Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Francisco López, pte. da As. Lembranzas da Terra, e Ramón Corral, do grupo Radio Bungalow - Setembro Cultural 2017 07.09.2017 8:50
Esta fin de semana continúa a programación do Setembro Cultural organizado pola Asociaciación Lembranzas da Terra de Guillarei da que tivemos ocasión de falar co seu presidente, Francisco López. Mañá venres unha das propostas é a actuación do grupo Radio Bungalow, do que forma parte Ramón Corral, co que tamén falamos.
Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Parkinson Baixo Miño - Obradoiro Risoterapia da Deputación de Pontevedra 07.09.2017 9:31
A Asociación Parkinson Baixo Miño celebrará por segundo ano o obradoiro de Risoterapia da Deputación de Pontevedra. Deunos conta desta actividade Felicitas Iglesias, vicepresindenta da Asociación Parkinson Baixo Miño.
Ent. Eva Martínez, da Asociación de Afectados de Delación 1p36 - I Congreso Médico Nacional Deleción 1p36 07.09.2017 10:54
O próximo 30 de setembro vai ter lugar en Madrid o I Congreso Médico Nacional sobre deleción 1P36. A xornada vai estar dividida en dúas partes. A primeira delas será o I Congreso Médico e a segunda parte será o II Encontro Nacional de Familias de nenos con este síndrome. Falamos con Eva Martínez, membro da Asociación de Afectados de Delación 1p36, responsable da organización deste evento.
Ent. Victoria Álvarez, Manuel Fernández, e José Martínez Tato - I Andaina Camiño Portugués pola Costa 05.09.2017 13:39
O sábado 16 de setembro celebrarase a primeira andaina do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui. Esta iniciativa quere poñer en valor o orixinal Camiño Portugués pola costa. Falamos Victoria Álvarez, de Iacobus, con Manuel Fernández e José Luis Freijeiro, de 50km Salceda, e con José Martínez Tato do Club Andatui Regodapedra, que nos contaron como xurdiu a idea e en que vai consistir es...
Ent. Aurora Carvajal, directora da Oficina de Emprego en Tui - 22 novos cursos para desempregados no Baixo Miño 04.09.2017 13:30
A Xunta de Galicia ofertará nas próximas semanas 22 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Baixo Miño de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Sobre esta oferta formativa falamos con Aurora Carvajal, directora da oficina de emprego de Tui, así como doutros aspectos relacionados cos servizos aos desempregados.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Intervencións no Monte Santa Trega e no Porto da Guarda 04.09.2017 6:54
O Concello da Guarda asinou o venres coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, un convenio de colaboración para a execución do proxecto Porta do Tegra, unha iniciativa que mellorará os servizos para os visitantes do Castro de Santa Tegra coa execución dun centro de recepción e unha área divulgativa. Antonio Lomba, alcalde da Guarda, explicounos en que consistirán as intervencións. Amais o...
Ent. Eva Casado, fotógrafa - Encontrou a súa dobre a través dunha foto despois de cinco anos de búsqueda 01.09.2017 7:19
Eva Casado ven de atopar á súa dobre despois de cinco anos de intensa búsqueda a partir dunha foto feita na Tomatina. Falamos con ela sobre unha historia que se fixo viral e que lle permitiu lograr o seu obxectivo grazas ás redes sociais.
Ent. Carlos Estévez, secretario do Club Sen Amarras - II Campionato Inclusivo de Motonáutica 01.09.2017 6:17
Esta fin de semana Goián acolle a última das probas do Campionato Galego de Motonáutuca organizado polo Club Sen Amarras. Despois de cinco probas que se levan realizando dende o mes de maio e que pasaron por Castelo de Miño, Boiro, Tui, Portosín e a Guarda, o Campionato chega á súa fin mañá sábado. Falamos desta proba con Carlos Estévez, secretario do Club Sen Amarras.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance do verán e próximas obras a acometer na cidade 01.09.2017 17:40
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, falou esta mañá na sintonía da Radio Municipal de Tui dos resultados do turismo este verán na cidade, do funcionamento da peonalización do casco histórico ou das obras que se acometerán dentro do Plan Concellos, entre outros moitos aspectos.
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas - XXV Festa dos Callos 01.09.2017 17:35
Salceda celebra este domingo a Festa dos Callos con unha ampla programación complementaria que dende onte contaba con actividades dirixidas a tódolos públicos. Deunos todos os detalles Marcos Besada, alcalde do municipio.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 01.09.2017 8:10
O patrimonio xudeu é o protagonista dende hoxe e ata o domingo en Tui. Esta tarde comezan na cidade as Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebran de xeito simultáneo en 34 países, e en España en 11 cidades, unha delas Tui. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, falounos da importancia de conservar e recuperar o patrimonio que ten Tui en relación coa cultura xudía.
Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 1, 2 e 3 de setembro 01.09.2017 6:48
Unha fin de semana máis haberá música no Betún. Esta noite terá lugar a habitual Jam Session de inicio de mes e mañá contarán co Dj. betuneiro especialista en vinilo Javi Pelón. Xa o domingo actuará o grupo Rumbiamberos con unha mistura de culturas chea de ritmo. Contóunolo todo Jorge Aldir.
Ent. Francisco López e Yoana Alonso, presidente e tesoureira da As. Lembranzas da Terra de Guillarei - Setembro Cultural 31.08.2017 10:09
Esta fin de semana é unha das apostas fortes do Setembro Cultural de Guillarei, que chega con propostas dende mañá venres e ate o 10 de setembro. Falamos sobre esta actividade con Francisco López e Yoana Alonso, presidente e tesoureira da asociación Lembranzas da Terra de Guillarei.
Ent. José Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores do Centro Isaac Campantón - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 31.08.2017 15:22
José Manuel Laureiro e Anu Barrios, investigadores da cultura xudía do Centro Isaac Campantón ofrecerán mañá a tarde dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía a ponencia “Vestigios criptojudíos en la raya. Una cultura de resistencia”. Hoxe explicaron que nos últimos anos centrados na investigación da cultura xudía na raia coa que denominan a cultura da resistencia. Este será o tema que aborden...
Ent. Víctor Pérez Bugarín - Arraianos 31.08.2017 7:08
O Festival Arraianos ten xa o seu programa pechado e dende esta semana conta nun local no paseo da Corredoira para atender ao público e para a venda de entradas para as distintas actividades. Falamos unha semana máis con Víctor Pérez Bugarín, co que recordamos as principais actividades que terán lugar do 8 ao 10 de setembro.
Ent. Alba Martínez, Vanesa Rodríguez e Bea Pérez, da Asociación Xuntanza - Semana Cultural de Randufe 30.08.2017 11:52
Este venres prosegue a XXXII Semana Cultural de Randufe, que despois da carreira popular do pasado domingo contará con seis intensos días de programación para todos os públicos. Déronnos os detalles Vanesa, Rodríguez, Alba Martínez e Bea Pérez, da Asociación Xuntanza.
Ent. Lois Vila, da organización do festival Minho Reggae Splash - Minho Reggae Splash 2017 30.08.2017 8:21
O venres e o sábado Goián será a capital do Reggae cunha nova edición do Minho Reggae Splash, un festival que crece ano a ano e que nesta ocasión trae música para tamén outras actividades paralelas. Falamos con Lois Vila, que dende a organización nos falou un poco de todo o que trae consigo este festival.
Ent. Doutora Marisa López García, directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Texidos 30.08.2017 7:29
A Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos está a facer unha intensa campaña de concienciación este verán, que pasa tamén polo traballo conxunto cos concellos. Este venres e sábado volverá estar a Unidade Móbil de Doazón de Sangue en Tui, onde a resposta por parte dos doantes está a ser moi boa. Con motivo da actual campaña “Ti dás o tipo. Súmate doa sangue” falamos coa directora, a d...
Ent. Emilio Alonso, da Asociación de Veciños A Lavandeira - Andaina Nocturna Santa Compaña 29.08.2017 12:03
Este venres terá lugar a VII Andaina Nocturna Santa Compaña organizada pola Asociación de Veciños A Lavandeira na parroquia de Rebordáns. Unha proposta que chega a reunir unha media de 500 persoas e que sairá ás 22h dende o parque do Montiño para facer un percorrido pechado de algo máis de 5 km e dificultade baixa. Falamos sobre esta cita con Emilio Alonso, da Asociación A Lavandeira.
Ent. Suso Vila, historiador tudense - Xornadas Europeas da Cultura Xudea 29.08.2017 14:45
Tui é unha das localidades onde este ano se celebran as Xornadas Europeas da Cultura Xudea organizadas pola rede de xuderías. Estas xornadas, repartidas ao longo de 34 países europeos, buscan reivindicar o pasado da cultura sefardí no continente. O historiador Suso Vila é o responsable das actividades propostas en Tui, únca cidade en Galicia das 11 españolas. Con él falamos sobre esta iniciativa e...
Ent. doutor Alfonso Alba - Medicina personalizada 28.08.2017 7:16
Mañá martes a partir das 9.30h a sala situada no 1º andar do edificio da Área Panorámica acollerá unha conferencia a cargo do doutor Alfonso Alba, que falará sobre medicina personalizada. O propio doutor Alba explicounos en que consiste esta disciplina na investigación médica actual e cales son os seus obxectivos.
Ent. Alba Sobrino, secretario do Tui Fútbol Sala, e Pepe Batle, coord. campus - Campus de Fútbol Sala e Multideporte 25.08.2017 6:56
A próxima semana terá lugar en Tui un Campus Multideporte organizado polo Tui Fútbol Sala e o Liceo Casino, no que poden participar nenos de 4 a 14 anos. Alba Sobrino, secretaria do Tui Fútbol Sala, deunos algúns detalles desta proposta e Pepe Batle, coordinador dio campus, falounos de como se plantexa esta semana.
Ent. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño - Festa do Viño do Condado do Tea 25.08.2017 5:18
Esta fin de semana celébrase en Salvaterra de Miño a LVIII Festa do Viño do Condado do Tea, con ata 21 bodegas amparadas pola Denominación de Orixe Rías. A inauguración da festa terá lugar esta tarde ás 8 no Castelo de Doña Urraca, dando paso á primeira das noites gastronómicas nas que os viños Rías Baixas acompañarán distintos produtos da terra e do mar como polbo, marisco, embutido, churrasco ou...
Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 26 e 27 de agosto 25.08.2017 2:02
No Betún, na rúa Cuenca, esta fin de semana teñen sesión doble tanto o sábado coma o domingo. Mañá actuarán o grupo punk-rock Stay Oute, seguidos de Pan Pan Dj. O domingo o saxofonista colombiano Leonardo Rojas dará comezo ás 20h a unha noite de música que continuarán os Roots 4 Clarinets. Deunos todos os detalles da súa proposta musical o betuneiro Jorge Aldir. Amais falamos da proposta coa que e...
Ent. Cristina Castells, coordinadora da F.G. de Baloncesto - Concentración da Federación Galega de Baloncesto en Tui 24.08.2017 9:29
Estes días está a ter lugar en Tui unha concentración de xogadores da Federación Galega de Baloncesto. Dende onte e ata o vindeiro martes 29 un grupo de 18 rapaces e 18 rapazas están a adestrarse en distintos pavillóns de Tui. Falamos coa coordinadora, Cristina Castells, que nos contou en que consiste a concentración.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.