Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 21.06.2017 5:35
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deu conta na Radio Municpial de Tui dos pormenores da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha cita que terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo no porto da Guarda. O venres o pregón correrá a cargo do Bruxo Queiman e Andrea Pousa e o domigo a programación cultural da festa incluirá unha noite do Fado da man de María do Ceo.
Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA - Semblanza Clara Torres 19.06.2017 7:55
O Colexio Rural Agrupado de Tui leva o nome de Clara Torres. Mestra que exerceu durante décadas nas súas aulas. Hoxe a súa actual directora, Teresa Domínguez, fixo unha semblanza da Clara, lembrando a súa importante labor de educativa avanzada aos tempos.
O alumnado do CEIP nº2 recollerá este xoves material escolar para un orfanato do Congo 19.06.2017 11:23
O alumnado do CEIP nº2 de Tui traballou ao longo deste curso, que está a piques de rematar, no proxecto "Coas nosas mans o teu sorriso". Hoxe alumnos do centro explicáronnos o traballo que realizaron nos últimos meses. E avanzaron que este xoves estarán recollendo material escolar para un orfanato do Congo de 10 a 13h na Praza da Inmaculada.
Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 16 e 17 de xuño 16.06.2017 5:54
Hoxe e mañá temos cita musical no Betún, na rúa Cuenca. Hoxe ás 22h Ton Dose e mañá ás 22h Agencia Tributaria. Jorge Aldir falounos destas actuación.
Ent. Conchi Sales e Alba Vaz da Asoc. San Telmo - Concurso de gaita e Tamboril e Día da Muiñeira 16.06.2017 8:55
A Asociación Cultural San Telmo organiza mañá sábado ás 22h o III Concurso de gaita e Tamboril no pórtico da Cátedral, que incluirá unha homenaxe ao mestre Antón Corral. O domingo ás 20h celebrarase o IV Día da Muiñeira na Corredoira. Conchi Sales e Alba Vaz, da Asociación San Telmo, explicáronnos como van ser estes actos.
Ent. David Morais e Argentina Rosa da Silva - Clausura escolas de judo e III Open Eurocidade de Judo 15.06.2017 8:32
Dobre cita co judo esta fin de semana en Tui. O sábado pola mañá terá lugar a clausura das escolas deportivas de judo realizadas polo Judo Club Tudense, e o sábado pola tarde e o domingo pola mañá celebrarase o III Open Eurocidade de Judo. Faláronnos destes eventos David Morais do Judo Club Tudense e Argentina Rosa da Silvado JuValença.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño – Valoración 10 anos de goberno e outros 15.06.2017 22:41
Sandra González leva dez anos ao fronte do goberno do concello de Tomiño. Hoxe na nosa sintonía fixo valoración desta década e avanzou o acto que teñen previsto para este sábado. Abordou tamén outros temas nos que traballan arestora coma saneamento, a recente presentación de nova web...
Ent. Rocío Gomez, pta e Mª Victoria Méndez, tesoureira - 25 anos da Asociación de Amas de Casa 14.06.2017 8:00
Este sábado, 17 de xuño, a Asociación de Amas de Casa de Tui vai celebrar os seus 25 anos dende a súa fundación o 11 de xuño de 1992. A celebración comezará ás 12.30h cunha misa na igrexa de San Francisco acompañada pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, e logo xantar de confraternidade no Parador. Nolo contaron Rocío Gómez, presidenta, e Mª Victoria Méndez, tesoureira.
Ent. José Glez Freiría, Laureano Alonso e Jose Monte - Presentación equipo veteranos da Eurocidade 14.06.2017 16:37
Este sábado, ás 11.30h nas instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui terá lugar a presentación do equipo de fútbol veterano da Eurocidade Tui-Valença. Será nun partido fronte ao Maia de Portugal. O presidente do equipo José González Freiría explicou coma xurdiu o equipo. Estivo acompañado polos responsables de deportes de Tui, Laureano Alonso, e de Valença, José Monte.
Ent. Mila González, voluntaria - Alfombras Corpus en Tui 14.06.2017 1:41
Unha véntena de voluntarios traballan estes días en preparar o verde e a flor para a elaboración das alfombras florais do Corpus este sábado en Tui. O chamamento que faciamos a pasada semana de que precisaban máis xente xurdiu efecto e son máis as persoas que se afanan no claustro da Catedral cos preparativos do material.
Ent. José Monte, vereador de Desporto de Valença – Inauguración Centro de Marcha e Carreira 13.06.2017 4:57
Este mediodía inaugurouse en Valença o Centro de Marcha e Carreira no Centro de Interpretación da Ecopista – Ponte Seca. O vereador de Desporto de Valença, José Monte, avanzou na nosa sintonía as características desta infraestrutura.
Ent. Lucas Moreira Lomba , xogador de hóckey – Participará en Campus de Alto Rendemento 13.06.2017 3:05
O guardés Lucas Moreira Lomba é un dos 40 xogadores de hóckey de toda España que vai participar no Campus de Alto Rendemento da Selección Española de hóckey Liña finais do mes de xullo. Con anterioridade ten formado xa da Selección Galega de hóckey liña.
Ent. Iván Fernández, adestrador do Ribadelouro - Ascenso a 2ª Rexional 12.06.2017 2:49
O Ribadelouro é xa equipo de segunda rexional. Onte lograba o pase cun 2-1 ante o Chapela. O adestrador, Iván Fernández, explicaba coma foi o partido que lles deu o ascenso e no que a afección encheu o campo de Santa Columba.
Ent. Rafael Carrera – Presidente de Coxapo. 12.06.2017 15:22
Cinco traídas de auga en Tui corren o risco de desaparecer ao non serlles renovada a concesión por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Non son as únicas na zona que teñen problemas ante o novo escenario que se abre para as traídas veciñais. Da situación falounos o presidente de COXAPO, Rafael Carrera.
Ent. José Angel Taboada – Presidente do Partido Popular de Tui 12.06.2017 9:33
Dende o pasado sábado José Ángel Taboada é o presidente do Partido Popular en Tui. Foi elixido por aclamación no congreso que o partido celebrou coa presenza de altos cargos do PP coma Ana Pástor e Alfonso Rueda. Un congreso no que Antonio Fernández Rocha foi nomeado presidente de honra. Hoxe na nosa sintonía deu conta das liñas de traballo que afronta de agora en diante.
Ent. Mónica Bugarín - Sección cine 09/06/2017 09.06.2017 9:00
Cada venres no programa Día a Día Mónica Bugarín fálanos de cine
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Plan Móvese, rúa Ourense, Peonalización... 09.06.2017 18:04
Hoxe entregaron no concello o expediente expropiatorio da rúa Ourense. Así o informou o alcalde na entrevista no programa Día a Día onde falou do Plan Móvese, de obras en equipamentos públicos, da peonalización, entre outros temas.
Ent. Sergio Alonso - Programación Betún días 9, 10 e 11 de xuño. 09.06.2017 4:06
Selección musical betuneira esta noite no Betún a partir das 23h. Mañá ás 23 h un espectáculo visual que fusiona varias técnicas para contarnos tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero debuxa con area sobre o cristal dunha caixa de luz. Mentres o domingo ás 20h chega o Cuarteto Dumka formado por Marcos Escobar (violín), Elena Vázquez (violín), David López (viola) e Alejandro Costas (...
Ent. Teresa Prieto, pta. e Ricardo Martínez, secretario da coral San Telmo - Concerto de Corais 10 de xuño. 08.06.2017 10:17
Este sábado, 10 de xuño, ás 20.30h celébrase na Igrexa de Santo Domingo un concerto de corais organizado pola Coral San Telmo. No mesmo participarán a Coral Polifónica “Novas Voces” de Celado, Mos; o Coro Villa de Navia de Asturias, a Coral San Telmo de Tui , e o grupo de musica tradicional Lirolai do Rosal.
Ent. Rubén López López, dtor Conservatorio de Tui - Concerto fin de curso 2016-17 07.06.2017 7:58
Mañá xoves ás 20h celébrase no Teatro Municipal de Tui o concerto de fin de curso do Conservatorio e da Escola de Música de Tui. O director destes centros de ensino musical, Rubén López, explicaba que haberá un total de 13 actuacións. Tamén avanzaba que realizarán tres actividades gratuítas no mes de xuño, un concerto didáctico o día 13, clases de instrumentos e música e movemento do 27 ao 29. E p...
Ent. Suso Vila, historiador - Lectura tese doutoral “Dinámicas urbanas en la frontera del Miño durante el siglo XIX 06.06.2017 11:34
O historiador tudense Suso Vila deu lectura o pasado venres na universidade de Santiago a súa tese doutoral baixo o título de “Dinámicas urbanas en la frontera del Miño durante el siglo XIX: sociedad y arquitectura en Tui y Valença”.
Ent. Andrea Costa, directora - II Festival Arraianos 06.06.2017 6:00
Tui volverá á época medieval do 8 ao 10 de setembro coa celebración da segunda edición do Festival Arraianos. Serán tres días de recreacións históricas, espectáculos, conferencias, mercado medieval, survival zombie...e moito máis. A súa directora Andrea Costa avanzou hoxe parte do que poderemos disfrutar no Arraianos. Arestora está aberta a convocatoria para hosteleiros, artesáns, e comerciantes q...
Ent. Xacobe Morais e Rigo - A Quinta de Tui. 06.06.2017 15:29
En 2001 creouse o club de fútbol sala A Quinta de Tui que na temporada que agora remata contou con 9 equipos federados, dous seniors e sete de base, e máis dun centenar de persoas adestrando. Do estado do club e dos obxectivos para a próxima temporada faláronnos hoxe Rigo, o seu presidente, e Xacobe Morais, coordinador e adestrador. Agora pensan xa na próxima temporada na que fixan coma obxectivo...
Ent. Basilio Calzado e Emilio Cabeiras - Exposición colectiva na Sala Municipal de Tui 06.06.2017 9:36
Ata este sábado pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal de Tui unha exposición colectiva de Basilio Calzado de San Salvador de Tebra, Emilio Cabeiras de Santa Mª de Tebra, Luís Oliveira e Libia Domínguez de Goián, o gondomareño afincado en Pinzás Iago Riera, e a canguesa Violeta Vilas. Basilio Calzado Emilio Cabeira faláronnos desta mostra que reúne distintas técnicas e estilos.
Ent. Jorge Fernándes de Casa di Mamma - 4º posto no campionato mundial de pizzas. 05.06.2017 17:07
Jorge Fernandes de Casa Di Mamma de Valença logrou o cuarto posto no Campionato Mundial da Pizza en Parma cunha pizza “Tres nacións”. Hoxe falounos desta creación. Este mesmo mes acudirá a Italia a outro campionato.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.