintena de postos de artesáns, menú especial de 15€, e diversas actividades. Este é programa previsto. - Ás 11.30h inauguración. Pregón a cargo de José Antonio Quiroga - 30 postos de exposición e venda de produtos artesáns - Photocall - Postos de distintos albergues de Tui -...

Ent. Valentín e Nona - Integrantes do grupo Sivayva 31.05.2017

Valentín e Nona, integrantes do grupo Sivayva, estiveron hoxe no programa Día a Día onde nos achegaron en directo a súa música. Estes días están en Galicia onde agardar poder ofrecer varios concertos.

Ent. Manuel Gonzalez Vazquez - Candidato á presidencia local do PP 31.05.2017

Manuel González Vázquez, concelleiro e líder de Ciudadanos Tudenses, confirmaba na nosa sintonía que presentou a súa candidatura á presidencia do PP en Tui. Coincidía co outro candidato, José Ángel Taboada, en que o mellor sería chegar a unha candidatura de consenso, para o que xa mantiveron algún contacto, amosando a boa disposición por ambas partes. Explicaba que índa que formou Ciudadanos Tuden...

Ent. José Ángel Taboada - Candidato á presidencia do PP de Tui 31.05.2017

O garda civil retirado José Ángel Taboada presentou a súa candidatura a presidir o congreso local do Partido Popular de Tui. Hoxe na nosa sintonía explicaba que o obxectivo é unificar o partido. Recoñecía que hai outra candidatura, a presentada por Manuel González Vázquez, indicando que persoalmente lle gustaría chegar a un acordo para poder presentar ao congreso local unha lista de integración.

Ent. José Quinteiro, pte SOS Tomiño Baixo Miño - Xantar Solidario 31.05.2017

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar este domingo 4 de xuño ás 14h, o seu IX Xantar Solidario no parque de Pias ao lado da ponte do rió Tamuxe no Rosal, baixo carpa. O presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, José Quinteiro, explicou o obxectivo deste xantar, e tamén avanzou as próximas campañas que van realizar.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro - Campamentos urbanos, visitas guiadas, deportes... 30.05.2017

O concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, Laureano Alonso, avanzou hoxe na nosa sintonía que do 1 ao 9 de xuño se abrirá o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos que oferta o Concello de Tui. Falou tamén do campus de fútbol sala e da Eurocidade 10, amais de felicitar a deportistas e clubs polos recentes éxitos. Tamén deu conta no eido turístico do próximo inicio das visitas g...

Ent. Rosendo Bugarín - Semblanza Alejo Díz Jurado. 30.05.2017

A corporación municipal de Tui acordou por unanimidade solicitar á Xunta que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do médico tudense Alejo Diz Jurado. O tamén médico Rosendo Bugarín achegounos a este destacado persoeiro tudense do século XX.

Ent. alfombristas - Preparación alfombras Corpus. 30.05.2017

Un grupo de voluntarias traballa xa nos preparativos para a confección das alfombras de Corpus en Tui. O próximo luns comezarán coa preparación do venres no claustro da Catedral e pouco a pouco irán realizando todos os traballos precisos que culminarán na alfombra florar na Praza de San Fernando. Convidan a sumarse a todos aqueles que o desexen,

Ent. José Mtnez Tato, concelleiro - Composteiros, Balcóns do Aloia, acto traídas auga 30.05.2017

Hoxe visitounos José Martínez Tato para tratar tres asuntos. Na súa calidade de concelleiro de Medio Ambiente, deu conta da ampliación do número de composteiros comunitarios no casco urbano ante a excelente acollida que están a ter os instalados na rúa Compostela. Amais na RMT imos sortear 27 composteiros individuais de SOGAMA para quen desexe sumar a esta iniciativa na casa, para o que será preci...

Ent. Pablo Ponce de León, comandante - Concurso de Patrullas da Brilat 30.05.2017

Mañá ás 8h sae da rúa Olímpicos Tudenses de Tui o Concurso de Patrullas da Brilat no que van participar 21 patrullas que terán que completar os 120 quilómetros entre Tui e Santiago e realizar amais 7 probas. O comandante Pablo Ponce de León explicou cómo se vai realizar esta actividade.

Ent. remeiros do Aglia Rusking University Rowing concentrados en Tui 29.05.2017

Até este mércores, 31 de maio, están en Tui un grupo de remeiros universitarios da cidade de Cambrigde pertencentes ao Aglia Rusking University Rowing. Con idades entre os 18 e os 24 estes remeiros están a adestrar no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo en Tui, xunto aos remeiros do Club Remo Tui. Entre os membros do equipo inglés está o tudense Darío Al-Barazi que nos acompañaou esta mañá x...

Ent. José Manuel Silva, pte - cita hª para o Mecalia Atlético Guardés 26.05.2017

Jose Manuel Silva é o presidente do Mecalia Atlético Guardés, un club que este ano cumpre o seu 50 aniversario e que mañá xoga un partido histórico, xa que o empate ou a vitoria ante o KH7 Granollers daríalles o título de campión de liga da máxima división do balonmán nacional feminino.

Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Xornada de Portas Abertas 2017 26.05.2017

Mañá sábado de 11 a 14h e de 16 a 20h celebrarase unha xornada de portas abertas na Comandancia Naval do Miño co gallo do Día das Forzas Armadas. O comandante naval, Enrique García, explicou que haberá unha exposición de artes de pesca, a proxección dun vídeo institucional, e pola tarde acollerá a saída do V Triatlón Tui-O Porriño.

Ent. Miguel Capón, voceiro ALT - Valoración dimisión de tres concelleiros 26.05.2017

Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense, sinalou hoxe que é sorprendente que se presenten ao mesmo as dimisións de Sousa, Vázquez e Rocha, e non as dimisións en si. No seu parecer están pensadas para facilitar a moción de censura, para a que cre que non hai motivos.

Antonio Lomba alcalde - Partido histórico Mecalia Atlético Guardés. 26.05.2017

Mañá ás 19h no pavillón da Sangriña, na Guarda, xogarase un partido histórico no que o Mecalia Atlético Guardés pode proclamarse campión da División de Honra Feminina de Balonmán. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recoñece que isto é todo un soño. As da Guarda dependen de sí mesmas, válelles un empate ou a vitoria para lograr o título.

Ent. José Ignacio Prades entrenador - Partido histórico Mecalia Atlético Guardés. 26.05.2017

José Ignacio Prades está dende esta tempora ao fronte do Mecalia Atlético Guardés, un equipo que levou a pelexar polos primeiros postos da División de Honra Feminina e que mañá se pode proclamar campión de liga.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Valoración dimisión de tres concelleiros 26.05.2017

Carmen Núñez, voceira do BNG, tras as dimisións anunciadas por Sousa, Vázquez e Rocha, sinalou que este parece que é o primeiro paso de cara á presentación dunha moción de censura, que no seu parecer non está xustificada por ningunha actuación do goberno, senón que responde a intereses políticos e partidistas.

Ent. Jorge Aldir - Actividades do Betún para os días 26, 27 e 28 de Maio. 26.05.2017

A proposta do Betún nesta fin de semana comeza ás 22h coa cantautora galega Sheila Patricia presentando o seu disco, "El camino de los sueños" que acaba de ver a luz nesta primavera. Entrada 3€. Mañá ás 23h o tudense Diego Estevez a.k.a. Dj Junior será o encargado de pórlle música á noite. Entrada de balde. Por último o domingo ás 20h será a quenda de Miguel Angelo Cuarteto presentando o seu segun...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.