Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent- Andrés Álvarez, compositor - Concerto en Tomiño de Ana Laíns coa Banda de Música de Goián 24.08.2017 10:50
Esta fin de semana remata por todo o alto a programación cultural do Concello de Tomiño “Verán cultural: O son da praza” con dous concertos de excepción. O venres ás 22.30 terá lugar na Praza do Seixo o Concerto “A outra margem do Minho” a cargo da Agrupación Musical de Goián e Ana Laíns. Algúns dos arranxos son obra do compositor Andrés Álvarez, co que estivemos a falar.
Ent. Víctor Pérez Bugarín, de Arraianos - Festival Arraianos 24.08.2017 5:17
O festival Arraianos ven de pechar o programa para a súa segunda edición, que terá lugar entre o 8 e o 10 de setembro en Tui. Falamos con Víctor Pérez Bugarín, que nos deu conta de todas as ofertas e actividades preparadas.
Ent. May Acebes. Alba Alonso e Silvia Capón - Concerto do grupo ConTradición na Igrexa de San Domingos 23.08.2017 5:37
A oferta musical desta fin de semana en Tui pasa polo concerto do grupo ConTradición, que volve a ofrecer a súa música na Igrexa de San Domingos. A cita terá lugar este venres 25 ás 8 e media. Tivemos a ocasión de falar con tres das súas integrantes, May Acebes, Alba Alonso e Silvia Capón, que nos contaron un pouco as novidades que teñen para esta ocasión.
Ent. Marcos Glez, de Hípica Marcos, L. Pimentel, do C. Equigalia e L. Alonso - Feira Cabalar de San Bartolomeu 23.08.2017 12:29
Mañá xoves terá lugar unhas das citas máis importantes das Festas de San Bartolomeu coa Feira Cabalar, na rúa Lourerio, que se celebrará a partir das 8 da mañá. Falamos con Laureano Alonso, concelleiro do Concello de Tui, con Marcos González, de Hípica Marcos, e con Luis Pimentel, xerente do Club Ecuestre Equigalia.
Ent. Emilio Rodríguez, de Terras Gauda - Campaña de vendima 2017 22.08.2017 2:56
As características meteorolóxicas que marcaron este ano con tempo seco están facendo que se adiante a vendima nalgunhas zonas de Galicia. As primeira uvas son habitualmente as das Rías Baixas, dando o pistoletazo de saída O Rosal e O Condado, onde xa normalmente a maduración se produce antes. Tivemos a ocasión de falar con Emilio Rodríguez, director técnico de Bodegas Terras Gauda, que nos explico...
Ent. Carolina Guerrero, Alba Martínez e Vanesa Rodríguez, de ACD Xuntanza - XXXI Carreira Popular de Randufe 22.08.2017 9:08
Na parroquia de Randufe celebran este domingo, 27 de agosto, a XXXI Carreira Popular, unha proba con distintas categorías e un percorrido máximo de 8 km. A cita comezará ás 10 da mañá no adro da Igrexa, ainda que para recoller os dorsais a organización estará no punto de encontro dende as 8.30h. Falamos con Carolina Guerrero, Alba Martínez e Vanesa Rodríguez, da directiva da Asociación Xuntaza, qu...
Ent. Víctor Pérez Bugarín - Festival Arraianos 21.08.2017 6:54
Dende a organización do Festival Arraianos, que vai ter lugar en Tui do 8 ao 10 de setembro, seguen ultimando detalles e dándonos conta de como se vai desenvolver a segunda edición deste evento. Falamos con Víctor Pérez Bugarín, que nos falou das posibilidades para participar no banquete medieval e das entradas para a Survival Zombie, entre outras moitas cousas.
Ent. David Vila e Manel Riveiro, presidente e vicepresidente de ADETO - Festa das Asociacións de Tomiño. 18.08.2017 9:51
Mañá sábado e o domingo celébrase en Tomiño a V Festa das Asociacións organizada por ADETO, a Asociación de Comerciantes de Tomiño. O programa previsto comezará mañá sábado ás 10.30h coa apertura da Feira de Oportunidades e Artesanía. Contóunolo todo David Vila, presidente de ADETO. Amais o sábado pola noite na praza do Seixo haberá unha Barbería Solidaria. Desta iniciativa falamos con Manel Rivei...
Ent. Nani Matos, director de Cine - Lurna 18.08.2017 12:52
"Lurna" é o título do último traballo cinematográfico realizado polo guardés Nani Matos. Hoxe falamos con el da súa traxectoria, desta película e tamén dos novos proxectos que ten sobre a mesa.
Ent. Paula Regueira, xornalista - Atentado en Barcelona 18.08.2017 5:49
O día despois do atentado rexistrado onte nas Ramblas en Barcelona falamos coa xornalista galega Paula Regueira. Relatounos a situación vivida onte e cóma amenceu hoxe a cidade.
Ent. Álvaro Costas - Mitic, el espectáculo 18.08.2017 4:51
Mitic, el espectáculo chegará mañá ás 22.30h á rúa Lugo de Tui dentro da programación da Festa do Miño. Un espectáculo musical no que se interpretarán temas míticos das últimas década a ritmo de gaita. Así nolo explicou Álvaro Costas, un dos quince músicos que estarán sobre o escenario.
Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 18 e 19 de agosto 18.08.2017 3:27
Nova fin de semana cargada de música no Betún, na rúa Cuenca. Esta noite ás 22h teñen unha viaxe musical dende os anos 20 ata os 50 con influencias moi variadas da man de Art Zaldívar Gypsy Trío. Mañá a partir das 23.30h a noite terá ritmo noventeiro, de acid jazz, trip-hop e hip-hop mesturado coa electrónica de hoxe, será con Dj Nigga. Contóunolo todo Jorge Aldir.
Ent. Vanesa Rguez, Secundino Dguez e Antonio Costas de asociacións culturais - Festa do Miño 18.08.2017 9:32
Dez asociacións culturais de Tui participan mañá na Festa Gastronómica que dende ás 20h se vai celebrar na rúa Lugo co gallo da Festa do Miño. Hoxe Vanesa Rodríguez, Secundino Domínguez e Antonio Costas contáronnos que van presentar neste evento no porán á venda produtos caseiros e sobremesas a prezos entre 1 e 3€.
Ent. Maruchi Valverde - Intercambio solidario na Librería Valverde 17.08.2017 2:09
Na Librería Valverde están a facer un intercambio solidario coa entrega dun libro por cada quilo de alimentos non perecedoiros doado. Falamos con Maruchi Valverde, que nos contou como surxiu esta iniciativa.
Ent. Manuel Pedrares, técnico do C. Kaiak Tudense- VII Descenso Popular e XLVI Descenso Internacional do Miño 17.08.2017 10:47
Este sábado, 19 de agosto, terán lugar dentro da programación da VII Festa do Miño o VII Descenso Popular e o XLVI Descenso Internacional do Río Miño. Falamos con Manuel Pedrares, técnico do Club Kaiak Tudense, sobre estas dúas probas deportivas que reunirán a centos de persoas.
Ent. Juanjo España, do C. Actividades Acuáticas Minho, e L. Alonso, concelleiro de Deportes - VII Travesía Eurocidade 17.08.2017 11:29
Este domingo, 20 de agosto, celébrase a VII Travesía a Nado da Eurocidade organizada pola Eurocidade Tui-Valença, o Club Natación Eurocidade Baixo Miño / Actividades Acuáticas Minho A inscrición para a travesía está aberta ata mañá venres ás 20h, aínda que tamén se poderá facer no mesmo día. No caso dos menores de idade deberán entregar unha autorización dos pais ou titores. Falamos con Juanjo Esp...
Ent. Dino Pacio Lindín - Profesor univesitario nos Estados Unidos 16.08.2017 27:27
Hoxe falamos con Dino Pacio Lindín, coñecido como Dino de Ximil, galego natural de Pastoriza, en Lugo, que foi profesor nas universidades de Rochester e Forham, así como na Universidade da Cidade de Nova Iorque (CUNY) e do Estado de Nova Iorque (SUNY). Defensor dos dereitos dos inmigrantes e promotor do galego como lingua oficial, foi fundador e director de programas culturais, sociais e educativo...
Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Festas na Honra da Nosa Señora do Faro 11.08.2017 9:27
Valença celebra as súas Festas na Honra da Nosa Señora do Faro dende hoxe e ata o vindeiro martes, 15 de agosto. Falamos con José Montes, vereador de Cultura do Concelho, que nos deu conta do amplo programa co que contan estes festexos.
Ent. Marta Valcárcel, concelleira de Cultura de Salvaterra de Miño - Imos de Guateque 11.08.2017 3:52
Mañá, sábado 512 de agosto, terá lugar en Salvaterra de Miño a proposta "Imos de Guateque".A cita é a partir das 22h no recinto amurallado e todos os interesados están convidados a acudir caracterizados coma nun guateque dos anos 60, 70 e 80. Así nolo explicou Marta Valcárcel, concelleira de Cultura do municipio.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festa do Monte 11.08.2017 7:11
A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte. Por este motivo falamos hoxe co seu alcalde, Antonio Lomba, que convidou a achegarse á Guarda na fin de semana e disfrutar tanto mañá do desfile de bandas coma o domingo da romaría, e do resto da programación prevista.
Ent. Enrique Domínguez, adestrador do Teucro - VI Torneo Eurocidade de Balonmán 11.08.2017 6:01
Mañá sábado o novo pavillón de deportes de Tui acolle, dentro das actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença, o VI Torneo Eurocidade de Balonmán. Ás 19h xogarán os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela. Mentres ás 20.30h enfrontaranse os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas. A entrada será de balde. Precisamente hoxe falamos co adestr...
Ent. Óscar Sainz, responsable de Trens Turísticos de Renfe - Tren Peregrino 11.08.2017 5:38
Hoxe os pasaxeiros do Tren Peregrino de Renfe, que está a facer nas fins de semana de agosto unha ruta polo Camiño Portugués, teñen parada en Tui, onde poderán comezar a primeira etapa do Camiño a Santiago ou facer distintas visitas guiadas. Falamos con Óscar Sainz, responsable de Trens Turísticos de Renfe, que nos falu desta iniciativa.
Ent. Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, de Arraianos - Festival Arraianos 09.08.2017 9:13
O Festival Arraianos terá lugar en Tui os días 8, 9 e 10 de setembro. A organización está poñendo todo a punto e esta semana, concretamente o venres, pechanse as solicitudes para participar como servinte no banquete medieval e para os locais interesados en ter un posto no Mercado coas receitas de poñente de Xogo de Tronos. A directora deste festival, Andrea Costa, e Víctor Pérez Bugarín, membro da...
Ent. Iago Pérez, dtor Técnico de Consulvin - Vendima 2017 09.08.2017 10:13
Boas expectativas son as que hai para a vendima deste ano no que se pode ser a segunda mellor colleita da historia. Así o confirmaba esta mañá Iago Pérez, director técnico de Consulvin. Explicounos amais que é o estado da uva nestes momentos con carácter xeral.
Ent. Alejandro Barreiro, coordinador de Gadis - Tráiler-exposición 'Vivamos como galegos!' no paseo da Corredoira 09.08.2017 5:08
Hoxe o Paseo da Corredoira acolle a Misión Espacial Galega e o museo itinerante de Vivamos como galegos! cos seus 10 anos de historia de campañas de Gadis reunidos nun tráiler de dúas alturas que reparte premios e agasallos. O trailer estará na Corredoira hoxe de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas, deunos conta dos detalles Alejandro Barreiro, coordinador da empresa Gadis.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.