Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Carlos César Rodríguez, pianista - V Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM 24.07.2017

Mañá clausurase o V Festival Internacional de Instrumentos de tecla da Eurocidade Tui-Valença con un recital ibero-americano da man de Carlos César Rodríguez. Falamos con este importante pianista sobre o que vai soar na Igrexa de San Domingos a partir das 22h de mañá, pero tamén do seu papel como profesor nas masterclases do festival e da experiencia como director dos dez pianos que soaron durante...

Ent. Jorge Aldir do Betún - Programación venres 21 e sábado 22 21.07.2017

Dobre proposta musical na casa betuneira esta fin de semana. Coma hoxe nos contou Jorge Aldir esta noite ás 23.30h Bizarre Freak Party con Pumoso con Gaseosa. E mañá ás 21.30h en concerto Jaguars e Salvaje.

Ent. Daniel Pereira, pianista - Concerto Cancións para sempre no IKFEM 21.07.2017

A Fortaleza de Valença acolle o sábado ás 23h o concerto "Cancións para sempre" da man de Gabriela Rodríguez e Daniel Pereira. Este último explicounos que se trata dun evento musical para todos os público onde haberá repertorio de clásicos da canción. A entrada será de balde.

Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente, e Manuel Gómez - Composteiros Comunitarios 20.07.2017

En 2020 debemos reciclar o 50% do lixo que xeramos. Na actualidade aínda estamos lonxe desa porcentaxe e só reciclamos o 18% do lixo. A instalación de composteiros comunitarios busca reciclar tamén o materia orgánica que deste xeito se converterá en compost. En Tui hai tres puntos de composteiros comunitarios, na Avenida de Portugal, na rúa Compostela, e na traseira da Área Panorámica. Este último...

Ent. Carmen Núñez, concelleira de Patrimonio, e María Ferreirós - Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui 20.07.2017

Dar a coñecer as convocatorias de axudas para obras e axudar na tramitación destas achegas é o obxectivo da Oficina de Rehabilitación que dende comezos de mes presta servizo no Concello de Tui. Así o explicou hoxe a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. María Ferreirós, a técnica responsable desta oficina, explicou que esta axudas repercutirán na calidade da vida dos veciños. A Oficina atende a...

Ent. Ángel Sánchez de Best Boy - Concerto no IKFEM 20.07.2017

Os Best Boy volven mañá a casa, a Tui, para abrir musicalmente o IKFEM, nun concerto especial na vella Ponte Internacional de Tui-Valença. Os temas do seu primeiro traballo "Cross the border" soarán a partir das 21h nun evento especial coma hoxe explicaba Ángel Sánchez.

Ent. Aurelio Rodríguez e Joaquín Valverde - IV Festival Arume de Malvas 20.07.2017

Este sábado ás 20.30h terá lugar no torreiro de Malvas o IV Festival Arume de Malvas. No mesmo participarn o grupo Airiños de Orbazal de Lugo, Santa Columba de Ribadelouro e os organizadores Arume de Malvas. Desta actividade faláronnos Aurelio Rodríguez, presidente, e Joaquín Valverde.

Ent. Pedro Álvarez, pte de Vigo Guardians - Campus de fútbol americano e futbol flag en Tui 19.07.2017

As instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui acollen este sábado o I Campus de fútbol americano e fútbol flag organizado polo Club Vigo Guardians coa colaboración do Concello de Tui. Pedro Álvarez, presidente dos Vigo Guardians explicou as características deste deporte, e en qué vai consistir a actividade prevista para este sábado de 10 a 13h e de 16 a 19h

Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Relevo ao fronte da comandancia 19.07.2017

Tras dous anos ao fronte da Comandancia Naval do Miño o capitán de corveta Enrique García entregará mañá ao mando ao tamén capitán de corveta José Ignacnio Tobarra. Hoxe Enrique García fixo balance destes dous anos en Tui.

Ent. Andrea González, directora IKFEM - V Festival Internacional de Instrumetos de Tecla da Eurocidade 19.07.2017

Este venres arranca unha nova edición do Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Falamos coa súa directora, Andrea González, que nos deu conta de todos os detalles deste V IKFEM. Concertos, marterclases e wokshops encheran as dúas beiras do Miño de música no quinto aniversario do evento.

Ent. Antonio Costas e Xosé Oliveira, da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro - Festival Nacional de Folclore 2017 18.07.2017

Este sábado, 22 de xullo, celébrase no Centro Cultural de Pexegueiro o Festival Nacional do Folclore 2017, no que participarán o grupo folclórico O Mosteiro e o grupo de Jota Aragonesa Cinco Villas. Falamos con Antonio Costas, presidente da Asociación Socio-cultural O Mosteiro, e con Xosé Oliveira, responsable do seu grupo de gaitas, que nos deron conta dos detalles deste encontro.

Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultural - Verán cultural e obras no colexios 17.07.2017

Este xoves comeza a programación do verán cultural en Tui que vén recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural que foi presentada o pasado venres. A concelleira de Ensino e Cultura, María José González, explicounos con detalle a oferta prevista. Ao tempo deu conta tamén das actuacións que se están a realizar nos distintos centros educativos aproveitando a época estival.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance de dous anos de corporación municipal 14.07.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe os dous anos de corporación municipal, que nas súas palabras foron intensos cun funcionamento exemplar do goberno. Saiu ao paso das críticas dos grupos da oposición de existir catro alcaldes e de falta de diálogo. Sobre a moción de censura sinalou que non lle preocupa pero matizou que non lle agrada porque reclaman o dereito de rematar o traballo i...

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 14 e 15 de xullo 14.07.2017

Unha vez máis o Betún, na rúa Cuenca, encara a fin de semana con música. Falamos con Jorge Aldir, que nos deu conta da oferta para estes días. Hoxe venres haberá Disco Beta e mañá contarán con Javi Pelón e a súa ecléctica sesión en vinilo. Ambos días a entrada é de balde para socios beta e betuneiros.

Ent. Carlos Estévez de Sen Amarras - II Campionato Inclusivo de Motonáutica 13.07.2017

Este sábado celébrase en augas do río Miño en Tui a terceira proba do II Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica organizado polo Club Sen Amarras e a Federación Galega de Motonaútico adaptada, Sodináutica. Carlos Estévez, do club Sen Amarras, deu conta esta mañá na nosa sintonía que o campionato comezou en 2016 cun total de 3 probas que este ano son xa cinco e seguirá crecendo o próximo ano. Es...

Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 2017 13.07.2017

Este domingo, 16 de xullo, a Comandancia Naval do Miño celebra a festividade da Virxe do Carme, patroa dos homes do mar e da Armada, con diversos actos dos que hoxe deu conta o comandante naval do Miño, Enrique García. Ás 18h terá a misa solemne na Catedral, iniciándose a continuación a procesión ata a Comandancia Naval, onde a imaxe do Carme embarcará a bordo do Cabo Fradera. Este ano coma novida...

Ent. Mila González, de Ciudadanos Tudenses - Balance de dous anos de corporación municipal 12.07.2017

A concelleira de Ciudadanos Tudenses, Mila González, valou hoxe os dous anos da corporación municipal. A nivel persoal recoñecía que estes foron dous anos difíciles por chegar nova á política. Agora tras a dimisión do seu compañeiro Manuel González, comeza unha nova etapa coma voceira de Ciudadanos Tudenses, partido no que seguirá. Sobre o equipo de goberno amousou a súa decepción pola falla de di...

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de SondeTui - Balance 2 anos de corporación municipal 11.07.2017

Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui e responsable de Turismo, Deportes, Servizos Sociais, Novas Tecnoloxías e Medios de Comunicación, fixo balance positivo destes dous anos de goberno e repasou as actuacións realizadas en cada unha das súas áreas. Sobre unha posible moción de censura sinalou que hai que pensar no futuro de Tui e considera que esta operación política sería moi negativa para...

Ent. Toñín Martín, Xacobe Morais e Laureano Alonso - II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín 11.07.2017

Estase a desenvoler dende a semana pasada e ata este venres, 14 de xullo, o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. Falamos co exxogador da selección española, co coordinador da Quinta Futsal, Xacobe Morais, e co concelleiro de deportes, Laureano Alonso. Os tres deron conta da boa acollida que está a ter esta segunda edición do Campus.

Ent. Manuel Domínguez e Cristina López - I Andaina nocturna "Mecaji nos Morceghos" 10.07.2017

Este sábado 15 de xullo terá lugar en Rebordáns a I Andaina Nocturna “Mecaji nos Morceghos”, organizada pola Asociación Cultural San Fins. Falamos con dous membros da directiva desta asociación, Cristina López e Manuel Domínguez, que nos contaron os detalles da iniciativa.

Ent. Carmen Núñez, voceira BNG - Rolda 2 anos de corporación municipal 10.07.2017

A voceira do BNG,Carmen Núñez, fixo hoxe balance destes dous anos de corporación municipal de Tui , onde valorou o traballo realizado nas áreas de Patrimonio e Medio Ambiente, pero tamén en conxunto polo goberno municipal. Sobre a posibilidade de que se presente unha moción de censura dicía que é legal pero non xusta, porque no seu parecer merecen estar dous anos máis no goberno.

Ent. Antonio Castro Negro, PP - Rolda 2 anos de corporación municipal e situación política 07.07.2017

Antonio Castro Negro, do PP, fixo hoxe un balance negativo destes dous do goberno municipal en Tui porque no seu parecer non hai plan de actuacións, nin planificación e non se marcaron prioridades. Falou tamén da actual situación tras a disposición dada a coñecer por Carlos Vázquez Padín de negociar un goberno alternativo a Tui. Afirmou que o diálogo está a manterse a nivel provincial, e indicou q...

Ent. Daniel Rodríguez, Ángel Giráldez e Paula Cobiá - Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma de Madrid 07.07.2017

Daniel Rodríguez e Ángel Giráldez son dous alumnos da Escola de Danza Paula Cobián de Tui que o próximo curso comezarán a estudar no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma de Madrid. Falamos con eles e coa súa profesora Paula Cobián sobre como se lles presenta esta nova aventura.

Ent. Alejandro Lorenzo - Programación Betún 7 e 8 de xullo 07.07.2017

Volve como cada fin de semana a programación cultural do Betún, na rúa Cuenca. Hoxe, 7 de xullo, a partir das 22h haberá a Jam Session habitual de cada primeiro venres de mes. Mañá a oferta continúa con dous concertos de rock a cargo de Taku e Trioceros. Deunos máis detalles Álex Lorenzo.

Ent. Rubén López e Eduardo Rodríguez - Curso de gaita de fol no Conservatorio de Tui 06.07.2017

O Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado organizan un curso de Gaita de Fol esta fin de semana a cargo de David Bellas, titulado superior no CMUS de Vigo. Falamos sobre esta iniciativa con Rubén López, director do Conservatorio Superior de Tui, e con Eduardo Rodríguez, profesor de gaita.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.