Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Cristina Martínez, concelleira de cultura de Tomiño - Programación do Verán Cultural 'O Son da Praza' 06.07.2017 5:28
Esta semana dá comezo a programación do Verán Cultural "O Son da Praza" de Tomiño. Estivemos conversando coa concelleira de cultura do municipio, Cristina Martínez, que nos deu conta de todos os detalles da oferta prevista para os meses de xullo e agosto.
Ent. Miguel Capón de AtT - Rolda de entrevistas 2 anos da corporación municipal 06.07.2017 22:04
O voceiro de AtT e concelleiro de Eurocidade, Miguel Capón Rey, compareceu hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas co gallo dos dous anos das corporación municipais. Capón Rey fixo un balance positivo destes dous anos de goberno municipal no que hai proxecto político común baseado nos proxectos políticos dos catro grupos. Sobre unha posible moción de censura dicía que é legal pero outra...
Ent. Rubén López, Jorge Vicente Amorín e Rafael Yebra - II Aula Internacional de Saxofón 04.07.2017 8:52
A próxima semana terá lugar a II Aula Internacional de Saxofón, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frei Rosendo Salvado. Falamos dos detalles con Rubén López, o seu director, e co profesor de saxofón Jorge Vicente Amorín. Ademais tivemos a oportunidade de conversar con Rafael Yebra, do CMUS de Vigo, que será un dos profesores encargados desta aula xunto con A...
Ent. Clara de Macedo, de Un Máis, e Ana Vila, psicóloga de Anarela - Campamento de verán "Conectando Máis" 03.07.2017 13:10
Falamos con Clara de Macedo, da Asociación Un máis, e con Ana Vila, Psicóloga de Anarela. Estas dúas mulleres implicadas no traballo con nenos con TEA déronnos conta dos resultados do proxecto "Dentista Máis" e faláronnos un pouco sobre as actividades que haberá no campamento de verán "Conectando Máis".
Ent. Carlos Vázquez Padín, voceiro C21 Rolda 2 anos de corporación municipal 03.07.2017 23:02
O 13 de xuño de 2015 tomaba posesión a actual corporación municipal de Tui, motivo polo que iniciamos unha rolda de entrevistas cos representantes dos distintos grupos políticos. Hoxe comezamos con Carlos Vázquez Padín, de C21, quen fixo balance destes dous anos, pero tamén se referiu á rolda de prensa que ofreceron o pasado sábado.
Ent. Samuel Diz, director - Este ano non se celebrará Música no Claustro 30.06.2017 9:43
Este mes de agosto non se celebrará unha nova edición de Música no Claustro debido á realización de obras no templo catedralicio. Así o confirmaba hoxe na nosa sintonía o seu director Samuel Diz.
Ent. Sergio Alonso - Programación Betún 30 de xuño e 1 de xullo 30.06.2017 2:23
Hoxe e mañá temos cita musical no Betún, na rúa Cuenca. Hoxe a partir das 23h sesión Disco Beta coa habitual selección musical aberta á participación de todos os betuneiros. Mañá a música correrá a cargo de Funkente, un Dj betuneiro que mezclará soul e funk coa electrónica e moitos outros estilos. As dous días a entrada é de balde para todos os socios.
Ent. Manuel Méndez, Asoc. Lembranzas da Terra - IV Festa Luso Galaica 30.06.2017 4:28
As parroquias tudenses de Paramos, Baldráns, Guillarei e Caldelas e as valencianas de Verdoejo, Friestas e Ganfei participan este domingo na IV Festa Luso Galaica no parque de merendas de Verdoejo en Valença. Haberá actividades ao longo de todo o día das que nos deu conta Manuel Méndez da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei.
Ent. Marisa Giráldez - Balance primeira temporada do club Bádminton Tui 29.06.2017 9:43
O Club Bádminton Tui celebra mañá unha xornada de portas abertas no pavillón do IES San Paio de 4.30h a 20h. A súa presidenta Marisa Giráldez fixo hoxe balance desta primeira temporada na que tiveron adestrando a 85 rapaces e a 12 adultos. E tamén avanzou os obxectivos que marcan para a próxima temporada.
Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de turismo de A Guarda - XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 29.06.2017 7:04
Falamos coa concelleira de turismo de A Guarda, Montse Magallanes, que nos contou un pouco mellor como se vai desenvolver esta XXVII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ademais de gastronomía esta cita está cargada de música e espectáculos para toda a familia.
Ent. Sol Gómez Arteaga, M. Vázquez de la Cruz e Javier Vázquez- Presentación libro 'El sol a la tinaja y otros cuentos' 28.06.2017 13:18
Hoxe falamos con Manuel Vázquez de la Cruz e Javier Vázquez, da Asociación Levada Libre, sobre a presentación do libro de Sol Gómez Arteaga "El sol a la tinaja y otros cuentos", que terá lugar no Club Náutico San Telmo o venres 30 ás 20h. Ademais a propia autora nos contou un pouquiño máis sobre a súa obra.
Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Clara Torre - Premio Nacional de Educación á Carreira Docente. 28.06.2017 10:49
Falamos con Teresa Domínguez, directora do CRA Clara Torres, á quen lle acaban de conceder o Premio Nacional de Educación á Carreira Docente correspondente ao ano 2016. A mestra contounos como se recoñece con este premio todo o que ten feito no ámbito educativo sen esquecer a importancia de Clara Torres na súa carreira.
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Composteiros, praias... 27.06.2017 10:56
O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, deu conta hoxe na nosa sintonía da entrada en funcionamento a próxima semana dos composteiros comunitarios na traseira da Área Panorámica. Ao tempo fixo un chamamento á cidadanía para o correcto uso dos contedores de recollida selectiva. Deu conta tamén do estado das praias fluviais. E na súa calidade de presidente do club AndaTui explicou os de...
Ent. Antía Muíños, graduada en Comunicación Audiovisual - reporteira Vaia Troula 27.06.2017 7:27
Falamos coa nosa compañeira Antía Muíños que este domingo se estrea como reporteira do programa da Televisión de Galicia "Vaia Troula". Antía comentounos un pouco como están a ser os seus primeiros pasos na pequeña pantalla.
Recomendacións literarias May Acebes - 27/06/17 27.06.2017 13:00
May Acebes cerra a temporada literaria coa súa última recomendación: o libro "El domingo de las madres" de Graham Swift. Ademais trae un par de curiosidades lingüísticas e unha belísima sorpresa de despedida... ata setembro.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Actualidade municipal, dous anos de goberno 26.06.2017 25:28
Antonio Lomba leva dous anos ao fronte do Concello da Guarda. Hoxe na nosa sintonía fixo balance deste período e falou de proxectos nos que traballan coma a humanización da rúa Concepción Arenal, a saída sur do Porto, un auditorio, ou a demanda do remate da VAP Tui-A Guarda.
Ent. Carmen Núñez e José Ramón Magán - O 30 de xuño comezará a peonalización definitiva do conxunto histórico de Tui 23.06.2017 17:17
O venres 30 de xuño comezará a peonalización definitiva do conxunto histórico de Tui, tras remata a fase de proba realizada durante este mes de xuño. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, e o de Seguridade, José Ramón Magán, valoraron na nosa sintonía esta fase de proba.
Ent. Xacobo Morais, Laureano Alonso e Toñín Martín - II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín 23.06.2017 11:18
Falamos sobre o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. Xacobo Morais, coordinador de A Quinta de Tui, Laureano Alonso, concelleiro de deportes, e o propio Toñín Martín explícannos como se vai desenvolver o Campus, cales son as previsión e o que os rapaces van poder aprender.
Ent. Julián Iglesias e Julio Areal - I Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Savella 23.06.2017 9:16
Falamos con Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo, e Julio Areal, presidente do Club Reo Miño, sobre o I Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Savella. A cita é o domingo 25 de xuño e a competición contará con modalidade de orilla e modalidade con embarcación.
Ent. Ester Sánchez - Programación Betún 25 de xuño 23.06.2017 3:05
Ester Sánchez nos conta a programación do Betún para esta fin de semana. Con motivo da festa de San Xoán as actividades limítanse ao domingo con concerto do Ismael Cabaleiro Quintet ás 21.30
Ent. Antonio Durán Morris - Actor na serie sobre narcotráfico Fariña 23.06.2017 15:07
O actor Antonio Durán Morris contanos os pormenores de Fariña, a serie sobre o narcotráfico en Galicia na que participa interpretando a Manuel Charlín. Fariña inspírase no libro homónimo de Nacho Carretero e conta con un equipo técnico e artístico esencialmente galego.
Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo, dtor técnico - IV Campionato Ibérico de Kung Fu 22.06.2017 10:59
O pavillón deprotivo de Tui acolle este domingo dende ás 10.30h o IV Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Eduardo Méndez Sanjurjo, o seu director técnico, explicou que haberá 325 participantes tanto de kung fu tradicional coma modern, con competidores de alto nivel, pero tamén con moita presenza da canteira deste deporte. Trátase dun campionato moi dinámico que se desenvolverá durante dúas ho...
Ent. Xosé M. López, Leticia Fernández Xosé M. Sánchez, Javier Oliveira - Oferta formativa IES Indalecio Pérez Tizón 22.06.2017 15:03
O periodo de solicitude de prazas para os ciclos formativos do IES Indalecio Pérez Tizón comeza o luns 26 de xuño e finaliza o 4 de xullo ás 13 horas. O vicedirector do centro, Xosé Manuel Álvarez López, contounos cal é a oferta formativa para o curso 2017/2018. Unha das profesoras dos ciclos de Comercio, Leticia Fernández Rivero, falounos sobre os contidos da formación e dous exalumnos, Javier Ol...
Ent. Miguel Capón Sánchez - I Campus Denis Suárez 21.06.2017 6:42
Do 3 ao 8 de xullo celebrarase nas instalacións deportivas Álvarez Durán o I Campus Denis Suárez de Fútbol dirixido a nenos de 4 a 14 anos. Celebrarase de 9 a 14h de luns a venres. A inscrición pode facerse ata o venres 30 de xuño, cun prezo de 140€ por neno, en www.campusdenissuarez.com Miguel Capón Sánchez, membro da organización do Campus, explicaba que a realización desta actividade partiu do...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Xornadas Terras de Sefarad e Expocidades 21.06.2017 12:11
No mes de setembro Tui volverá sumarse á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía coa celebración dunhas xornadas con distintas ponencias. Así o confirmou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, tras a participación o pasado venres en Bragança no congreso internacional Terras de Sefarad. Tui segue a traballar para integrarse na Rede de Xuderías de España, e o próximo mes de xullo reci...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.