Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo de Tui - III Semana Náutica 08.08.2017 6:51
DO 14 ao 18 de agosto a III Semana Náutica, despois dun parón de dous anos. Trátase dunha iniciativa do Club Náutico San Telmo en colaboración co Concello de Tui na que nenos mozos de entre 8 e 18 anos terán a oportunidade de participar en distintas actividades náuticas no río Miño. Falamos con Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo, que nos deu máis detalles da programación.
Ent. Manuel Castro, da Comisión das Festas do Monte - Festas do Monte 2017 07.08.2017 8:19
Hoxe arrancan oficialmente as Festas do Monte na Guarda, despois dos eventos deportivos que serviron de anticipo na fin de semana. Esta tarde terá lugar a lectura do pregón a cargo de Carlos Mouriño, presidente do RCCV, nun acto no que estarán presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, Montserrat Magallanes, deputada de emprego e concelleira de Turismo e Digna Rivas, deputada de Cohesión Social...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Suso Vila, historiador - Xornadas Europeas da Cultura Xudea 07.08.2017 15:54
Pór en valor o patrimonio xudeu de Tui é un dos obxectivos das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebrarán na cidade do 1 ao 3 de setembro. Esta actividade súmase ás visitas guiadas pola Ruta Xudía, ao folleto con esta ruta editado hai meses e ao novo que sairá á rúa nos próximos días. Falamos desta iniciativa con Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Suso Vila, historiador
Ent. Marta Valcárcel, concelleira de Cultura de Salvaterra de Miño - O Son da Muralla 04.08.2017 4:50
Mañá, sábado 5 de agosto, terá lugar en Salvaterra de Miño unha nova edición de O Son da Muralla, que suma xa dezaseis anos. Nesta ocasión contará novamente cunha extensa proposta de DJs. Falamos sobre este importante evento de música electrónica con Marta Valcárcel, concelleira de Cultura do municipio.
Ent. María Fernández de As Penizas Folk - VI Festival As Penizas Folk 04.08.2017 4:23
En Paramos celebran mañá, sábado 5 de agosto, o VI As Penizas Folk no Monte das Penizas. Contarán coa XII Romería do Polbo e coas actuacións de Os Terribles de Tomiño, Adentía e Carapaus. María Fernández forma parte da organización e deunos os detalles de como se vai desenvolver.
Ent. A. Besada, director B. Música de Tui, e F. Represas, pte. B. Música Xuvenil de Xinzo - XXVI Festival de Bandas 04.08.2017 8:06
Mañá, sábado 5 de agosto, terá lugar o XXVI Festival de Bandas de Tui, no que participará a Banda de Música de Tui e, como convidada, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Falamos con Adolfo Besada, director da primeira, e Francisco Represas, presidente da segunda, que nos contaron un pouco como se vai desenvolver este evento musical na praza de San Fernando de Tui.
Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 4 e 5 de agosto 04.08.2017 8:54
Unha fin de semana máis no Betún, na rúa Cuenca, hai oferta musical. Esta noite a partir das 22h teñen a habitual Jam Session de inicio de mes e mañá a partir das 23.30h a DJ Funkente,. Os dous días a entrada será de balde. Contóunolo todo Jorge Aldir.
Ent. Raúl Francés e Belén Sío - Inauguración monumento na Volta da Moura 03.08.2017 9:10
Este domingo ás 19.30h inaugúrase na Volta da Moura un monumento en homenaxe aos 9 homes fusiliados neste lugar e ás 7 viuvas. O acto está organizado por Levada Libre e familiares das Vítimas. O monumento é obra do escultor mosense Marcos Escudero. Do acto faláronnos Raúl Francés e Belén Sío. Levada Libre
Ent. 030817 Ileana Delgado de EntrElas - Concerto na Praza do Pracer 03.08.2017 3:03
A praza do Pracer acolle ás 20.30h un concerto do grupo vocal EntrElas dentro do curso de verán Tamara Brooks. Ofrecerán un repertorio a cappela dunha gran variedade de estilos. Contounolo Ileana Delgado, a directora desta agrupación.
Ent. Manuel Domínguez e Cristina López, do CC San Fins - Romaría de San Fins 02.08.2017 5:19
Esta fin de semana celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns, con actos previstos tanto o sábado coma o domingo organizados pola Asociación Cultural San Fins. Manuel Domínguez e Cristina López, directivos deste colectivos déronnos todos os detalles das actividades previstas.
Ent. José Martinez Tato, pte. AndaTui e concelleiro Medio Ambiente - Ruta hª e limpeza 02.08.2017 12:48
Este sábado celébrase a andaina III Ruta Histórica dentro do circuíto de andainas da Eurocidade. A inscrición está aberta en www.andatui.es. José Martinez Tato, presidente do club AndaTui explicounos o percorrido a realizar. Amais coma concelleiro de Medio Ambiente fixo fincapé na importancia de reciclar para lograr en 2020 o obxectivo de reciclar o 50% do lixo que xeramos. Nese senso facía un cha...
Ent. Julio Domínguez e Irene Gómez - Curso Tamara Brooks 01.08.2017 16:12
Preto de 90 alumnos comezarán mañá en Tui as clases do curso de verán "Tamara Brooks" de Dirección, Canto, Coro e Orquestra de cordas que chega a súa 28ª edición, e que dende o 2010 ten a súa sede en Tui. Julio Domínguez, de Camerata Ad Libitum, organizadores desta actividade, xunto a Irene Gómez, unha das profesoras, explicaba precisamente as características deste curso. Máis alo da actividade fo...
Ent. Ana Sánchez e Pepín Solleiro, Asociación Protectora de Animais Aloia - Balance 7 meses 31.07.2017 20:20
A Asociación Protectora de Animais Aloia leva 7 meses de instenso traballo dos que estivemos a falar con Ana Sánchez, a súa secretaria, e Pepín Solleiro, tesoureiro da Asociación. Na actualidade contan con aproximadamente 140 socios e 14 voluntarios, pero fan un chamamento á cidadanía para lograr máis participación. Este xoves, 3 de agosto, estarán na praza da Inmaculada para facer ver aos che se...
Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Non hai piraguas en algueiro para o Descenso Popular do Miño 31.07.2017 7:19
Xa non quedan piraguas en aluguer para o Descenso Popular do Miño que o sábado 19 de agosto vai celebrar a súa sétima edición. Será un dos eventos que teñan lugar dentro da Festa do Miño, unha data na que deporte e lecer van da man ao longo de toda a xornada. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense, confirmou esta mañá que o venres esgotáronse as piraguas en aluguer e que ata o 13 de agosto aínd...
Ent. Alejandro Lorenzo - Programación Betún 28 e 29 de xullo 28.07.2017 7:52
Unha vez máis o Betún, na rúa Cuenca, encara a fin de semana con música. Falamos con Álex Lorenzo, que nos deu conta da oferta para estes días. Hoxe venres haberá Disco Beta e mañá contarán co DJ Chico Bugarín. Ambos días a entrada é de balde para socios beta e betuneiros.
Ent. Charo Tabales, concelleira de cultura do Rosal - I Feira do Mirabel 28.07.2017 7:27
Este domingo, 30 de xullo, celébrase no Rosal a I Feira do Mirabel. Será no Mercado de San Miguel cunha ampla programación e actividades durante todo o día para maiores e pequenos. Falamos con Charo Tabales, concelleira de cultural do municipio, que nos deu todos os detalles sobre este evento entorno ao mirabel.
Ent. Javier Crespo, concelleiro de patrimonio da Guarda - Mostra 'Viaxando pola historia. Cen anos do MASAT' 27.07.2017 3:54
Esta tarde inaugurase na Casa dos Alonso a mostra do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, "Viaxando pola historia. Cen anos do MASAT". Falamos con Javier Crespo, concelleiro de patrimono do Concello da Guarda, que nos contou o que se poderá ver nesta exposición.
Ent. Dean Fletcher, pte CC de la Fuente - Campionato de Galicia de Ciclismo Máster 27.07.2017 12:28
Tui acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclismo Master no que se darán cita 170 participantes de toda a xeografía galega. O evento está organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui. A saída está prevista ás 10.30h dende o Paseo da Corredoira e a liña de meta estará neste mesmo punto tras completar 52 quilómetros os par...
Ent. Fran Ramírez de Acción Católica - 1.200 peregrinos en Tui 27.07.2017 7:31
Esta tarde chegarán 1.200 peregrinos de máis de 50 dióceses a Tui, onde pasarán a noite para iniciar mañá a primeira etapa do Camiño de Santiago. Hoxe ás 21.30h terán un acto de acollida na praza de San Fernando. Trátase dun encontro pensado como actividade previa a Asamblea que Acción Católica celebra a próxima semana en Compostela. Falamos con Fran Ramírez, responsable de mozos da Comisión Xeral...
Ent. Suso Vila, historiador - Visitas culturais á cidade histórica de Tui 26.07.2017 8:47
Este martes deron comezo as visitas guiadas de balde que organiza o Concello de Tui polo casco histórico. Suso Vila, historiador tudense que se encarga desta iniciativa, explicounos en que van a consistir as distintas ofertas. De luns a venres hai unha visita ás 12h para coñecer a cidade medieval e outra ás 20h ao barrio xudeu. As fins de semana e os días festivos haberá unha única visita con perc...
Ent. Juan Boo, Lolo Alonso e Silvina Bouza - Colectivo contra a moción de censura 26.07.2017 5:44
Ás oito e media desta tarde o colectivo contra a moción de censura en Tui convoca unha concentración diante da casa do concello. Así nolo contaron Juan Boo, Lolo Alonso e Silvina Bouza membros deste colectivo. Dende hai quince días comezaron a recollida de sinaturas en apoio ao manifesto que emitiron contra a presentación dunha moción de censura. Levan xa recollidas máis de mil sinaturas que mañá...
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Suspensión das negociacións para a formación dun goberno alternativo 26.07.2017 8:00
Converxencia 21 acordou onte en reunión extraordinaria suspender as negociacións para formar un goberno alternativo. Carlos Vázquez Padín, voceiro de C21, explicou hoxe os motivos que os levaron a tomar esta decisión. Agora esas negociacións para a formación dun goberno alternativo quedan en situación de impás ata a toma de posesión dos novos concelleiros, pero tamén existen outras precondicións c...
Ent. Quino Areal, secretario do Tyde FC. - I Campus de Fútbol Verán Solidario 2017 24.07.2017 9:20
Do 31 de xullo ao 4 de agosto celébrase a primeira edición do Campus de Fútbol Verán Solidario no campo de fútbol Álvarez Durán. Falamos co secretario do Tyde FC, equipo organizador desta iniciativa, que nos deu conta dos detalles das actividades que poderán facer os nenos que participen.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Feira Benéfica de Antigüidades 24.07.2017 4:05
Mañá de 10 a 21h celébrase no Paseo da Corredoira unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado da que nos falou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Deu conta tamén da actuación prevista ás 20h e do carácter solidario deste evento.
Ent. María Gándara e Pablo Glez da Escola de Baile e Música San Fins - XVIII Noite Internacional do Miño 24.07.2017 4:40
A Noite Internacional do Miño cumple mañá 18 anos organizada pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns. A cita será mañá ás 21.30h no Parque do Laxal con grupos de México, Kenia, Letonia e Xeorxia. Deste espectáculo faláronnos María Gándara e Pablo González.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.